Saltar ao contido

Teresa Aranguren Amézola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTeresa Aranguren Amézola

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Teresa Aranguren Amézola Editar o valor en Wikidata
21 de decembro de 1944 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Artziniega, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
RTVE (2007–2018) Editar o valor en Wikidata
Participou en
14 de decembro de 2018Por unha esquerda con futuro: facer que o necesario sexa posíbel Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesJosé de Amézola y Aspizúa, avó Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm5353375 Twitter: terearanguren BNE: XX834914 Editar o valor en Wikidata

María Teresa Aranguren Amézola, nada en Artziniega, Áraba o 21 de decembro de 1944, é unha xornalista vasca cuxa traxectoria profesional estivo ligada á información internacional do mundo árabe e zonas en conflito.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filosofía e Letras e diplomada en Psicoloxía e Antropoloxía pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a súa carreira como xornalista en 1980. En 1981, fíxose cargo da sección internacional de Mundo Obrero, publicación do Partido Comunista de España (PCE). Como enviada especial nesa etapa cubriu a invasión de Israel sobre o Líbano e viaxou á China, Alxeria e Marrocos.[1]

En 1985 empezou a traballar para a revista Interviú e un ano despois incorporouse ao xornal El Independiente como xefa da sección de internacional cubrindo a guerra de Irán-Iraq en Teherán.[2] Foi a única muller que cubriu esta guerra como correspondente, agás unha fotógrafa libanesa.[3]

No verán de 1989 incorporouse á sección internacional dos servizos informativos de Telemadrid. En 1990, viaxou a Amán e Xerusalén para cubrir a primeira guerra do Golfo e dende entón desprazouse con asiduidade á zona para informar das sucesivas crises de Iraq e do conflito palestino-israelí. Durante 15 anos foi enviada especial en Oriente Medio.[4] Entre outros, cubriu a guerra do Golfo e o conflito dos Balcáns. Nesa ocasión, Telemadrid foi a primeira televisión española no conflito.[1]

Entre xaneiro de 2001 e xuño de 2002, foi subdirectora dos Servizos Informativos de Telemadrid, cargo do que dimitiu tras o cesamento do director de informativos Diego de la Serna.[5]

Publicou dous libros sobre o mundo árabe e o pobo palestino: Palestina, el hilo de la memoria (2004) e Olivo Roto: Escenas de la ocupación (2006).[6][7] Xunto a fotógrafa bilbaína Sandra Barrilaro é coautora de Contra el Olvido, memoria fotográfica de Palestina antes de la Nakba.[5]

En xaneiro de 2007 converteuse en conselleira do Consello de Administración de RTVE a proposta de EU-ICV.[2]

É a neta de José de Amézola.

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 2000: Premio da Asociación de Mulleres Profesionais dos Medios de Comunicación (AMECO).[2]
  • 2001: Premio ASTER de Comunicación.[2]
  • 2001: Antena de Prata da Asociación de Profesionais de Radio e Televisión da Comunidade de Madrid.[2]
  • 2001: Premio de Cooperación do Club Internacional de Prensa.[2]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Palestina: El hilo de la memoria (2004) Editorial Caballo de Troya.[6]
  • Olivo Roto: Escenas de la ocupación (2006) Editorial Caballo de Troya.[7]
  • Contra el olvido. Una memoria fotográfica de Palestina antes de la Nakba, 1889-1948 (2015) Ediciones del Oriente y del Mediterráneo. Coordinado por Teresa Aranguren, Sandra Barrilaro, Johnny Mansour e Bichara Khader, con prólogo do arabista Pedro Martínez Montávez.[8]
  • Palestina: La existencia negada (2025) Ediciones del Oriente y del Mediterráneo.[9]
  1. 1,0 1,1 "Aranguren, Teresa - Auñamendi Eusko Entziklopedia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus (en éuscaro). Consultado o 29 de maio de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Consejera | Teresa Aranguren Amézola - RTVE.es". RTVE.es (en castelán). 29 de abril de 2014. Consultado o 4 de novembro de 2016. 
  3. Redactor (21 de marzo de 2019). "Teresa Aranguren: "En las guerras las mujeres no son más víctimas que los hombres"". inform@UVA (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2019. 
  4. "Mª TERESA ARANGUREN AMÉZOLA". UNRWA (en castelán). Consultado o 2022-10-18. 
  5. 5,0 5,1 "Perfiles de las portavocías compartidas de la candidatura de IU" (PDF). 2015. 
  6. 6,0 6,1 Aranguren, Teresa. (2004). Palestina : hilo de la memoria (1. ed ed.). Caballo de Troya. ISBN 8493367001. OCLC 57548478. Consultado o 29 de maio de 2019. 
  7. 7,0 7,1 Aranguren, Teresa, 1944- (2006). Olivo roto : escenas de la ocupación (1a ed ed.). Caballo de Troya. ISBN 8496594092. OCLC 77559587. Consultado o 29 de maio de 2019. 
  8. [de] Teresa Aranguren []; et al. (2015). Contra el olvido : una memoria fotográfica de Palestina antes de la Nakba, 1889-1948. Ediciones del Oriente y del Mediterráneo. ISBN 9788494393242. OCLC 931867072. Consultado o 29 de maio de 2019. 
  9. Aranguren, Teresa (2025). Palestina: La existencia negada (1a ed ed.). Ediciones del Oriente y del Mediterráneo. ISBN 9791399040401. OCLC 1520898645. Consultado o 7 de xuño de 2025.