Saltar ao contido

Terapia de inmunoglobulinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terapia de inmunoglobulinas
 Instancia de
 Subclase de
 Medio usado
Códigos e identificadores
MeSHD016756 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2909916134 e C2909763950 Editar o valor en Wikidata
ATCJ06B Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A terapia de inmunoglubulinas é o uso dunha mestura de anticorpos (inmunoglobulinas humanas normais) para tratar varios problemas de saúde.[1][2] Entre eles están os seguintes: a inmunodeficiencia primaria, a púrpura trombocitopénica inmune, a polineuropatía desmielinizante inflamatoria crónica, a enfermidade de Kawasaki, certos casos de VIH/SIDA, o sarampelo, a síndrome de Guillain-Barré, e algunhas outras infeccións cando non se dispón de inmunoglobulinas máis específicas.[1] Dependendo da formulación pode administrarse por inxección intramuscular, por vía intravenosa ou por inxección subcutánea.[1] Os efectos duran unhas poucas semanas.[2]

Efectos secundarios comúns son dor no lugar da inxección, dor muscular, e reaccións alérxicas.[1] Outros efectos secundarios graves son os problemas renais, anafilaxe, coágulos de sangue e rotura de globulos vermellos.[1] Non se recomenda o seu uso en pesoas con algún tipo de deficiencia de IgA.[1] O uso parece ser relativamente seguro durante o embarazo.[1] A inmunoglobulina humana está feita de plasma sanguíneo humano.[1] Contén anticorpos contra moitos virus.[2]

A terapia de inmunoglobulinas apareceu na década de 1930 e unha formulación para a inxección en vea aprobouse para o uso médico nos Estados Unidos en 1981.[3] É un dos medicamentos da Lista de medicinas esenciais da OMS.[4][5] Cada formulación do produto é algo diferente.[2] Tamén se dispón de varias formulacións de inmunoglobulina específica, como para a hepatite B, rabia, tétano, varicela e exposición ao sangue Rh positivo.[2]

Usos médicos

[editar | editar a fonte]

A terapia de inmnoglobulinas utilízase en diversas condicións médicas, moitas das cales presentan unha diminución ou desaparición das capacidades de produción de anticorpos, que poden ir da completa ausencia de múltiple tipos de anticorpos, a deficiencias de subclases de IgG (xeralmente as IgG2 ou IgG3), a outros trastornos nos cales os anticorpos están en cantidades normais, pero son de mala calidade, incapaces de responderen aos antíxenos debidamente, o que resulta nun aumento da frecuencia ou gravidade das infeccións. Nestas situacións, as infusións de inmunoglobulinas proporcionan unha resistencia pasiva á infección nos que as reciben porque aumenta a cantidade/calidade das IgG que posúen. A terapia de inmunoglobulinas tamén se usa para outras condicións, como en moitos trastornos autoinmunes como a dermatomiosite nun intento de diminuír a gravidade dos síntomas. A terapia de inmunoglobulinas tamén se usa nalgúns protocolos de tratamento das inmunodeficiencias secundarias como contra o virus da inmunodeficiencia humana (VIH), algúns trastornos autoinmunes (como a trombocitopenia inmune e a enfermidade de Kawasaki), algunhas doenzas neurolóxicas (neuropatía motora multifocal, síndrome da persoa ríxida, esclerose múltiple e miastenia grave), algunhas infeccións agudas e algunhas complicacións do transplante de órganos.[6]

É unha terapia especialmene útil nalgúns casos de infeccións agudas como a infección por VIH pediátrica e tamén se considera o tratamento estándar para algúns trastornos autoinmunes como a síndrome de Guillain-Barré.[7][8] A alta demanda de inmunoglobulinas combinada coa dificultade de producila en grandes cantidades resultou no incremento da escaseza global, limitacións do uso e racionamento.[9]

Nomes de marcas

[editar | editar a fonte]

Como biofármacos, hai varios nomes de marcas de produtos de inmunoglobulinas, que non necesariamente poden usarse indistintamente, e debe terse coidado cando se cambia unha marca por outra.[10] Entre os nomes de marcas de formulacións de inmunoglobulina intravenosa están: Flebogamma, Gamunex, Privigen, Octagam e Gammagard; mentres que as marcas das formulacións subcutáneas inclúen: Cutaquig, Cuvitru, HyQvia, Hizentra,[11][12][13] Gamunex-C e Gammaked.[14]

Unión Europea

[editar | editar a fonte]

Entre as marcas están HyQvia (inmunoglobulina humana normal),[15] Privigen (inmunoglobulina humana normal (IVIg)),[16] Hizentra (inmunoglobulina humana normal (SCIg)),[11] Kiovig (inmunoglobulina humana normal),[17] e Flebogamma DIF (inmunoglobulina humana normal).[18]

Na unión Europea, a inmunoglobulina humana normal (SCIg) (Hizentra) utilízase en persoas cuxo sangue non contén cantidades suficientes de anticorpos (inmunoglobulinas).[11] Utilízase para tratar as seguintes condicións:

  • síndromes de inmunodeficiencia primarios (conxénitos);[11]
  • baixos niveis de anticorpos no sangue en persoas con leucemia linfocítica crónica ou mieloma e que teñen infeccións frecuentes;[11]
  • baixos niveis de anticorpos no sangue en persoas antes ou despois de transplantes de célula nais hematopoéticas aloxénicos (un procedemento no que se eliminan as células da medula ósea do paciente e son substituídas por células nais do doante);[11]
  • polineuropatía desmielinizante inflamatoria crónica. Nesta rara doenza o sistema inmunitario funciona anormalmente e destrúe a cuberta protectora dos nervios.[11]

Está indicada en terapias de substitución en adultos e nenos en síndromes de inmunodeficiencia primarios como:

  • agammaglobulinemia conxénita e hipogammaglobulinemia (baixos niveis de anticorpos);[11]
  • inmunodeficiencia variable común;[11]
  • inmunodeficiencia combinada grave;[11]
  • deficiencias de subclases de inmunoglobulina G con infeccións recorrentes;[11]
  • terapia de substitución en mielomas ou leucemia linfocítica crónica con grave hipogammaglobulinemia secundaria e infeccións recorrentes.[11]

Flebogamma DIF está indicada para a terapia de substitución en adultos, nenos e adolescentes (0–18 anos) en:

  • síndormes de inmunodeiciencia primarios con alteración da produción de anticorpos;[18]
  • hipogammaglobulinemia e infeccións bacterianas recorrentes en pacientes con leucemia linfocítica crónica nos cales fallaron os antibióticos profilácticos;[18]
  • hipogammaglobulinemia e infeccións bacterianas recorrentes en pacientes de mieloma múltiple en fase de meseta que non respondeu á inmunización pneumocócica;[18]
  • hipogammaglobulinemia en pacientes despois dun transplante de células nai hematopoéticas;[18]
  • síndrome de inmunodeficiencia adquirida conxénita (SIDA) con infeccións bacterianas rcorrentes.[18]

Tamén para a inmunomodulación en adultos, nenos e adolescentes (0–18 anos) en:

  • trombocitopenia inmune primaria, en pacientes con alto risco de hemorraxias ou antes da cirurxía para corrixir a contaxe de plaquetas;[18]
  • síndrome de Guillain–Barré, que causa múltiples inflamacións dos nervios do corpo;[18]
  • enfermidade de Kawasaki, que causa inflamación múltiple en varios órganos do corpo.[18]

En febreiro de 2025, o Comité de Produtos Medicinais para Uso Humano da Axencia Europea do Medicamento adoptou unha opinión positiva, recomendando conceder unha autorización de comercialización para o produto médico Deqsiga, pensado para a terapia de substitución en persoas con inmunodeficiencias primarias ou secundarias e inmunomodulación en persoas con certas doenzas autoinmunes.[19] O peticionario da aprobación deste produto foi Takeda Manufacturing Austria AG.[19] Deqsiga é un duplicado de Kiovig (inmunoglobulina humana normal), que foi autorizado na Unión Europea en xaneiro de 2006.[19] Deqsiga e Kiovig teñen a mesma forma farmacéutica, igual substancia activa e indicacións, pero Deqsiga contén menor nivel de inmunoglobulina A (IgA) e pode así ser máis axeitada para persoas con deficiencia de IgA que teñen un maior risco de hipersensibilidade a produtos de inmunoglobulina que conteñen altos niveis de IgA.[19] Deqsiga foi autorizada para uso médico na Unión Europea en maio de 2025.[19][20]

Efectos secundarios

[editar | editar a fonte]

Aínda que as inmunoglobulinas levan usándose frecuentemente desde hai moito tempo e xeralmente considéranse seguras, a terapia de inmunoglobulinas pode ter graves efectos adversos, tanto localizados coma sistémicos. Ás veces recoméndase aos pacientes que estaban recibindo inmunoglobulinas e experimentaban efectos adversos tomar acetaminofén e difenhidramina antes das súas infusións para reducir a taxa de efectos adversos. Pode ser necesaria a premedicación adicional nalgúns casos (especialmente cando o paciente se está acostumando aunha nova dosificación), con prednisona ou outro esteroide oral.[21] A taxa de reaccións adversas depende da ruta de administración. A inmunoglobulina tradicional por ruta intravenosa (IVIG) é máis probable que cause efectos secundarios e que afecte a partes máis grandes do corpo, que a nova inmunoglobulina por ruta subcutánea (SCIG).[21]

Os efectos secundarios das infusións de inmunoglobulina máis frecuentes son a reacción no sitio de inxección (a pel ponse colorada no sitio da inxección), comechón, erupcións e formigo.[22] Efectos secundarios sistémicos menos graves das infusións de inmunoglobulina son aceleración da frecuencia cadíaca, hiper ou hipotensión, aumento da temperatura corporal, diarrea, náusea, dor abdominal, vómitos, artralxia ou mialxia, mareos, dor de cabeza, fatiga, febre e dor.[22]

Efectos secundarios graves das infusións de inmunoglobulina en bebés, nenos,[23] e adultos inclúen malestar no peito ou dor, infarto de miocardio, taquicardia, hiponatremia, hemólise, anemia hemolítica, trombose, hepatite, anafilaxe, dor de costas, meninxite aséptica, lesión renal aguda, nefropatía hipocalémica, embolismo pulmonar e lesión pulmonar aguda relacionada con tansfusión.[22] Hai tamén unha pequena posibilidade de que, aínda tomando precaucións ao preparar as infusións de inmunoglobulina, estas poidan transmitir algún virus ao receptor.[22] Algunhas solucións de inmunoglobulina tamén conteñen isohemaglutininas, que en raras circunstancias poden causar hemólise porque as isohemaglutininas disparan a fagocitose.[24]

A Ig intravenosa sábese que induce unha diminución da contaxe de neutrófilos en sangue periférico ou neutropenia en neonatos,[25] e en pacientes con púrpura trombocitopénica idiopática, que se resolve espontaneamente e sen complicacións en 48 horas.[26] Posibles patomecanismos son a apoptose/morte celular debido a anticorpos antineutrófilos con ou sen migración de neutrófilos na reserva de almacenamento fóra da circulación sanguínea.[27]

A terapia de inmunoglobulinas interfire coa capacidade do corpo de producir unha resposta inmune normal a unha vacina de virus vivo atenuado (como a MMR) por ata un ano,[22] pode resultar en niveis de glicosa sanguínea falsamente elevados,[22] e pode interferir con moitos dos ensaios baseadas en IgG a miúdo usados para diagnosticar un paciente cunha determinada infección.[28]

Igual que cos produtos sanguíneos en xeral, a Ig ten o risco teórico de contaxio de doenzas transmitidas polo sangue. Isto adoitaba ser un problema, pero non se coñecen xa casos desde o século XXI pola aplicación de melloras nos cribados e controis. O proceso de separar as Ig do resto do soro sanguíneo tamén axuda a eliminar os patóxenos.[21]

Rutas de administración

[editar | editar a fonte]

Década de 1950: intramuscular

[editar | editar a fonte]

Despois do descubrimento da terapia de inmunoglobulinas en 1952, as inxeccións intramusculares semanais de inmunoglobulinas (IMIg) eran a norma ata que as formulacións intravenosas (IVIg) empezaron a introducirse na década de 1980.[29] Durante a segunda metade da década de 1950, as inxeccións intramusculares administradas unha soa vez eran unha resposta sanitaria común aos gromos de polio antes de que se dispuxese de forma xeneralizada de vacinas. As inxeccións intramusculares tolerábanse moi mal debido á gran dor que producían e a escasa eficacia (raramente as inxeccións intramusculares por si soas podían elevar os niveis de Ig no plasma dabondo como para supoñeren unha diferenza clinicamente significativa).[29]

Década de 1980: – intravenosa

[editar | editar a fonte]

As formulacións intravenosas (IVIG) empezaron a aprobarse na década de 1980, e representaron unha significativa mellora respecto das inxeccións intramusculares, xa que permitían inxectar unha cantidade suficiente de Ig para ter unha eficacia clínica, aínda que seguían tendo unha taxa bastante alta de efectos adversos (aínda que a adición de axentes estabilizantes os reducía bastante).[29] A IVIG causa un pico nos niveis de Ig aproximadamente 15 minutos despois da inxección, seguido dun rápido declive nos dous primeiros días e unha diminución menor despois. Na terapia de mantemento poden usarse mensualmente a alta concentración.[30]

Década de 1990: subcutánea

[editar | editar a fonte]

A primeira descrición dunha ruta de administración subcutánea (SCIg) para a terapia de inmunoglobulinas fíxose en 1980,[31] pero por moitos anos a administración subcutánea foi considerada unha elección secundaria, e só se consideraba cando o acceso venoso periférico xa non era posible ou tolerable.[29]

A finais da década de 1980 e principios da de 1990, era obvio que polo menos para un conxunto de pacientes os efectos adversos sistémicos asociados coa terapia intravenosa non eran aínda doadamente tolerables, e a maioría dos doutores empezaron a experimentar coa administración de inmunoglobulina subcutánea, culminando nun ensaio clínico ad hoc en Suecia de 3000 inxeccións subcutáneas administradas a 25 adultos (a maioría dos cales experimentara previamente efectos adversos sistémicos coas administracións intramuscular e intravenosa), nos que ningunha infusión no ensaio ad hoc causou unha reacción adversa sistémica grave, e a maioría das inxeccións subcutáneas podían administrarse en instalacións non hospitalarias, permitindo unha liberdade considerablmente maior ás persoas implicadas.[29]

A finais da década de 1990, empezaron a facerse ensaios a grande escala en Europa para comprobar a factibilidade da administración subcutánea de inmunoglobulinas, aínda que ata 2006 non se aprobou por unha axencia regulatoria esa primeira preparación de inmunoglobulina específica para a vía subcutánea (Vivaglobin, que deixou de producirse voluntariamente en 2011).[29][32] Desde entón, aprobáronse varias marcas de inmunoglobulina subcutánea, aínda que algúns estudos a pequena escala indicaron que unha cohorte e pacientes particular con inmunodeficiencia variable común podía desenvolver efectos secundarios intolerables coa inmunoglobulina subcutánea (SCIg) que non experimentaban coa intravenosa (IVIg).[29]

Aínda que a intravenosa foi a ruta preferida para a terapia de inmunoglobulina durante moitos anos, en 2006, a Food and Drug Administration (FDA) estadounidense aprobou a primeira preparación de inmunoglobulina que foi deseñada exclusivamente para uso subcutáneo.[29]

Comparada coa intravenosa (IVIG), a subcutánea (SCIG) permite que o fármaco se libere lentamente co tempo desde unha área baixo a pel. A SCIG estándar non permite almacenar unha gran cantidadade de fármaco baixo a pel, así que a dosificación debe facerse cada día, semana ou cada dúas semanas.[30] Un problema coa SCIG é que a bomba tarda moito tempo en inxectar a medicina. Sábese agora que o proceso manual de "empuxar rápido" poduce resultados medicamente similares, de tal xeito que pode usarse se o paciente o desexa (o que se usa comunmente en pediatría).[30] Para permitir que se absorba e almacene baixo a pel máis Ig, a SCIG facilitada pola hialuronidase (fSCIG) usa un encima para degradar temporalmente a hialurona arredor do sitio de inxección. Pode utilizarse unha vez ao mes.[29]

Mecanismo de acción

[editar | editar a fonte]

O mecanismo exacto pola cal a terapia de inmunoglobulinas suprime a inflamación prexudicial é probablemente multifactorial.[33] Por exemplo, informouse que a terapia de inmunoglobulinas pode bloquear a morte celular mediada por Fas.[34]

Unha teoría talvez máis estendida é que os efectos inmunosupresores da terapia de inmunoglobulinas son mediados pola glicosilación do Fc das IgG. Ao unirse aos receptores de células presentadoras de antíxenos, a Ig da IVIG pode incrementar a expresión do receptor de Fc inhibidor (FcgRIIB) e acurtar a vida media dos anticorpos autorreactivos.[35][36][37] A capacidade da terapia de inmunoglobulinas de suprimir as respostas inmunes patoxénicas por este mecanismo depende da presenza dun glicano sialilado na posición CH2-84.4 da IgG.[35] Concretamente, as preparacións dessialiladas de inmunoglobulina perden a súa actividade terapéutica e os efectos antiinflamatorios da IVIG poden ser recapitulados por administración de Fc de IgG1 sialilado recombinante.[35]

O mecanismo dependente do Fc sialilado non foi reproducido noutros modelos experimentais, o que suxire que este mecanismo é funcional nunha doenza determinada ou en contextos experimentais.[38][39][40][41] Por outra parte, informouse doutros mecanismos de acción e das verdadeiras dianas primarias da terapia de inmunoglobulinas. En especial, a acción dependente de F(ab')2 da inmunoglobulina de inhibir a activación de células dendríticas humanas,[42] indución da autofaxia,[43] a indución de PGE2 dependente de COX-2 en células dendríticas humanas causa a expansión das células T reguladoras,[44] a inhibición de respostas patoxénicas de células Th17,[45] e a indución da activación de basófilos humanos e a indución de IL-4 por medio de autoanticorpos anti-IgE.[46][47] Algúns cren que a terapia de inmunoglobulinas pode funcionar por un modelo mulitetapas no que a inmunoglobulina inxectada forma primeiro un tipo de complexo inmune no paciente.[48] Unha vez que se forman estes complexos inmunes, poden interaccionar cos receptores de Fc das células dendríticas,[49] que despois son mediadores dos efectos antiinflamatorios que axudan a reducir a gravidade da doenza autoinmune ou o estado inflamatorio.

Outros mecanismos propostos son os seguintes: a posibilidade de que os anticorpos doantes se poidan unir directamente cos anticorpos anormais do hóspede, estimulando a súa eliminación; a posibilidade de que a IgG estimule o sistema do complemento do hóspede, orixinando unha potenciación da eliminación de todos os anticorpos, incluíndo os nocivos; e a capacidade da inmunoglobulina de bloquear os rceptores de anticorpos en células inmunes (macrófagos), causando unha diminución dos danos por estas células, ou a regulación da fagocitose dos macrófagos. Cada vez está máis claro que as inmunoglobulinas poden unirse a varios receptores de membrana nas células T, células B e monocitos que son pertinentes para a autorreactividade e a indución da tolerancia ao propio.[35][50]

Un informe afirmou que a aplicación de inmunoglobulinas a células T activadas causa que diminúa a capacidade destas células de interaccionar coa microglía. Como resultado dun tratamento de células T con inmunoglobulina, os resultados mostraron niveis reducidos de factor de necrose tumoral alfa e de interleucina-10 nun cocultivo de células T-microglía. Os resultados engádense ao que se sabe sobre como as inmunoglobulinas poden afectar a inflamación do sistema nervioso central en doenzas inflamatorias autoinmunes.[51]

Globulina hiperinmune

[editar | editar a fonte]

A globulina hiperinmune ou Igs específicas son unha clase de inmunoglobulinas preparadas de xeito similar á inmunoglobulina humana normal, excepto que o doante ten alta titulación de anticorpos contra un organismo ou antíxeno específicos no seu plasma sanguíneo (normalmente debido a recuperarse dunha doenza ou por inmunización repetida).[52][53] Algúns axentes contra os cales se dispón de globulinas hiperinmunes son a hepatite B, a rabia, a toxina tetánica, a varicela-zóster etc. A administración de globulina hiperinmune proporciona unha inmunidade pasiva temporal ao paciente contra un axente. Isto diferénciase das vacinas que proporcionan inmunidade activa. Porén, as vacinas tardan moito en empezar a funcionar. A globulina hiperinmune pode ter efectos secundarios graves, e o seu uso debe ser coidadoso.[Cómpre referencia]

Os primeiros hiperantisoros que contiñan hiper-Igs que tiveron un uso xeneralizado foron as antitoxinas, entón producidas inmunizando cabalos contra toxinas específicas. Os cabalos teñen moito sangue e poducen grandes cantidades de Igs en pouco tempo despois da inmunización, o que os fai ideais para esta tarefa. Os soros derivados de cabalos e as globulinas son considerados heterólogos aos humanos, xa que conteñen partes específicas propias de cabalos. Adoitan causar en humanos unha inmunidade anti-Ig de cabalo en forma de enfermidade do soro; ás veces causan tamén anafilaxe. Hoxe, as Igs hiperinmunes derivadas de soro de cabalo aínda se usan para tratar o envelenamento por trabada de serpe debido ao rápido que empezan a producir as Igs.[54] Un proceso chamado "desespeciación" elimina a porción Fc específica de cabalo, creando globulinas que é menos probable que desencadeen unha reacción inmune noutros animais.[55]

Nos países desenvolvidos, a hiper-Igs humanas foron en gran medida substituídas por hiper-Igs de cabalo nos tipos máis comúns de antitoxinas como a antitetánica.[56] Hai tamén moitas novas dianas que estiveron algunha vez dispoñibles como versións humanas, como a inmunoglobulina Rho(D) usada para impedir que unha nai Rh(D)-negativa desenvolva unha resposta inmune contra o seu bebé Rh(D)-positivo.[57] A maioría das persoas que doan Igs hiperinmunes están dentro dun programa no que son inmunizadas repetidamente. Para os gromos de novas doenzas para a cales non hai tratamento, a hiper-Ig pode extraerse directamente de alguén que se acaba de recuperar da doenza, como nun pequeno pero exitoso ensaio contra o virus Ébola realizado en 1999.[58]

O plasma hiperinmune utilízase en veterinaria, coas mesmas consideracións sobre posibles reaccións secundarias orixinadas por fontes heterólogas.[59]

Investigación

[editar | editar a fonte]

Os resultados experimentais dun pequeno ensaio clínico en humanos suxeriron protección contra a progresión da doenza de Alzheimer, pero non se atopou ese beneficio nun ensaio clínico en fase III posterior.[60][61][62] En maio de 2020, nos Estados Unidos aprobouse un ensaio clínico en fase III sobre a eficacia e seguridade da terapida de inmunoglobulinas intravenosa de alta concentración en casos de COVID-19 grave.[63] Demostrouse a eficacia dos derivados de inmunoglobulina heterólogos en ensaios clínicos de antivelenos para a picada do escorpión[64] e a trabada de serpes velenosas.[65]

  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 "Immune Globulin". The American Society of Health-System Pharmacists. Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2017. Consultado o 8 de xaneiro de 2017.
  2. 1 2 3 4 5 British national formulary: BNF 69 (69 ed.). British Medical Association. 2015. pp. 867–871. ISBN 978-0-85711-156-2.
  3. Etzioni A, Ochs HD (2014). Primary Immunodeficiency Disorders: A Historic and Scientific Perspective. Academic Press. pp. 283–284. ISBN 978-0-12-411554-5. Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2017.
  4. Organization WH (2019). World Health Organization model list of essential medicines: 21st list 2019. Geneva: World Health Organization. hdl:10665/325771. WHO/MVP/EMP/IAU/2019.06. License: CC BY-NC-SA 3.0 IGO.
  5. Organization WH (2021). World Health Organization model list of essential medicines: 22nd list (2021). Geneva: World Health Organization. hdl:10665/345533. WHO/MHP/HPS/EML/2021.02.
  6. Orange JS, Hossny EM, Weiler CR, Ballow M, Berger M, Bonilla FA, Buckley R, Chinen J, El-Gamal Y, Mazer BD, Nelson RP, Patel DD, Secord E, Sorensen RU, Wasserman RL, Cunningham-Rundles C (abril de 2006). "Use of intravenous immunoglobulin in human disease: a review of evidence by members of the Primary Immunodeficiency Committee of the American Academy of Allergy, Asthma and Immunology". The Journal of Allergy and Clinical Immunology (Review) 117 (4 Suppl): S525–S553. PMID 16580469. doi:10.1016/j.jaci.2006.01.015.
  7. van Doorn PA, Kuitwaard K, Walgaard C, van Koningsveld R, Ruts L, Jacobs BC (maio de 2010). "IVIG treatment and prognosis in Guillain-Barré syndrome". Journal of Clinical Immunology 30 (S1): S74–S78. PMC 2883091. PMID 20396937. doi:10.1007/s10875-010-9407-4.
  8. Hughes RA, Wijdicks EF, Barohn R, Benson E, Cornblath DR, Hahn AF, Meythaler JM, Miller RG, Sladky JT, Stevens JC (setembro de 2003). "Practice parameter: immunotherapy for Guillain-Barré syndrome: report of the Quality Standards Subcommittee of the American Academy of Neurology". Neurology 61 (6): 736–740. PMID 14504313. doi:10.1212/WNL.61.6.736.
  9. Pondrom S (outubro de 2014). "The IVIg dilemma". The AJT Report. American Journal of Transplantation 14 (10): 2195–2196. PMID 25231064. doi:10.1111/ajt.12995.
  10. "Eight Guiding Principles for Effective Use of IVIG for Patients with Primary Immunodeficiency" (PDF). American Association of Allergists and Immunologists. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 5 de marzo de 2016. Consultado o 23 de novembro de 2015.
  11. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 "Hizentra EPAR". European Medicines Agency (EMA). 6 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 1 de agosto de 2020. Consultado o 2 de maio de 2020. O texto copiouse desta fonte da Axencia Europea do Medicamento. A reprodución está autorizada recoñecendo a fonte.
  12. Center for Biologics Evaluation and Research (21 de abril de 2022). "Hizentra". U.S. Food and Drug Administration (FDA). FDA. Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2020. Consultado o 5 de agosto de 2024.
  13. Pierce LR (14 de marzo de 2018). Summary Basis for Regulatory Action – Hizentra (PDF) (Informe). Review Office Signatory Authority Tejashri Purohit-Sheth. U.S. Food and Drug Administration (FDA). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de marzo de 2018. Consultado o 20 de marzo de 2018.
  14. Berman K. "SCIG: New Therapeutic Uses Beyond PI?" (PDF). IG Living (febreiro-marzo de 2015): 28–32. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de outubro de 2015. Consultado o 23 de novembro de 2015.
  15. "HyQvia EPAR". European Medicines Agency (EMA). 3 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2020. Consultado o 14 de xullo de 2020.
  16. "Privigen EPAR". European Medicines Agency (EMA). 20 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2020. Consultado o 14 de xullo de 2020.
  17. "Kiovig EPAR". European Medicines Agency (EMA). 13 de xuño de 2008. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2020. Consultado o 14 de xullo de 2020.
  18. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 "Flebogamma DIF EPAR". European Medicines Agency (EMA). 18 de agosto de 2009. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2020. Consultado o 15 de xullo de 2020. O testo foi copiado desta fonte da Axencia Europea do Mdicamento. A reprodución está autorizada recoñecendo a fonte.
  19. 1 2 3 4 5 "Deqsiga EPAR". European Medicines Agency (EMA). 27 de febreiro de 2025. Consultado o 6 de marzo de 2025. O texto foi copiado desta fonte co copyright da Axencia Europea do Medicamento. A reprodución está autorizada recoñecendo a fonte.
  20. "Deqsiga PI". Union Register of medicinal products. 5 de maio de 2025. Consultado o 14 de xuño de 2025.
  21. 1 2 3 Guo Y, Tian X, Wang X, Xiao Z (2018). "Adverse Effects of Immunoglobulin Therapy". Frontiers in Immunology. 9 (número de artigo: 1299). PMC 6008653. PMID 29951056. doi:10.3389/fimmu.2018.01299.
  22. 1 2 3 4 5 6 "Immune Globulin". Dynamed. Arquivado dende o orixinal o 8 de decembro de 2015. Consultado o 23 de novembro de 2015.
  23. "Comparing Two Treatments for IVIG-Resistant Kawasaki Disease - Evidence Update for Clinicians | PCORI". Comparing Two Treatments for IVIG-Resistant Kawasaki Disease - Evidence Update for Clinicians | PCORI. 9 de maio de 2024. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2024. Consultado o 11 de xullo de 2024.
  24. Daw Z, Padmore R, Neurath D, Cober N, Tokessy M, Desjardins D, Olberg B, Tinmouth A, Giulivi A (agosto de 2008). "Hemolytic transfusion reactions after administration of intravenous immune (gamma) globulin: a case series analysis". Transfusion 48 (8): 1598–1601. PMID 18466176. doi:10.1111/j.1537-2995.2008.01721.x.
  25. Lassiter HA, Bibb KW, Bertolone SJ, Patel CC, Stroncek DF (febreiro de 1993). "Neonatal immune neutropenia following the administration of intravenous immune globulin". The American Journal of Pediatric Hematology/Oncology 15 (1): 120–123. PMID 8447553. doi:10.1097/00043426-199302000-00019.
  26. Sugita K, Eguchi M (xaneiro de 2005). "Suppressive effect of intravenous immunoglobulin on peripheral blood neutrophil count in patients with idiopathic thrombocytopenic purpura". Journal of Pediatric Hematology/Oncology 27 (1): 7–10. PMID 15654271. doi:10.1097/01.mph.0000149239.68396.72.
  27. Stoevesandt J, Heitmann J, Goebeler M, Benoit S (decembro de 2020). "[Not Available]". Journal der Deutschen Dermatologischen Gesellschaft = Xornal da Sociedade Alemá de Dermatoloxía 18 (12): 1394–1404. PMID 33373142. doi:10.1111/ddg.14310_g.
  28. Lichtiger B (abril de 1994). "Laboratory Serologic Problems Associated with Administration of Intravenous IgG". Current Issues in Transfusion Medicine (The University of Texas M. D. Anderson Cancer Center) 3: 1–7. Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2016. Consultado o 23 de novembro de 2015.
  29. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Skoda-Smith S, Torgerson TR, Ochs HD (febreiro de 2010). "Subcutaneous immunoglobulin replacement therapy in the treatment of patients with primary immunodeficiency disease". Therapeutics and Clinical Risk Management 6: 1–10. PMC 2817783. PMID 20169031. doi:10.2147/tcrm.s4353.
  30. 1 2 3 Epland K, Suez D, Paris K (setembro de 2022). "A clinician's guide for administration of high-concentration and facilitated subcutaneous immunoglobulin replacement therapy in patients with primary immunodeficiency diseases". Allergy, Asthma, and Clinical Immunology 18 (1 (número de artigo: 87)). PMC 9526304. PMID 36180928. doi:10.1186/s13223-022-00726-7.
  31. Misbah S, Sturzenegger MH, Borte M, Shapiro RS, Wasserman RL, Berger M, Ochs HD (decembro de 2009). "Subcutaneous immunoglobulin: opportunities and outlook". Clinical and Experimental Immunology 158 (Suppl 1): 51–59. PMC 2801034. PMID 19883424. doi:10.1111/j.1365-2249.2009.04027.x //www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC2801034 |PMC= sen título (Axuda).
  32. Powell L. "Re: A Message from CSL Behring to Current Vivaglobin Patients in the United States" (PDF). Primary Immune Foundation. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de decembro de 2015. Consultado o 24 e novembro de 2015.
  33. Lee Martin N, Butani Lavjay (2005). "Intravenous Immunoglobulin (IVIG) in Rheumatologic Diseases: A Review of its Mechanism of Action". Current Rheumatology Reviews 1 (3): 289–293. doi:10.2174/157339705774612355.
  34. Viard I, Wehrli P, Bullani R, Schneider P, Holler N, Salomon D, Hunziker T, Saurat JH, Tschopp J, French LE (outubro de 1998). "Inhibition of toxic epidermal necrolysis by blockade of CD95 with human intravenous immunoglobulin". Science 282 (5388): 490–493. Bibcode:1998Sci...282..490V. PMID 9774279. doi:10.1126/science.282.5388.490.
  35. 1 2 3 4 Maverakis E, Kim K, Shimoda M, Gershwin ME, Patel F, Wilken R, Raychaudhuri S, Ruhaak LR, Lebrilla CB (febreiro de 2015). "Glycans in the immune system and The Altered Glycan Theory of Autoimmunity: a critical review". Journal of Autoimmunity 57 (6): 1–13. PMC 4340844. PMID 25578468. doi:10.1016/j.jaut.2014.12.002.
  36. Gern JE (agosto de 2002). "Antiinflammatory Activity of IVIG Mediated through the Inhibitory FC Receptor". Pediatrics 110 (2): 467–468. doi:10.1542/peds.110.S2.467a. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2008.
  37. Nimmerjahn F, Ravetch JV (xaneiro de 2007). "The antiinflammatory activity of IgG: the intravenous IgG paradox". The Journal of Experimental Medicine 204 (1): 11–15. PMC 2118416. PMID 17227911. doi:10.1084/jem.20061788.
  38. Galeotti C, Kaveri SV, Bayry J (decembro de 2017). "IVIG-mediated effector functions in autoimmune and inflammatory diseases". International Immunology 29 (11): 491–498. PMID 28666326. doi:10.1093/intimm/dxx039.
  39. Maddur MS, Kaveri SV, Bayry J (novembro de 2017). "Circulating Normal IgG as Stimulator of Regulatory T Cells: Lessons from Intravenous Immunoglobulin" (PDF). Trends in Immunology 38 (11): 789–792. PMID 28916232. doi:10.1016/j.it.2017.08.008. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 1 de febreiro de 2022. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.
  40. Othy S, Topçu S, Saha C, Kothapalli P, Lacroix-Desmazes S, Käsermann F, Miescher S, Bayry J, Kaveri SV (xullo de 2014). "Sialylation may be dispensable for reciprocal modulation of helper T cells by intravenous immunoglobulin". European Journal of Immunology 44 (7): 2059–2063. PMID 24700174. doi:10.1002/eji.201444440.
  41. Campbell IK, Miescher S, Branch DR, Mott PJ, Lazarus AH, Han D, Maraskovsky E, Zuercher AW, Neschadim A, Leontyev D, McKenzie BS, Käsermann F (xuño de 2014). "Therapeutic effect of IVIG on inflammatory arthritis in mice is dependent on the Fc portion and independent of sialylation or basophils". Journal of Immunology 192 (11): 5031–5038. PMC 4025610. PMID 24760152. doi:10.4049/jimmunol.1301611.
  42. Bayry J, Lacroix-Desmazes S, Carbonneil C, Misra N, Donkova V, Pashov A, Chevailler A, Mouthon L, Weill B, Bruneval P, Kazatchkine MD, Kaveri SV (xaneiro de 2003). "Inhibition of maturation and function of dendritic cells by intravenous immunoglobulin". Blood 101 (2): 758–765. PMID 12393386. doi:10.1182/blood-2002-05-1447.
  43. Das M, Karnam A, Stephen-Victor E, Gilardin L, Bhatt B, Kumar Sharma V, Rambabu N, Patil V, Lecerf M, Käsermann F, Bruneval P, Narayanaswamy Balaji K, Benveniste O, Kaveri SV, Bayry J (xaneiro de 2020). "Intravenous immunoglobulin mediates anti-inflammatory effects in peripheral blood mononuclear cells by inducing autophagy". Cell Death & Disease 11 (1 (número de artigo: 50)). PMC 6978335. PMID 31974400. doi:10.1038/s41419-020-2249-y.
  44. Trinath J, Hegde P, Sharma M, Maddur MS, Rabin M, Vallat JM, Magy L, Balaji KN, Kaveri SV, Bayry J (agosto de 2013). "Intravenous immunoglobulin expands regulatory T cells via induction of cyclooxygenase-2-dependent prostaglandin E2 in human dendritic cells". Blood 122 (8): 1419–1427. PMID 23847198. doi:10.1182/blood-2012-11-468264.
  45. Maddur MS, Vani J, Hegde P, Lacroix-Desmazes S, Kaveri SV, Bayry J (marzo de 2011). "Inhibition of differentiation, amplification, and function of human TH17 cells by intravenous immunoglobulin". The Journal of Allergy and Clinical Immunology 127 (3): 823–30.e1–7. PMID 21281961. doi:10.1016/j.jaci.2010.12.1102.
  46. Galeotti C, Stephen-Victor E, Karnam A, Das M, Gilardin L, Maddur MS, Wymann S, Vonarburg C, Chevailler A, Dimitrov JD, Benveniste O, Bruhns P, Kaveri SV, Bayry J (agosto de 2019). "Intravenous immunoglobulin induces IL-4 in human basophils by signaling through surface-bound IgE" (PDF). The Journal of Allergy and Clinical Immunology 144 (2): 524–535.e8. PMID 30529242. doi:10.1016/j.jaci.2018.10.064. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 7 de marzo de 2020. Consultado o 8 de xullo de 2022.
  47. Galeotti C, Karnam A, Dimitrov JD, Chevailler A, Kaveri SV, Bayry J (abril de 2020). "Anti-IgE IgG autoantibodies isolated from therapeutic normal IgG intravenous immunoglobulin induce basophil activation". Cellular & Molecular Immunology 17 (4): 426–429. PMC 7109030. PMID 31797906. doi:10.1038/s41423-019-0334-x.
  48. Clynes R (xaneiro de 2005). "Immune complexes as therapy for autoimmunity". The Journal of Clinical Investigation 115 (1): 25–27. PMC 539209. PMID 15630438. doi:10.1172/JCI23994.
  49. Siragam V, Crow AR, Brinc D, Song S, Freedman J, Lazarus AH (xuño de 2006). "Intravenous immunoglobulin ameliorates ITP via activating Fc gamma receptors on dendritic cells". Nature Medicine 12 (6): 688–692. PMID 16715090. doi:10.1038/nm1416.
  50. Bayry J, Thirion M, Misra N, Thorenoor N, Delignat S, Lacroix-Desmazes S, Bellon B, Kaveri S, Kazatchkine MD (outubro de 2003). "Mechanisms of action of intravenous immunoglobulin in autoimmune and inflammatory diseases". Neurological Sciences 24 (Suppl 4): S217–S221. PMID 14598046. doi:10.1007/s10072-003-0081-7.
  51. Janke AD, Yong VW (abril de 2006). "Impact of IVIg on the interaction between activated T cells and microglia". Neurological Research 28 (3): 270–274. PMID 16687052. doi:10.1179/016164106X98143.
  52. Mair-Jenkins J, Saavedra-Campos M, Baillie JK, Cleary P, Khaw FM, Lim WS, Makki S, Rooney KD, Nguyen-Van-Tam JS, Beck CR (xaneiro de 2015). "The effectiveness of convalescent plasma and hyperimmune immunoglobulin for the treatment of severe acute respiratory infections of viral etiology: a systematic review and exploratory meta-analysis". The Journal of Infectious Diseases 211 (1): 80–90. PMC 4264590. PMID 25030060. doi:10.1093/infdis/jiu396.
  53. "Antivenoms". www.who.int. Arquivado dende o orixinal o 7 de maio de 2023. Consultado o 23 de maio de 2023.
  54. Dias da Silva W, De Andrade SA, Megale Â, De Souza DA, Sant'Anna OA, Magnoli FC, Guidolin FR, Godoi KS, Saladini LY, Spencer PJ, Portaro FC (setembro de 2022). "Antibodies as Snakebite Antivenoms: Past and Future". Toxins 14 (9): 606. PMC 9503307. PMID 36136544. doi:10.3390/toxins14090606.
  55. Ramasamy S, Liu CQ, Tran H, Gubala A, Gauci P, McAllister J, Vo T (outubro de 2010). "Principles of antidote pharmacology: an update on prophylaxis, post-exposure treatment recommendations and research initiatives for biological agents". British Journal of Pharmacology 161 (4): 721–748. PMC 2992890. PMID 20860656. doi:10.1111/j.1476-5381.2010.00939.x.
  56. Plotkin S, Orenstein WA, Offit PA (2012). Vaccines. Elsevier Health Sciences. pp. 103, 757. ISBN 978-1-4557-0090-5. Arquivado dende o orixinal o 9 xaneiro de 2017.
  57. "Rho(D) Immune Globulin". Drugs.com. The American Society of Health-System Pharmacists. Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2017. Consultado o 8 de xaneiro de 2017.
  58. Kudoyarova-Zubavichene NM, Sergeyev NN, Chepurnov AA, Netesov SV (febreiro de 1999). "Preparation and use of hyperimmune serum for prophylaxis and therapy of Ebola virus infections". The Journal of Infectious Diseases 179 (Suppl 1): S218–S223. PMID 9988187. doi:10.1086/514294.
  59. plasvacc (20 de maio de 2021). "What is Hyperimmunized Plasma?". Plasvacc USA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2023. Consultado o 23 de maio de 2023.
  60. Pollack A (17 de xullo de 2012). "Small Trial Hints Drug Can Slow Alzheimer's". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2012. Consultado o 19 de xullo de 2012.
  61. "Experimental Alzheimer's drug Gammagard may stall memory decline, small study suggests". CBS News. 17 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2012. Consultado o 19 de xullo de 2012.
  62. "Another Alzheimer's Drug Fails Phase III Trial". Arquivado dende o orixinal o 7 de xuño de 2013.
  63. "FDA Approves Octapharma USA Investigational New Drug Application for Severe COVID-19 Patients". www.businesswire.com. 20 de maio de 2020. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2020. Consultado o 28 de maio de 2020.
  64. Boyer LV, Theodorou AA, Berg RA, Mallie J, Chávez-Méndez A, García-Ubbelohde W, Hardiman S, Alagón A (maio de 2009). "Antivenom for critically ill children with neurotoxicity from scorpion stings". The New England Journal of Medicine 360 (20): 2090–2098. PMID 19439743. doi:10.1056/NEJMoa0808455.
  65. Williams DJ, Habib AG, Warrell DA (agosto de 2018). "Clinical studies of the effectiveness and safety of antivenoms". Toxicon 150: 1–10. Bibcode:2018Txcn..150....1W. PMID 29746978. doi:10.1016/j.toxicon.2018.05.001.