Teorema multinomial
En matemáticas, o teorema multinomial describe como expandir unha potencia dunha suma en termos de potencias dos termos desa suma. É a xeneralización do teorema binomial de binomios a multinomios.
Teorema
[editar | editar a fonte]Para calquera enteiro positivo m e calquera enteiro non negativo n, o teorema multinomial describe como se expande unha suma con m termos cando se eleva á potencia n-ésima:
onde
é un coeficiente multinomial. [1] A suma tómase sobre todas as combinacións de índices enteiros non negativos k1 a km de tal forma que a suma de todos os ki é n. É dicir, para cada termo da expansión, os expoñentes dos xi deben sumar n. [2] [a]
No caso m = 2, esta afirmación redúcese á do teorema binomial.
Exemplo
[editar | editar a fonte]A terceira potencia do trinomio a + b + c vén dada por
Isto pódese calcular a man usando a propiedade distributiva da multiplicación sobre a suma e combinando termos similares, mais tamén se pode facer (quizais máis facilmente) co teorema multinomial. É posíbel "ler" os coeficientes multinomiais dos termos usando a fórmula do coeficiente multinomial. Por exemplo, o termo ten por coeficiente , o termo ten por coeficiente , e do mesmo xeito para o resto.
Expresión alternativa
[editar | editar a fonte]O enunciado do teorema pódese escribir concisamente usando multiíndices:
onde
e
Coeficientes multinomiais
[editar | editar a fonte]Os números
que aparecen no teorema son os coeficientes multinomiais. Pódense expresar de moitas maneiras, incluíndo como produto de coeficientes binomiais ou de factoriais:
Interpretacións
[editar | editar a fonte]Formas de poñer obxectos en caixas
[editar | editar a fonte]Os coeficientes multinomiais teñen unha interpretación combinatoria directa, como o número de formas de depositar n obxectos distintos en m caixas distintas, con k1 obxectos na primeira caixa, k2 obxectos na segunda caixa, etc.[3]
Número de permutacións únicas de palabras
[editar | editar a fonte]
O coeficiente multinomial
é tamén o número de formas distintas de permutar un multiconxunto de n elementos, onde ki é a multiplicidade de cada un dos i-ésimo elementos. Por exemplo, o número de permutacións distintas das letras da palabra MISSISSIPPI, que ten 1 M, 4 Is, 4 Ss e 2 Ps, é
Triángulo de Pascal xeneralizado
[editar | editar a fonte]Pódese usar o teorema multinomial para xeneralizar o triángulo de Pascal ou a pirámide de Pascal no simplex de Pascal. Isto proporciona un xeito rápido de xerar unha táboa de bprocura de coeficientes multinomiais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Aigner, Martin (1997). Combinatorial Theory. Springer. p. 77.
- ↑ Stanley, Richard (2012). Enumerative Combinatorics. Cambridge University Press.
- ↑ National Institute of Standards and Technology (May 11, 2010). "NIST Digital Library of Mathematical Functions". Section 26.4. Consultado o 30 de agosto, 2010.
- ↑ Do mesmo xeito que no teorema binomial, as cantidades da forma x0 son igual a 1, mesmo cando x é igual a cero.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teorema multinomial |