Saltar ao contido

Teorema de Pick

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
i = 7, b = 8, A = i + b/2 − 1 = 10
Secuencia de Farey de orde 6, con 1 punto interior (vermello) e 96 puntos fronteira (verde) que dan unha área de 1 + 96/2 − 1 = 48[1]

Dado un polígono simple construído sobre unha cuadrícula de puntos equidistantes (é dicir, puntos con coordenadas enteiras) de tal xeito que todos os vértices do polígono son puntos da cuadrícula, o teorema de Pick proporciona unha fórmula sinxela para calcular a área A dese polígono en termos do número i de puntos interiores situados no polígono e o número b de puntos límite situados no perímetro do polígono:

O teorema só é válido para polígonos simples, é dicir, aqueles que consisten nunha única "peza" e non conteñen "buratos".

Foi descrito en alemán a primeira vez polo austríaco Georg Alexander Pick en 1899,[2] e popularizado en inglés por Hugo Steinhaus na edición de 1950 do seu libro Mathematical Snapshots.

Ten múltiples demostracións, e pódese xeneralizar a fórmulas para certos tipos de polígonos non simples.

O exemplo mostrado na figura superior na introdución, ten puntos interiores e puntos de fronteira, polo que a súa área é unidades cadradas.

Pódese comprobar con facilidade descompoñendo en 3 triángulos metidos en 3 rectangulos, o que vai desde o punto superior arriba-esquerda estendendo cara a dereita e cara abaixo (ocupa cadrados e por tanto ten por área ), o situado enriba deste estendido unha liña máis pola esquerda (ocupa cadrados e por tanto ten por área ), o que está na esquerda (ocupa cadrados e por tanto ten por área ), isto fai un total de .

  1. Kiradjiev, Kristian (October 2018). "Connecting the dots with Pick's theorem" (PDF). Mathematics Today: 212–214. 
  2. Pick, Georg (1899). "Geometrisches zur Zahlenlehre". Neue Folge. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]