Teorema do índice de Atiyah-Singer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Teorema de Atiyah-Singer»)

Na xeometría diferencial, o teorema do índice de Atiyah-Singer afirma que para un operador diferencial elíptico sobre unha variedade compacta, o índice analítico (relacionado coa dimensión do espazo de solucións) é igual ao índice topolóxico (definida en termos dalgúns datos topolóxicos). Inclúe moitos outros importantes teoremas (como o teorema de Riemann-Roch) como casos especiais, e ten aplicacións en física teórica.

Foi probado por Michael Atiyah e Isadore Singer en 1963.

Historia[editar | editar a fonte]

O problema do índice para operadores diferenciais elípticos foi proposto por Israel Gelfand en 1960. Notou a invarianza por homotopía do índice e buscou unha fórmula para el mediante invariante topolóxicos. Algúns dos exemplo que o motivaron foron o teorema de Riemann–Roch, a súa xeneralización (teorema de Hirzebruch–Riemann–Roch e o teorema da sinatura de Hirzebruch. Hirzebruch e Borel probaran a integralidade do xénero  dunha variedade, e Atiyah suxerira que esta integralidade podía explicarse se fose o índice do operador de Dirac, que fora redescuberto por Atiyah e Singer en 1961.

O teorema de Atiyah–Singer foi anunciado en 1963. A demostración esbozada no seu anuncio nunca foi publicada por eles, aínda que aparece no libro (Palais 1965). Tamén se recolleu no "Séminaire Cartan-Schwartz 1963/64"[1] que tivo lugar en París simultaneamente co seminario liderado por Palais en Princeton. O último relatorio en París fíxoo Aityah sobre variedades con fronteira. A súa primeira proba publicada substituíu a teoría do cobordo coa K-teoría.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.