Saltar ao contido

Teoría queer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teoría queer
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Epónimo
 Influído por
Implicados
 Practicado por
Códigos e identificadores
Freebase/m/0133fj Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC517208234 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX557058
Wikidata

A teoría queer (en inglés: queer theory) é un eido da teoría crítica postestruturalista[1] que xurdiu a comezos da década dos 90 dende os campos dos estudos queer e dos estudos das mulleres.[2] O termo adoita asociarse coa análise e teorización sobre as prácticas sexuais e de xénero que existen para alén da heterosexualidade, e que poñen en dúbida a heteronormatividade. A partir dos desenvolvementos do construtivismo social en socioloxía, as persoas que traballan na teoría queer acostuman a criticar o que consideran comprensións esencialistas da sexualidade e do xénero. No seu lugar, estudan estes conceptos como fenómenos socioculturais a través das categorías, binarismos e linguaxes mediante os que se manifestan.

Entre as figuras intelectuais asociadas á creación da teoría queer destacan Michel Foucault, Gloria Anzaldúa, Eve Kosofsky Sedgwick ou Judith Butler.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]