A Teoría do Actor-Rede (ANT) é unha corrente de investigación en teoría social que se orixinou no campo dos estudos da ciencia, a tecnoloxía e a sociedade na década de 1980 a partir dos estudos de Michel Callon, Bruno Latour, John Law e Madelaine Akrich, entre outros.[1] A teoría tamén se denomina socioloxía da tradución, un dos conceptos máis importantes empregados polos autores fundadores. Este estudo sociolóxico tiña como obxectivo explicar o nacemento dos feitos científicos. A ANT tamén se emprega para explicar os novos paradigmas de comunicación que xorden coa cultura contemporánea.
Trata a socioloxía das asociacións, a tradución, a mobilidade entre seres e cousas e confronta a sociedade, o actor e a rede . Aínda que é coñecida pola súa controvertida defensa da axencia dos elementos non humanos, tamén está asociada con críticas tanto á socioloxía convencional como á crítica.