Saltar ao contido

Teoría King Kong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Teoría King Kong
 Título
King Kong Théorie Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Epónimo
 Xénero
 Lingua
Autoría
 Autor/a
Temática
Publicación
 Data de publicación
 Edicións
Identificadores
Goodreads2104411 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL2303159W Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
BNE: XX5080410
Wikidata

Teoría King Kong (en francés: King Kong Théorie) é un ensaio feminista de Virginie Despentes, publicado orixinalmente en 2006. Foi traducido ao galego en 2022 por Raquel Senra.

O título da obra é unha referencia ao monstro King Kong, en especial á versión do filme de Peter Jackson:[1]

King Kong funciona aquí como unha metáfora da sexualidade prexénero tal e como foi imposta politicamente a finais do século XIX. King Kong está alén da femia e alén do macho. Está a medio camiño entre o home e o animal, o adulto e a crianza, o bo e o malo, o primitivo e o civilizado, o branco e o negro. Híbrido, anterior á obriga do binario.[2]
Virginie Despentes, Teoría King Kong

Teoría King Kong parte de elementos autobiográficos para reflexionar sobre a sexualidade e deconstruír a categorización binaria das identidades masculina e feminina. Despentes analiza "os mecanismos de dominación e vergonza" aos que son sometidas as mulleres, convertidas en simples obxectos do pracer masculino.[3] Tamén relata as súas experiencias como prostituta, así coma os traumas ligados á violación e á exploración das prácticas pornográficas. A obra chama ao público a mudar a súa perspectiva, en particular a ollada dos homes sobre a súa propia masculinidade.[4]

Traducións

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]