Tenorio, Cerdedo-Cotobade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Tenorio, Cotobade")
Tenorio
Tenorio.jpg
Concello Cerdedo-Cotobade
Área 13,1 km²
Poboación 1.168 hab. (2015)
Densidade 89,16 hab./km²
Entidades de poboación 15

San Pedro de Tenorio é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, delimitada por Fragas (Campo Lameiro) e Viascón ó norte, Almofrei e Borela ó sur, Viascón, Rebordelo e Borela ó leste, e San Andrés de Xeve e Bora ó oeste. Está atravesada polo río Tenorio, afluente do río Lérez, que serve de fronteira co concello de Pontevedra.

É a parroquia con maior poboación do concello. Así, segundo o IGE[1], en 2015 contaba con 1.168 habitantes (579 homes e 589 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento de 13 persoas en comparación co ano 2006.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

No lugar de Parada está o Coto das Rodelas, os restos dun poboado castrexo da idade de ferro.

Na parroquia está o mosteiro de San Pedro de Tenorio, e preto del atopábase o castelo de Tenorio, derrubado na Gran Guerra Irmandiña. Neste castelo naceu o nobre medieval Alonso Jofre Tenorio, fillo de Diego Alonso Tenorio, que participou xunto ao rei Afonso X o Sabio en varias campañas militares.

Represión en Tenorio[editar | editar a fonte]

Tralo Alzamento Nacional de xullo de 1936, leváronse a cabo varias accións represivas na parroquia, ben contra habitantes da mesma, ben contra persoas doutros lugares. O 9 de novembro dese ano foron asasinados 6 dirixentes das sociedades obreiras de Lalín: Luís Frade Pazos, José López Bermúdez, Ramiro Granja González, Luís Varela Sobrado, José Montouto Rodríguez e Eliseo Garra Lalín[2].

Cultura[editar | editar a fonte]

A Unión Musical de Tenorio ten a súa orixe na Banda de Música Xuvenil 85, formada en 1985 por José Bugallo Diz. Logo de desavenzas a Banda dividiuse, nacendo a Banda de Música Lírica de Tenorio. As dúas agrupacións reunificáronse en 1999, contando actualmente con máis de 40 membros de entre 10 e 35 anos. En 2002 acadou o 3º posto no II certame de bandas da Deputación de Pontevedra.

Once dos membros da Unión Musical forman parte ao tempo da charanga Charandonga de Tenorio, formada en 2007 e cun repertorio máis festivo e actual.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Tenorio[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Tenorio no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Barro | A Cal | Calvelo | O Castro | Covas | A Esquipa | A Laxe | Lérez | O Outeiral | Parada | Rascadería | O Río Tenorio | A Torre Vella | Tralasmós | Vilanova | Zamar

Parroquias de Cerdedo-Cotobade[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]