Tempo de protrombina

O tempo de protrombina (PT) –xunto coas súas medidas derivadas razón de (tempo de) protrombina (PR) e razón normalizada internacional (INR)– é unha proba de laboratorio para avaliar o funcionamento da vía extrínseca e vía común da coagulación do sangue nun paciente. Este test sanguíneo tamén se chama INR protempo e PT/INR. Utilízanse para determinar a tendencia á coagulación do sangue, en casos como a medida da dosificación da warfarina, danos hepáticos (cirrose), e situación da vitamina K no paciente. O PT mide os seguintes factores de coagulación: I (fibrinóxeno), II (protrombina), V (proacelerina), VII (proconvertina) e X (factor de Stuart–Prower).
O PT adoita utilizarse xunto co tempo de tromboplastina parcial activado (aPTT) que mide as vías intrínseca e común da coagulación.[1]
Medidas de laboratorio
[editar | editar a fonte]O rango de referencia para o tempo de protrombina depende do método analítico utilizado, pero normalmente é duns 12–13 segundos (os resultados sempre deberían interpretarse usando o rango de referencia do laboratorio que realizou o test), e o INR en ausencia de terapia de anticoagulación é 0,8–1,2. O rango diana para a INR no uso de anticoagulante (por exemplo, warfarina) é de 2 a 3. Nalgúns casos, se se pensa que se necesita unha anticoagulación máis intensa, o rango diana pode elevarse a 2,5–3,5 dependendo da indicación para a anticoagulación.[2]
Metodoloxía
[editar | editar a fonte]O tempo de protrombina (PT) analízase normalmente por un técnico de laboratorio nun instrumento automatizado a 37 °C (a temperatura aproximada do corpo humano).[Cómpre referencia]
- O sangue vétese nun tubo de ensaio que contén citrato de sodio líquido, que actúa como anticoagulante bloqueando o calcio na mostra. Mestúrase o sangue, despois centrifúgase e sepáranse as células sanguíneas do plasma (xa que o tempo de protrombina mídese normalmente usando plasma sanguíneo). Nos neonatos úsase un espécime de sangue total capilar.[3]
- Extráese unha mostra do plasma do tubo de ensaio e sitúase nun tubo de ensaio de medida (Nota: para unha medida exacta, a razón de sangue respecto ao citrato debe fixarse e debería estar etiquetada na parte lateral do tubo de ensaio pola empresa fabricante; moitos laboratorios non realizan o ensaio se o tubo non está ben cheo e contén unha concentración relativamente alta de citrato, porque a dilución estandarizada de 1 parte de anticoagulante en 9 partes de sangue total xa non é válida).
- Seguidamente, engádese un exceso de calcio (nunha suspensión de fosfolípidos) ao tubo de ensaio, revertendo así os efectos do citrato e permitindo que o sangue coagule outra vez.
- Finalmente, para activar a vía da fervenza de coagulación do factor tisular/extrínseca, engádese o factor tisular (tamén chamado factor III) e mídese opticamente o tempo que tarda a mostra en coagular. Algúns laboratorios usan unha medida mecánica que elimina interferencias de mostras lipémicas e ictéricas.
Razón de tempo de protrombina
[editar | editar a fonte]A razón de tempo de protrombina é a razón do tempo de protrombina medido nun suxeito (en segundos) respecto da referencia normal de laboratorio do PT. A razón PT varía dependendo dos reactivos específicos usados, e foi substituída pola INR.[4]
Razón normalizada internacional
[editar | editar a fonte]O resultado (en segundos) dunha medición do tempo de protrombina realizada nun individuo normal varía segundo o tipo de sistema analítico utilizado. Iso débese a variacións entre diferentes tipos e lotes de factor tisular do fabricante usado no reactivo para realizar o test. A razón internacional normalizada ou INR (siglas en inglés de International Normalized Ratio) estaba pensada para estandarizar os resultados. Cada fabricante asigna un valor ISI (International Sensitivity Index, Índice de Sensibilidade Intenacional) para calquera factor tisular que fabrique. O valor ISI indica como un determinado lote de factor tisular se compara cun factor tisular de referencia internacional. O ISI está normalment entre 0,94 e 1,4 para tromboplastinas máis sensibles e entre 2,0 e 3,0 para as menos sensibles.[5][6][7]
A INR é a razón do tempo de protrombina dun paciente respecto do dunha mostra (control) normal, elevada á potencia do valor ISI para o sistema analítico que se está usando.
O PTnormal establécese como a media xeométrica dos tempos de protrombina (PT) dun grupo de mostras de referencia.[8]
Interpretación
[editar | editar a fonte]O tempo de protrombina é o tempo que tarda en coagular o plasma sanguíneo despois da adición de factor tisular (obtido de animais como os coellos ou de factor tisular recombinante ou de cerebros de autopsias). Mide a calidade de funcionamento da vía extrínseca da coagulación (e da vía común). A velociadade da vía extrínseca está moi afectada polos niveis funcionais de factor VII no corpo. O factor VII ten unha vida media curta e a carboxilación dos seus residuos de glutamato necesita vitamina K. O tempo de protrombina pode prolongarse debido a deficiencias de vitamina K, terapia de warfarina, mala absorción, ou falta de colonización intestinal por bacterias (como ocorrre en neonatos). Ademais, unha escasa síntese de factor VII (debida a unha doenza hepática) ou aumento do seu consumo (na coagulación intravascular diseminada) pode prolongar o PT.[Cómpre referencia]
Normalmente utilízase a INR para monitorizar pacientes que están sendo tratados con anticogulantes do tipo dos antagonistas da vitamina K, como a warfarina. Porén, o tempo de protrombina e a INR son insuficientes para monitorizar unha terapia con anticoagulantes orais directos.[9][10] O rango normal para unha persoa sa que non usa warfarina é de 0,8–1,2, e para persoas en terapia con warfarina unha INR de 2,0–3,0 é o considerado normal, aínda que a INR esperable pode ser maior en situacións paticulares, como en persoas cunha válvula cardíaca mecánica. Se a INR está fóra do rango normal, unha INR alta indica un maior risco de hemorraxia, mentres que unha INR baixa indica un maior risco de desenvolver un coágulo. En pacientes que toman un antagonista da vitamina K como a warfarina con INR supraterapéutica pero menor de 10 e sen hemorraxias, é suficiente unha dose menor ou omitir a dose, monitorizar a INR e volver a tomar o antagonista da vitamina K a unha dose menor axustada cando se atinxe a INR normal.[11] Para persoas que necesitan unha reversión rápida do antagonista da vitamina K –como cando hai unha hemorraxia grave– ou que necesitan unha operación cirúrxica de emerxencia, os efectos da warfarina poden reverterse con vitamina K, concentrado de complexo de protrombina (PCC) ou plasma fresco conxelado.[12]
Factores que determinan a exactitude
[editar | editar a fonte]O anticoagulante lúpico, un inhibidor circulante que predispón á trombose, pode distorsionar os resultados do PT dependendo do ensaio usado.[13] As variacións entre varias preparacións de tromboplastina no pasado orixinaban unha diminución da exactitude das lecturas da INR, e un estudo de 2005 suxeriu que malia os esforzos por facer unha calibración internacional (por medio da INR) aínda había diferenzas estatisticamente significativas entre varios kits de medición,[14] o que pon en dúbida o mantemento por moito tempo do PT/INR como medida para a terapia anticoagulante.[15] De feito, inventouse unha nova variante do tempo de protrombina chamada tempo de protrombina Fiix, pensada só para a monitorización da warfarina e outros antagonistas da vitamina K[16] e recentemente está dispoñible como test fabricado. O tempo de protrombina Fiix só se ve afectado polas reducións de factor II e/ou factor X e isto estabiliza o efecto anticoagulante e parece mellorar os resultados clínicos de acordo cun ensaio clínico cego aleatorizado iniciado pora investigalo, o ensaio Fiix.[17] Neste ensaio o tromboembolismo reduciuse nun 50 % durante o tratamento a longo prazo e a pesar de que non aumentaron as hemorraxias.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Estímase que en todo o mundo se realizan uns 800 millóns de ensaios PT/INR anualmente.[15]
Monitorización "preto do paciente"
[editar | editar a fonte]Ademais do método de laboratorio perfilado máis arriba, os test domésticos ou "preto do paciente" para monitorizar a INR estanse facendo cada vez máis comúns nalgúns países. Por exemplo, no Reino Unido, estes tests utilízanos tanto pacientes en casa coma nalgunhas clínicas de anticoagulación (normalmente situadas en hospitais) como unha alternativa rápida e conveniente aos métodos de laboratorio. Despois dun período de dúbida sobre a exactitude dos resultados destes tests, unha nova xeración de máquinas e reactivos perece estar gañando aceptación pola súa capacidade de dar resultados cunha exactitude próxima aos de laboratorio.[18]


Nunha instalación típica de test "preto do paciente", úsase un pequeno aparato que se pon sobre unha mesa. Faise unha picada nun dedo cun punzador automático para obter unha pinga de sangue capilar, que é case indolora. Deposítase a pinga nunha tira de test desbotable conectada ao aparato. A INR resultante aparece na pantalla do aparato poucos segundos despois. É parecido aos tests similares usados por persoas con diabetes para monitorizar os niveis de azucre.[Cómpre referencia]
Unha vantaxe significativa dos tests en casa é a evidencia de que o automedición feita polo paciente con supervisión médica e a autoxestión do paciente (naqueles países onde se prevé que o propio paciente axuste a súa dose de anticoagulante, como Alemaña, por exmplo) mellora o control do anticoagulante. Unha metaanálise que revisou 14 ensaios mostrou que os tests en casa reducen a incidencia de complicacións (hemorraxias e tromboses) e melloran o PT dentro do intervalo terapéutico, o cal é unha medida indirecta de control anticoagulante.[19] En 2022, presentouse un sistema con teléfono intelixente (smartphone) para realizar tests de PT/INR de xeito accesible e barato.[20] Usa o motor de vibración e a cámara que teñen todos os teléfonos intelixentes para captar os movementos micromecánicos dunha partícula de cobre e compútanse os valores de PT/INR.
Hai algunhas evidencias que suxiren que os tests "preto do paciente" poden ser menos exactos para certos pacientes, por exemplo os que teñen o anticoagulante lúpico.[21]
A Asociación Internacional de Automonitorización da Anticoagulación Oral publicou directrices internacionais en 2005 para a monitorización da anticoagulación oral.[22]
Historia
[editar | editar a fonte]O tempo de protrombina desenvolveuno Armand J. Quick e colegas en 1935,[23] e Paul Owren publicou un segundo método,[24] tamén chamado método "p e p" ou método "protrombina e proconvertina". Serviu para a identificación dos anticoagulantes dicumarol e warfarina,[25] e utilizouse despois como medida da actividade da warfarina usada terapeuticamente.
A INR inventouna Tom Kirkwood a principios da década de 1980 condo traballaba no Instituto Nacional do Reino Unido de Estándares Biolóxicos e Control (e despois no Instituto Nacional do Reino Unido de Investigación Médica) para proporcionar unha maneira consistente de expresar a razón do tempo deprotrombina, que previamente presentaba un amplo grao de variación entre centros que usaban distintos reactivos. A INR foi acoplada coa invención simultánea do Dr. Kirkwood do Índice de Sensibilidade Internacional (ISI, International Sensitivity Index), que permitía calibrar diferentes lotes de tromboplastina respecto dun estándar internacional.[26] A INR aceptouse xeneralizadamente en todo o mundo, especialmente despois do recibir o apoio da Organización Mundial da Saúde.[27]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "MedlinePlus Medical Encyclopedia: Partial thromboplastin time (PTT)". Consultado o 2009-01-01.
- ↑ Health, Ministry of. "BC Guidelines - Province of British Columbia". www2.gov.bc.ca.
- ↑ Fritsma, George A. (2002). "Evaluation of Hemostasis." Hematology: Clinical Principles and Applications . Ed. Bernadette Rodak. W.B. Saunders Company: Philadelphia, 2002. 719-53. Print
- ↑ Bussey, Henry I. (1992-02-01). "Reliance on Prothrombin Time Ratios Causes Significant Errors in Anticoagulation Therapy". Archives of Internal Medicine (en inglés) 152 (2): 278–82. ISSN 0003-9926. PMID 1739354. doi:10.1001/archinte.1992.00400140032009.
- ↑ Houdijk, W. P.; Van Den Besselaar, A. M. (2004). "International multicenter international sensitivity index (ISI) calibration of a new human tissue factor thromboplastin reagent derived from cultured human cells". Journal of Thrombosis and Haemostasis 2 (2): 266–70. PMID 14995988. doi:10.1111/j.1538-7836.2004.00434.x.
- ↑ Poller, L; Keown, M; Chauhan, N; Van Den Besselaar, A. M.; Tripodi, A; Shiach, C; Jespersen, J (2005). "European Concerted Action on Anticoagulation. A multicentre calibration study of WHO international reference preparations for thromboplastin, rabbit (RBT/90) and human (rTF/95)". Journal of Clinical Pathology 58 (6): 667–9. PMC 1770687. PMID 15917425. doi:10.1136/jcp.2004.019810.
- ↑ "Test ID: PT Prothrombin Time, Plasma". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2016. Consultado o 27 de agosto de 2026.
- ↑ D'Angelo A, Galli L, Lang H (1997). "Comparison of mean normal prothrombin time (PT) with PT of fresh normal pooled plasma or of a lyophilized control plasma (R82A) as denominator to express PT results: collaborative study of the International Federation of Clinical Chemistry. IFCC Working Group Standardization of Coagulation Tests.". Clin Chem 43 (11): 2169–74. PMID 9365404.
- ↑ Wu, Alan H.B.; Peacock, W. Franklin (Jan 2026). "Clinical laboratory testing of blood from patients presenting to the emergency department with acute bleeding due to factor Xa inhibitors: An unmet medical need". Clinica Chimica Acta (en inglés) 580. PMID 41253216
|pmid=incorrecto (Axuda). doi:10.1016/j.cca.2025.120730. - ↑ Chen, Ashley; Stecker, Eric; A. Warden, Bruce (2020-07-07). "Direct Oral Anticoagulant Use: A Practical Guide to Common Clinical Challenges". Journal of the American Heart Association (en inglés) 9 (13). ISSN 2047-9980. PMC 7670541. PMID 32538234. doi:10.1161/JAHA.120.017559.
- ↑ Abimbola Farinde (2019-04-18). "Warfarin Overanticoagulation". Medscape.
- ↑ Ageno W, Gallus AS, Wittkowsky A, Crowther M, Hylek EM, Palareti G (febreiro de 2012). "Oral anticoagulant therapy: Antithrombotic Therapy and Prevention of Thrombosis, 9th ed: American College of Chest Physicians Evidence-Based Clinical Practice Guidelines". Chest 141 (2 Suppl): e44S–e88S. PMC 3278051. PMID 22315269. doi:10.1378/chest.11-2292.
- ↑ Della Valle P, Crippa L, Garlando AM, et al. (decembro de 1999). "Interference of lupus anticoagulants in prothrombin time assays: implications for selection of adequate methods to optimize the management of thrombosis in the antiphospholipid-antibody syndrome". Haematologica 84 (12): 1065–74. PMID 10586206. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2 de outubro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2022.
- ↑ Horsti J, Uppa H, Vilpo JA (marzo de 2005). "Poor agreement among prothrombin time international normalized ratio methods: comparison of seven commercial reagents". Clin. Chem. 51 (3): 553–60. PMID 15665046. doi:10.1373/clinchem.2004.043836.
- 1 2 Jackson CM, Esnouf MP (marzo de 2005). "Has the time arrived to replace the quick prothrombin time test for monitoring oral anticoagulant therapy?". Clin. Chem. 51 (3): 483–5. PMID 15738512. doi:10.1373/clinchem.2004.045393.
- ↑ Gudmundsdottir BR, Francis CW, Bjornsdottir AM, Nellbring M, Onundarson PT. Thromb Res. outubro de 2012;130(4):674-81. doi: 10.1016/j.thromres.2011.12.013. Epub 2012 Jan 4.PMID 22225856
- ↑ Onundarson PT, Francis CW, Indridason OS, Arnar DO, Bjornsson ES, Magnusson MK, Juliusson SJ, Jensdottir HM, Vidarsson B, Gunnarsson PS, Lund SH, Gudmundsdottir BR. Lancet Haematol. 2015 Jun;2(6):e231-40. doi: 10.1016/S2352-3026(15)00073-3. Epub 25 de maio de 2015. PMID 26688233 Clinical Trial.
- ↑ Poller L, Keown M, Chauhan N, et al. (setembro de 2003). "European Concerted Action on Anticoagulation. Correction of displayed international normalized ratio on two point-of-care test whole-blood prothrombin time monitors (CoaguChek Mini and TAS PT-NC) by independent international sensitivity index calibration". Br. J. Haematol. 122 (6): 944–9. PMID 12956765. doi:10.1046/j.1365-2141.2003.04521.x.
- ↑ Heneghan C, Alonso-Coello P, Garcia-Alamino JM, Perera R, Meats E, Glasziou P (febreiro de 2006). "Self-monitoring of oral anticoagulation: a systematic review and meta-analysis". Lancet 367 (9508): 404–11. PMID 16458764. doi:10.1016/S0140-6736(06)68139-7.
- ↑ Chan, Justin; Michaelsen, Kelly; Estergreen, Joanne K.; Sabath, Daniel E.; Gollakota, Shyamnath (2022-02-11). "Micro-mechanical blood clot testing using smartphones". Nature Communications (en inglés) 13 (1): 831. Bibcode:2022NatCo..13..831C. ISSN 2041-1723. PMC 8837659. PMID 35149711. doi:10.1038/s41467-022-28499-y.
- ↑ Moll, S; Ortel, TL. (agosto de 1997). "Metering Warfarin Therapy in Patients with Lupus Anticoagulants.". Annals of Internal Medicine 127 (3): 177–185. PMID 9245222. doi:10.7326/0003-4819-127-3-199708010-00001.
- ↑ Jack Ansell (10 de marzo de 2005). "Guidelines for implementation of patient self-testing and patient self-management of oral anticoagulation. International consensus guidelines prepared by International Self-Monitoring Association for Oral Anticoagulation". International Journal of Cardiology 99 (1): 37–45. PMID 15721497. doi:10.1016/j.ijcard.2003.11.008.
- ↑ Quick AJ, Stanley-Brown M, Bancroft FW (1935). "A study of the coagulation defect in hemophilia and in jaundice". Am J Med Sci 190 (4): 501–510. doi:10.1097/00000441-193510000-00009.
- ↑ Owren PA, Aas K (1951). "The control of dicumarol therapy and the quantitative determination of prothrombin and proconvertin". Scand. J. Clin. Lab. Invest. 3 (3): 201–8. PMID 14900966. doi:10.3109/00365515109060600.
- ↑ Campbell HA, Smith WK, Roberts WL, Link KP (1941). "Studies on the hemorrhagic sweet clover disease. II. The bioassay of hemorrhagic concentrates by following the prothrombin level in the plasma of rabbit blood". J Biol Chem 138: 1–20. doi:10.1016/S0021-9258(18)51406-X.
- ↑ Kirkwood TB (xuño de 1983). "Calibration of reference thromboplastins and standardisation of the prothrombin time ratio". Thrombosis and Haemostasis 49 (3): 238–44. PMID 6879511. doi:10.1055/s-0038-1657371.
- ↑ Anonymous (1983). "33: Expert Committee on Biological Standardization. Requirements for thromboplastins and plasma used to control oral anticoagulant therapy". World Health Organ Tech Rep Ser. pp. 81–105.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Dímero D
- Tempo de tromboplastina parcial (PTT), ou tempo de tromboplastina parcial activado (aPTT ou APTT)
- Tempo de trombina (TT)
- Test trombodinámico
- Tromboelastografía
- Trombo
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- PT e INR – Tests de laboratorio en liña