Temperatura ambiente
A temperatura ambiente é a que está comprendida entre as temperaturas que a xente prefire para lugares pechados. Representa o rango no cal o aire non sente nin moi frío nin quente cando se usa roupa de entrecasa. Este rango está entre 15 °C (59 °F) e 30 °C (86 °F) e é o rango para regular a temperatura que ofrecen os dispositivos de control climático.
Uso científico
[editar | editar a fonte]A temperatura normal do medio ambiente en lugares cálidos é usualmente tomada de 20 a 22 graos Celsius (293 ou 298 Kelvin, 68 ou 77 graos Fahrenheit). Por conveniencia numérica, 300 K (26.85 °C, 80.33 °F) é utilizado ocasionalmente, sen ser especificada como "temperatura ambiente". Con todo, a temperatura ambiente non é un termo científico uniformemente definido, a diferenza da Temperatura e Presión Estándar, ou TPE, que ten definicións lixeiramente diferentes.