Tempada de furacáns no Atlántico de 1911

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa resumo da tempada.

A tempada de furacáns no Atlántico de 1911 foi relativamente inactiva, con só seis ciclóns tropicais coñecidos formados no Atlántico durante o verán e o outono de 1911. Tendo en conta tanto o primeiro ciclón que comezou a tempada a principios de febreiro como o derradeiro que a pechou en decembro, rexistráronse só tres depresións tropicais. Tres ciclóns intensificáronse até o status de furacán, e dous deles acadaron a categoría 2 na escala de furacáns de Saffir-Simpson vixente na actualidade. Os datos dos ciclóns da tempada de 1911 fundaméntanse principalmente na base de datos de furacáns do Atlántico, que no ano 2005 revisou en profundidade o período entre 1911 e 1914.

A maioría dos ciclóns tocaron terra firme. A finais de agosto, un furacán que avanzou en dirección oeste matou 17 persoas e causou danos severos en Charleston, Carolina do Sur e arredores. Un par de semanas antes, a área de Pensacola, Florida tamén se vira afectada por unha treboada no golfo de México que provocou ventos de 130 km/h en terra. O cuarto ciclón da tempada golpeou a costa de Nicaragua, matando 10 persoas e provocando danos xeneralizados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]