Tempada 1912/13 do Deportivo da Coruña
| Tempada 1912–13 | |||
| Presidente | |||
|---|---|---|---|
| Estadio | Campo de Riazor | ||
| |||
A tempada 1912/13 foi a sétima tempada de existencia do Deportivo da Coruña.
Resumo da tempada
[editar | editar a fonte]A tempada 1912/13 comezou cunha nova xunta directiva, a elixida o 31 de agosto de 1912. Continuou como presidente José Longueira Díaz, ao que secundaron Pedro García Seijas como vicepresidente primeiro, Ángel Lage como vicepresidente segundo, Julio López Roel como secretario, Juan Castro Santiago como vicesecretario primeiro, José Aznar Ponte como vicesecretario segundo, Eugenio Charry como tesoureiro, Manuel Vega como contador e José Illán, Julio Wonenburger, Saturnino Escudero e Salvador Fojón como vogais.[1]
O primeiro partido da tempada enfrontou ao Deportivo cos oficiais de catro buques de guerra da Royal Navy fondeados na cidade. Estes eran o Leviathan, o Royal Arthur, o Donegal e o Berwick, comandados polo almirante Edward Eden Bradford.[2] A directiva do club aproveitou a ocasión para reclamar que se erguese en Elviña un monumento ás tropas inglesas comandadas por John Moore que derrotaron ao exército napoleónico de Jean-de-Dieu Soult na coñecida como batalla de Elviña de 1809.[2] O primeiro partido rematou en empate, mentres que na segunda levou a vitoria o equipo coruñés.[3]
Tamén en xaneiro , despois de máis de dous anos sen enfrontarse, os presidentes do Coruña e do Deportivo (Laureano Martínez e José Longueira), aceptaron a proposta dun grupo de socios do Círculo de Artesáns chamado "Grupo de Amigos" de retomar os duelos entre os dous principais clubs da cidade coa disputa da "Copa Coruña-Deportivo".[4][5] Así, o 26 de xaneiro xogaron en Monelos o primeiro dos encontros, formando o conxunto coruñista con Dequidt, Justo, Prego, Bermúdez, Pombo, Martínez, Castro, Caruncho, López, Roura e Pita.[6] Nun encontro no que reinou a cordialidade, a vitoria levouna o Deportivo por 1-3.[7] O segundo partido acabou en empate, polo que a copa foi para o conxunto deportivista.[8] Volvéronse enfrontarse de novo entre marzo e abril, nunha serie de partidos benéficos a favor da asociación O Neno Descalzo. O segundo deles suspendeuse durante 20 minutos por unha discusión entre os xogadores debido á anulación dun gol por fóra de xogo, e tralo partido houbo liortas entre ambas afeccións nos arredores do campo e tamén nos Cantóns.[9] O terceiro e definitivo partido non chegou a xogarse debido ás esixencia do Coruña, que para evitar incidentes pediu entre outras cousas que o encontro se disputase cunha asistencia ao campo limitada a certas autoridades e familiares dos futbolistas, condicións que non foron aceptadas pola asociación benéfica, dando esta como gañador ao Deportivo.[10]
En xullo de 1913 Ramón Portela converteuse no novo capitán do equipo, trala retirada de Manuel Álvarez.[11] Estreou capitanía na final da Copa Gabino Bugallal, na que o Deportivo conseguiu revalidar o título e ficar co trofeo en propiedade, ao derrotar por 6-1 ao British FC de Ferrol, composto por xogadores británicos.[12]
Persoal
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]| Pos | Nac | Nome |
|---|---|---|
| POR | Rogelio Ramos | |
| POR | Charry | |
| DEF | Ancos | |
| DEF | Manuel Fernández | |
| MED | Manuel Álvarez | |
| MED | Angelito | |
| MED | Rosendo Silva | |
| MED | Ramón Portela | |
| MED | Serapio | |
| MED | Antonio Catoira | |
| DIA | Virgilio | |
| DIA | Borrazás | |
| DIA | Yarza | |
| DIA | Parra | |
| DIA | Barreiro | |
| DIA | Fito | |
| DIA | Chucho |
Xunta directiva
[editar | editar a fonte]| Cargo | Nome |
|---|---|
| Presidente | |
| Vicepresidente 1º | |
| Vicepresidente 2º | |
| Secretario | |
| Vicesecretario 1º | |
| Vicesecretario 2º | |
| Tesoureiro | |
| Contador | |
| Vogalis | |
Partidos
[editar | editar a fonte]Vitoria
Empate
Derrota
Amigables
[editar | editar a fonte]| 5 de xaneiro de 1913 | Deportivo da Coruña | 2 – 2 | Oficiais dos buques Leviathan + Royal Arthur + Donegal + Berwick | A Coruña | ||
| 15:30 | Informe | Estadio: Riazor | ||||
| 6 de xaneiro de 1913 | Deportivo da Coruña | 1 – 0 | Oficiais dos buques Leviathan + Royal Arthur + Donegal + Berwick | A Coruña | ||
| 15:00 | Parra |
Informe | Estadio: Riazor | |||
| Copa Coruña-Deportivo (ida) 26 de xaneiro de 1913 | Real Club Coruña | 1 – 3 | Deportivo da Coruña | A Coruña | ||
| 16:00 | Labarta |
Informe | Parra Barreiro ? |
Estadio: Monelos Árbitro: Félix de Paz | ||
| Copa Coruña-Deportivo (volta) 9 de febreiro de 1913 | Deportivo da Coruña | 1 – 1 | Real Club Coruña | A Coruña | ||
| 15:50 | Parra |
Informe | Castro |
Estadio: Riazor Asistencia: 3.000 Árbitro: Julio Iribarren | ||
| A beneficio de O Neno Descalzo (ida) 30 de marzo de 1913 | Real Club Coruña | 2 – 1 | Deportivo da Coruña | A Coruña | ||
| 16:00 | Miranda Macho |
Informe | Chucho |
Estadio: Monelos Árbitro: Conde | ||
| A beneficio de O Neno Descalzo (volta) 6 de abril de 1913 | Deportivo da Coruña | 3 – 1 | Real Club Coruña | A Coruña | ||
| 16:15 | Álvarez Parra Barreiro |
Informe | Miranda |
Estadio: Riazor Árbitro: Shuttleworth | ||
| 20 de xullo de 1913 | Real Fortuna | 3 – 1 | Deportivo da Coruña | Vigo | ||
| 18:30 | Vicente Pancho Estévez ? |
Informe | Parra |
Estadio: Bouzas Árbitro: Pérez | ||
Copa Gabino Bugallal
[editar | editar a fonte]| Final 6 de xullo de 1913 | Deportivo da Coruña | 6 – 1 | British FC | A Coruña | ||
| 16:00 | Angelito Yarza Barreiro |
Informe | ? |
Estadio: Riazor | ||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ventureira 2022, pp. 157-158.
- ↑ 2,0 2,1 "Partidos de foot-ball". El Eco de Galicia (en castelán) (1961). 5 de xaneiro de 1913. p. 1. Consultado o 27 de febreiro de 2025.
- ↑ "Ingleses y españoles". El Noroeste (en castelán) (6341). 7 de xaneiro de 1913. p. 1. Consultado o 27 de febreiro de 2025.
- ↑ "El Coruña y Deportivo". El Eco de Galicia (en castelán) (1968). 14 de xaneiro de 1913. p. 1. Consultado o 3 de decembro de 2024.
- ↑ "Notas de sport". El Eco de Galicia (en castelán) (1968). 14 de xaneiro de 1913. p. 1. Consultado o 27 de febreiro de 2025.
- ↑ "Coruña-Deportivo". El Eco de Galicia (en castelán) (1979). 26 de xaneiro de 1913. p. 1. Consultado o 3 de decembro de 2024.
- ↑ "Coruña -- Deportivo". El Eco de Galicia (en castelán) (1980). 28 de xaneiro de 1913. p. 1. Consultado o 3 de decembro de 2024.
- ↑ "De Sport". El Diario de Pontevedra (en castelán) (8634). 14 de febreiro de 1913. p. 2. Consultado o 3 de decembro de 2024.
- ↑ "Para el Niño Descalzo". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de abril de 1913. pp. 1–2.
- ↑ "Notas de sport". El Eco de Galicia (en castelán) (2047). 13 de abril de 1913. p. 1. Consultado o 4 de decembro de 2024.
- ↑ "De sport". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xullo de 1913. p. 1.
- ↑ "Notas de sportn". El Eco de Galicia (en castelán) (11694). 8 de xullo de 1913. p. 1. Consultado o 28 de febreiro de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ventureira, Rubén (2022). De la Sala Calvet al título olvidado [Da Sala Calvet ao título esquecido] (en castelán). A Coruña: Fundación Real Club Deportivo de La Coruña SAD. ISBN 978-84-09-46119-6.