Telesforo Monzón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTelesforo Monzón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Telesforo de Monzón y Ortiz de Urruela Editar o valor em Wikidata
1 de decembro de 1904 Editar o valor em Wikidata
Bergara, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de marzo de 1981 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Baiona, Francia Editar o valor em Wikidata
Deputado do Parlamento do País Vasco
31 de marzo de 1980 – 9 de marzo de 1981
Circunscrición electoral: Áraba

Deputado do Parlamento do País Vasco
31 de marzo de 1980 – 9 de marzo de 1981 – José Luis Gómez Sanpedro (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Áraba
Deputado no Congreso dos Deputados
17 de marzo de 1979 – 17 de marzo de 1980 – Antton Ibarguren (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Gipuzkoa (constituency) (en) Traducir

Security minister (en) Traducir
1936 – 1937
← sen valor – José María Benegas →
Deputado nas Cortes republicanas
7 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Guipúscoa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , propietario , político , labrego Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco
Herri Batasuna Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsIsidro de Monzón (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Inguma: telesforo-monzon-ortiz-de-urruela-1904-1981 Literaturaren Zubitegia: 306

Telesforo de Monzón y Ortiz de Urruela, nado en Bergara o 1 de decembro de 1904 e finado en Baiona o 9 de marzo de 1981, foi un escritor, político e líder nacionalista vasco.

Monzón foi un histórico dirixente do Partido Nacionalista Vasco durante a Segunda República e a guerra civil. Tras a contenda viuse forzado a exiliarse durante máis de corenta anos. Co seu regreso ó País Vasco converteuse nunha figura de referencia do nacionalismo vasco e nun dos fundadores da coalición política Herri Batasuna.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Telesforo Monzón no Aberri Eguna de 1933.

Telesforo Monzón naceu en Bergara (Guipúscoa) no seo dunha rica familia da aristocracia. O seu lugar de nacemento foi casa-Torre de Olaso en Bergara, propiedade da súa familia dende o século XVI. Estudou en Madrid a carreira de Dereito pero non chegou a rematala. Se ben por tradición familiar debería terse vinculado na súa inclinación política ao carlismo, o certo é que o mozo Telesforo se sentiu máis atraído polo nacionalismo vasco.[Cómpre referencia] Aprendeu de novo o éuscaro, idioma que case chegara a esquecer, e afiliouse ó Partido Nacionalista Vasco en 1930, cando se reunificou en vésperas da Segunda República.

Segunda República[editar | editar a fonte]

Monzón foi elixido concelleiro do PNV en Bergara durante as Eleccións municipais do 12 de abril de 1931, que desembocaron no establecemento da Segunda República Española. Nas filas do PNV, destacou durante ese período como un brillante orador, tanto en éuscaro como en castelán. Accedeu en 1932 ó cargo de presidente do seu partido en Guipúscoa e converteuse en membro do Euskadi Buru Batzar (órgano de dirección do PNV) en 1933. En novembro dese mesmo ano foi elixido deputado ao Congreso dos Deputados en representación de Guipúscoa. Permaneceu neste cargo durante o bienio radical-cedista, no que gobernou a dereita, até xaneiro de 1936.

Guerra civil española[editar | editar a fonte]

O 18 de xullo de 1936 produciuse o golpe militar que deu orixe á guerra civil española. Cando a maior parte do Partido Nacionalista Vasco proclamou o seu apoio á legalidade republicana, Monzón pasou a formar parte da Xunta de Defensa de Guipúscoa, da que dimitiu ó pouco ó estar desconforme con algúns fusilamentos. Foi un dos organizadores do Euzko Gudarostea (Exército Vasco) en setembro do mesmo ano, que se acabaría por converter no Exército regular do Goberno Provisional do País Vasco (Goberno Autónomo Vasco).[1]

Cando se constituíu o Goberno Autónomo Vasco foi nomeado conselleiro de Gobernación e de Seguridade Cidadá polo lehendakari José Antonio Aguirre.[2] Dende ese cargo, Monzón creou a Ertzaina, que era un corpo de policía motorizada e diversos corpos de orde pública, que se encargaron de manter a orde nas zonas do País Vasco que permaneceron leais á República durante a guerra. Estes corpos de policía considéranse o principal antecedente histórico da actual Ertzaintza (a policía autónoma vasca).[3] Monzón evitou que se tomasen represalias políticas na zona, aínda que non puido impedir o asalto, por unidades de UXT -batallóns 7 e 8- ó cárcere de Bilbao o 4 de xaneiro de 1937,[3] que se produciu tras un bombardeo franquista e que se saldou coa matanza de 209 prisioneiros. Ese grave incidente puxo o seu papel en cuestión dende certos ámbitos do seu partido, pero Aguirre, que tiña a Monzón como un dos seus homes de confianza, confirmouno no cargo.[3]

O seu departamento xestionou tamén a restitución democrática dos concellos, unha vez disoltas as respectivas Xuntas Locais de Defensa, a creación de comisións xestoras das deputacións ou a revisión de incautacións. Monzón impulsou así mesmo dende o seu departamento a supervisión dos danos causados polos bombardeos da aviación franquista e organizou a defensa do país. Foi unha das testemuñas dos danos causados polo Bombardeo de Guernica en 1937. Unha vez ocupada Euskadi polos franquistas, fuxiu xunto con José Antonio Aguirre dende Santander o 23 de agosto de 1937 cara a Francia.

Exilio[editar | editar a fonte]

Tras a fuxida a Francia permaneceu neste país até 1939, axudando aos refuxiados e prisioneiros vascos. Coa ocupación alemá de Francia foxe a través de Marsella até México, onde residiu até o final da segunda guerra mundial. En 1946 regresou co resto dos membros do Goberno Provisional do País Vasco a Francia, estabelecéndose en París. Monzón permanecería como membro do Goberno Provisional do País Vasco no exilio, primeiro como conselleiro de Cultura (até 1952) e logo sen carteira, até 1953, cando dimitiu desconforme coa política de alianzas do seu partido.[Cómpre referencia]

A partir dese intre, Monzón distanciaríase do seu partido, aínda que sen deixar de militar no PNV nin de considerarse jelkide. Monzón estabeleceuse no País Vasco Francés, concretamente en Saint-Jean-de-Luz, onde posuía unha leira denominada Meandre Berri. A pesar do distanciamento co seu partido, nunca rompeu totalmente con este, nin co seu amigo, o lehendakari Aguirre. Cando Aguirre faleceu en 1960, a súa capela ardente instalouse na casa que posuía Monzón na anteriormente mencionada localidade vascofrancesa.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

A obra literaria de Monzón, realizada en éuscaro, comezou a xestarse* durante o seu exilio baixo o alcume de Olaso. As súas primeiras obras foron de poesía; a primeira obra publicouna en México en 1945 e titulouse Urrundik (Dende lonxe). En 1947 publicou tras o seu regreso a Francia Gudarien Eginak (Os deberes do soldado), a súa obra máis coñecida. Nos anos cincuenta e sesenta decantouse polo teatro, escribindo comedias de enredo que se desenvolvían no medio rural. En 1966 ingresou na Real Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia). Con todo, polo que é máis lembrado Monzón é polas súas cancións de loita. Monzón compuxo varias cancións de tinguidura política e nacionalista (adaptando melodías coñecidas), que se fixeron moi populares no País Vasco durante a Transición, cancións como Itziarren Semea, Batasuna, Lepoan Hartu ta Segi Aurrera, Kanta aberria ou Bai Euskarari que eran interpretadas polo dúo vascofrancés Pantxoa eta Peio.

Anai Artea e a súa relación con ETA[editar | editar a fonte]

Durante a década de 1960 Monzón vía como comezaba a chegar ao País Vasco francés unha nova onda de exiliados políticos vascos, vinculados coa actividade dunha nova organización que aparece en escena: ETA. Simpatizando con este movemento, ó cal consideraba continuador do labor do Euzko Gudarostea da guerra civil, e cada vez máis atraído por el, fundou en 1969 a asociación Anai Artea (Entre irmáns), da que foi elixido presidente, co obxectivo de acoller ós refuxiados políticos no País Vasco francés. Cando ETA secuestrou en 1970 ó cónsul da República Federal Alemá en Donostia, Eugen Beihl, acción que deu á organización terrorista repercusión internacional, Monzón e a súa asociación exerceron con éxito como mediadores do secuestro, o que relanzou a súa figura política. Durante a década de 1970, Monzón declarouse publicamente partidario da loita armada de ETA (declarábase etista segundo as súas propias palabras) e partidario da creación dunha ampla "fronte nacional vasca" que aglutinase dende o PNV até a esquerda abertzale.[Cómpre referencia] A figura de Monzón comezou a converterse en enormemente popular entre o nacionalismo vasco de esquerdas, mentres que o seu partido histórico, o PNV, empezou a velo con gran desconfianza e mesmo o chamou á orde.

Moitos[quen?] consideran que, durante eses anos, Monzón e a súa asociación brindaron apoio loxístico a ETA en Francia.[Cómpre referencia] O diario español El Mundo publicou unha nova no 2005, segundo a cal varias persoas desaparecidas no País Vasco Francés durante a década de 1970, supostamente asasinadas por ETA, estarían soterradas nunha leira que fora propiedade de Telesforo Monzón naquela época, aínda que dita información non falaba de que necesariamente Monzón estivese ó corrente disto.[Cómpre referencia] Segundo devandita información, as vítimas serían Eduardo Moreno Bergaretxe (Pertur) e tres mozos de Galicia ós que ETA confundiu con axentes da Garda Civil. Nunca chegaron a aparecer estes cadáveres.

Dende o seu exilio forzado en Francia, Monzón foi o máximo impulsor do denominado Cume de Chiberta no País Vasco francés, que consistiu nunha serie de reunións entre as diferentes forzas políticas do nacionalismo vasco (abarcando todo o amplo espectro político desde as dúas ETAs até o PNV) para acordar a postura a tomar ante as eleccións xerais de 1977.[4] Esas reunións non deron ningún resultado frutífero, nin lograron formar a "Fronte Nacional Vasco" co que Monzón soñaba. Algunhas organizacións decidiron presentarse pola súa conta ás eleccións e outras boicotealas.

A pesar de que Francisco Franco morrera en novembro de 1975, Monzón non foi autorizado polas autoridades españolas a regresar ó País Vasco até o 14 de xullo de 1977, un mes despois de terse celebrado as primeiras eleccións democráticas en España.

Fundador de Herri Batasuna[editar | editar a fonte]

Tras fracasar en Chiberta, o seu intento de lograr unha Fronte Nacional Vasco; dende o seu regreso a España no verán de 1977 e durante a Lexislatura Constituínte (1977-1979), Monzón converteuse no aglutinante dun movemento político que se iría xestando ó redor da súa figura e o apoio á actividade de ETA (militar) e a Alternativa KAS.[Cómpre referencia]

En agosto de 1977 constituíuse a Mesa de Altsasu a iniciativa súa, co fin de organizar a diversos grupos ao redor da Alternativa KAS. Como consecuencia destas reunións, fundouse Herri Batasuna (HB) en Altsasu (Navarra) en 1978 como unha coalición electoral entre Acción Nacionalista Vasca (ANV), o Partido Socialista Vasco (ESB-PSV), Herri Alderdi Sozialista Iraultzailea (HASI) e Langile Abertzale Iraultzaileen Alderdia (LAIA). Dentro do mesmo movemento situábanse o Xestoras Prol Amnistía, o sindicato LAB, a organización xuvenil Jarrai e outros grupos da chamada esquerda abertzale. Telesforo Monzón situouse á fronte da coalición como personalidade independente. Nas primeiras eleccións xerais de marzo de 1979, a coalición obtivo 170.000 votos e un 13% dos votos emitidos no País Vasco. Monzón foi elixido deputado ao Congreso pola circunscrición de Guipúscoa, tal e como ocorrera 46 anos antes; aínda que entón presentouse nas filas do PNV.

Con todo, Monzón xa era moi maior, tiña 74 anos e a actividade política deses anos fixo que a súa saúde acabase resentíndose.[Cómpre referencia] Durante a campaña electoral de 1979 foi detido nun peche a prol da amnistía dos presos vascos e encerrado no cárcere de Nanclares da Oca (Áraba). Estando no cárcere enfermou e tivo que ser hospitalizado. Ó ser elixido deputado obtivo inmunidade e foi excarcerado, pero a Mesa Nacional de HB decidiu que Monzón, polo seu delicado estado de saúde, non acudise ó Congreso. En decembro de 1979 foi xulgado xunto con Francisco Letamendia polo delito de "apoloxía do terrorismo".[Cómpre referencia]

En marzo de 1980 foi elixido parlamentario vasco nas primeiras eleccións autonómicas do País Vasco na candidatura de Herri Batasuna, polo que dimitiu o 17 de marzo de 1980 do seu cargo como deputado no Congreso dos Deputados de Madrid, que pasou a ocupar Antonio Ibarguren. Malia a súa elección, tampouco acudiu ao Parlamento Vasco por mor do seu estado de saúde. Faleceu en Baiona o 9 de marzo de 1981, sendo enterrado en Bergara, a súa localidade natal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martin Garitano, Monzón, abertzale hasta el final Arquivado 04 de decembro de 2011 en Wayback Machine., en Gara, 12 de marzo de 2011.
  2. Pantxoa eta Peio, hiru hitzaldi eta omenaldia Monzon goratzeko Arquivado 01 de marzo de 2012 en Wayback Machine., Goiena.net.
  3. 3,0 3,1 3,2 Steer, George L. (2009 (1938)). The Tree of Gernika. Londres: Faber and Faber Ltd.  100. or.
  4. Gaizka Fernández Soldevilla, "Ellos y nosotros": la Cumbre de Chiberta y otros intentos de crear un frente abertzale en la Transición, en Historia del presente, ISSN 1579-8135, Nº 13, 2009 (¿Una patria invisible?), pp. 97-114. Consultado: 8-3-2011

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Izagirre, Koldo: Telesforo Monzonen zortzi poema inedito. - Egan, 2004-3/4, 5-19
  • Mendiguren Elizegi, Xabier: Langosta baten aitzakian: Telesforo Monzonen erretratu bat, bere hitz lauzko idazlanetan barrena. - Egan, 2004-3/4, 21-37
  • Sudupe, P. 2011: 50eko hamarkadako euskal literatura II. Kazetaritza eta saiakera, Donostia, Utriusque Vasconiae. ISBN 978-84-938329-5-7
  • Sudupe, Pako 2018: Telesforo Monzon : aristokrata abertzalea : EAJtik HBra, bilakaera politiko-kulturala, Donostia, Txertoa. ISBN 978-84-7148-595-3