Telephones Rouges

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Telephones Rouges
Telephones Rouges.JPG
A banda no Liceo Mutante en 2012
OrixeO Grove, Galicia Galicia
Período2007-2013
Xénero(s)noise rock, punk experimental, rock experimental, shoegazing
Selo(s) discográfico(s)for Noise's Sake, Mama Vinyla Records, Matapadre
MembrosRubén Domínguez
Matías Auch
Álex
Foso Común
Páxina webBandcamp

Telephones Rouges foi unha banda galega de noise rock procedente do Grove formada no ano 2007. O grupo publicou tres EPs, un EP compartido e un álbum antes da súa disolución en 2013.

Historia[editar | editar a fonte]

Telephones Rouges naceu no ano 2007 como un proxecto persoal de Rubén Domínguez ao que se lle uniron ao pouco tempo Matías Auch, Álex e Foso Común. O seu primeiro foi o 13 de abril na Coruña e pouco tempo despois comezaron a gravar os seus primeiros temas. En 2008 publicaron o EP Liberté, La Nuit a través do selo madrileño for Noise's Sake nun edición limitada de 50 CD-R.[1] Ese mesmo ano tamén publicaron o EP autoeditado Telephones Rouges.[2]

A banda foi escollida como unha das 30 semifinalistas do Proyecto Demo 09 xunto con outros tres grupos galegos: Noise Project, Franc3s e The.[3]

En setembro de 2010 Telephones Rouges gravou no estudio Abrigueiro de Friol Radiocontrol EP, un dico de cinco temas publicado por Mama Vynila Records en maio de 2011.[4] En 2010 temán colaboraron co tema "Cúspeo xa!" no álbum recompilatorio Galician Bizarre.[5]

En xaneiro de 2012 Mama Vinyla lanzou o EP compartido coa banda barcelonesa Piñata MAX SPLIT, con dous temas de cada grupo. As cancións de Telephones Rouges foron gravadas no estudio Círculo Polar do Grove.[6] No mes de agosto gravaron os temas do seu primeiro álbum no estudio A Ponte de Tomás Ageitos. O disco, chamado Disenso, foi producido pola propia banda xunto con Iñaki Bea de Nadadora e publicouse no mes de novembro a través de Mama Vynila.[7]

A banda anunciou a súa separación no ano 2013 e realizaron o seu derradeiro concerto o 27 de decembro na sala Twist & Shout do Grove. Tras a disolución Rubén Domínguez uníuse a Chicharrón e comezou un proxecto en solitario chamado Pantis.[2]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo Notas
Liberté, La Nuit 2008 autoeditado EP
Telephones Rouges 2008 for Noise's Sake EP
Radiocontrol EP 2011 Mama Vinyla Records EP
MAX SPLIT 2012 Mama Vynila Records EP compartido con Piñata
Disenso 2012 Mama Vynila Records, Matapadre

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Telephones Rouges - Liberté, La Nuit". Discogs. Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Telephones Rouges". La Fonoteca. Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  3. "Cuatro grupos gallegos, entre los semifinalistas del Proyecto Demo". La Voz de Galicia. Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  4. "Radiocontrol EP by Telephones Rouges". Bandcamp. Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  5. "Galician Bizarre". Bandcamp. Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  6. "MAX SPLIT by Telephones Rouges VS Piñata". Bandcamp. Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  7. "Disenso by Telephones Rouges". Bandcamp. Consultado o 21 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]