Telecoruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Telecoruña
Sede de Telecoruña en Pocomaco.
Inicio das emisións 1994
Fin das emisións 2017
País Galicia Galiza
Área de emisión A Coruña e comarca
Sede central Polígono de Pocomaco, A Coruña

Telecoruña foi unha emisora privada de televisión que emitiu entre os anos 1994 e 2017 na Coruña e na súa área metropolitana.

Historia[editar | editar a fonte]

A cadea Telecoruña era propiedade da sociedade Telecoruña Canal 41 S.A. A empresa propietaria foi fundada no 1994 baixo a xerencia de José Manuel Brandariz Suárez[1].

No ano 2006 a Xunta de Galicia resolveu unha concesión de licenzas para emitir en dixital que resultou polémica. Nela denegábaselles a licenza a Telecoruña, Ferrol Television, Código TV e Televigo, que a tiñan solicitado[2]. A actividade da emisora rematou no ano 2008 ante a imposibilidade de seguir emitindo en analóxico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Telecoruña estaba orientada á difusión de noticias de ámbito local e de programas relacionados coas actividades socio-culturais comarcais. Telecoruña pertenceu á Asociación Galega de Televisións Locais (Asgatel) e á Red de Televisiones Locales (UNE). Estivo afiliada á cadea Telemundo, que producía unha gran parte da súa programación.

A súa área de recepción limitábase á provincia da Coruña, especialmente nos concellos da Coruña, Ferrol, Arteixo, Carballo, Culleredo e Santiago de Compostela. Posteriormente foi posible a súa recepción a través do operador R Cable y Telecomunicaciones Galicia S.A.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rexistro mercantil da Coruña
  2. Diario Oficial de Galicia. Resolución do 31 de xullo de 2006 pola que se lle dá publicidade á adxudicación provisional das concesións do servizo público de televisión dixital, de cobertura local, segundo demarcacións, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, outorgadas polo Consello da Xunta de Galicia.