Teito (homónimos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo teito (do latín tectu) pódese referir a:

  • Teito, parte superior que cobre unha casa, unha vivenda ou calquera construción ou cavidade semellante, considerada especialmente polo lado interior, por riba dos límites superiores das paredes.
  • Cuberta, elemento construtivo que protexe os edificios na parte superior e, por extensión, estrutura sustentante formada por trabes en pendente. Segundo o material que cobre a estrutura pode ser chamado de tellado (tellas), lousado (lousas) ou colmado (colmo).
  • Vivenda, casa onde se vive, lar, forgar.
  • Colmado, cuberta de palla de centeo ou trigo que se usa nos palleiros e en certas construcións rústicas, colma, colmazo, colmo.
  • Teito, (tamén chamada de teitu en asturleonés) edificación de pedra con cuberta vexetal (colmado ou de xestas) típica do occidente asturiano e leones, semellante á palloza.

Outros significados[editar | editar a fonte]

  • Teito da boca, parte superior interna da boca, padal.
  • Efecto de teito, efecto provocado por algúns fármacos segundo o cal, a partir dunha determinada dose, os seus efectos terapéuticos non aumentan aínda que se aumente esta, efecto teito.
  • Función teito, función matemática que asigna a cada número real o número enteiro máis achegado que non sexa menor ca el.
  • Teito de voo, altitude máxima que unha aeronave pode acadar nun conxunto de condicións.
  • Cláusula teito, en dereito hipotecario, limitación máxima do tipo de xuro establecida no documento de formalización da hipoteca.
  • de xeito figurado, altura límite máxima que ten ou pode acadar algo ou alguén.
  • Teito do mesencéfalo, Tectum mesencephali, tecto do mesencéfalo.