Eragrostis tef

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Teff»)

Teff
Clasificación científica
Reino: Plantae
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Chloridoideae
Xénero: Eragrostis
Especie: E. tef
Nome binomial
Eragrostis tef
(Zucc.) Trotter
Sinonimia

Eragrostis abyssinica

Eragrostis tef (Zucc.) Trotter, coñecida polos nomes comúns de teff (amhárico: ጤፍ ṭēff; tigriño: ጣፍ ṭaff) ou xaafii (en oromo), é unha planta anual nativa das terras altas do Etiopía e Eritrea no Corno de África.[1] É un cereal común en Etiopía e na Eritrea, mais pouco coñecido noutras partes do mundo, constituíndo a base da injera, o prato nacional etíope. A etimoloxía popular liga a palabra "teff" á raíz etio-semítica "ṭff", que significa "perdido" (aparentemente debido ao pequeno tamaño do gran).

Orixes[editar | editar a fonte]

Crese que o seu cultivo tivo inicio en Etiopía entre 4.000 e 1.000 a.C.. Estudos xenéticos apuntan a especie Eragrostis pilosa como o seu antepasado salvaxe máis probábel.

No século XIX foron identificadas sementes de teff nun sitio arqueolóxico exípcio. Hoxe tal identificación é considerada dubidosa. As sementes en cuestión xa non están dispoñíbeis para estudo e probabelmente serían dunha gramínea salvaxe común no Exipto.

Características[editar | editar a fonte]

É resistente a climas rigorosos quentes e secos. Cultívase tamén en solos alagados.

Presenta maior produtividade en altitudes de 1800 a 2000 metros con 450 a 550 milímetros de choiva e temperaturas entre 10 e 27 °C.

É unha semente pequena con coloracións variadas (do branco pasando polo vermello até o marrón escuro). As variedades máis claras posúen un sabor máis suave pero todos son igualmente nutritivos.

Grazas ao seu pequeno tamaño (preto de 1 milímetro de diámetro) e a súa facilidade de cultivo favoreceu un estilo de vida semi-nómade.

Valor nutricional[editar | editar a fonte]

Eragrostis tef, cocido
Valor nutricional por 100 g
Enerxía422 kJ (101 kcal)
19.86 g
Fibra alimentaria2.8 g
0.65 g
3.87 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
16%
0.183 mg
Riboflavina (B2)
3%
0.033 mg
Niacina (B3)
6%
0.909 mg
Vitamina B6
7%
0.097 mg
Ácido fólico (B9)
5%
18 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
5%
49 mg
Ferro
16%
2.05 mg
Magnesio
14%
50 mg
Manganeso
136%
2.86 mg
Fósforo
17%
120 mg
Potasio
2%
107 mg
Sodio
1%
8 mg
Cinc
12%
1.11 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga74.93 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.

O gran ten unha concentración elevada e variada de nutrientes: calcio, ferro, cobre, aluminio, bario, fósforo e tiamina. É rico en carbohidratos. O ferro contido no teff é facilmente absorbido polo organismo.

Posúe elevado contido de proteínas. Crese que ten unha composición de aminoácidos excelente (todos os oito aminoácidos esenciais para os seres humanos). Ten niveis de lisina máis elevados ca o trigo ou o orxo.

Estimula a flora intestinal. Non contén glute, polo que é apropiado para aqueles con intolerancia ao glute (doenza celíaca).

Cultivo[editar | editar a fonte]

O teff é intensamente cultivado nos altiplanos de Etiopía, que é o maior produtor mundial (o teff é responsábel de aproximadamente un cuarto da produción total de cereais deste país) e tamén en Eritrea, na India e en Australia.

Consumo[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, o teff úsase na cociña de Etiopía e de Eritrea para a preparación dun tipo de pan plano, o injera.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lewis Aptekar (2013) In the Lion's Mouth, XLibris LLC, ISBN 978-1-4836-9519-8.
  2. (en inglés) Ethiopianrestaurant - Injera. Páxina visitada o 23 de outubro de 2010.
  3. (en portugués) Coisinhasdabarbara - Receita de Injera. Acceso o 23 de outubro de 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Germer, Renate (1985). Flora des pharaonischen Ägypten. Mainz: von Zabern. ISBN 3-8053-0620-2.
  • National Academy of Sciences. Lost crops of Africa. Volume I: Grains. Washington, D.C.: National Academies Press, 1996. ISBN 0-309-04990-3

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]