Músculo estriado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tecido muscular estriado»)
Músculo estriado
A. Porción dunha fibra muscular estriada esquelética humana de tamaño mediano ampliada case 800 veces. B. Paquetes separados de miofibrilas ampliados.
Latín textus muscularis striatus
(TH 2.00.05.2.00001)

O músculo estriado ou tecido muscular estriado é o tecido muscular cuxas fibras musculares conteñen filamentos proteicos de actina e miosina e outras proteínas, que forman sarcómeros, e presentan unha disposición moi ordenada, de modo que a superposición de filamentos nunha zonas crea bandas escuras e a non superposición crea bandas máis claras, que se alternan, o que lle dá un aspecto estriado visto ao microscopio. Contraponse ao músculo liso, onde os filamentos proteicos non están ordenados e non se observa estriación. Hai dous grandes tipos de tecido muscular estriado:

  • Músculo esquelético. Forma os músculos unidos ao esqueleto que se contraen voluntariamente e é responsable dos movementos voluntarios do corpo. As súas fibras son sincitios. Segundo a súa orixe embriolóxica pode ser músculo esquelético derivado dos somitas do embrión, e músculo branquiomérico derivado dos arcos branquiais embrionarios (comprende músculos da cabeza e pescozo).
  • Músculo cardíaco. Forma o miocardio do corazón e é responsable das contraccións do corazón que bombean o sangue. É un músculo estriado involuntario formado por células non sinciciais e ramificadas.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxina 267. ISBN 84-7605-361-4
  2. Striated muscle. Mosby's Dictionary of Medicine, Nursing, & Health Professions (9th ed.). 2012.