Teatro romano de Bracara Augusta
| Teatro romano de Bracara Augusta | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Braga | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||||
|
Período
| |||||||||
| Localización | |||||||||
| |||||||||
| Wikidata |
O teatro romano de Bracara Augusta é un teatro construído en tempos do Imperio Romano na cidade de Bracara Augusta, actual Braga, en Portugal. Foi descuberto de forma accidental en 1999, cando se realizaban escavacións arqueolóxicas nas termas romanas de Maximinos. Ata o momento é o único teatro romano do que se ten constancia nos territorios da antiga provincia romana de Gallaecia. Está prevista a súa musealización e apertura ao público en 2025.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Foi construído a comezos do século II, de forma simultánea coas termas públicas. Sábese que sufriu algunha reforma, de cronoloxía aínda pouco precisa, asociada á ornamentación do frons pulpiti. Os datos arqueolóxicos dispoñibles apuntan ao seu abandono no século IV.[2]
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dun edificio de preto de 72,63 metros (245 pés) de diámetro, limitado por un robusto muro, con cerca de 3,7 m (14 pés) de ancho e 13,1 m (44 pes) de altura. A súa cávea estaba dividida en tres niveis, separados por praecinctiones, sendo escavado polo momento tan só parte da ima cavea. A orchaestra, desprovista de pavimento, tiña un diámetro máximo de 20,80 m (70 pés), incluíndo a poedria e o praecinctio, e 13 m (48 pés) de diámetro mínimo. Detrás do teatro existiu un cuadripórtico que envolvía un perístilo, do cal hoxe en día tan só se conserva unha parte do pórtico leste, pois a maior parte desta estrutura foi destruída na década de 1970 para a construción de modernos edificios de vivendas.
Tendo en conta o diámetro da cavea, ten unha superficie útil de 3.000 m², polo que é posible estimar que puidese acoller entre 4.000 e 4.500 espectadores.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Braga quer abrir teatro romano até 2025". Jornal de Notícias (en portugués). 26 de xullo de 2023. Consultado o 21 de decembro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Martins, Manuela; Ribeiro, Jorge; Magalhães, Fernanda; Braga, Cristina; Ribeiro, María do Carmo (2017). Deputación de Lugo. Servizo de Publicacións, ed. "O espaço construído de Bracara Augusta no Alto Império". Philtáte: Studia et acta antiquae Callaeciae (en portugués).
