Saltar ao contido

Teatro de Ningures

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Teatro de Ningures
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
1986 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

Teatro de Ningures é unha compañía teatral de Cangas de Morrazo fundada en 1986.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A Compañía de teatro xurdiu en Cangas arredor de integrantes do Grupo Mua, do IES María Soliño e da sección viguesa da Escola Dramática Galega: Casilda Alfaro, Xosé Manuel Pazos (antigos Múa), Andrés Reboreda, Maite Campos (antigos EDG) e Catalina Coya (antiga IES María Soliña).[2]

Desde a súa fundación está ligado á contorna do Morrazo e Cangas. Leva uns trinta espectáculos creados, producidos e distribuídos. A través de Ningures Producións tamén colabora na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC)[3] e forma parte do seu padroado.[4]

Escola de Teatro de Cangas

[editar | editar a fonte]

Naceu en 2008 e está xestionada por Teatro de Ningures. Conta con máis de 20 docentes que imparten obradoiros de interpretación, movemento expresivo, improvisación, xogo dramático, teatro de rúa, clown, comedia da arte, escrita dramática, dirección de escena, voz ou performance. Máis de mil alumnos levan participado en 16 espectáculos estreados no Auditorio Municipal de Cangas.[5]

Aulas de Teatro da Universidade de Vigo e MITEU

[editar | editar a fonte]

Teatro de Ningures coordina as Aulas de Teatro da Universidade de Vigo e organiza a MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario) nos campos de Ponvedra e Vigo desde 1999.

Nas aulas de teatro apréndese expresión corporal e vocal, a interpretación, a improvisación, a emoción e a posta en escena, dirixidos ao alumnado, ao persoal administrativo e servizos da universidade e ao conxunto da cidadanía. A MITEU leva unhas 27 edicións celebradas no Campus de Vigo e 16 no Campus de Pontevedra con 40 espectáculos desenvolvidos.[6]

Espectáculos[7]

[editar | editar a fonte]
  • 1985: E vostede, como se chama? (1985), sobre textos de varios autores e dirección de Manuel F. Vieites.
  • 1987: Zeussión continua, sobre un texto de Woody Allen e dirección de Manuel F. Vieites. Con Andrés Reboreda, Antón Pazos, Carlos Soliño, Catalina Coya.
  • 1987: Ácido Sulfúrico (1988), sobre un texto de Alfonso Vallejo con dirección de Celso Parada. Con Andrés Reboreda, Catalina Coya, Celso Parada, Luis Iglesias, Maite Campos, Silda García, Xesús Piñeiro, Xosé Manuel Pazos.
  • 1989: Ubú Rei, de A. Jarry, con dirección de Etelvino Vázquez. Con Andrés Reboreda, Celso Parada, Maite Campos, Silda García, Xosé Manuel Pazos.
  • 1989: A defensa da Vila. María Soliña. Espectáculo baseado en documentos históricos, o poema de Celso Emilio Ferreiro, textos de Xosé Manuel Pazos Varela. A dramaturxia é de Etelvino Vázquez. Con Marcos Vieitez, Ricardo Conde, Silda García, Sonia Rúa, Xosefa Barreiro. En 2009 reformularon o proxecto converténdoo nun macro espectáculo de rúa, adaptado por Casilda Alfaro e Salvador del Río e cunha duración de 145 minutos.[8]
  • 1990: Elektra, a partir do texto para ópera de Hugo Von Hoffmansthal e cunha formulación estética moi refinada, da man de Alberte Bokos. Con Silda García, Xosefa Barreiro, Sonia Rúa, Lez Cameselle, Marcos Viéitez e Ricardo Conde.
  • 1992: Crónica de Pantagruel, de François Rabelais, da man de Alberte Bokos. Con Casilda García. Sonia Rúa, Mundo S. Villalustre, Xosefa Barreiro, Salvador del Río e O. Cameselle Lez.
  • 1993: O polbo ou a versión hicanica do mundo, de Stanislaw Ignacy Witkiewicz, da man de Alberte Bokos. Traducción: Henrique Harguindey a partir da versión francesa de Alain von Grutten. Con Mundo Villalustre, Xosefa Barreiro, Salvador del Río, Noelia Romaní, Casilda García e Sonia Rúa.
  • 1995: Tic-tac, de Suso de Toro. Dramaturxia: X. Manuel Pazos e Etelvino Vázquez. Con Xosefa Barreiro, Sonia Rúa, Casilda García e Salvador del Río
  • 1997: Sempre Ubú (1997), de A. Jarry.
  • 1999: Lugar común, de Lucía Vázquez. Dirección de Etelvino Vázquez. Con: Casilda García, Sonia Rúa, Xosefa Barreiro e Salvador del Río
  • 2001: Fausto, de C. Marlowe. Dirixida por Etelvino Vázquez. Con Casilda Alfaro, Salvador del Río, Santiago Cortegoso, Fran Paredes, Pepa Barriro, Sonia Rúa.
  • 2009: Ñaque, ou de piollos e actores, de José Sanchis Sinisterra. Dirección E.: Salvador del Río. Con Fran Paredes, Santiago Cortegoso.
  • 2010: Homes...Mulleres; Homes... Mulleres. O paraíso terrenal; Homes... mulleres: o paraíso terreal, de Santiago Cortegoso Calvar, María Armesto, Paula Carballeira. Dir. Etelvino Vázquez. Con: Casilda Alfaro, Fran Paredes, Marián Bañobre, Pepa Barreiro, Salvador del Río, Santiago Cortegoso, Sonia Rúa.
  • 2011: 0'7Molotov, de Santiago Cortegoso. Con Ana Beatriz Pérez, Armando Martén, Rocío González, Salvador del Río.
  • 2012: Atra Bile, de Laila Ripoll. Tradución de Xosé Manuel Pazos. Dirección Etelvino Vázquez. Con Sonia Rúa, Casilda Alfaro, David Novas, Fran Paredes, Jose Lage.
  • 2014: O Ogrocho, de Suzanne Lebeau. Tradución: Henrique Harguindey. Dirección escénica: Salvador del Río. Con Lois Soaxe e María Salgueiro.
  • 2015: Unhas poucas picadelas, de Laila Ripoll. Tradución: Xosé Manuel Pazos. Dramaturxia: Etelvino Vázquez. Dirección escénica: Etelvino Vázquez. con Sonia Rúa, Lois Soaxe e Pepa Barreiro.
  • 2021: O monte das aras, de Santiago Cortegoso. Dirección escénica: Salvador del Río. Con Lois Xoaxe, Antía Costas e Omar Ferrín.
  • 2025: As gardiás ou o nó do tecelán, de Nasser Djemaï, con tradución de Henrique Harguindey. Dirixida por Cristina Domínguez. Con Casilda Alfaro, Melania Cruz, Pepa Barreiro, Rebeca Montero, Sonia Rúa.
  • 1995: Recibiu o Premio Xiria.[9]
  • 2012: No Festival de Teatro Galego por Atra Bile.[10]
  • 2025: Premio da Crítica de Galicia.[11]
  1. "Quen somos". Teatro de Ningures. Consultado o 2025-10-19.
  2. Lamapereira(*), Antón (2018-03-18). "O teatro profesional (I): Teatro de Ningures". Faro de Vigo. Consultado o 2025-10-19.
  3. "MITCFC - Organización e patrocinio". www.mostrateatrocangas.gal. Consultado o 2025-10-19.
  4. "Ningures, Teatro de". egu.xunta.
  5. "Escola Teatro Cangas". Teatro de Ningures. Consultado o 2025-10-19.
  6. "MITEU UVigo". Teatro de Ningures. 2025-10-19. Consultado o 2025-10-19.
  7. "Estrenos de Ningures Producción S.L CDAEM, Teatro Español". www.teatro.es (en castelán). Consultado o 2025-10-19.
  8. "María Soliña". Teatro de Ningures. 2025-10-19. Consultado o 2025-10-19.
  9. "MITCFC - Premio Xiria y Premio del Público". www.mostrateatrocangas.gal. Consultado o 2025-10-19.
  10. "Teatro de Ningures acapara los premios del Festival de O Carballiño". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-09-08. Consultado o 2025-10-19.
  11. Diario, Nós (2025-10-18). "A cultura galega festexa en Vigo os Premios da Crítica 2025: estas son todas as persoas e iniciativas gañadoras". Nós Diario. Consultado o 2025-10-19.