Teatro de Marcelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teatro de Marcelo.

O Teatro de Marcelo é un teatro construído na Roma Antiga, aínda parcialmente conservado. Foi erguido na parte Sur do Campo de Marte en Roma. Foi comezado por César, e foi terminado por Augusto, quen relanzou a empresa desde o 30 a.C.

O teatro fora dedicado ao xenro e sobriño de Augusto, Marcelo, que morrera no ano 23 a.C., mentres que o edificio non estivo acabado ata o 13 a.C. Aínda sen rematar, fora utilizado para os Xogos seculares de 17 a.C.

Foi destinado a representacións escénicas e sobre todo a espectáculos nos que só interviñan tres actores que se contrapuñan a un coro que se desprazaba pola orchestra.

O teatro de Marcelo foi o segundo edificado en pedra despois do de Pompeia. Podía conter ata 15.000 espectadores. Tiña tres alturas, levantadas sobre bóvedas.