Teatro da Beneficencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°41′04″N 7°51′16″O / 43.684465802977, -7.8545379371456

Teatro da Beneficencia
EnderezoPraza de Isabel II, s/n
CidadeOrtigueira
PaísGalicia Galiza
Propiedade deConcello de Ortigueira
Inauguración1850
Reapertura1991
Páxina webNa web do Concello de Ortigueira

O Teatro da Beneficencia é un recinto cultural situado na á leste do convento de San Domingos de Ortigueira. Destacan os seus frescos realizados en 1892 por Vicente Martínez. En 1991 foi reinaugurado trala súa remodelación.

Características[editar | editar a fonte]

O teatro ten unhas dimensións de 35 x 6,5 metros, con escena, palco e paraíso.

Historia[editar | editar a fonte]

O Teatro da Beneficencia está na á leste do edificio conventual de San Domingos de Ortigueira, a sala era empregada antigamente polos monxes para almacenar viño e leña. Un grupo de veciños promoveu no século XIX as obras que converteron estas dependencias nun recinto cultural. Froito desta iniciativa, e grazas ás achegas económicas dos habitantes da vila, inaugurouse en 1850 o Teatro da Beneficencia.

Vinte e cinco anos despois, o Concello asumiu os traballos que lle deron o aspecto que hoxe presenta. Só faltaban daquela o pano do escenario e as pinturas que decoran o teito, realizadas na década final do século XIX, obra de Vicente Martínez Laxe en 1892 -teñen un predominio dos tons claros e dos corpos medio espidos- e Pedro Castiñeiras –panorámica da vila-. Ámbolos dous eran artistas locais.

O Teatro rexuveneceuse seguindo a planificación conxunta de Gerardo Salvador Molezún, Rafael Baltar Tojo, José A. Bartolomé Argüelles e Carlos Almuíña Díaz, e reinaugurouse en 1991.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.