Saltar ao contido

Teatro Ruso de Talín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teatro Ruso de Talín

Tipocompañía de teatro Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Forma xurídicafundación Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1948 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 59°25′58″N 24°44′41″L / 59.432664, 24.74473
SedeTalín Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBveneteater.ee Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O Teatro Ruso (en ruso: Русский театр Эстонии; en estoniano: Vene Teater) é un teatro en lingua rusa da cidade de Talín, Estonia. Atópase nun edificio que foi construído orixinalmente como cinema en 1926 e é de estilo Art Deco.[1][2][3]

Unha pequena comunidade de teatro ruso existe en Talín dende finais do século XIX; esa comunidade medrou despois da Revolución Rusa, cando os actores rusos se instalaron en Estonia como refuxiados. Porén, non se creou un teatro permanente en lingua rusa na cidade ata 1948. Durante a ocupación soviética de Estonia, foi un dos varios teatros en lingua rusa da Unión Soviética e tamén fixo xiras por todo o país. Dende que Estonia recuperou a súa independencia, o teatro centrouse máis nun público local.

O teatro ruso presentou obras clásicas en ruso, por exemplo de Anton Chekhov e Alexander Griboyedov así como traducións de obras de teatro doutras linguas, incluídas obras de teatro estoniano en cooperación con directores en lingua estoniana.

Desde 1930, ata o seu peche en 2005, existía no soto do edificio un restaurante e casino chamado Astoria (orixinalmente o "Dancing-Palace Gloria").[4]

  1. "Russian Drama Theatre of Estonia". draamamaa. Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  2. "Russian Drama Theatre". Eesti Teatri Agentuur. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2017. Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  3. "Russian Theatre of Estonia". Visit Estonia. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2017. Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  4. "Uus luksuslokaal pealinnas. 'Dancing Palace Gloria' — noobleim restoraan Balti riikes.". Uudisleht. 5 de febreiro de 1930. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]