Teófilo Llorente
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de novembro de 1827 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 27 de outubro de 1905 ![]() Vigo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, militar ![]() |
Familia | |
Pais | José Llorente Tournel ![]() ![]() |
Irmáns | Ramona Llorente Diraychin e Josefa Llorente Diraychin ![]() |
Teófilo Llorente Diraychin, nado en Vigo o 4 de novembro de 1827 e finado na mesma cidade o 27 de outubro de 1905,[1] foi un nobre, enxeñeiro e militar galego. Tras a súa morte dooulle todo o seu capital ao Concello de Vigo para que se destinase aos máis necesitados[2]. Un ano despois da súa morte, en 1906, outorgóuselle o seu nome á que outrora fora a rúa de Santo Antón en Vigo, que pasou a denominarse rúa Teófilo Llorente en agradecemento pola súa achega.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Fillo de José Llorente, coronel de infantaría, e de Juana Diraychin, Teófilo Llorente adicouse a enxeñaría e fixo tamén carreira militar. En xullo de 1944 entrou no exército coma cadete no Colexio Xeral Militar. Dous anos despois, en 1946, ingreso na Escola de Enxeñeiros. Ao terminar a carreira, desenvolveu a súa actividade profesional tanto en Galicia coma no estranxeiro, desenvolvendo traballos en Cuba e Filipinas. Finalmente, xa retirado e por problemas de saúde, regresou á que fora a súa cidade natal, Vigo.[4]
Teófilo Llorente finou o 27 de outubro de 1905. O seu enterro foi sinxelo, sen pompas fúnébres, e na intimidade, respectando as súas derradeiras vontades:
D. Teófilo Llorente entregou a súa alma a Deus o 27 de marzo de 1905. Respectando a súa vontade exposta no testamento, non lle foron feitas honras fúnebres. O seu enterro foi espontánea e sinxela expresión do sentimento de todas as clases sociais de Vigo.[5]
Legado
[editar | editar a fonte]Tras a súa morte, Teófilo Llorente outorgoulle toda a súa fortuna ao Concello de Vigo para ser dedicada á beneficiencia.[6]
Fixo testamento en 1905, instituíndo herdeiro de vinte accións do Banco de España, máis de 120.000 pesetas en títulos de Débeda Perpetua interior, ao Concello de Vigo para que cos xuros deste capital socorrese aos pobres da localidade.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Los que mueren". Diario de Pontevedra. 28 de outubro de 1905. p. 3.
- ↑ "Teófilo Llorente, o vigués distinguido que non quixo honras fúnebres". VigoE. Consultado o 12 de marzo de 2025.
- ↑ "De ser San Antonio pasó a Teófilo Llorente". Faro de Vigo. Consultado o 12 de marzo de 2025.
- ↑ Antomil Pérez, Daniel. Odonimia de la provincia de Pontevedra. Vigo (PDF). Vigo360.
- ↑ 5,0 5,1 Álvarez Blázquez 2008.
- ↑ "Noticias de Galicia". Galicia. 26 de novembro de 1905. p. 6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Álvarez Blázquez, Xosé María (2008). La Ciudad y los Días. Calendario histórico de Vigo. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
- Espinosa Rodriguez, José (1947). Tierra de Fragoso. Notas para la historia de Vigo y su comarca. Vigo.