Teófila Sasiaín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teófila Sasiaín
Nacementoséculo XX
Lugar de nacementoA Coruña
Falecementoséculo XX
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintora, ilustradora e mestra
editar datos en Wikidata ]

Teófila Sasiaín Martínez, nada na Coruña, foi unha pintora, ilustradora e profesora galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na obra de Sasiaín predomina a representación de figuras femininas nunha pintura de marcado carácter costumista.[2]

A primeira referencia existente sobre ela, do 25 de abril de 1936, é unha fotografía na primeira páxina de La Voz de Galicia en que se afirmaba que era unha hábil debuxante e alumna avantaxada do profesor e académico de Belas Artes Mariano Yzquierdo.[1] La Voz de Galicia publicou en 1939 o seu cadro Tarde de toros.[3]

En 1940 obtivo un premio de debuxo artístico do Liceo de Artesáns de Santa María de Oza.[4] Participou en exposicións colectivas realizadas na Coruña ao longo de toda a súa vida.[5][6] Ese mesmo ano La Voz de Galicia falou do retrato que fixo da aristócrata Piluca Tovar titulado Embeleso, no que se recoñecía o emprego da cor.[7] Ademais participou con dous cadros, A proba da sandía e Maruxiña, na Exposición Rexional de Belas Artes e Artes Decorativas organizada pola Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela.[1]

Recibiu unha bolsa da Deputación da Coruña entre os cursos 1944-45 a 1948-49 para realizar os seus estudos de pintura na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando de Madrid.[2] En 1949 contribuíu cun óleo á exposición 100 anos de arte en Galicia celebrada na Coruña.[1]

En 1953 foi nomeada profesora de debuxo no instituto de Betanzos, onde traballou durante anos.[8] Colaborou na revista local Albor publicada nesa localidade e que mostrou un gravado ilustrando Saudade.[9]

Participou en 1953 xunto a outros pintores nunha exposición de artistas galegos celebrada na Coruña.[10][11]

En 1967 realizou unha exposición antolóxica nas salas da Asociación de Artistas.[1] En 1969 a I Exposición de Bolseiros Provinciais no palacio municipal ofreceu obra súa xunto coa doutros doce artistas tamén con bolsas. Na nova sobre a exposición recoñeceuse a súa pintura como de "clásico vigor".[12]

Descoñécese a data do seu pasamento, aínda que foi anterior á retrospectiva que se lle dedicou en 1978.[13]

Legado[editar | editar a fonte]

En 1978 celebrouse unha exposición da súa obra como homenaxe póstuma no Centro Asturiano.[13] Figurou no catálogo da exposición Homenaje a pintores coruñeses de 1983[14] e a súa obra Ollos meigos figura no catálogo do patrimonio artístico da Deputación da Coruña, publicado en 1991.[15]

En 2019 dúas obras súas, realizadas en tinta e acuarela tituladas Flores de tempada e Canto á Coruña, esta última ilustrando un poema, formaron parte da exposición colectiva Dibujantas, pioneras de la Ilustración celebrada no Museo ABC.[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 González, Marta; Alix, Josefina; Replinger, Mercedes; Caso, Ángeles (2019). DIBUJANTAS. PIONERAS DE LA ILUSTRACIÓN (en castelán). Museo ABC. ISBN 978-84-949360-4-3. 
  2. 2,0 2,1 "Obra Diputacion OK.indd". studylib.es (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  3. "Teófila Sasiaín". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 19 de outubro de 2019. [Ligazón morta]
  4. El Correo Gallego (3 de setembro de 1940). "Nuevo Liceo". biblioteca.galiciana.gal. Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  5. El Correo gallego (22 de decembro de 1942). "Exposición de Arte en La Coruña". biblioteca.galiciana.gal. Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  6. La Noche (6 de xuño de 2011). "Exposición de artistas gallegos". biblioteca.galiciana.gal. Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  7. "Embeleso". La Voz de Galicia. 2 de agosto de 1940. Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  8. "Nombramiento Profesor Especial de dibujo de Betanzos" (PDF). BOE. 31 de agosto de 1953. Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  9. "Saudade" (PDF). Albor (2). 
  10. "Hoja Oficial del Lunes : Ano XIII Número 697 - 1953 marzo 9". prensahistorica.mcu.es. Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  11. "Hoja Oficial del Lunes : Ano XIII Número 708 - 1953 maio 25". prensahistorica.mcu.es. Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  12. "Exposición de Becarios Provinciales". ABC (Madrid). 24/07/1969. p. 45. Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  13. 13,0 13,1 "Hoja Oficial del Lunes : Año XXXV Número 1646 - 1979 xaneiro 8". prensahistorica.mcu.es. Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  14. "Bibliografía de Pintores Gallegos, el pintor Manuel Méndez Pena". www.pintoresgallegos.com. Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  15. Liaño Pedreira, María Dolores; Fernández Rico-Arizmendi, Consuelo ([1991-2011]). Catálogo del patrimonio artístico de la Diputación de A Coruña. A Coruña: La Diputación. ISBN 9788498121483. OCLC 28426165. Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  16. "Dibujantas". Museo ABC (en castelán). 27 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2019. Consultado o 3 de xuño de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]