Tbilisi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Tbilisi - თბილისი")

Coordenadas: 41°43′N 44°47′E / 41.717°N 44.783°E / 41.717; 44.783

Tbilisi
თბილისი (en xeorxiano)
Flag of Tbilisi.svg Tbilisi City Seal.svg
Tbilisi sunset-6.jpg
Centro histórico.
Situación xeográfica
Tbilisi en Xeorxia
Tbilisi
Tbilisi
País Flag of Georgia.svg Xeorxia
Rexión
Subrexión
Distrito
Xeografía
Altitude 380-770 msnm
Superficie 350 km²
Poboación
Poboación 1.137.205 hab. (2009)
Densidade 3.249 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde Giorgi Ugulava
Páxina web http://www.tbilisi.gov.ge/

Tbilisi[1] (transliterado do xeorxianoთბილისი[tʰb̥ilisi] (AFI)Tbilisi.ogg escoitar), antigamente Tiflis, é a capital e a maior cidade de Xeorxia. Localízase no centro do país, no Cáucaso, nas marxes do río Kura. Segundo datos de 2005 a cidade conta con 1.093.000 habitantes e a área metropolitana 1.300.000. Fundouna o rei Vakhtang I Gorgasali no século V e foi a capital da Xeorxia a partir do século VI d.C.

A cidade ten máis de 1.345.000 habitantes e unha superficie de 726 km².

Tiflis é un importante centro industrial, social e cultural. A cidade é unha importante ruta de tránsito da enerxía global e o comercio. Localizada estratexicamente entre Europa e Asia e antigamente situada na Ruta da Seda, Tiflis foi a miúdo un punto crave nas relacións de imperios rivais. A historia da cidade pode ser vista pola súa arquitectura onde a avenida Rustaveli , deseñada polo barón Haussmann, e o centro están mesturados coas estreitas rúas do distrito medieval de Narikala.

A demografía da cidade é diversa e historicamente foi fogar de xente de diferentes etnias, relixión e cultura. A pesar de ser maioritario o número de cristiáns ortodoxos, Tiflis é un dos poucos lugares no mundo onde unha sinagoga e unha mesquita están próximas a unha da outra, no antigo distrito de Abanotubani a varios metros da igrexa de Metekhi. Recentemente, Tiflis foi coñecida pola pacífica Revolución das rosas, que tivo lugar na praza da Liberdade e lugares próximos. A consecuencia diso, o entón presidente, Eduard Shevardnadze, foi desprazado do poder.

A cidade conta cun aeroporto internacional. Os seus principais lugares turísticos son a catedral de Sameba, a praza da Liberdade, a catedral de Sioni, Metekhi, Narikala, o Parlamento de Xeorxia, a avenida Rustaveli, o Teatro da Ópera e o Ballet, a basílica de Anchiskhati, a montaña de Mtatsminda e a igrexa de Kashveti, preto da cal atópanse o Museo Nacional, o Museo Histórico e numerosas galerías de arte. A cidade foi inmortalizada polos pintores Niko Pirosmani e Lado Gudiashvili.

Tbilisi, fotografada por Sergei Mikhailovich Prokudin-Gorskii, a principios do século XX.
Tblisi no 2002

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. Diciopedia do século 21. 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 2011. ISBN 9788482893600. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tbilisi