Taz-Mania (videoxogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Taz-Mania
Desenvolvedor(es)Recreational Brainware (MD)
NuFX (GG)
Technical Wave (MS)
Visual Concepts (SNES)
David A. Palmer Productions (GB)
Distribuidora(s)Sega (MD, GG, MS)
Sunsoft (SNES, GB)
THQ (GB)
LanzamentoMega Drive
AN: xullo de 1992
EU: xullo de 1992
XP: decembro de 1992
Master System
EU: febreiro de 1992
Game Gear
AN: outubro de 1992
EU: decembro de 1992
Super Nintendo
AN: maio de 1993
EU: 1993
Game Boy
AN: setembro de 1994 (Taz-Mania), xaneiro de 1997 (Taz-Mania 2)
EU: 1993 (Taz-Mania 2), 1994 (Taz-Mania)
XéneroAcción, Aventura
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)Mega Drive, Master System, Game Gear, Game Boy, SNES
Na rede
IMDB: tt0489307 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Taz Mania é o nome de varios videoxogos baseados na serie de debuxos animados Taz-Mania. Trátase dun videoxogo de plataformas/aventuras de desprazamento lateral en 2D, desenvolvido por Recreational Brainware e publicado por Sega para Mega Drive, en xullo de 1992. NuFX tamén realizou a versión para Game Gear e Technical Wave para Master System. Outros xogos diferentes de Taz-Mania foron publicados por Sunsoft e lanzados en SNES (1993), así como se fixeron dous xogos en Game Boy (1993, 1994).

O xogo[editar | editar a fonte]

O xogador controla a Taz na procura dun ovo xigante. Taz é capaz de saltar, xirar nun tornado e comer varios obxectos. A habibilidade de xirar nun tornado permite a Taz derrotar a maioría dos inimigos, ademais de gañar distancia de salto extra, derrubar elementos e superar certos obstáculos sen sufrir danos. Taz ten a capacidade de comer a maioría dos elementos do nivel, como alimentos para recuperar a saúde, vidas extra e "continúas". Comer uns chiles permítelle a Taz exhalar lume para derrotar inimigos máis fortes, mentres que comer unha estrela outórgalle unha invencibilidade temporal. Outros elementos, como bombas, pódense lanzar aos inimigos, pero danarán a Taz se os come.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]