Saltar ao contido

Taxa de fecundidade xeral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Taxa de fecundidade xeral
Wikidata

En demografía, a taxa de fecundidade xeral é unha medida de medición da fecundidade, que se refire á relación que existe entre o número de nacementos ocorrido nun certo período de tempo e a cantidade de poboación feminina en idade fértil no mesmo período. O lapso é case sempre un ano, e pódese ver como o número de nacementos por cada mil mulleres en idade fértil (nun ano).

A súa fórmula é:

TFX=B49NF15∗1000

Onde:

TFX:Taxa de fecundidade xeral
B: Número total de nacementos
49NF15: Poboación feminina en idade fértil (15-49 anos)

É moito máis exacta para medir e comparar a fecundidade entre países que a Taxa bruta de natalidade, pois considera os factores de estrutura por sexo e idade que afecta gravitantemente á taxa bruta.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros conceptos

[editar | editar a fonte]