Tatiana Țîbuleac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTatiana Țîbuleac

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Chișinău Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRomanía
Moldavia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade estatal de Moldavia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBelas letras e xornalismo Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , xornalista , tradutora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorPro TV Chișinău (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua romanesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm2804169 Editar o valor em Wikidata

Tatiana Țîbuleac, nada en Chisináu o 15 de outubro de 1978, é unha escritora, xornalista e tradutora moldova-romanesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tatiana Țîbuleac naceu na capital de Moldavia, Chisinau. O seu pai era xornalista e a súa nai editora, polo que creceu rodeada de libros e xornais e afeccionouse pronto á lectura.[1]

Estudou xornalismo e comunicacións na Universidade Estatal de Moldavia e durante eses anos xa empezou a colaborar con diversos medios en calidade de tradutora, correctora e reporteira.[2]

En 1995 Țîbuleac empezou a traballar no xornal FLUX, de gran difusión nesa época en Romanía. Pouco despois tivo a súa propia columna, chamada "Povești adevărate" ("Historias verdadeiras").[3]

Catro anos máis tarde pasou a traballar na televisión, nunha canle moldova chamada Pro TV Chișinăou, onde comezou como reporteira e posteriormente foi presentadora. Nalgunha ocasión comentou que no seu traballo tentaba escribir sobre persoas diferentes e non famosas, porque as atopaba máis interesantes. De feito, adoitaba dedicar días a coñecer persoas pobres, con enfermidades e en xeral con problemas sociais sobre os que despois escribir.[1]

En 2007 deixou o xornalismo e trasladouse a París en 2008. Segundo ela contou, veulle moi ben o cambio de vida para atopar un modo novo de escribir.

Publicou en Moldavia o seu primeiro libro Fabule Moderne, en 2014. Trátase dunha colección de 50 historias curtas sobre a migración. O libro tivo a súa orixe por mor de varias publicacións en Facebook, feitas co propósito de inspirar as persoas que vivían lonxe do seu fogar e falar sobre a migración desde unha perspectiva diferente. As opinións e os debates xerados na rede social fixeron de Fábulas modernas un fenómeno dos máis populares aquel ano.[1]

A súa primeira novela Vara în care mama a avut ochii verzi publicouse en 2017.[4] Segundo algúns medios, "unha crúa e íntima reflexión sobre as relacións maternofiliales que apela á forza do amor e o perdón" e tamén a crítica destacou a poesía que destila o estilo descarnado da autora.[5][6] A novela gañou múltiples premios literarios e foi traducida ao francés e ao español.[7] En Bucarest fíxose unha obra de teatro da novela.[1]

En 2018 publicou a súa segunda novela Grădina de sticlă pola que lle concederon o Premio da Unión Europea de Literatura.[8][9][1]

Obras[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2020. Premio As Librarías Recomendan (CEGAL)
  • 2019. Premio Cálamo Libro do ano 2019 por El verano que mi madre tuvo los ojos verdes.[2]
  • 2019. Libro do Ano das Librarías de Madrid (Finalista)
  • 2018. Premio da Unión de Escritores Moldavos (Romanía)
  • 2019. Premio Observator Cultural (Romanía)[10]
  • 2019. Premio Lyceum (Romanía)
  • 2019. Premio de Literatura da Unión Europea.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]