Saltar ao contido

Tardofranquismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tardofranquismo
Segundo franquismo Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Franco nun desfile de tropas en 1975
 Instancia de
 Parte de
Localización
 País
Wikidata

O tardofranquismo constitúe a última etapa da ditadura franquista que termina coa morte de Francisco Franco o 20 de novembro de 1975. Adóitase situar o seu comezo en outubro de 1969 cando se forma o goberno «monocolor» presidido de facto polo almirante Carrero Blanco, o principal conselleiro de Franco. Tres meses antes o Caudillo designara como sucesor «co título de rei» o príncipe Xoán Carlos de Borbón).[a] Esta etapa tamén se identifica como a da crise final do franquismo, cuxo inicio autores como os xuristas Jorge de Esteban e Luis López Guerra, é situado no «xuízo de Burgos» de decembro de 1970, data na que marcan como o punto de inflexión no que a suma de intelectuais, políticos e estudantes se converteron nunha preocupación para o réxime.[2]

Só uns meses despois da morte de Franco, De Esteban e López Guerra, xa constataban que desde os inicios da década de 1970 se fixo evidente para a gran maioría de españois que o país, tras unha etapa de aparente calma, entraba de novo nunha situación de crise declarada. Esta manifestábase sobre todo en dous datos: crecentes conflitos no presente e aguda inseguridade cara ao futuro.[b]

A historia política desta última etapa da ditadura estivo marcada, segundo Javier Tusell, pola decadencia física e persoal de Franco,[c] a desunión da clase política do réxime, a parálise provocada pola incerteza sobre o futuro e o crecemento da influencia social da oposición antifranquista.[5] Luis Suárez Fernández apuntou, referíndose ao réxime franquista, que entre 1969 e 1975 non había moitas ideas claras.[6]

Segundo Borja de Riquer, os últimos seis anos do réxime franquista explican con precisión por que a ditadura non tivo continuidade tras a morte de Franco. A erosión e crise política que sufriu aquel réxime autoritario foi tan fonda que as que pretendían perpetualo víronse progresivamente desbordadas e deslexitimadas.[d]

Antecedentes

[editar | editar a fonte]
Franco presidindo o desfile militar da Vitoria (Madrid, 5 de xuño de 1969). En segundo plano o príncipe Xoán Carlos, a quen o mes seguinte Franco designaría como o seu sucesor «co título de rei»

Na década de 1960 os políticos franquistas expuxeron o futuro do réxime despois da morte de Franco (en 1962 cumprira 70 anos).[8] Definíronse dúas posturas:

O historiador Borja de Riquer destacou que as diferenzas que separaban o «inmobilismo» e o «aperturismo» radicaban no seu diferente diagnóstico sobre os cambios experimentados pola sociedade española e a natureza da contestación política e social. O «inmobilismo» consideraba que para facer fronte á «subversión» era necesario reafirmar os principios fundamentais do réxime, e non a súa desnaturalización cunhas reformas que acabarían levándoo á perdición. Porén, o «aperturismo» pensaba que o desfasamento entre as estruturas políticas vixentes e a realidade social e cultural española facía imprescindíbel unha adaptación do réxime aos novos tempos que evitase unha crise provocada polo crecente anacronismo do franquismo.[15]

O logro principal do «aperturismo» foi a aprobación da Lei de Prensa de 1966, promovida por Fraga. Porén, José Solís non conseguiu sacar adiante o Estatuto de Asociacións do Movimiento e atopouse con que as eleccións a enlaces e xurados sindicais foron aproveitadas polas clandestinas e antifranquistas Comisións Obreiras para escalaren posicións dentro da Organización Sindical.[16][17] En cambio, o «inmobilismo» deu dous pasos moi importantes no seu proxecto político: a aprobación da Lei Orgánica do Estado de 1967 e a designación en xullo de 1969 por Franco de Xoán Carlos como o seu sucesor. Este xurou de inmediato a Lei de Principios do Movimiento Nacional e recibiu o título de príncipe de España (non o de príncipe de Asturias, que fora o tradicional da monarquía española).[18][19] No seu discurso nas Cortes propondo a Xoán Carlos de Borbón, Franco dixo unha frase que foi recordada moitas veces nos anos seguintes e sobre todo tras a súa morte: que co nomeamento do seu sucesor todo ía quedar «atado e ben atado»

«Cando por lei natural a miña Capitanía chegue a faltarvos, o que inexorabelmente ten que chegar, é aconsellábel a decisión que hoxe imos tomar, que contribuirá, en gran maneira, a que todo quede atado e ben atado para o futuro».[20]

O fracaso do continuísmo inmobilista (1969-1973)

[editar | editar a fonte]

O goberno «monocor»

[editar | editar a fonte]

O triunfo incontestado do almirante Carrero Blanco co nomeamento de Xoán Carlos como sucesor de Franco acentuou o enfrontamento no seo do goberno entre os «tecnócratas» e o «aperturismo». O episodio final constituíuno o «escándalo Matesa» que estalou en agosto de 1969. Nel víronse indirectamente implicados dous ministros «tecnócratas» do Opus Dei (Juan José Espinosa San Martín, de Economía, e Faustino García-Moncó Fernández, de Comercio), que presentaron a súa dimisión. O escándalo tentou ser aproveitado polos ministros «aperturistas», José Solís Ruiz e Manuel Fraga Iribarne, para desbancar os «tecnócratas» do goberno. Para iso difundiron os feitos na prensa do Movimiento que eles controlaban; o diario oficial Arriba cualificounos de «desastre nacional». Con todo, o resultado final foi o contrario ao esperado: os «tecnócratas» saíron reforzados ao aceptar Franco as demandas de Carrero a favor dun «goberno unido e sen desgaste».[21][22][23][24][g] Carrero Blanco entregoulle a Franco un informe moi negativo sobre Solís e Fraga, e tamén sobre o ministro de Asuntos Exteriores, Fernando María Castiella. De Fraga sacou a colación a Lei de Prensa de 1966 que estaba a permitir os ataques «á forma de ser española e á moralidade pública». O informe engadía:

«A Prensa explota en boa parte a pornografía como instrumento comercial. [...] As librarías están infestadas de propaganda comunista e atea; os teatros representan obras que impiden a asistencia das familias decentes, os cinemas están infestados de pornografía...».[26]
Laureano López Rodó (dereita) en novembro de 1968 durante a inauguración dunha exposición de Joan Miró en Barcelona, cando era ministro Comisario do Plan de Desenvolvemento. No centro o entón ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga Iribarne, e á esquerda o alcalde de Barcelona, José María de Porcioles.

Así naceu en outubro de 1969 o goberno «monocor», un termo que foi cuñado polos seus adversarios ao estar integrado case exclusivamente por «tecnócratas» do Opus Dei ou por persoas afíns ou leais a Carrero Blanco ou ao seu home de confianza, Laureano López Rodó. Porén, algunhas fontes afirman que non se pode falar propiamente de «goberno monocolor» porque as discrepancias entre os ministros eran substanciais nalgúns temas.[27][28] Carrero foi ratificado na vicepresidencia, pero exercendo as funcións de presidente de facto, pois o almirante recibiría en diante aos ministros e despacharía semanalmente con eles e, ademais, encabezaría os «conselliños» previos aos Consellos de Ministros nos que se adoitaban tomar previamente as decisións[29][30] Os tres ministros «aperturistas» denunciados por Carrero (Fraga, Solís e Castiella) saíron do goberno e a presenza falanxista reducíase a tres ministros e a católica franquista a un.[31] O papel relevante que desempeñou López Rodó na elección dos ministros probaríao o feito de que dos once novos, catro procedían da Comisaría do Plan de Desenvolvemento.[h] Un feito moi comentado foi que o novo ministro-secretario xeral do Movemento, Torcuato Fernández-Miranda, tomou posesión do seu cargo vestindo camisa branca e non a camisa azul falanxista, o que serviu para significar que se Falange estaba en decadencia.[33]

O goberno «monocor» de outubro de 1969 rompía así coa tradición de equilibrio entre «familias» que Franco mantivera até entón á hora de nomear os seus gobernos. Segundo Javier Tusell, esta forma de resolver a crise foi unha proba do declive da personalidade humana de Franco que, dous anos antes, cumprira xa 75 anos. Para Tusell, se Franco mantivese a súa capacidade política en plena forma non fracasaría dunha maneira tan evidente no mantemento da arbitraxe sobre as forzas vencedoras na Guerra Civil Española.[28] Segundo Paul Preston, o feito de que Franco aprobase a creación dun goberno que excluía as outras faccións do réxime era un síntoma de que estaba a perder a noción da realidade política e social de España. Até o punto de que:

«En decembro de 1969, nun xantar ao que asistiron Fraga, Nieto Antúñez, Solís e o exministro de Agricultura, Adolfo Díaz-Ambrona, fíxose un comentario irónico sobre o limitado papel de Franco na crise, que resonou en toda a mesa: "Nos tempos de Franco, estas cousas non terían pasado". Un mes despois, un Franco entre bágoas insinuaría a Fraga que a remodelación do gabinete se levara a cabo contra a súa vontade».[34]

O goberno «monocor» foi interpretado como unha clara vitoria de Carrero Blanco, quen segundo Borja de Riquer era visto como o claro sucesor de Franco e a garantía máis evidente do desexo de continuidade do réxime tras a morte deste. [35] Na tradicional mensaxe de fin de ano Franco, dixo que «todo quedara atado e ben atado» e rematou coa promesa de que «mentres Deus me dea vida, estarei convosco a traballar pola patria.»".[36] Con todo, segundo Javier Tusell, Carrero carecía de condicións para exercer o que na práctica era unha presidencia, e máis aínda cunha sociedade española tan manifestamente afastada do que el pensaba.[37] O certo foi que a formación do goberno «monocor» sería un elemento máis de fractura no seo do réxime entre o «inmobilismo» e o «aperturiso».[38] Para compensar o predominio alcanzado polo binomio Carrero-López Rodó, Franco nomeou case ao mesmo tempo un falanxista, Alejandro Rodríguez de Valcárcel, para presidir as Cortes e o Consello do Reino, rompendo así a tradición de que ese alto cargo fose ocupado por un tradicionalista.[39]

Franco durante unha audiencia no Palacio de El Pardo en abril de 1972

Durante os catro anos que estivo no poder o goberno «monocor» de 1969 foise acentuando a ruptura entre o «inmobilismo», a cuxa fronte se situou xa claramente Carrero (co respaldo do propio Franco) e o «aperturismo». Carrero estaba convencido da existencia dunha ofensiva «subversiva» comunista e masónica contra o réxime franquista. En 1972 declarou ante o Consello Nacional do Movimiento: «Hoxe somos vítimas, como todo o mundo libre, da ofensiva subversiva desencadeada polo comunismo, pero á vez somos atacados tamén pola propaganda liberal que a masonaría patrocina».[40] Pola súa banda, o «aperturista» Manuel Fraga Iribarne, pouco despois de saír do goberno, afirmou na reunión do Consello Nacional do Movemento:[i][j]

«o país non admite freadas [...] pero como sen asociacións imos lograr a integración das novas xeracións e das novas clases medias, esas mocidades da idea e do desenvolvemento que hoxe están extramuros do sistema?».[43]

Nun discurso pronunciado ante o Consello Nacional do Movemento o 29 de outubro de 1970 (en conmemoración do mitin do Teatro da Comedia de 1933, acto fundacional de Falange Española), Franco dixo que o Movimiento tiña que ser «a gran reserva de España, en calquera conxuntura, próxima ou afastada» e avogou pola «transmisión do noso espírito nacional ás novas xeracións». Tamén dixo que o Exército era o «custodio celoso da conciencia nacional» e que por iso o 18 de xullo de 1936 «levantouse en defensa dunha civilización cristiá e dunhas tradicións».[44]

Tanto o «inmobilismo» como o «aperturismo» pretendía asegurar a continuidade do réxime. Porén, mentres o primeiro propuña manter a estrutura autoritaria na nova monarquía «do 18 de xullo», «instaurada» por Franco (que non «restaurada») en razón duns pretendidos dereitos dinásticos, o segundo propuña ampliar a base social do réxime e a participación por medio das asociacións políticas «dentro» do Movimiento.[45][46] O «inmobilismo», cuxo sector máis duro (claramente involucionista) era coñecido como búnker (por expor unha resistencia ao cambio como a que mantivo Hitler até os seus últimos días no búnker da Chancelaría do Terceiro Reich), era maioritario no Consello Nacional do Movimiento. A súa forza radicaba en que contaba co apoio da cúpula das Forzas Armadas. Actuaba a través dunha serie de organizacións, entre as que destacaban a Confederación Nacional de Excombatientes, encabezada polo exministro José Antonio Girón de Velasco; a Garda de Franco, os Círculos José Antonio, a Hermandad del Maestrazgo, presidida polo carlista Ramón Forcadell; a Hermandad Sacerdotal Española, dirixida por Miguel Oltra; Fuerza Nueva, encabezada por Blas Piñar; e os Guerrilleiros de Cristo Rey, liderados por Mariano Sánchez-Covisa.[47]

Un terceiro sector: os "reformistas"

[editar | editar a fonte]

Eses anos foise configurando un terceiro sector franquista que estaba convencido de que a única saída posíbel ao franquismo era unha «democracia» «de imprecisos contornos» e «tutelada» desde o poder.[48] Estaba integrado por antigos «aperturistas» que, conforme foron afondando as súas diferenzas cos «inmobilistas», adoptaron unha postura cada vez máis decididamente «reformista» pero sería un erro atribuírlle obexctivos ou pretensións de tipo democrático pois as declaracións dos seus principais voceiros foron ambiguas e xenéricas mentres Franco viviu.[49] O político máis destacado entre estes «reformistas» era o exministro Manuel Fraga Iribarne e entre as súas ringleiras atopábanse altos funcionarios da Administración e directivos das empresas públicas (Pío Cabanillas, Antonio Barrera de Irimo, Francisco Fernández Ordóñez), así como novos cadros do Movimiento Nacional (José Miguel Ortí Bordás, Rodolfo Martín Vila, Gabriel Elorriaga ou Adolfo Suárez).[50] Tamén houbo outro grupo, que aglutinaba a Leopoldo Calvo-Sotelo, Marcelino Oreja e Alfonso Osorio, que formaron o colectivo «Tácito» de orientación demócrata cristiá.[51] Todos eles acabaron desempeñando un papel destacado durante a transición española.[50]

Xoán Carlos de Borbón, Príncipe de España, en 1971

A sucesión a Franco

[editar | editar a fonte]

O obxectivo fundamental do goberno era preparar a sucesión de Xoán Carlos. Isto complicouse cando se anunciou en decembro de 1971 o compromiso matrimonial de Afonso de Borbón e Dampierre coa neta maior de Franco, María del Carmen Martínez-Bordiu Franco, o que abriu unha marxe para a especulación sobre o posíbel cambio de sucesor por parte de Franco (a lei permitíallo). Como primoxénito do segundo fillo de Afonso XIII, quen por ser xordo viuse na obriga de renunciar aos seus dereitos ao trono, Afonso considerábase o xefe da Casa de Borbón en lugar de Xoán de Borbón, o terceiro fillo home de Afonso XIII e pai do príncipe Xoán Carlos. Afonso reclamou o título de príncipe e tivo que intervir o propio Xoán Carlos ante Franco para que non se lle concedese. Finalmente, Franco outorgoulle o título de duque de Cádiz, pero ocupando un posto no protocolo anterior mesmo ao da esposa do Xeneralísimo ao ser considerado segundo na liña sucesoria. Afonso presentábase sempre como unha persoa «adicta ao réxime de forma absoluta e total».[k] Despois da voda, Afonso, pretendeu ser nomeado ministro de Deportes e finalmente foi designado presidente do Instituto de Cultura Hispánica, un posto máis honorífico que efectivo, pero que lle permitía inserirse máis directamente no círculo de parentes da súa esposa.[53]

Durante o período 1970-1973, nin goberno «monocor» nin tampouco o Consello Nacional do Movimiento introduciron cambios políticos ou institucionais significativos nin ningunha reforma significativa nos ámbitos laboral ou social malia o aumento dos conflitos sociais. Os debates e as propostas dos conselleiros denotaban unha incapacidade intelectual para comprender as causas dos movementos de oposicións existentes e unha impotencia para reaccionar de xeito axeitado.[54] Así, unha das poucas decisións que tomou foi que se deixase de utilizar a denominación FET y de las JONS para referirse ao Movimiento Nacional, partido único da ditadura franquista.[55] Igualmente, o vello proxecto de crear asociacións «dentro» do Movimiento foi aparcado definitivamente; o Consello Nacional do Movimiento rexeitounas o 15 de decembro de 1969 por proposta do ministro-secretario xeral do Movimiento, Torcuato Fernández-Miranda.[56] E mesmo o propio Franco advertiu, en novembro de 1971, perante as Cortes que «sería un erro confundir o que hai de lexítimo nas diferentes opinións coa posibilidade de encadramientos dogmáticos preconcibidos en grupos ideolóxicos que, dunha ou outra forma, non serían máis que partidos políticos».[57] De feito, Fernández-Miranda enterrou o proxecto de asociacións políticas por orde de Franco, e comentou en privado: «Non as admitirá mentres viva e fará o posible para que non existan despois da súa morte».[19][41]

O tema sindical

[editar | editar a fonte]
O «aperturista» José Solís en 1962 cando era ministro-secretario xeral do Movemento, cargo que perdeu ao formarse o goberno «monocolor» presidido de facto polo almirante Carrero Blanco

Tamén foi desbotado o proxecto «aperturista» de José Solís Ruiz de crear un marco legal que permitise a independencia da Organización Sindical. En realidade, o que pretendía era converter a Organización Sindical nun organismo independente do Goberno, co seu presidente nomeado polo Xefe de Estado -no futuro, o Rei- dunha lista de tres candidatos propostos polo Consello Sindical. Mais a oposición a esta formulación chegou dun grupo de teólogos que protestou, contra ese proxecto porque negaba a liberdade de crear sindicatos pluralistas.[58] No seu lugar aprobouse en 1971, unha Lei Sindical que non resolveu ningún dos problemas existentes e que «materializou de forma definitiva o proceso de burocratización da Organización Sindical».[27]

Outras medidas

[editar | editar a fonte]

Doutra banda, Carrero Blanco deu cada vez máis mostras de estar máis próximo ás posicións neofranquistas do búnker cás dos tecnócratas, que perderon así o seu principal apoio. Carrero Blanco declarou que a intransixencia «é un deber indeclinábel cando o que está en xogo son cuestións fundamentais».[59] Así mesmo, acentuou a súa «visión paranoica» (Tusell a define como "apocalíptica"[30]) da vida política española, pois atribuía todos os conflitos a unha minoría ou seita oculta «subversiva» que identificaba co comunismo e a masonaría.[60] En ocasións tamén a identificaba coa democracia cristiá. Así o reflectiu no informe de 98 páxinas que entregou a Franco o 17 de marzo de 1970 titulado Planificación de una acción de Gobierno, no que Carrero sinalaba eses tres perigos para o réxime: o comunismo, a masonaría e a democracia cristiá.[l] O «inmobilismo» do goberno provocou unha primeira dimisión en abril de 1970, a do ministro de Obras Públicas, Federico Silva Muñoz, quen tamén reclamaba máis fondos para o seu ministerio. Foi substituído por Gonzalo Fernández de la Mora, o ideólogo dos «tecnócratas» máis reaccionarios, absolutamente contrario a calquera forma de pluralismo. Dous anos despois dimitiu pola mesma razón o ministro da Gobernación, Tomás Garicano Goñi,[62][63] o que supuxo un problema para a estabilidade do goberno.[64] Coa saída do goberno de Silva Muñoz xa só quedou un representante da «familia» católica, Alberto Monreal Luque.[63]

En 1970, aprobouse a nova Lei Xeral de Educación (tamén coñecida como «Lei Villar-Palasí», o nome do ministro de educación que a elaborou). Introduciu cambios importantes no sistema educativo franquista, que se «achaba obsoleto» segundo un dos seus promotores.[65]

Gregorio López Bravo, ministro de Asuntos Exteriores, en 1972

Política exterior

[editar | editar a fonte]

Ademais de nesa lei, onde posibelmente tivo maior éxito o goberno «monocor» foi na política exterior, dirixida por Gregorio López Bravo. O 30 de xuño de 1970 asinouse o Acordo Preferente coa Comunidade Económica Europea, que levaría a que "no prazo de seis anos, se reducisen os aranceis que dificultaban o comercio de España co Mercado Común", aínda que o ingreso nela seguía vedado polo carácter antidemocrático do réxime franquista.[66] En agosto asinouse o Acordo de Amizade e Cooperación cos Estados Unidos. O mes seguinte o presidente Richard Nixon visitou España, tras visitar a Iugoslavia de Tito. O seu secretario de Estado, Henry Kissinger, escribiu que atopara a España de Franco «como en suspenso, esperando que unha vida tocase ao seu fin para poder unirse outra vez á historia de Europa».[67]

Maior controversia levantou a sinatura de tratados comerciais cos países socialistas do Leste de Europa e coa propia Unión Soviética (en setembro de 1972), achegamento rexeitado polos sectores «ultras», e o recoñecemento da República Popular de China (o que rompeu as relacións coa China Nacionalista). O que non conseguiu López Bravo foi mellorar as relacións coa Santa Sé, enquistadas sobre a cuestión da posta ao día do Concordato de 1953 seguindo as novas directrices do Concilio Vaticano Segundo.[68][69]

[...] A nosa guerra non foi, pois, unha guerra civil; foi unha guerra de liberación e unha cruzada. Foi unha guerra de liberación, porque o que estaba en xogo era a nosa independencia como nación; é que alguén pode dubidar que se non nos lanzamos á guerra ou se a perdésemos, España non sería dende entón un país comunista?; e seica os países comunistas teñen independencia política? Canto ao cualificativo de cruzada, son cruzadas as loitas en defensa da Fe. Seica non é o comunismo un inimigo declarado de Deus? Na España roxa arrasáronse os templos, nunha segunda edición, corrixida e aumentada, do sistemático incendio de igrexas co que se inaugurou a segunda República española [...].
Porque Deus coñecía ben a vosa rectitude de intención ao lanzarvos á guerra en defensa da Fe e da independencia de España, non só vos concedeu a vitoria de 1939, senón que vos inspirou a prudencia política necesaria para librarnos das peripecias da Segunda Guerra Mundial, mantendo nela a nosa neutralidade. […]
Os vencedores de 1945 foron a URSS e o que se chamaron as «democracias», é dicir, o comunismo, que sae da guerra notabelmente fortalecido, e o liberalismo, que é o sistema político máis favorábel para debilitar os pobos e favorecer con esta debilidade que poidan caer nas poutas do primeiro, pero liberalismo e comunismo foran os nosos vencidos en 1939 e sobre España paira de novo un perigo, que en non poucos produce xustificada angustia. [...] No complicado mundo en que vivimos, teremos que facer fronte dun xeito permanente á ofensiva do exterior, porque o marxismo e a masonaría son inimigos tenaces, pero temos a firme convicción de que todas as dificultades serán superadas, porque temos fe na vosa persoa e na solidez da vosa obra.
Luis Carrero Blanco, alocución dirixida a Franco con motivo do seu 80 aniversario, no Consello de Ministros do 7 de decembro de 1972

No intento de mellorar a imaxe exterior do réxime colaborou activamente o príncipe Xoán Carlos. Acompañado da súa esposa, Sofía, visitou varios países occidentais, o que en certas ocasións supuxo algún problema. Na súa visita a Washington a finais de 1971 varios diarios recolleron declaracións súas. Un deles publicou que dixera: «Eu creo que o pobo español quere máis liberdade. Todo é cuestión de saber a que velocidade». Á volta a España Xoán Carlos apresurouse a visitar a Franco, quen lle dixo: «Hai cousas que vostede pode e debe dicir fóra de España, e cousas que non debe dicir dentro de España».[70] Uns meses antes, The New York Times publicara unha entrevista co sucesor de Franco co titular: «Xoán Carlos promete un réxime democrático». O ministro Laureano López Rodó, man dereita de Carrero, recomendoulle prudencia a Xoán Carlos.[71]

A crecente conflitividade social e política

[editar | editar a fonte]
Marcelino Camacho, líder das «comisións obreiras», foi detido xunto co resto da dirección deste sindicato ilegal e clandestino en xuño de 1972. Foi xulgado e condenado polo Tribunal de Orde Pública a 20 anos de cárcere no «Proceso 1001», cuxo inicio coincidiu co asasinato de Carrero Blanco o 20 de decembro de 1973

Ao ancorarse no puro inmobilismo o goberno «monocor» só soubo responder o agravamento da conflitividade laboral e estudantil co emprego das forzas de orde pública. Entre 1970 e 1973 sete traballadores resultaron mortos polas accións da policía: tres en Granada (1970),[m] un en Barcelona (1971), dous en Ferrol (1972)[73] e un en Sant Adrià de Besós (1973).[n] En 1971 e 1972 a Organización Sindical cesou 17 643 enlaces sindicais acusados de «actuación subversiva» e en xuño dese último ano era detida a cúpula dirixente das ilegais «comisións obreiras» nun convento de Pozuelo de Alarcón onde se atopaba reunida. Os 10 procesados, entre eles Marcelino Camacho, Nicolás Sartorius, Eduardo Saborido e Francisco García Salve, foron condenados a longas penas de prisión no «Proceso 1001».[73][75][76]

Un informe reservado do Goberno Civil de Barcelona correspondente a 1972 dicía que, aínda que os activistas obreiros non eran moi numerosos, lograran «se non politizar á masa traballadora, si sensibilizala no espírito de solidariedade».[77] Lográrono grazas á realización de asembleas e concentracións «que serven para que a pequena minoría que as convoca e dirixe faga ouvir a súa voz e politice e sensibilice os seus compoñentes, fomentando con iso o espírito de solidariedade».[78]

Unha parte dos políticos do réxime estaban convencidos de que os conflitos os provocaban as «comisións obreiras». Segundo eles, contaban con axentes moi preparados na axitación de masas que aproveitaban calquera oportunidade que se lles presentase.[78] O propio Franco referiuse ás «folgas, algaradas e violencia» que facían perigar as empresas nun discurso pronunciado ante as Cortes o 11 de novembro de 1971.[79] Achacounas a «forzas exteriores, moitas veces unicamente económicas e financeiras», e engadiu: «Non debemos pensar que se trata de utilizar a violencia e a subversión para pór obstáculos ao noso proceso industrial?».[80]

Aínda maior era a conflitividade que se rexistraba na Universidade até o punto que a situación era cada vez máis ingobernable. Luis Suárez Fernández, director xeral de Universidades de 1972 a 1974, recoñeceu moitos anos despois que as autoridades fracasaron nos seus esforzos para conseguir que funcionase moito mellor a institución.[81] As autoridades franquistas achacábana aos «axitadores subversivos» que utilizaban o estudantado como «masa de manobra», creando un clima de desobediencia e de desgaste para o principio de autoridade,[82] o que obrigaba á constante presenza policial nos centros.[83] O proceso de radicalización política e ideolóxica do estudantado converteu unha boa parte das facultades e escolas universitarias en lugares onde o movemento universitario podía celebrar regularmente asembleas, colgar carteis murais, distribuír publicacións clandestinas e organizar actos de solidariedade. A iso sumábase o movemento dos profesores non numerarios (PNN). Carrero Blanco escribiu nun informe enviado a Franco: «Hai que borrar dos cadros do profesorado do Ensino Básico e da universidade todos os inimigos do réxime e hai que separar da Universidade todos os alumnos que son instrumento da subversión».[83]

Así pois, sucedéronse as intervencións policiais, as sancións administrativas, as detencións gubernativas e os asaltos dos novos grupos de extrema dereita tolerados polas autoridades, como os Guerrilleros de Cristo Rey, ou Acción Universitaria Nacional.[84][85] Sobre os Guerrilleros de Cristo Rey, Paul Preston afirmou que eran unha «banda terrorista parapolicial», organizada polo SECED de Carrero, coa misión de «levar a cabo o labor de represión que o goberno non desexaba que se lle vise realizando».[86] Na súa tradicional mensaxe de fin de ano de 1969 Franco referiuse á axitación universitaria cualificándoa como «esas pequenas algaradas estudantís que, obedecendo consignas comunistas, fomentan no mundo os seus axentes» e contrapúxoas «ao conxunto da nosa mocidade traballadora e estudosa».[87] Na mensaxe do ano seguinte volveu ocuparse do tema: «Non deixa de causar tristeza ver unha pequena parte dalgunhas Universidades convertidas en xoguetes de mecanismos ideolóxicos absolutamente á marxe da auténtica problemática estudantil».[88]

Manifestación antifranquista en Ámsterdam en febreiro de 1969 pedindo o fin do estado de excepción no País Vasco decretado por Franco tras o asasinato por ETA do comisario da Brigada Político-Social Melitón Manzanas

Onde a represión foi máis dura foi en Euskadi e Navarra con motivo da crecente actividade terrorista de ETA, que esnaquizara «o mito da invulnerabilidade do réxime».[89] En 1969, por exemplo, foron detidas 1953 persoas, das cales 890 denunciaron ser maltratadas, 510 torturadas, 93 xulgadas polo Tribunal de Orde Pública e 53 en consellos de guerra.[90][91] O 18 de setembro de 1970, cando Franco estaba a presidir o campionato mundial de pelota nun frontón de Donostia, o nacionalista vasco Joseba Elósegui prendeuse lume e saltou desde as bancadas gritando Gora Euskadi askatuta («Viva Euskadi libre»). Levárono con graves queimaduras mentres Franco continuou vendo o partido. Elósegui conseguiu o seu obxectivo, pois o feito tivo repercusión a nivel internacional. No seu diario escribira tres semanas antes: «Non pretendo eliminar a Franco. Só quero que sinta de ser posíbel na súa propia carne aquel lume que destruíu Gernika». Elósegui estivera ao mando dunha unidade militar que se atopaba en Gernika cando se produciu o bombardeo da localidade en abril de 1937.[o] Dous meses e medio despois comezou o «xuízo de Burgos» contra 16 membros de ETA. Celebrouse en Burgos porque foron xulgados por un tribunal militar e esa cidade era a sede da Capitanía Xeral á que pertencía Euskadi.[93]

A crise do «xuízo de Burgos»

[editar | editar a fonte]
Land Rover Serie II, utilizado pola Policía Armada, máis coñecida como os grises pola cor do seu uniforme

O chamado «xuízo de Burgos» ía supor o momento máis crítico para o novo goberno e para o conxunto do réxime franquista. Nun breve espazo de tempo deu lugar a unha escalada de tensións de tal magnitude que ía afectar de forma grave a estabilidade do réxime e profundar a división existente entre os distintos grupos que compuñan a clase política franquista.[94] O proceso, xa que logo, ía supor un difícil transo para o réxime.[95] O 3 de decembro de 1970 comezou en Burgos o consello de guerra contra 16 persoas acusadas de militaren en ETA, entre elas dous sacerdotes. Ao parecer, foron os chamados xenerais «azuis» (os máis involucionistas) quen meteron presión a Franco para que respondese cun xuízo exemplar as actividades terroristas de ETA.[p] O goberno estivo de acordo e ademais decidiu darlle unha ampla publicidade ao proceso. Porén, logrouse o efecto contrario do que se pretendía. Só o anuncio do xuízo sumarísimo levantou unha ondada de solidariedade en Euskadi e Navarra, un revulsivo clave para que o nacionalismo vasco recuperase a súa implantación social.

O día que comezou o xuízo houbo folgas estudantís e de traballadores en varias empresas de Guipúscoa, xunto con incidentes de diverso tipo nas rúas de Donostia. O goberno respondeu decretando o estado de excepción en Guipúscoa durante tres meses. O 14 de decembro estendeuno a toda España, xa que os incidentes se reproduciron en Bilbao e noutros lugares.[90][97][98][99][100] Os defensores dos acusados foron destacados membros da avogacía vinculados coa oposición antifranquista: Gregorio Peces-Barba, Juan María Bandrés, Francisco Letamendía e Josep Solé Barberà[95]

Trescentos intelectuais, artistas e profesionais cataláns, entre eles o pintor Joan Miró, pecháronse no mosteiro de Montserrat en solidariedade cos procesados «por defenderen os dereitos nacionais do pobo vasco» (tamén reclamaban o restabelecemento do Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1932).[99][101] En Madrid, 131 intelectuais, entre quen se atopaban Ramón Tamames, Enrique Tierno Galván, Joaquín Ruiz Jiménez e Manuel Jiménez de Parga, fixeron circular o 23 de decembro un manifesto no que reclamaban a amnistía e as liberdades políticas e sindicais. A prensa recolleuno, pero para denigrarlo, seguindo así as opinións do Goberno.[102] Tamén houbo mobilizacións de protesta en moitas universidades.[103] Dous días antes de que comezase o xuízo, ETA secuestrou o cónsul honorario alemán en Donostia, Eugen Beihl, deixándoo en liberdade o 25 de decembro. A Conferencia Episcopal condenou o secuestro e apelou «á conciencia dos responsábeis do feito para que liberen a esta persoa inocente e non queiran introducir no noso país tan reprobábeis métodos de violencia». O día seguinte o tribunal ditou a sentenza; condenou 6 dos acusados á pena de morte (3 deles a unha dobre pena de morte) e o resto a longuísimas penas de prisión (agás unha muller, que foi absolta).[104][105][106] Outra das accións de ETA durante o xuízo foi o intento de apoderarse dun repetidor de televisión situado nos límites da provincia de Burgos co fin de interferir as súas emisións pois, daquela existía unha única canle de televisión en España, TVE, a televisión oficial do Estado. Porén, a policía impediuno.[107]

Edificio da Capitanía Xeral da VI Rexión Militar en Burgos

O «xuízo de Burgos» suscitou tamén unha campaña internacional de solidariedade co pobo vasco e a favor do restabelecemento das liberdades democráticas en España.[95][108] Así mesmo supuxo un novo fito no distanciamento entre a Igrexa católica e o franquismo. Motivou unha pastoral conxunta do bispo de Donostia, Jacinto Argaya, e do administrador apostólico de Bilbao, José María Cirarda (quen o 5 de xuño suspendera o tradicional Te Deum pola «liberación» de Bilbao en 1937),[109] criticando a pena de morte e que se xulgase os acusados pola xurisdición militar. Ademais, condenaba «toda clase de violencias... as estruturais, as subversivas e represivas», o que provocou a irada resposta do ministro de Xustiza, Antonio Oriol Urquijo. Este alegou que nunca se podía equiparar o delincuente co defensor da lei. A Conferencia Episcopal Española pronunciouse a prol dos bispos de Donostia e Bilbao (sen facer seu, con todo, o texto da pastoral) e a favor da «máxima clemencia», aínda que «facendo constar que, en ningún caso e por ningún título, quere entorpecer a acción da xustiza». De feito, 23 bispos encabezados por José Guerra Campos mostráronse desconformes co acordo, e a integrista Hermandad Sacerdotal tamén se opuxo.[99][108][110] O nuncio Luigi Dadaglio, que apoiou os bispos españois, tamén fixo xestións para impedir que se pronunciasen penas de morte.[111]

Algúns bispos católicos estranxeiros foron máis lonxe. O arcebispo de París, monseñor François Marty, denunciou que non se estaban respectando os dereitos humanos e que por tanto non se trataba de pedir clemencia, senón de esixir xustiza.[107] Cando se fixo pública a sentenza, un portavoz da Santa Sé dixo que a noticia fora recibida con «fonda emoción», o que impresionou o Goberno.

Doutra banda, o goberno estreitou o control sobre a prensa. Regresouse á política de ameazas os directores, de multas, de secuestro de edicións e de peches temporais de publicacións, que culminou once meses despois co peche definitivo e a demolición do edificio do diario Madrid, un xornal cunha postura a prol da democracia, o que manifestaba a intromisión do poder político nas tarefas da prensa[112] e que era vista por algúns persoeiros do réxime como un reduto dos partidarios de Xoán de Borbón, e contrarios ao réxime.[113] Ese feito tamén provocou unha gran tensión interna dentro do grupo do Opus Dei pois se enfrontaron o ministro de Información y Turismo, Alfredo Sánchez Bella e o presidente do consello de administración do diario], Rafael Calvo Serer, que eran antigos amigos e compañeiros.[114]

Fotografía do Mosteiro de Montserrat de 1969. En decembro do ano seguinte, 300 intelectuais, artistas e profesionais cataláns, entre os que se atopaba o pintor Joan Miró, pecháronse alí en solidariedade cos procesados «por defenderen os dereitos nacionais do pobo vasco». Tamén reclamaban o restabelecemento do Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1932

Os sectores involucionistas franquistas, entre os que se atopaban as irmandades de excombatentes (que ofreceron a súa colaboración ás forzas de orde pública), acusaron o goberno de debilidade e pasividade fronte ás condenas internacionais e á «subversión». Tamén atacaron a xerarquía eclesiástica por sumarse ás críticas. A Hermandad de Alféreces Provisionales, en relación coa pastoral dos bispos de Donostia e Bilbao, denunciou o «confusionismo que provocan a actitude demagóxica e partidista dalgún sector do clero».[105] O capitán xeral de Cataluña, Alfonso Pérez Viñeta, manifestou que «o Exército está disposto a non permitir xamais a volta da horda que xa puxo en perigo a existencia da Patria», e que «se fose preciso chamaríase outra vez á Cruzada para varrer novamente da nosa Patria os homes sen Deus e sen Lei».[115] O 8 de decembro congregáronse ante a igrexa de San Francisco o Grande (onde se celebraba unha misa en honra da patroa do Corpo de Infantaría á que asistían o príncipe Xoán Carlos e varios ministros) varios centenares de persoas, moitas delas novas con camisa azul. Portaban pancartas nas que se dicía «Viva a unidade de España!», «Españois, unidos contra o separatismo e o marxismo» e «Burgos, xustiza nacional!». Ademais, repartiron un escrito de protesta contra os bispos españois.

O 14 de decembro producíase en Valladolid a primeira manifestación «patriótica» de apoio a Franco e de repulsa ás protestas internacionais, que foi seguida por outras en diversas cidades.[116] Na de Barcelona exhibiuse unha pancarta que dicía: «Ao paredón os bispos comunistas».[62] A máis importante foi a de Madrid, que tivo lugar o 17 de decembro. Foi convocada por unha organización descoñecida, a Xunta Coordinadora de Afirmación Nacional (ao parecer unha entidade pantasma creada polo SECED), que repartiu miles de panfletos por toda a capital. Milleiros de persoas congregáronse na praza de Oriente para aclamar a Franco e o Exército, como en 1946,[117] e como entón, apelábase á dignidade nacional fronte a interferencia estranxeira e as "conspiracións de comunistas e masóns".[118] Pouco antes, reunidas na igrexa da Encarnación, celebraran un funeral polas tres vítimas mortais de ETA: o garda civil José Pardines, o comisario Melitón Manzanas e o taxista Fermín Monasterio.[108][118][119] Algúns manifestantes portaban pancartas contra o goberno con lemas como «Dos gobernos débiles líbranos Señor!!» ou «Franco si, Opus Non!» (e tamén contra a Igrexa: «Bispos roxos a Moscova»). Aínda que non estaba previsto que asistise, Franco acudiu finalmente e saudou os congregados desde o balcón do Palacio Real.[120][121] Numerosos telegramas e cartas de adhesión a Franco chegaron ao palacio de El Pardo.[100]

Paralelamente producíronse contactos entre os militares máis involucionistas, convocados polo capitán xeral da I Rexión Militar, Joaquín Fernández de Córdoba. Conseguiron ser recibidos por Franco, a quen trasladaron a súa condena das iniciativas do sector «aperturista» e esixiron máis man dura coa oposición antifranquista. Xunto a Fernández de Córdoba acudiran ao palacio de El Pardo Tomás García Rebull, Alfonso Pérez Viñeta e Manuel Chamorro, capitáns xenerais de Burgos, Barcelona e Sevilla, respectivamente.[100][121] A reacción foi inmediata e o estado de excepción extendeuse a toda España. En concreto suspendeuse o artigo 18 do Foro dos Españois, que limitaba a 72 horas o prazo máximo de detención preventiva. O xeneral exdivisionario Carlos Iniesta Cano, un «duro», pasou a ocupar a dirección xeral da Garda Civil, e o tenente xeneral García Rebull foi nomeado capitán xeneral da I Rexión Militar, a máis importante, con sede en Madrid.[122]

Así mesmo, o 21 de decembro, Carrero Blanco, tras denunciar a «campaña orquestrada polo comunismo internacional» e asegurar «que calquera foco de subversión será totalmente desarticulado»,[118][121][123] lanzaba ante as Cortes franquistas unha mensaxe ao «aperturismo»:

«Os comunistas, como os bárbaros, necesitan traidores para que lles abran as portas das cidades, pero desprézanos e están ben decididos a exterminalos o día que non os necesitan».[124]

O discurso de Carrero foi moi aplaudido polos procuradores.[125] Outros militares insistían en que, debido á «fonda crise» que estaba a vivir o réxime se dese un papel máis activo ao Exército e que se desligase da Xefatura do Estado a presidencia do goberno.[126] O almirante Pedro Nieto Antúnez, amigo de Franco, e o tenente xeneral Manuel Coco Rodríguez tamén lle pediron a Franco que se aplicase todo o rigor da lei.[107]

Ao final, ante o eco espertado polo «xuízo de Burgos» e as numerosas peticións de clemencia chegadas de todas partes, o 30 de decembro Franco conmutou as 9 penas de morte que ditara o tribunal militar para 6 dos acusados (3 deles foran condenados a 2 penas de morte cada un), tras debater o asunto no seo do consello de ministros. A maioría dos seus membros mostráronse a favor, incluídos Carrero, López Rodó, López Bravo e os tres ministros militares.[125] Tamén tivo en conta a opinión do Consello do Reino, que recomendou clemencia.[108] As opinións dos historiadores difiren pouco entre si pero hai matices: Gil Pecharromaán opina que non se querían reproducir os problemas internacionais que ocasionara a morte de Julián Grimau, que empañaron a idea de "aperturismo" que se quería ofrecer daquela; [127] para Preston, a figura fundamental foi López Bravo que interveu a prol da conmutación e convenceu a maioría dos ministros e, malia que Franco entrou disposto a asinar as penas de morte, a postura maioritaria dos ministros e tamén, despois, a opinión do Consello do Reino fixo que aceptase a conmutación;[128] Suárez Fernández, máis proclive a Franco, afirma que a cautela de Franco é interpretada polos historiadores como dubitación para que non se entendese unha clemencia precipitada como signo de debilidade cando pretendía exacatamente o contrario.[129]

Unha das persoas que lle aconsellou a Franco que non confirmase as penas de morte foi o seu irmán Nicolás Franco:[100][121]

«Querido Paco, non asines esas sentenzas. Non che convén. Dígocho porque te quero. Ti es un bo cristián, despois arrepentiraste. Xa estamos vellos. Escoita o meu consello, xa sabes o moito que te quero».

Pola súa banda, o tenente xeral Rafael García Valiño, capitán xeneral de Madrid cando se xulgou a Julián Grimau en 1963, lembráralle nunha carta enviada a García Rebull o 1 de decembro, dous días antes de comezar o xuízo, que «a execución da pena de morte que lle foi imposta creou un ambiente nacional enrarecido e logo contrario ao Exército». Na carta tamén lle dixo que se asegurase de que a «xurisdición castrense» era a competente; de feito solicitouse un ditame ao Tribunal Supremo que a confirmou.[130]

Documental británico de 1971 sobre a España de Franco. Inclúe o desfile da Vitoria de 1970 ou 1971, a disolución dunha manifestación de estudantes da Universidade de Madrid pola Policía Armada a cabalo con motivo do xuízo de Burgos e o nomeamento do príncipe Xoán Carlos como sucesor de Franco na sesión das Cortes franquistas celebrada en xullo de 1969

Finalmente, Franco comunicou ao país a súa decisión de conmutar as penas de morte na súa tradicional mensaxe de fin de ano. Sobre as protestas internacionais dixo: «A paz e a orde da que gozamos durante máis de trinta anos espertaron o odio das potencias que sempre foron o inimigo da prosperidade do noso pobo». Engadiu que «España constitúe un Estado de dereito cuxa acción política se ordena ao ben común e, en defensa deste, non regatearemos cantos esforzos e sacrificios sexan necesarios para combater a paixón e a violencia de calquera que intente perturbar a pacífica convivencia dos españois». Tamén tivo palabras para a Igrexa Católica alegando que as «finalidades» da Igrexa e o Estado «non poden contradicirse, porque iso produciría unha lamentábel crise social... En último termo o que todos desexamos é a consolidación da paz cristiá dentro das nosas fronteiras e contribuír con ela á grande empresa da pacificación do mundo». Como xa fixera na súa mensaxe do ano anterior Franco terminou reiterando que non pensaba retirarse: «A firmeza e a fortaleza do meu ánimo non vos faltarán mentres Deus me dea vida para seguir rexindo os destinos da nosa Patria».[131][132] O parágrafo concreto en que comunicou a su decisión dicía o seguinte:

«As clamorosas e multitudinarias manifestacións de adhesión que rendestes nos últimos días non soamente á miña persoa senón ao Exército español e ás nosas institucións, reforzaron a nosa autoridade de tal modo que nos facilita, de acordo co Consello do Reino, facer uso da prerrogativa da graza de indulto da última pena, malia a gravidade dos delitos que o consello de guerra de Burgos, con alto patriotismo, xulgou».[88]

Tras a decisión de conmutar as penas de morte por 30 anos de prisión, as críticas «ultras» ao Goberno continuaron. Segundo o entón ministro Laureano López Rodó houbo un intento de promover unha especie de moción de censura contra o Goberno nas Cortes a través do seu presidente Alejandro Rodríguez de Valcárcel. Con todo, as Cortes franquistas carecían desa potestade e o goberno só podía ser destituído por Franco, que era quen o nomeaba.[133] Nun acto organizado polas irmandades de excombatentes, o capitán xeneral de Granada, tenente xeneral Fernando Rodrigo Cifuentes,[134] chamou a combater a «francmasonaría branca do Opus Dei» que «tenta sementar a discordia entre os elementos máis nobres da nación». Acabou por ser destituído do seu cargo.[135]

Entre o 17 e o 23 de febreiro de 1971 reuniuse a porta pechada o Consello Nacional do Movemento. A convocatoria asinárana 40 conselleiros o 14 de decembro, en plena crise polo «xuízo de Burgos», que consideraban que «o réxime se debilitaba perigosamente», en palabras do almirante Pedro Nieto Antúnez, que encabezaba o grupo.[136] Nela abundaron as críticas ao Goberno e ao Opus Dei, e tamén quedaron patentes as diferenzas entre o «inmobilismo» e o «aperturismo». Un dos conselleiros máis críticos co «aperturismo» e co goberno, o que acusou de traizoar os ideais do «18 de xullo», foi o involucionista Blas Piñar, líder de Fuerza Nueva, que dende a revista do mesmo nome actuaba xa como unha asociación política encuberta. Nas súas intervencións Piñar insistiu repetidas veces no tema da «subversión», identificándoa co «comunismo, intrinsecamente perverso, que non renuncia á súa política de captación». A súa petición de que o goberno dimitise «por patriotismo e por amor a España» foi respondida con grandes e prolongados aplausos.[137] Segundo contou moitos anos despois Blas Piñar, tras facer esta petición achegóuselle o almirante Carrero Blanco, vicepresidente do goberno, e abrazouno, mostrando o seu acordo co que dixera e tamén co da «dimisión».[138] Con todo, segundo Javier Tusell, Carrero consideraba a Blas Piñar «un perigoso extremista, aínda que ben intencionado».[139]

A intervención máis esperada no pleno do Consello Nacional foi a do promotor da convocatoria, o almirante Nieto Antúnez, amigo de Franco, a quen enviou unha carta cunha copia do discurso que ía pronunciar («por lealdade á S.E. é o meu deber expresar a miña opinión tal como a vin no mes de decembro e tal como a vexo agora»). Acusou ao Goberno de non tomar medidas para contrarrestar a «campaña internacional organizada polo comunismo a prol de ETA e das Comisións Obreiras, é dicir, das forzas da subversión». A continuación pediu a súa substitución por outro formado por «un equipo que, utilizando o poder carismático de quen os designa, conte ademais coa forza moral que lle dea o saberse asistido pola maioría dos españois», capaz de pór en marcha un programa de «defensa da honra nacional, fortalecemento das institucións, auténtica xustiza social, participación popular».[140]

En conclusión, o propio goberno, ao pretender facer un gran proceso político, convertera o activismo terrorista etarra, até entón unha cuestión relativamente secundaria, no centro dun grave conflito identitario entre boa parte da poboación vasca e o réxime franquista. Tras o «xuízo de Burgos» os postulados de ETA atoparon un crecente eco na poboación vasca e a organización refíxose cando estaba ao bordo da desaparición.[q] Ademais, a oposición antifranquista viuse obrigada a tolerar, case como un mal menor, a violencia practicada por ETA.[142] Para Borja de Riquer, tratouse dun grave erro político, xa que se converteu nun proceso político de repercusión internacional. Así, o proceso derivou nun cuestionamiento da lexitimidade do réxime franquista para procesar uns patriotas vascos que protestaban pola opresión contra a súa cultura e identidade.[93]

Despacho de Franco no Palacio de El Pardo, a súa residencia oficial

Por outra banda, o «xuízo de Burgos» foi considerado o inicio da crise final do franquismo. Cando o 29 de decembro de 1971, no seu tradicional discurso de fin de ano, Franco anunciou de forma case casual que conmutara as penas de morte, estaba a recoñecer publicamente, sequera en forma implícita, a existencia de fortes tensións internas que forzaban o réxime a renunciar a un obxectivo inmediato. Por primeira vez, de forma evidente, unha campaña de accións internas e internacionais forzara o poder a revisar de xeito urxente as súas decisións.[143] Segundo Paul Preston, o proceso de Burgos constituíu un desastre para o réxime porque alterou radicalmente o equilibrio de forzas en España. A torpeza do réxime unira as forzas de oposición como nunca antes, a Igrexa mostrábase profundamente crítica e o franquismo máis aperturista comezaba a abandonar o que vía como un barco que estaba a afundir.[r] Con todo, segundo Javier Tusell, a decisión final do indulto conseguiu acougar a situación despois duns días de clímax no sobresalto. Porén, recoñece que o réxime se deteriorou moito pola peculiaridade deste xuízo militar contra os membros de ETA e cometeu un grave erro en materia da opinión pública, española e estranxeira.[145]

Só dous meses despois de conmutar as penas de morte, Franco recibiu a visita do xeneral Vernon A. Walters, segundo xefe da CIA. Este atopou a Franco vello e débil. A súa man tremía ás veces tan violentamente que a cubría coa outra. Unhas veces parecía moi distante e outras ía directamente ao asunto. Cando Walters lle preguntou que sucedería tras a súa morte, Franco respondeulle que a sucesión de Xoán Carlos estaba asegurada e que «o Exército nunca permitiría que as cousas se escapasen das mans». Como destacou Paul Preston, a principios da década de 1970, os síntomas da enfermidade de Parkinson (mans trementes, movementos ríxidos, expresión baleira) estaban a se facer inconfundíbeis.[70]

En abril de 1970 o ministro de Asuntos Exteriores da República Federal Alemá, Walter Scheel, visitou Madrid. Para gran irritación de Franco, entrevistouse o día 23 con catro representantes da oposición «moderada» máis ou menos tolerada (Joaquín Ruiz-Giménez, Enrique Tierno Galván, José María de Areilza e Joaquín Satrústegui). Estes reiteráronlle as demandas aparecidas no manifesto dos 131 intelectuais do 23 de decembro de 1969. Pedíronlle a Scheel que non se permitise o ingreso de España na Comunidade Económica Europea até non se cumpriren cinco condicións: garantías para os dereitos individuais e colectivos, sufraxio universal, recoñecemento dos partidos políticos, creación dun Parlamento libremente elixido e liberdade sindical.[146]

A tensión coa Igrexa católica

[editar | editar a fonte]

Tras o «xuízo de Burgos» as tensións entre o réxime e a Igrexa católica continuaron en ascenso. En xaneiro de 1971 xa se produciu un incidente co bispo de Oviedo, Gabino Díaz Merchán, quen protestou pola detención dun sacerdote acusado de aproveitar «a sagrada predicación con fins políticos ou mesmo marxistas». Alegou que só a el lle correspondía cualificar o contido doutrinal dos sermóns e que o poder civil debía limitarse a castigar as infraccións das leis. Esta resposta provocou unha certa preocupación poruqe indicaba que un sector do clero se distanciaba do réxime.[147]

A tensión incrementouse notabelmente cando a finais de maio de 1971 foi nomeado arcebispo de Madrid o cardeal Tarancón (polo falecemento do seu anterior titular, Casimiro Morcillo, quen tamén era presidente da Conferencia Episcopal Española), aínda que o nomeamento oficial non tivo lugar até decembro.[148] Tarancón, como o bispo de Oviedo, Díez Merchán,[149] era partidario de pór fin ao nacionalcatolicismo e á «colaboración» co réxime, en aplicación da nova doutrina do Concilio Vaticano Segundo. Cómpre ter en conta que a Igrexa era un piar do réxime mais, por outra banda, o Concilio Vaticano Segundo esnaquizou os alicerces sobre os que se baseaba o Estado nacional-católico, e o Concordato de 1953 era un acordo case obsoleto.[150] Un ano despois Tarancón ocupou oficialmente a presidencia da Conferencia Episcopal Española.[151] A resposta do réxime, o 25 de xuño de 1971, encabezouna o ministro de Xustiza, Antonio Oriol Urquijo, quen publicou un polémico artigo en ABC no que se referiu á «hábil infiltración marxista» que se estaba rexistrando entre o clero español e ás terxiversacións que se estaban producindo da doutrina católica.[152]

O cardeal-arcebispo de Madrid Vicente Enrique y Tarancón

O cambio de postura da Igrexa católica concretouse en setembro de 1971. A Asemblea Conxunta de Bispos e Sacerdotes, presidida polo cardeal Tarancón, aprobou por maioría (215 votos contra 26) unha declaración favorábel á «independencia e sa colaboración entre a Igrexa e o Estado», o que supuña deixar atrás o Concordato de 1953. Un segundo documento de maior transcendencia histórica non foi aprobado por faltar a maioría de dous terzos necesaria (137 votos favorábeis fronte 78). Nel pedíase «humildemente» perdón «porque nós non soubemos ao seu tempo ser verdadeiros ministros da reconciliación no seo do noso pobo, dividido por unha guerra entre irmáns». A «Cruzada de Liberación», denominación oficial da guerra civil que a Igrexa impulsara e adoptara na Carta colectiva dos bispos españois con motivo da guerra en España de 1937, dera paso á «guerra entre irmáns». Houbo que esperar a abril de 1975 para que fose aprobado o documento La Reconciliación en la Iglesia y en la Sociedad. Carta Colectiva del Episcopado Español.[153][154][155] Para os políticos franquistas o que «escondía» en moitas ocasións a expresión «espírito de reconciliación» era unha reivindicación dos vencidos na guerra civil, mesmo resucitando odios que para moitos españois estaban xa mortos.[156] O cardeal Tarancón escribiu moito despois que a Asemblea «fora o primeiro acto público da Igrexa española en que se puxo en cuestión a postura de conexión íntima entre a Igrexa e o réxime, que era unha consecuencia lóxica da guerra civil, que fora cualificada de cruzada».[157] Pola súa banda, a integrista Hermandad Sacerdotal reunida en Zaragoza mostrouse absolutamente en contra das conclusións ás que chegara a Asemblea.[158] A vaticana Sagrada Congregación para o Clero tamén criticou os documentos aprobados pola Asemblea nun ditame emitido o 9 de febreiro de 1972.[159]

Doutra banda, as igrexas e outras dependencias católicas estaban a servir para albergar reunións clandestinas da oposición, para realizar asembleas de obreiros en folga ou para acoller peches de protesta (con frecuentes intervencións da policía).[160] Ademais, nos boletíns parroquiais e diocesanos, así como noutras publicacións católicas, informábase en ocasións dos conflitos, protestas e mobilizacións.[153][154][155][161] O Ministerio de Xustiza destacou nun informe que os movementos de apostolado estaban a pasar os límites do Concordato de 1953 ao levar a cabo actividades «políticas».[149] En setembro de 1971 desatouse a polémica pola decisión do cardeal Tarancón de restabelecer no seu posto de párroco de Moratalaz a Mariano Gamo, que acaba de saír do cárcere concordatario de Zamora tras cumprir condena por «actos subversivos», entre eles, ceder a súa igrexa para reunións «non autorizadas».[s]

Franco recibiu a defección da Igrexa e a súa xerarquía con auténtico desconcerto e profunda amargura, estimándoa en privado como unha verdadeira «puñalada por atrás». Carrero Blanco foi aínda máis lonxe e en decembro de 1972 queixouse en público da ingratitude eclesiástica cara a un réxime que desde 1939 gastou uns 300 000 millóns de pesetas en construción de templos, seminarios, centros de caridade e ensino ou sostemento de culto.[163][164][165][166] Ese mesmo mes a Comisión de Xustiza e Paz, presidida polo bispo de Huelva, afirmou nun documento titulado Si quieres la paz trabaja por la justicia que «as estruturas do réxime anulan toda posibilidade de paz verdadeira en España».[167] Como consecuencia, aos poucos foi relevado do cargo e substituído polo bispo de Granada.[168] A tensión aumentou en xaneiro de 1973 cando a Conferencia Episcopal respondeu a petición de Carrero Blanco de que a Igrexa continuase a ser «o noso principal apoio» cunha declaración titulada Iglesia y comunidad política (aprobada por 59 bispos fronte a 20). Nela defendíase a separación da Igrexa e o Estado, o respecto aos dereitos humanos e o pluralismo democrático. Ese mesmo mes tivo lugar unha axitada entrevista entre Paulo VI e o ministro de Asuntos Exteriores, Gregorio López Bravo, na que o papa o mandou calar e deu por terminada a audiencia cando López Bravo criticou a política vaticana respecto da España de Franco.[169] Malia descoñecer os temas e os termos concretos da reunión, sospéitase que o fundamental foi a lectura da carta de Francoelemento esencial foi a lectura dunha carta de Franco na que solicitaba a Paulo VI que corrixise a conduta daqueles cregos que criticaban e minaban a autoridade do Estado e, tamén a unidade nacional. O Papa rexeitou esta solicitude e, a partir de entón, manifestou unha decisión que podía considerarse definitiva: o Réxime xa non podía contar co apoio da Igrexa e se produciu unha especie de ruptura entre a Igrexa católica e o réxime franquista.[170]

O Nuncio apostólico en España Luigi Dadaglio

En xuño de 1973, un documento interno do goberno advertía de que «o progresismo relixioso e a oposición ao réxime español coinciden con valor pouco menos de sinonimia». Para entón xa aumentaba a campaña do sector «ultra» contra os «bispos roxos» e contra Tarancón (con pintadas e carteis co slogan «Tarancón ao paredón»). As actuacións policiais eran cada vez máis frecuentes, desaloxando, ás veces de forma violenta, parroquias e centros católicos. Tamén proliferaron as multas e as prohibicións das publicacións católicas e as detencións de sacerdotes. Aumentou o número de eclesiásticos recluídos no cárcere concordatario de Zamora. En novembro de 1973, coincidindo coa visita a España do secretario de Estado da Santa Sé, Agostino Casaroli, produciuse nese cárcere unha folga de fame reclamando a amnistía e a supresión daquel centro, e pedindo que a Igrexa non negociase co réxime franquista. Foron apoiados por grupos de católicos que organizaron peches en centros das dioceses de Bilbao, Donostia e Pamplona. O 6 de novembro, desataron un violento motín (queimaron o altar e os ornamentos litúrxicos que se puxeron á súa disposición para poderen celebrar misa), que afectou gravemente o centro penal, polo que os seis sacerdotes alí recluídos tiveron que ser trasladados a outras prisións.[171][172] Catro días despois un centenar de persoas das comunidades de base (entre elas 15 sacerdotes) ocuparon a sede da Nunciatura como mostra de apoio. Tamén reclamaban a amnistía para todos os presos políticos e protestaban polo «proceso 1001».

Pola súa banda, os bispos de Bilbao, Donostia e Segovia asinaron unha carta conxunta na que pedían a clausura do cárcere concordatario. O goberno respondeu facendo pública unha nota na que cualificaba de sacrilexio o suceso de Zamora, o que motivou unha dura réplica publicada en El Norte de Castilla por parte do bispo de Segovia, Antonio Palenzuela. No seo do goberno chegouse a propor a expulsión do nuncio, monseñor Dadaglio, a quen consideraban «cómplice» da ocupación da Nunciatura. O desaloxo desta produciuse grazas á intervención dos tres bispos auxiliares de Madrid, quen asumiron as reivindicacións dos encerrados. A resposta da integrista Hermandad Sacerdotal non se fixo esperar. O 15 de novembro fixo público un comunicado que afirmaba que se estaba destruíndo a fe tradicional da sociedade española. Un día antes entrevistáronse o cardeal Tarancón e o presidente do goberno Carrero Blanco co propósito de acougar os ánimos. Nas notas que escribiu Tarancón sobre o encontro describiu o almirante Carrero como un «home honrado a carta cabal e bo cristián, aínda que con mentalidade tradicional e ancorado máis ben nos criterios anteriores ao Concilio». Tamén escribiu: «negueime rotundamente a facer unha rectificación pública desautorizando os meus bispos auxiliares».[173] O 29 de novembro arredor de cen persoas, na súa maioría sacerdotes e relixiosas, pecháronse no Seminario diocesano de Madrid. Desde o arcebispado negociouse coa policía para que se lles permitise saír sen seren detidos.[174]

Na represión violenta dos sectores da Igrexa que máis se distanciaron do réxime tivo un papel destacado o grupo parapolicial «ultra» Guerrilleros de Cristo Rey.[91] Para Luis Suárez Fernández, a propaganda de esquerda insistiría en que as Forzas de Orde Pública protexían estes grupos, pero non teren probas fidedignas.[175] Con todo, resultaba consecuente que moitas das persoas adictas ao réxime aplaudisen as súas actuacións. Os Guerrilleros de Cristo Rey contaban coas simpatías da Hermandad Sacerdotal, unha organización integrista que reunía o clero contrario ás novas directrices da Igrexa española derivadas do Concilio Vaticano Segundo, cuxa doutrina rexeitaban radicalmente.[91]

O novo goberno e o asasinato de Carrero Blanco

[editar | editar a fonte]

A mediados de 1973 era cada vez máis evidente o fracaso político do «continuísmo inmobilista» de Carrero e os «tecnócratas».[166] A situación que revelaba que o franquismo entrara nunha fase terminal de crise estrutural en virtude do seu crecente anacronismo respecto ao propio cambio social e cultural que xerara o intenso desenvolvemento económico dos anos sesenta. En 1970 a sociedade española xa só era diferente das súas homólogas europeas pola peculiar e desfasada natureza autoritaria do seu sistema político.[176]

Este fracaso foi o que denunciou, ao mesmo Franco, o ministro da Gobernación, Tomás Garicano Goñi, cando presentou a súa dimisión en maio de 1973.[177][178] Garicano Goñi enviáralle varios informes confidenciais nos que se queixaba da «compracencia» do goberno coa violencia dos grupos «ultras» e defendía a necesidade dun «auténtico aperturismo».[179][180][t] Garicano Goñi consideraba o Movimiento unha «entelequia» que non servía para manter a orde pública, senón que isto só se lograría mediante «unha participación efectiva de todos os españois de boa vontade. [...] Mal vexo o Príncipe se a organización estatal e política continúa pechándose».[166][180] O motivo inmediato da renuncia ao cargo foron os graves incidentes que se produciron o 2 de maio en Madrid durante o funeral do policía Juan Antonio Fernández, asasinado o día anterior polo grupo de extrema esquerda FRAP, e que lembraban os incidentes durante o enterro de Anastasio de los Reyes en 1936. Á saída da misa un grupo de policías e de civís apoderouse do féretro e levárono sobre os ombreiros polo centro da capital (contando coa colaboración do director da Garda Civil, o tenente xeneral Carlos Iniesta Cano). Varios miles de persoas seguíronos ao berro de «roxos ao paredón!» e pedindo a dimisión de Garicano Goñi.

Durante os días seguintes aumentaron os ataques ao ministro e ao conxunto do goberno por parte dos sectores «duros» do réxime. No Boletín de la Guardia de Franco de Madrid acusábase o goberno de aplicar unha «política branducha e timorata» e denunciábase que «existe benevolencia ou política de mexericadas por parte das autoridades, ao ter contemplacións con quen non se poden nin se deben ter». Pola súa banda, Fuerza Nueva dicía que a «a subversión só se pode combater coas súas propias armas. Só se poderá derrotar coa contundencia dos feitos consumados».[182] Durante a misa grupos de extrema dereita deran «morras» contra os «curas roxos» e contra o cardeal Tarancón, ao que gritaron «Tarancón ao paredón», un improperio que sería repetido durante os anos seguintes.[183]

O novo goberno de Carrero Blanco

[editar | editar a fonte]
O almirante Carrero Blanco xura o seu cargo ante Franco como presidente do Goberno en xuño de 1973.

Da crise de goberno motivada pola dimisión do «aperturista» Garicano Goñi saíu aínda máis reforzado Carrero Blanco. Franco nomeouno presidente do Goberno, cargo que o Caudillo nunca quixera ceder en 37 anos de réxime. Franco era consciente de que xa lle quedaba pouca vida e consideraba o nomeado como a mellor garantía de que o réxime mantivese os seus trazos esenciais tras a súa desaparición[178] e, por outra banda, como o nomeamento, nunha Lei Orgánica, era por cinco anos semellaba que até a morte de Franco se eliminaba a posibilidade de haber máis cambios.[184] Tamén se daba a circunstancia de que Carrero carecía de apoio popular nin entre os militares, polo que a súa autoridade proviña, directamente, de que Franco permanecese vivo.[185]

A seguir, Carrero nomeou un gabinete da súa confianza coa finalidade de corrixir o rumbo, non cambialo, garantindo que a transición á Monarquía se fixese con fidelidade aos Principios do Movemento.[186] A única concesión que fixo, por indicación do círculo familiar de Franco, principalmente a súa muller, Carmen Polo, e o seu xenro, Cristóbal Martínez-Bordiu (quen cada vez exercía máis influencia sobre el dada a súa idade, 81 anos, e a súa deterioración física derivada da enfermidade de Parkinson), foi nomear ministro da Gobernación a Carlos Arias Navarro, un «duro» do réxime que fora director xeneral de seguridade e alcalde de Madrid malia que, Carrero, pensara inicialmente en Fernando de Liñán para ese posto.[177][187] Ao mesmo tempo, tentou limar asperezas cos prexudicados da crise de 1969 e, segundo os historiadores, iso explica que buscase unha certa diversidade no gabinete ao incluír no ministerio de Vivenda, que xa ostentara Arrese, a outro falanxista como Utrera Molina xunto con Barrera de Irimo, no ministerio de Facenda, que viña do mundo católico.[188] A consecuencia foi que a Bolsa respondeu con alzas moi xeralizadas.[186]

Carrero foise inclinando cada vez máis claramente cara ao sector «duro» do franquismo (non contaba) e así o demostraban os artigos que publicou baixo pseudónimo nos que arremetía contra quen defendían que se permitisen as asociacións políticas, aínda que fose «dentro» do Movimiento.[189] No seu discurso de toma de posesión, Carrero reafirmou o «inmobilismo» do novo goberno cando dixo: «se eu quixese agora sintetizar nunha soa palabra o programa de acción que o goberno se propón, diría simplemente: continuar». Entre os ministros nomeados por Carrero tamén se atopaba Julio Rodríguez Martínez, a quen encargou a carteira de Educación. A súa primeira decisión foi decretar que o curso universitario comezase en xaneiro en lugar de setembro, como era o habitual (chamóuselle de forma xocosa o «calendario Xuliano» en honra do seu impulsor[190] porque iso implicou que tódolos estudantes universitarios españois desfrutasen dunhas vacacións obrigatorias de sete meses, dende xuño de 1973 ata xaneiro de 1974[191]). Por aquelas datas, o exministro Manuel Fraga Iribarne visitou a Franco antes de partir para Londres para facerse cargo da embaixada española no Reino Unido e tivo a impresión de que estaba «cada vez máis fóra das posibilidades vitais que requiría a súa gran responsabilidade».[192]

Doutra banda, coincidindo coa toma de posesión do novo goberno, produciuse un grave conflito laboral en Pamplona promovido polas clandestinas «comisións obreiras», que derivou nun enfrontamento coa Igrexa. Declarouse unha folga en solidariedade cos obreiros despedidos da empresa Motor Ibérica na que tamén se reclamou a liberdade sindical. Os folguistas pecháronse na igrexa de El Salvador e o bispo de Pamplona negouse a que a forza pública procedese ao desaloxo do templo, ademais de proporcionar víveres aos encerrados por medio de Cáritas. Aos poucos días, a empresa Motor Ibérica viuse obrigada a facer concesións para acabar coa folga. Foi unha «derrota do sistema, xa que dera a oportunidade á xerarquía eclesiástica para manifestar que ela tamén estaba en favor do pluralismo sindical.[193]

O coche no balcón da Casa Profesa de Madrid, inmediatamente despois do atentado.

Así e todo, o novo goberno non tomou ningunha decisión de relevancia. A finais de outubro Fernández-Miranda presentou un borrador de Lei de Asociacións Políticas que rexeitaba de plano os partidos políticos e que non chegou a ser discutido no consello de ministros[194] pois o goberno só durou seis meses.[195]

O asasinato de Carrero Blanco

[editar | editar a fonte]

O xoves 20 de decembro de 1973, estaba previsto que comezase o «proceso 1001» contra a cúpula das clandestinas «Comisións Obreiras». Este proceso xudicial, atrasado varias veces, pretendía demostrar que o Estado franquista se podía defender a través da xustiza civil, sen recorrer a tribunais militares.[196] Pero ás nove e media da mañá, ETA detonou unha bomba colocada baixo o asfalto nunha céntrica rúa de Madrid cando pasaba o coche oficial de Carrero Branco, causándolle a morte.[u][199]

A rápida asunción do poder polo vicepresidente Torcuato Fernández Miranda, ante o aturdimiento de Franco ao recibir a noticia impediu que os sectores «ultras» do réxime puxesen en marcha medidas extremas e o Exército non foi mobilizado.[200][201][202] [203] Franco díxolle a un dos seus axudantes: «cortáronme o último lazo que me unía ao mundo».[204][205][206]

O tenente xeral Carlos Iniesta Cano, director xeral da Garda Civil, enviara un telegrama a todas as comandancias para reprimiren calquera manifestación «subversiva» e «sen restrinxir no máis mínimo o uso das armas de fogo».[v] Fernández-Miranda, apoiado polo ministro do Interior, Carlos Arias Navarro, e polo ministro militar máis antigo, o almirante Gabriel Pita da Veiga, e contando ademais co asentimento do Xefe do Alto Estado Maior, o tenente xeneral Manuel Díez Alegría, obrigou a Iniesta Cano a que retirase a orde.

Como sinalou Javier Tusell, se o suceso sorprendeu foi simplemente porque era naquel momento unha novidade que, por desgraza, os anos seguintes xa non o foi. ETA só matara mediante atentado persoal o comisario Melitón Manzanas en Euscadi en 1968. Os días que seguiron ao atentado de Carrero prolongaron a profunda impresión que a súa morte provocara na sociedade española.[208] Para Luis Suárez Fernández, non cabe dúbida de que o Goberno carecía de noticias sobre o que verdadeiramente se preparaba,[209] entre outras cousas, porque a intención inicial de ETA fora secuestrar unha figura franquista de alto rango para esixir a liberación dos cento cincuenta militantes da organización que estaban no cárcere. Mais como a planificación para levalo a cabo precisaba dunha estrutura complexa, optaron por un atentado, sobre todo, despois de descubrir que o coche do almirante Carrero, non estaba blindado, que facía a mesma ruta todas as mañás e só contaba cun coche de escolta.[210][211]

O día seguinte do asasinato celebrouse unha pequena concentración dos «ultras» franquistas no lugar onde se produciu o atentado. Os asistentes portaban bandeiras de España, de Falange e da Comunión Tradicionalista. Blas Piñar, líder de Fuerza Nueva, dirixiuse aos reunidos para criticar a pasividade do goberno fronte á «subversión».[200] A capela ardente instalouse no palacio de Presidencia e o cardeal Tarancón oficiou unha misa corpore insepulto. Á saída grupos de «ultras» gritáronlle «Tarancón ao paredón!». Dous ministros indignáronse co xefe dos Guerrilleros de Cristo Rey, Mariano Sánchez Covisa, a quen responsabilizaban daquel «vergoñoso comportamento en horas de loito».[212] Ao enterro, celebrado a tarde do 21 de decembro, non asistiu Franco, senón que estivo presidido polo príncipe Xoán Carlos vestido co uniforme da Mariña. Segundo Paul Preston, ata tal punto Franco parecía completamente superado pola perda de Carrero Blanco co que se entendía ben, que era incapaz de comer e acabou por se pechar no seu despacho.[w] Aquela noite do 20 ao 21 non puido conciliar o soño.[206]

Ese día celebrouse un consello de ministros presidido por Franco para conceder, ao almirante asasinado, o título póstumo de duque de Carrero Blanco. Franco referiuse entre bágoas ao «horrendo crime que lle custou a vida ao noso presidente».[205] O ditador si asistiu ao funeral celebrado a mañá do sábado 22 na igrexa de San Francisco el Grande. Para Borja de Riquer, un Franco visibelmente ancián (cumprira pouco antes os 81 anos) e notabelmente débil e choroso daba a sensación de estar a presidir o funeral do seu propio réxime político. A cerimonia foi oficiada polo cardeal Tarancón, quen á saída foi obxecto dun intento de agresión por parte de grupos «ultras», que ademais de insultar ao cardeal tamén gritaban «Exército ao poder!».[214] Durante a cerimonia o ministro de Educación, Julio Rodríguez Fernández, retiráralle ostensibelmente o saúdo ao cardeal.[215] Máis tarde ofreceuse para encabezar un comando que entrase en Francia e dese caza aos asasinos do almirante.[216] Torcuato Fernández-Miranda, como presidente do goberno en funcións, obrigouno a pedir perdón ao cardeal-arcebispo de Madrid.[207]

Palacio de Villamejor, situado no número 3 do Paseo da Castellana, sede da Presidencia do Goberno. Alí se instalou a capela ardente do almirante Carrero Blanco

Co atentado contra Carrero Blanco abriuse a crise política máis grave de todo o franquismo, xa que fora asasinada a persoa que designara Franco para asegurar a supervivencia do seu réxime despois da súa morte.[217] Laureano López Rodó, daquela ministro de Asuntos Exteriores e dende había quince anos un dos colaboradores máis estreitos de Carrero, escribiu nas súas memorias: «Deime de conta de que a súa morte puña fin ao réxime de Franco. [...] Franco, sen Carrero, era outro Franco». O tamén ministro Gonzalo Fernández de la Mora considerou que ETA «non puido asestar un golpe máis duro contra a continuidade do Estado do 18 de xullo».[218][219] O propio comunicado de ETA reivindicando o magnicidio dicía: «Carrero garantía a estabilidade e continuidade do Réxime de Franco».[220] Segundo o historiador Julio Gil Pecharromán:

Con Luis Carrero Blanco morría o delfín, a figura da máxima confianza de Franco, destinado a asegurar a continuidade da ditadura. Desaparecía tamén un militar con gran prestixio nas Forzas Armadas e un político que non só parecía capaz de imporse sobre a división nas filas do Movimiento —ultras incluídos—, senón tamén de evitar que o relevo na Xefatura do Estado alterase, en sentido reformista, o rumbo marcadamente continuista en que se baseaba o principio do «todo atado e ben atado». En certa forma, aquel 20 de decembro deu inicio a Transición.[221]

Na tradicional mensaxe de fin de ano emitida dez días despois do atentado, Franco dixo unha frase ao referirse a el que causou desconcerto por inesperada e cruel: «Non hai mal que por ben non veña».[x] Segundo Javier Tusell, a frase significaría que Franco tiña clara a idea de que a morte de Carrero liquidaba tamén o seu equipo e era necesario un cambio importante na totalidade do goberno. Ademais, os xuízos negativos sobre o goberno de Carrero que se produciron na contorna de El Pardo probabelmente lle chegaran a influír moito.[223] Doutra banda, o asasinato de Carrero Blanco influíu notabelmente no «proceso 1001» contra os dirixentes das clandestinas e ilegais «comisións obreiras», pois o Tribunal de Orde Pública que os xulgaba impúxolles penas de prisión moi duras, que chegaron aos vinte anos para os «reincidentes»[224] o que supuxo un cambio cara unha política de dureza na represión das actividades da oposición.[225] O 6 de xaneiro de 1974, con motivo da celebración da Pascua Militar, Franco pronunciou un discurso no que, tras referirse á dor pola morte de Carrero, falou do terrorismo como dunha «nova forma de guerra» á que acudía o «marxismo» por atopar «unha Europa débil».[226]

A crise final do franquismo (1974-1975)

[editar | editar a fonte]

Como sinalaron poucos meses despois da morte de Franco os xuristas Jorge de Esteban e Luis López Guerra, a situación de incapacidade estrutural do Estado español para enfrontarse coas esixencias da vida moderna fíxose penosamente evidente no bienio 1974-1975, ao producirse a crise mundial derivada, entre outros factores, do súbito encarecemento da enerxía.[227]

O goberno de Carlos Arias Navarro e o «espírito do 12 de febreiro»

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Espírito do 12 de febreiro.
Carmen Polo, esposa de Franco. Nos anos finais da súa vida a contorna familiar de Franco tivo cada vez máis influencia sobre el

As negociacións previas

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 1974 Franco nomeou a Carlos Arias Navarro presidente do Goberno o que se interpretou por algúns como indicativo da debilidade e a falta de visión de Franco, pois no canto de escoller unha personalidade militar máis nova (caso do almirante Pedro Nieto Antúnez, militar amigo de Franco e con experiencia de goberno, aínda que tiña cinco anos máis que Carrero) ou un civil con maior peso político disposto a garantir a sucesión (é dicir, o vicepresidente do goberno, Fernández Miranda), ou mesmo López Rodó, López Bravo ou Fraga, deixouse arrastrar polo seu círculo familiar e pola "contorna de El Pardo"».[228]

Varios historiadores coinciden na mesma opinión. Para Paul Preston, unha vez descartada a substitución automática de Carrero por Álvarez Miranda, Franco, pretendeu nomear o seu vello amigo, Nieto Antúnez, alcumado como Pedrolo. Mesmo chegou a notificarlle o 22 de decembro que sería preseidente e Nieto Antúnez aceptou de mala gaña o cargo, como se fose unha orde. Porén, na noite do 27, Franco foi presionado pola súa esposa, Carmen Polo, e polo doutor Vicente Gil, apoiados polo xeneral José Ramón Gavilán, segundo da casa militar de Franco, mailo seu axudante o capitán Ucelay, para que nomease a alguén máis duro como Arias Navarro. Froito desa presións, na mañá do 28 de decembro, Franco, notificou a Alejandro Rodríguez de Valcárcel que Arias Navarro sería o presidente, dicíndolle: "Pedrolo é case tan vello coma min e ten os mesmos problemas de memoria".[229] Tusell, na mesma liña, escribiu que Nieto Antúnez era o candidato obvio malia os seus setenta e seis anos, mais a "camarilla" fixera circular un documento no que se aludía a unha serie de escándalos económicos.[230] Finalmente, Luis Suárez, relatou uns feitos basicamente coincidentes: que o 24 de decembro, [o príncipe Xoán Carlos] reunírase con Franco, suxerindo os nomes de Fernández Miranda e Fraga, pero a proposta fora rexeitada polo Xeneralísimo quen prefería a candidatura de Pedro Nieto Antúñez, o seu amigo de tantos días, Pedrolo; cando Girón e Valcárcel se decataron de que non ían ser seleccionados, decidiron apoiar a candidatura de Arias, que tamén era a de Doña Carmen. Ás sete da tarde do día 27, Franco informou a Valcárcel de que quería que Nieto fose incluído na terna para poder facer o nomeamento e que Vicente Gil fora quen se encargara de atacar a Nieto Antúñez perante Franco. Tódalas versións coinciden en que Franco, nunha reunión crucial con Urcelay, recibiu deste uns informes que o levaron ao Xeneralísimo a retirar a súa candidatura de Nieto e, o día 28, accedeu a incluír o nome de Carlos Arias na terna.[231]

Tódolos feitos anteriores levaron a que os «tecnócratas» do Opus Dei quedasen definitivamente excluídos da influencia no goberno despois de case dezaseis anos de presenza ininterrompida,[y] un feito que reflectía ata que punto o seu poder dependiera da protección de Carrero Blanco.[232] Paradoxalmente, os que en 1969 apareceron como abrumadoramente vitoriosos en 1969, cinco anos despois, foron completamente derrotados, o que provocou unha sensación de desintegración dentro da clase dominante do réxime.[233] Segundo Jorge de Esteban e Luis López Guerra, cando foron apartados do poder era xa evidente que o modelo tecnocrático de pseudomodernización parcial non conducía a ningunha parte. A realidade é que se quería o desenvolvemento económico, pero non as súas consecuencias sociais e políticas.[234]

O goberno de Arias Navarro

[editar | editar a fonte]

Para formar o seu goberno, Arias recorreu ás «familias» do réxime, tentando gardar un certo equilibrio entre «inmobilistas» e «reformistas». Entre os primeiros, os «ultras» José Utrera Molina e Francisco Ruiz Jarabo foron nomeados ministro-secretario xeral do Movimiento e ministro de Xustiza, respectivamente; e entre os reformistas, atopábanse Pío Cabanillas e Antonio Barrera de Irimo á fronte dos ministerios de Información e Turismo e de Facenda, respectivamente.[235][236][237][z]

Os sectores civís e militares involucionistas, encabezados polo presidente das Cortes franquistas Alejandro Rodríguez de Valcárcel, meteron presión a Arias Navarro para que nomease vicepresidente do Goberno o camisa vella e exministro José Antonio Girón de Velasco, pero Arias Navarro negouse porque, ao parecer, Franco chegou a considerar a posibilidade de nomear a Girón presidente do goberno,[238] e non quería verse presionado por el.[239][aa] Doutra banda, Franco estabeleceu unha estreita relación («paternal», segundo Paul Preston) co ministro «ultra» Utrera Molina. En xaneiro de 1974, cando Utrera lle dixo que tiña a intención de emprender o rearmamento ideolóxico do Movimiento, Franco respondeulle: «En moitas ocasións incorremos no erro de baixar a garda».[241]

De todos os xeitos, Arias Navarro carecía de proxecto político propio.[235][236][ab] Nun principio, pareceu que se afastaba das posicións «inmobilistas» e no discurso de presentación do novo goberno, pronunciado ante as Cortes franquistas o 12 de febreiro de 1974, fixo certas promesas «aperturistas». Entre outras, incluíanse as asociacións políticas «dentro» do Movimiento, a elección «orgánica» dos alcaldes e presidentes das deputacións provinciais e o recoñecemento legal dos conflitos laborais.[236][242] Arias Navarro falou de proseguir a «continuidade perfectiva» do réxime, procurando o «ensanche das canles de participación» e buscando «novas fórmulas para dar proxección política ao pluralismo real da nosa sociedade»,[243] mesmo chegando, por primeira vez na historia do franquismo, a cualificar á «Cruzada» como «guerra civil», aínda que tamén se dicía que «a lexitimidade do 18 de xullo non é susceptíbel de reinterpretación nin de debate».[244] Segundo Paul Preston, o discurso foi escrito por dous membros do grupo «reformista» Tácito, Gabriel Cisneros e Luis Jáudenes, por encargo do seu superior, o «aperturista» Antonio Carro, ministro da Presidencia, quen doutra banda situara outros membros do grupo como subsecretarios en diferentes ministerios.[241] Segundo Luis Suárez Fernández, o texto foi elaborado por Antonio Carro e Pío Cabanillas e redactado finalmente por Cisneros.[244]

Ademais, grazas á política do ministro de Información e Turismo, Pío Cabanillas (un home próximo a Manuel Fraga Iribarne, cuxa presenza no goberno foi vetada por Franco),[245] a prensa gozou dunha maior marxe de crítica e a oposición «moderada» foi «tolerada». Nela atopábanse, entre outros, os demócrata-cristiáns Joaquín Ruiz-Giménez e Fernando Álvarez de Miranda, os liberais Joaquín Satrústegui e Joaquín Garrigues Walker, o socialdemócrata Dionisio Ridruejo ou os socialistas Enrique Tierno Galván e Felipe González.[246][247][248] Foron momentos de gran difusión e influencia de revistas de opinión claramente democrática, como Cambio 16 ou Triunfo, e de diarios como Ya, Informaciones, Tele/eXprés ou Diario de Barcelona. Por outra banda, Pío Cabanillas foi criticado polos «ultras» por fotografarse cunha barretina na man durante unha visita a Barcelona, onde viaxara para pronunciar dous discursos nos que defendeu a «apertura» do réxime. O feito valeulle un editorial moi crítico de Arriba, o diario oficial do Movimiento.[249] Porén, este novo «espírito do 12 de febreiro», como o bautizou a prensa, só durou un par de semanas. Cando o «ultra» Utrera Molina lle explicou a Franco en que consistía o «espírito do 12 de febreiro», este díxolle, alarmado: «se o réxime permite que se ataque a súa substancial doutrina e os seus servidores non acertan a defender o fundamental, haberá que pensar nunha covarde vontade de suicidio».[241][250]

Cela do Cárcere Modelo de Barcelona onde estivo preso Salvador Puig Antich antes de ser executado no garrote vil

A finais de mes o bispo de Bilbao, Antonio Añoveros Ataún, foi cominado a marchar de España por subscribir unha homilía a prol da «xusta liberdade» do pobo vasco e dun sistema político que fose respectuoso coa súa «identidade específica». O goberno considerou a pastoral un «grave atentado á unidade nacional». O cardeal Tarancón e a Conferencia Episcopal saíron en defensa de Añoveros e negaron o dereito do goberno a expulsar un bispo, ameazando coa excomuñón a quen ditase a orde. O papa Paulo VI apoiou a Tarancón e a Añoveros e ao final tivo que intervir o propio Franco para ordenar a Arias Navarro que dese marcha atrás,[251][252] pois non quería arriscarse a que se producise unha ruptura co Vaticano[253] ou que excomungasen ao seu presidente de goberno.[254] Para Borja de Riquer, o incidente foi interpretado como unha derrota política do goberno que se viu obrigado a ceder ante a férrea posición da Igrexa e da Santa Sé.[255] Que o goberno caera no «ridículo», como escribiu nas súas memorias o «tecnócrata» Laureano López Rodó, ou dera «un paso en falso» e non superara «a proba de forza», como escribiu o «reformista» Manuel Fraga Iribarne, probaríao que tres ministros estiveron a piques de dimitir.[256]

O 2 de marzo, só uns días despois do inicio do «caso Añoveros», o anarquista catalán Salvador Puig Antich, acusado de matar un policía (xunto co polonés Heinz Chez de matar un garda civil), foi condenado á pena capital, nun consello de guerra descaradamente amañado con ocultación de probas e o rexeitamento de varios testemuños,[257] e posteriormente foi executado no garrote vil. A sentenza executouse malia as manifestacións de protesta duramente reprimidas pola policía e das peticións de clemencia procedentes de todo o mundo, incluído o papa Paulo VI.[251][252] As semanas anteriores os sectores «ultras» presionaran o Goberno para non conmutar a pena, ademais de responsabilizalo do fortalecemento da oposición antifranquista e das desordes públicas que se produciron. Desde 1966 non se aplicou en España a pena de morte[242][258] e foron as primerias mortes empregando ese método dende 1968.[259] As protestas internacionais polo caso de Puig Antich lembraban as motivadas polo «proceso de Burgos» (1970) e polo xuízo e execución de Julián Grimau (1963).[260]

O anacronismo e a soidade do franquismo fixéronse patentes cando o 25 de abril de 1974 triunfou en Portugal un golpe militar que puxo fin á ditadura salazarista, a máis antiga de Europa. Tres meses máis tarde caeu a ditadura dos Coroneis de Grecia. As ditaduras personalizadas parecían non sobrevivir aos seus fundadores, pois Oliveira Salazar morrera en 1970.[261] Unha das primeiras medidas que tomou o Goberno foi ordenar o secuestro do número extraordinario da revista Cuadernos para el Diálogo, dedicado ao que acababa de suceder en Portugal. De feito, o titular da portada era: «Portugal, o fin dunha ditadura».[262] Pola súa banda, os «ultras» franquistas, o "bunker", personificados en Girón e Blas Piñar, decontado comezaron cunha campaña de presnsa na que advertiron que o que acababa de pasar en Portugal non pasaría nunca en España e denunciaron os «falsos liberais infiltrados no Estado».[263] Así mesmo, atacaron o «aperturismo» da prensa e o proxecto de lei de asociacións do Movimiento.[264]

A ofensiva do «búnker»

[editar | editar a fonte]
Escudo franquista. O búnker lanzou unha ofensiva contra o «Espírito do 12 de febreiro» tras a caída da ditadura de Salazar en Portugal.

Os «ultras» tamén impugnaron as asociacións polos motivos opostos. O 20 de decembro organizaron unha concentración ante a igrexa dos Xerónimos, onde se celebraba un funeral por Carrero Blanco ao que asistían Xoán Carlos e o goberno en pleno. Os participantes lanzaron gritos de «Non queremos apertura, queremos man dura!» ou «Viva o 18 de xullo, morra o 12 de febreiro!», acompañados do consabido «Tarancón ao paredón!». Arias Navarro foi recibido á súa chegada co berro «Manteiga, manteiga!».[265] Nun discurso pronunciado ante as cámaras de televisión o 27 de febreiro de 1975, que sería coñecido como o da «luciña de El Pardo», o presidente Arias Navarro enterrou definitivamente o novo «espírito» anunciado un ano antes:[266][267]

Eu, a todos os que poidan albergar esa dúbida sobre posíbeis fraquezas e desalentos, daríalles o xeito de disipar a súa dúbida inmediatamente: que se acheguen ao palacio de El Pardo. Que hai unha luciña sempre acendida no despacho do Caudillo, onde o home que consagrou toda a súa vida ao servizo de España segue, sen misericordia para consigo mesmo, firme ao pé do temón marcando o rumbo da nave...

O «gironazo» foi moi aplaudido por todos os sectores «ultras» (Fuerza Nueva sumouse á tese de non deixar no esquecemento o «sacrificio dos mortos»). Girón non foi destituído nin como membro do Consello do Reino nin do Consello Nacional do Movimiento, o que foi entendido como unha tácita aprobación por parte de Franco.[268][269] O mesmo día que nas páxinas de Arriba aparecía o artigo de Girón, un diario arxentino, Nuevo Diario, publicaba unha entrevista co tenente xeneral Tomás García Rebull, outro destacado «ultra». Nela dicía que «como falanxista non admito asociacións de ningunha clase» porque «as asociacións derivan inevitabelmente en partidos políticos e os partidos, para min, son o opio do pobo, e os políticos os seus vampiros». Ademais, afirmaba que detrás do asasinato de Carrero Blanco estivera a masonaría. Preguntado en que se baseaba respondeu: «Pois... nas cousas que vexo. Moitas veces pregúntome: pero de onde vén isto? E sempre digo: nada, masonaría. Eu creo que até exportamos masóns».[260][270] Ao parecer o artigo de García Rebull formaba parte dun plan dos xenerais «ultras» para que Carlos Iniesta Cano, quen estaba a piques de pasar á reserva, substituíse o «liberal» Manuel Díez Alegría como xefe do Alto Estado Maior e Ángel Campano ocupase a Dirección Xeral da Garda Civil que deixaría libre Iniesta Cano. A continuación procederíase a unha purga de todos os oficiais sospeitosos de liberalismo. Tras ser informado polo ministro do Exército, Francisco Coloma Gallegos, do que se tramaba, o presidente do Goberno foi ver a Franco para que actuase ou, pola contra, dimitiría. Franco consideraba o regulamento militar e as prioridades de antigüidade como sacrosantas, polo que apoiou a Arias, e Iniesta foi obrigado a retirarse no momento correspondente, o 12 de maio, segundo afirmou Paul Preston.[271]

Poucos días despois do «gironazo», Gonzalo Fernández de la Mora, o ideólogo dos «tecnócratas» inmobilistas, comparaba en ABC a Arias Navarro co xeneral Dámaso Berenguer, cuxo goberno se limitou a asistir á disolución do Estado e á súa progresiva substitución polo que preconizaban, non o país, senón unhas minorías frívolas ou de resentidos contra a Ditadura de Primo de Rivera.[272] Pola súa banda, Blas Piñar, nos seus artigos en Fuerza Nueva, cualificou os «aperturistas» de «traidores» e acusou o goberno de debilidade fronte á «subversión». Nun acto público celebrado na sede de Fuerza Nueva foi máis lonxe que Girón ao afirmar que, «pese ao parte de guerra ante o cal se depuxeron as armas, a guerra non terminou, e que a paz, por desgraza, empeza nunca e hai que gañala co esforzo de todos».[273]

O ditador comunista romanés Nicolae Ceaușescu xunto a Santiago Carrillo, secretario xeral do Partido Comunista de España. A entrevista con Ceaușescu en Bucarest do xefe do Estado Maior, o tenente xeneral Manuel Díez Alegría, motivou a súa destitución. Díez Alegría negouse a entrevistarse con Carrillo.

Dous meses despois do artigo de Girón en Arriba foi cesado o xefe do Estado Maior, o tenente xeneral Manuel Díez Alegría, considerado un «liberal» (por ser un claro representante do sector máis profesional e menos político do exército).[274] Sucedeu despois dunha viaxe oficial a Romanía onde se entrevistou co ditador comunista Nicolae Ceaușescu, quen mantiña relacións estreitas con Santiago Carrillo, secretario xeral do clandestino e ilegal Partido Comunista de España (con quen Díaz Alegría rexeitou reunirse).[275][276] Franco irritouse cando tivo noticia da viaxe, que tiña permiso de Arias Navarro pero que tivo que negalo.[277] O cesamento tivo lugar, en certa maneira, baixo os efectos dos acontecementos portugueses, é dicir, ante o temor esaxerado de que Díez Alegría se convertese nun novo Spínola (un dos militares que protagonizou a transición no país veciño),[263] despois de que desde as páxinas de El Alcázar un articulista asinou baixo o pseudónimo de «Jerjes»[ac] un duro ataque contra el.[278] De feito, Díez Alegría comezara a recibir como agasallo monóculos, como os que utilizaba o xeneral Spínola.[279] Poucos días antes, o ministro «ultra» Utrera Molina reclamara a necesidade de «rearmar ideoloxicamente o sistema fronte á ofensiva dun pensamento desfigurador e disolvente das nosas esencias e ante a realidade dunha crecente subversión».[280]

O ano seguinte os servizos de información do Exército detiñan 11 oficiais acusados de seren os dirixentes da Unión Militar Democrática (UMD), unha organización clandestina militar fundada en agosto de 1974 en Barcelona que, seguindo o modelo portugués, tentaba que os oficiais máis novos do Exército apoiasen un cambio democrático en España. Porén, o seu alcance foi extremadamente reducido e só conseguiu o apoio duns 250 tenentes, capitáns e comandantes.[281][282] Entre os detidos atopábanse quen parecían ser os dirixentes da UMD, os comandantes Julio Busquets e Luis Otero.[283] Foi moi sintomática a apresurada ondada de declaracións en que se restou toda importancia ao feito. Máis directo foi o xefe do Alto Estado Maior, o tenente xeneral Carlos Fernández Vallespín. Este afirmou que para «ir ao fondo da cuestión, desde que ocorreu a revolta de Portugal, houbo elementos que soñaron facer aquí un 25 de abril».[284]

O presidente do goberno Carlos Arias Navarro visita a Franco. A fotografía está datada o 23 de outubro de 1975, pero pode corresponder a unha visita do ano anterior cando o ditador estaba hospitalizado.

A sensación de que se estaba asistindo á crise agónica e final do franquismo acentuouse en xullo de 1974. Franco foi hospitalizado por mor dunha tromboflebite, o que o obrigou a ceder temporalmente os seus poderes ao príncipe Xoán Carlos. Este asumiu a xefatura do estado durante 46 días.[285] A decisión do médico persoal de Franco, Vicente Gil, de hospitalizalo molestou ao xenro do ditador porque non se lle consultou. O marqués de Villaverde, tamén médico, naquel momento atopábase en Filipinas, onde viaxara por motivos profesionais[285] e onde tamén asistira ao certame de Miss Mundo. Temeuse pola súa vida e un sacerdote deulle a extremaunción. Peorén, logrou recuperarse e o 15 de agosto saíu do hospital para pasar uns días de descanso no Pazo de Meirás. O día 28 recibiu o ministro «ultra» Utrera Molina, quen lle falou duns supostos plans para incapacitalo, polo que era urxente que recuperase os seus poderes. Franco concordou (considerouna unha «pretensión miserábel») e respondeulle:

«Eu non son un ditador que se aferra a non perder prerrogativas, pero non é a primeira vez que España me pide o meu sacrificio. Pasado un tempo prudencial, e feitas as rectificacións que considero inaprazábeis, reconsiderarei a miña decisión. [...] Non esqueza que, en último termo, o Exército defenderá a súa vitoria».

Utrera tamén lle falou da posibilidade de que Xoán Carlos introducise cambios radicais tras a súa morte, ao que Franco respondeu: «Cando eu morra todo será distinto, pero existen xuramentos que obrigan». O 30 de agosto, tras a celebración do consello de ministros no Pazo de Meirás presidido por Xoán Carlos, o ministro da Gobernación José García Hernández díxolle a Franco: «Meu xeneral, é hora de que alixeire as súas responsabilidades e deixe o temón noutras mans». Porén, Franco respondeu: «Vostede sabe que iso non é posíbel». Tres días despois fíxose pública a reasunción dos seus poderes. O príncipe Xoán Carlos recibiu a noticia cando estaba a cear en Mallorca co seu pai, Xoán de Borbón, e con outras persoas e irritouse pola forma en que se levou a cabo e porque ninguén o avisou. De fondo estaba a crise que se estaba a xestar na colonia do Sáhara español pola pretensión de Hasan II de incorporalo ao Reino de Marrocos (proclamara 1974 como o ano da «liberación do Sáhara»). Este foi un dos motivos que máis tarde alegou Franco para recuperar os seus poderes.

O duque de Cádiz (título outorgado por Franco) Afonso de Borbón e Dampierre casou coa neta maior de Franco, María del Carmen Martínez-Bordiu Franco, en 1963. A súa total adhesión ao réxime converteuno en candidato dos ultras para que Franco revogase a súa decisión de 1969 de nomear como o seu sucesor ao príncipe Xoán Carlos. A alternativa de Afonso tamén contaba co apoio da familia do ditador

Durante os dous meses que estivo convalecente, os «ultras» volveron sacar a colación a candidatura á sucesión do ditador de Afonso de Borbón e Dampierre, casado coa neta maior de Franco, polo que tamén contaba co apoio da familia- A lei permitíalle ao ditador revogar a súa decisión de 1969 a prol de Xoán Carlos. De feito, o marqués de Villaverde, sogro de Afonso, díxolle a Vicente Gil, quen insistira ante Franco para que asinase a cesión temporal da Xefatura do Estado: «Que fraco servizo que fixeches ao meu sogro! Vaia bo servizo que fixeches a ese neno consentido de Juanito!». O marqués logrou que Vicente Gil fose substituído polo doutor Vicente Pozuelo Escudero como doutor persoal de Franco. Unha das primeiras decisións que tomou Pozuelo foi anunciar oficialmente que o ditador padecía a enfermidade de Parkinson. Pola súa banda ,os embaixadores francés, alemán e británico informaban aos seus respectivos gobernos de que non vían posíbel a continuidade da ditadura tras a morte de Franco, polo que iniciaran contactos coa oposición democrática moderada. O único aliado que lle ía quedando ao réxime eran os Estados Unidos, país moi interesado na renovación do tratado do uso das bases militares. Tamén tiña interese en que España non se desestabilizase tras a desaparición de Franco, polo que apostaba pola continuidade que suporía a monarquía de Xoán Carlos.

Logo do grupo «ultra» Fuerza Nueva, que se opuxo radicalmente a calquera intento de «apertura» do franquismo.

O 13 de setembro, aos poucos días de reasumir os seus poderes Franco, un brutal atentado de ETA causaba a morte a 12 persoas e fería máis de 80, todas elas civís. Colocaran unha bomba na cafetaría Rolando da rúa do Correo de Madrid, á beira da Porta do Sol, que adoitaban frecuentar policías da próxima Dirección Xeral de Seguridade. Franco comentou ao seu médico cando recibiu a noticia: «ou se acaba con eles, ou eles acaban connosco». O atentado da cafetaría Rolando foi utilizado pola extrema dereita para meter presión ao goberno. O presidente defendeuse criticando a actitude dalgúns sectores, propensos a «ancorarse na nostalxia». Blas Piñar, o líder de Fuerza Nueva, respondeulle cun artigo titulado «Sr. Presidente», publicado o 27 de setembro na revista do mesmo título (entón de pouca difusión). Nel dicía (falouse do «piñarazo» pola súa semellanza co «gironazo» do 28 de abril):

Unhas semanas despois era a Confederación Nacional de Excombatientes, presidida por Girón, a que presentaba os seus integrantes como «combatentes de España».

«Partimos do feito irrevogábel do 18 de xullo de 1936... Non somos excombatentes. Somos combatentes de España e da revolución nacional. [...] Por todo iso aspiramos a que o réxime político ao que somos fieis cumpra co seu compromiso revolucionario. Nesta orde é posible a paz. Pero sen xustiza, a paz non é posíbel nin desexábel».

O 16 de novembro era o propio Girón quen en nome da Confederación volvía empregar ton ameazante: «Incúmbenos a mesma responsabilidade que por razóns de honra botounos ao monte en 1936.[...] Impúlsanos o deber de pechar o paso a quen queren arrebatarnos a vitoria».[286] O 27 de novembro recibiunos Franco no Palacio de El Pardo, con Girón á fronte, e o ditador díxolles:

«Estades en activo e en activo servizo, e estades a prestar á Patria un importantísimo, o cal é a vixilancia da paz, a confirmación desta paz e a unión nacional. [...] Pechade filas, conservádeas incólumes, conservade o espírito combativo».
Pío Cabanillas en 1979. A presión do búnker precipitou a súa destitución como ministro de Información e Turismo o 29 de outubro de 1974.

A presión do búnker conseguiu que o «reformista» Pío Cabanillas fose destituído o 29 de outubro. Para «equilibrar» o seu goberno, Arias Navarro tentou que tamén fosen cesados os ministros «ultras» Utrera Molina e Ruiz Jarabo, pero Franco negouse porque ambos eran «moi leais». Rumoreouse que os «ultras» fixeran chegar a Franco un extenso cartapacio con fotos de mulleres en bikini de revistas españolas habilmente intercaladas con fotos de revistas eróticas estranxeiras, xunto con informacións sobre o caso Reace,[287] no que aparecía involucrado Nicolás Franco, do que se facía responsable ao ministro. Isto último é o que, ao parecer, máis irritou a Franco, que se asegura que dixo: «De que serve que todos digan que Cabanillas é moi listo se non puido evitar que o nome do meu irmán apareza na prensa? A Cabanillas non quero velo máis nun consello de ministros».

A saída de Cabanillas do goberno provocou un feito insólito na historia do franquismo, xa que en solidariedade dimitiron Antonio Barrera de Irimo, o outro ministro «reformista», e varios altos cargos da Administración da mesma tendencia. Moitos deles serían protagonistas destacados da transición democrática, entre outros, Francisco Fernández Ordóñez, Marcelino Oreja, Juan Antonio Ortega y Díaz-Ambrona e Juan José Rosón. Para Luis Suárez Fernández, non cabe dúbida de que a substitución de Cabanillas, que arrastrou todo un equipo, foi decisión do propio Franco. Doutra banda, tras a saída de Pío Cabanillas do Ministerio de Información e Turismo a política do Goberno respecto da prensa endureceuse. Este recorreu con frecuencia ás súas prerrogativas para suspender un xornal ou esixir a retirada dun artigo.

Palacio de El Pardo, residencia oficial de Franco.

A destitución de Cabanillas e as dimisións que a seguiron supuxo o fin do proxecto «reformista» en vida de Franco e confirmou a ruptura no seo da elite política franquista. Puido comprobarse en decembro cando se aprobaron as asociacións políticas «dentro» do Movimiento, xa que a maioría dos «reformistas» rexeitáronas. O Estatuto de Asociacións finalmente aprobado (o 16 de decembro de 1974, por 95 votos a favor e 3 abstencións) fora elaborado por José Utrera Molina, que retomara o proxecto de dez anos antes de José Solís Ruiz. Arias descartou o proxecto presentado polo «aperturista» Antonio Carro, que non contemplaba o control das asociacións polo Movimiento. Ademais, o Estatuto que se aprobou impedía que as asociacións puidesen ter un carácter rexional, pois esixía que contasen co apoio de polo menos 25 000 persoas residentes como mínimo en 15 provincias. Segundo Javier Tusell, para lograr a aprobación do texto foi necesario xestionar un visto e prace moi explícito de Franco. Isto probaba que, malia o seu estado, seguía sendo a instancia inapelábel. De feito, para disuadilo da oposición que manifestara entregóuselle unha nota titulada Garantías contenidas en el proyecto de Estatuto del Derecho de Asociación Política, que facía fincapé en que todos os seus artigos cumprían os Principios do Movimiento Nacional e demais Leis Fundamentais. Na súa tradicional mensaxe de fin de ano, Franco dixo que as Asociacións abrían «unha nova e ilusionada expectativa que vai ofrecer a todos os españois de boa e limpa intención a oportunidade dunha máis activa participación política». Engadiu:

«Camiñamos xuntos en momentos moito máis críticos que os actuais e superámolos sempre con vontade integradora, con confianza e, sobre todo, con esa fe e amor á Patria que nos facía esquecernos de todo para manter, custe o que custe, a unidade».


O impacto da «crise do petróleo» e o aumento da conflitividade social e política

[editar | editar a fonte]
Billete de mil pesetas emitido en 1971

A finais de 1973 comezara a crise económica internacional motivada inicialmente pola brutal subida do prezo do petróleo (o barril pasou de 3 dólares a 11,6). Porén, o goberno de Arias Navarro limitouse a subvencionar o prezo da gasolina e do gasóleo para evitar que o incremento repercutise no consumo. Iso non impediu que o prezo aumentase un 70 %, e ademais provocou que crecese o déficit comercial, xa de seu moi alto, pois ao non reducirse o consumo as importacións de petróleo seguiron a aumentar. Os países da Comunidade Económica Europea, por contra, adoptaran medidas de aforro enerxético. Por outra banda, a balanza de pagamentos pasou dun superávit de 500 millóns en 1973 a un déficit de 3268 millóns en 1974, co que as reservas de divisas reducíronse considerabelmente. Os ingresos polo turismo caeron e reducíronse os investimentos estranxeiros.

O crecemento do PIB retardouse (pasou do 8 % en 1973 ao 5,7 % en 1974 e ao 1,1 % en 1975) e a inflación disparouse do 11,2 % de 1973 (que xa era moi alto, o dobre da media dos países da OCDE) ao 15,7 % en 1974 e ao 17 % en 1975. A situación provocou o inicio do fenómeno económico coñecido como estanflación. Ademais, como a crise tamén afectaba o resto de países europeos, moitos emigrantes perderon os seus traballos e víronse obrigados a volver a España, co conseguinte incremento do desemprego. O goberno non tomou as medidas de axuste necesarias, conforme asegura Luis Suárez Fernández, porque significarían o bloqueo dos salarios e o aumento do paro en momentos en que necesitaba a maior popularidade posíbel.

A deterioración da situación económica traduciuse nun aumento da conflitividade social. O número de folgas quintuplicouse respecto de 1970, malia non estar recoñecido o dereito de folga. Segundo as cifras oficiais, en 1974 houbo 2290 folgas e en 1975, 3156, a cifra máis alta de toda a historia do franquismo. Nas folga non só se demandaba aumentos salariais ou melloras nas condicións de traballo, senón que cada vez con máis frecuencia se reclamaba a liberdade sindical, o recoñecemento do dereito de folga e o fin dos despedimentos e da represión. Moitos traballadores perderan os seus empregos por secundaren as folgas, uns 25 000 en 1974. Outros mesmo foran detidos e encarcerados por «actividades ilegais». Abundaban as folgas por solidariedade con outros traballadores en conflito coas súas empresas. Tamén houbo folgas xerais en determinadas cidades (como Pamplona en xaneiro de 1975 en solidariedade co persoal de Potasas de Navarra), comarcas (como a do Baix Llobregat en xullo e decembro de 1974) ou provincias (o 11 de decembro de 1974 en Biscaia e Guipúscoa).

As folgas adoitaban ir acompañadas doutras formas de mobilización, entre outras, a ocupación dos centros de traballo; as asembleas e os peches en igrexas, universidades e locais da Organización Sindical; as marchas de protesta ou as folgas de fame. Recibían mostras de solidariedade dos máis diversos sectores sociais en forma de declaracións públicas, lectura de manifestos, concertos ou festas populares alternativas, entre outras. Os informes internos das autoridades franquistas mostraban a súa preocupación. Un do goberno civil de Barcelona dicía: «os grupos de oposición, aínda que son reducidos en comparación coa masa traballadora, atópanse día a día máis potenciados entre os seus compañeiros e fan sentir cada vez máis influencia». Porén, a única resposta que sabían dar era a represión. Entre 1969 e 1975 resultaron mortos 20 traballadores por disparos das forzas de orde pública.

O centro de Madrid en 1974. O goberno de Carlos Arias Navarro non tomou ningunha medida de aforro enerxético ante a crise do petróleo de 1973. Ao contrario, subvencionou o prezo da gasolina para evitar as posibles protestas, co que as importacións de petróleo non se reduciron e aumentou o déficit comercial

A conflitividade non se reduciu ao ámbito laboral, senón que tamén se produciu no universitario, o veciñal, o profesional e o cultural. Aqueles anos o movemento estudantil incrementou o seu activismo até o punto de que se afirmou que o réxime perdeu «a batalla da universidade». A institución vivía nunha situación de constante anormalidade que implicaba a frecuente entrada policial nos recintos e o peche de centros e universidades enteiras, como o indefinido da de Valladolid en febreiro de 1975. Ao dos estudantes sumouse o movemento do profesorado non numerario (PNN) que a principios de 1975 se puxo en folga, logrando paralizar a vida académica o resto do curso 1974-1975. Reclamaba estabilidade laboral, melloras salariais e a participación na xestión das universidades, que debían alcanzar unha auténtica autonomía.

Tamén tomou impulso o movemento veciñal, especialmente nos barrios das grandes cidades e nas localidades das súas áreas metropolitanas, moitas das cales, por exemplo, aínda tiñan a metade das súas rúas sen asfaltar. O número das asociacións de veciños creceu de forma notábel e tamén as protestas e as mobilizacións que organizaban. Decote ían dirixidas a conseguiren concellos democráticos, xa que os alcaldes non eran elixidos, senón nomeados directa ou indirectamente polo goberno. Moitas asociacións foron suspendidas durante varios meses por orde do goberno.

Os colexios profesionais tamén se mostraron cada vez máis críticos. Entre eles destacaron os colexios de Avogados, co Colexio de Avogados de Madrid presidido por Antonio Pedrol Rius, que reclamaban un réxime de liberdades e a instauración dun Estado de dereito en España. Xa en 1970 o reivindicara o Congreso da Avogacía celebrado en León. Os colexios de licenciados mobilizáronse algo máis tarde, pero en 1974 triunfou no Colexio de Licenciados de Madrid unha candidatura patrocinada polo clandestinos PCE e PSOE.[288]

Así mesmo, foi notábel a mobilización do mundo cultural. Intelectuais, artistas, profesores, profesionais, actores ou cantantes protagonizaron folgas e peches, ademais de asinar manifestos en favor da liberdade. Atrevéronse a aparecer en público como os claros opositores á ditadura, malia o risco de seren obxecto de detencións, multas e marxinación dos medios de comunicación públicos. Isto foi acompañado da proliferación de publicacións e de libros que defendían a democracia, até o punto que o proceso de deslexitimación cultural do franquismo, xa iniciado a finais da década de 1960, adquiriu nos setenta un ritmo moi rápido. Deste xeito, cando se produciu a morte do ditador, o pensamento crítico democrático era claramente hexemónico no mundo da alta cultura. En 1975 había un auténtico abismo entre a cultura da España oficial e as pautas culturais da España real.[288]

Poucos meses despois da morte de Franco, Jorge de Esteban e Luis López Guerra atribuíron a alta conflitividade social, máis que ao impacto da crise económica, á falta de adecuación das institucións estatais á nova estrutura económica e social. Engadiron:

Un país pluralista socialmente, industrializado, non pode ser gobernado de igual maneira ca un país subdesenvolvido economicamente, socialmente estancado... Por iso é polo que ao non se resolveren os problemas clave [o constitucional, as relacións Igrexa-Estado, o fiscal, a integración social, a integración rexional, etc.] xurdise unha deterioración na convivencia entre os españois».

Por outra banda, a historiografía debateu até que punto a crecente conflitividade laboral e social foi decisiva na crise final da ditadura franquista. Borja de Riquer afirmou:

«A continua transgresión da legalidade e da orde pública, a denominada "subversión", era atallada exclusivamente con políticas represivas, que incrementaban aínda máis a desestabilización política do goberno de Arias Navarro. Deste xeito, a mobilización social influíu de forma moi decisiva na crise final do franquismo ao deteriorar a imaxe do goberno e do réxime, tanto no interior como a nivel internacional, e aumentar as súas disidencias internas, á vez que axudaba a incrementar a politización antifranquista dunha parte da sociedade española».

O crecemento da oposición antifranquista

[editar | editar a fonte]
Interior da Igrexa de Sant Agustí do barrio de El Raval de Barcelona, onde o 7 de novembro de 1971 se constituíu a Assemblea de Catalunya. O uso de edificios relixiosos pola oposición antifranquista foi un dos motivos do conflito do réxime franquista coa Igrexa católica

Entre a maioría da poboación persistía unha ampla pasividade política, fomentada durante décadas pola ditadura franquista. Con todo, o aumento considerábel da conflitividade social e política, non só entre os traballadores, senón tamén na universidade, o mundo da cultura, a contorna veciñal e mesmo no ámbito eclesiástico católico, traduciuse nunha apreciábel ampliación da oposición democrática que, malia a persistente e dura represión gobernamental, incrementou o seu apoio social. Nunha enquisa realizada en 1974, o 60 % dos preguntados prefería un goberno elixido de xeito democrático. Unha proba do crecemento da oposición foi o número de causas incoadas polo Tribunal de Orde Pública que experimentou un crecemento espectacular, pois pasou de 1695 (1972) a 2382 (1974) e 4317 (1975). Ademais, entre 1974 e 1975 os tribunais militares procesaron 305 civís. Todos eles foran xulgados por exerceren as liberdades de expresión, de asociación e de manifestación recoñecidas en calquera estado democrático. A organización Justicia y Paz, presidida por Joaquín Ruiz-Giménez, exministro franquista e fundador de Cuadernos para el Diálogo, lanzou un campaña a prol da amnistía. En 1974 xa recollera 160 000 sinaturas de apoio.

Conforme se vía máis próxima a morte de Franco, foise rexistrando entre a oposición antifranquista a converxencia cara á unificación das súas diversas propostas para acabar coa ditadura, o que nunca ocorrera en toda a súa historia. O modelo que se seguiu foi en gran medida o da Assemblea de Catalunya, unha plataforma unitaria creada en Barcelona en novembro de 1971. Agrupaba todos os partidos e organizacións da oposición antifranquista catalá sen excluír o comunismo (PSUC en Cataluña). Ademais, o seu lema reivindicativo «Llibertat, Amnistia i Estatut d'Autonomia» foi adoptado por toda a oposición. En 1974 xa estaba presente en 40 localidades catalás e adheríronse a ela máis de 100 grupos e entidades. De feito, a detención en dúas ocasións dos membros da súa Comisión Permanente, 113 persoas en outubro de 1973 e 67 en setembro de 1974, non a debilitaron, o que lle permitiu impulsar as campañas «Per què de l'Estatut de 1932» ou «Volem ajuntaments democràtics» ['Queremos concellos democráticos']).

Cartel da Junta Democrática fundada en París en xullo de 1974

Así, o 29 de xullo de 1974 (cando Franco estaba hospitalizado) Santiago Carrillo, secretario xeral do clandestino Partido Comunista de España (daquela, con gran diferenza, o partido antifranquista de maior implantación en España, moito maior cá do PSOE), presentou en París a Junta Democrática, o primeiro froito do proceso de converxencia da oposición de ámbito estatal. Nela, ademais do PCE (que concretaba así a súa proposta do «pacto pola liberdade» formulada en 1970), integráronse o Partido Socialista do Interior de Enrique Tierno Galván (que pronto comezaría a chamarse Partido Socialista Popular), o Partido Carlista (sector do carlismo que derivara cara ao «socialismo autoxestionario» defendido por Carlos Hugo de Borbón-Parma) e dous destacados monárquicos «juanistas», Antonio García-Trevijano e Rafael Calvo Serer. Ao parecer, estes foron os promotores da idea, tras fracasar o seu intento de que Xoán de Borbón fixese unhas declaracións de ruptura total co réxime franquista (e, de forma indirecta, co seu fillo, o príncipe Xoán Carlos, sucesor de Franco). Tamén se uniron á Junta Democrática algúns grupos da extrema esquerda comunista, como o Partido del Trabajo de España, e as «comisións obreiras», cada vez máis baixo a órbita do PCE.

O programa da Junta Democrática baseábase na «ruptura democrática» co franquismo mediante a mobilización cidadá. O seu modelo era o proceso que se seguiu en 1930-1931 para acabar coa monarquía de Afonso XIII. No interior de España foi presentada de xeito clandestino nun hotel de Madrid en xaneiro de 1975. O seu propósito era a formación dun goberno provisional que restabelecese as liberdades, concedese unha ampla amnistía para todos os presos políticos, decretase a separación Igrexa-Estado e convocase un referendo sobre a forma de goberno, monarquía ou república. Sobre o alcance da amnistía, Santiago Carrillo dixo nun discurso pronunciado en París que debía ser para os dous bandos enfrontados na guerra civil, «e non soamente para os que combateron na guerra, senón para os que combateron despois e para os que nos mataron despois».

Con todo, o PCE non conseguiu integrar no seu «organismo unitario» as forzas de oposición que non estaban dispostas a aceptar a hexemonía comunista, co PSOE e o Equipo de la Democracia Cristiana á súa fronte. Estas, ademais, discrepaban cos integrantes da Junta Democrática nun asunto fundamental: estaban dispostas a aceptar a monarquía de Xoán Carlos se esta conducía o país a un sistema político plenamente democrático (fronte ao rexeitamento do «sucesor de Franco» por parte da Junta Democrática). Estes grupos acabaron constituíndo o seu propio organismo unitario en xuño de 1975, a Plataforma de Convergencia Democrática. O PSOE acababa de renovar o seu programa e a súa dirección no Congreso celebrado en outubro de 1974 en Suresnes, do que saíra elixido como novo secretario xeral o avogado laboralista sevillano Felipe González, en substitución do veterano Rodolfo Llopis. Tamén formaban parte da Plataforma o Equipo de la Democracia Cristiana encabezado por José María Gil Robles (o vello líder da CEDA dos tempos da República) e Joaquín Ruiz-Giménez, ademais do PNV, o grupo socialdemócrata do exfalanxista Dionisio Ridruejo e varios grupos de extrema esquerda, como o Movimiento Comunista de España (MCE) e a Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT). A Plataforma mostrábase máis radical cá Junta Democrática no recoñecemento do dereito de autodeterminación das «nacionalidades e rexións con personalidade étnica, histórica ou cultural propia». A Junta Democrática limitábase a incluír no seu programa o «recoñecemento, baixo a unidade de España, da personalidade política dos pobos catalán, vasco e galego e das comunidades rexionais que o pidan democraticamente».

Un dos dilemas que se lle presentaron á oposición democrática foi que posición adoptar sobre os atentados terroristas de ETA. En 1974 e 1975 a banda terrorista asasinou 34 persoas, delas 18 eran policías e gardas civís e 16 civís. De feito, dentro da propia organización tamén se abriu o debate sobre o papel da violencia na loita antifranquista que conduciu á división entre «milis» e «poli-milis» tras o atentado da cafetaría Rolando de Madrid do 13 de setembro de 1973. A maioría das forzas democráticas vascas e españolas non estaban de acordo coa «loita armada», ao mesmo tempo que denunciaban a violencia da represión da ditadura franquista. Con todo, eran conscientes do apoio popular que tiña ETA entre certos sectores sociais vascos, especialmente tras o «xuízo de Burgos» de decembro de 1970. Con non poucas ambigüidades, a posición que adoptaron foi evitar condenar o terrorismo de ETA. Con todo, o PCE si condenou o asasinato de Carrero Blanco e a condena aínda foi máis dura tras o atentado da cafetaría Rolando, aínda que ETA non o reivindicou até anos despois.

Doutra banda, Javier Tusell sinalou que eses anos finais do franquismo xurdiu unha especie de «zona intermedia» entre a oposición «moderada» e o sector «reformista» do réxime. Nela figuraban persoas que desde o réxime querían chegar á democracia ou opositores que, porque desexaban esa vía reformista, no substancial non diferían en exceso dos seus supostos adversarios. Todo ese mundo intermedio desempeñou un papel moi importante na chamada Transición española. Segundo Tusell, o grupo Tácito, creado a mediados de 1973, sería o máis significativo desa «zona intermedia». Dentro del atopábanse Fernando Álvarez de Miranda, Luis Apostua ou Íñigo Cavero.

A agonía final da ditadura

[editar | editar a fonte]
Licinio de la Fuente, ministro de Traballo entre 1969 e 1975

A principios de marzo de 1975 Arias Navarro remodelou o seu goberno aproveitando a dimisión do vicepresidente e ministro de Traballo Licinio de la Fuente. Este renunciara ao seu cargo pola oposición do presidente a que se regulasen os conflitos laborais, o que incluía un tímido recoñecemento do dereito de folga. Ameazándoo coa dimisión, Arias Navarro conseguiu por fin que Franco aceptase a saída do goberno dos dous ministros «ultras», José Utrera Molina e Francisco Ruiz Jarabo. O primeiro foi substituído polo «aperturista» Fernando Herrero Tejedor, cuxo home de confianza era Adolfo Suárez, quen ocupou a vicesecretaría. Desta forma acentuouse o carácter politicamente neutro, aínda que favorábel ao aperturismo moderado do goberno. Porén, en xuño Herrero Tejedor finou nun accidente de automóbil e para sucedelo Arias nomeou, por insistencia de Franco, a José Solís Ruiz, quen deixara atrás o «aperturismo». Poucas semanas despois Girón e Rodríguez de Valcárcel, en conivencia co «círculo de El Pardo», fixeron un último intento ante Franco para que destituíse a Arias Navarro, ou polo menos que prolongase o mandato de Rodríguez de Valcárcel como presidente do Consello do Reino e das Cortes. Porén, Franco xa apenas tiña capacidade de reacción e foi incapaz de tomar ningunha medida. Arias Navarro considerou dimitir (chegou a redactar a carta de renuncia ao cargo con data de 25 de xullo), pero foi disuadido polos ministros Solís e José García Hernández.

Solís foi quen se encargou de desenvolver o decreto-lei de asociacións no seo da «comunidade do Movemento» e en agosto abriu o Rexistro Nacional de Asociacións (o «portelo»). Presentouse a Unión del Pueblo Español, asociación montada desde o goberno, co propio Solís como principal promotor e con Adolfo Suárez, home de confianza do finado Herrero Tejedor, como presidente. Nun inicio chamouse Alianza para el Puebloe aspiraba a ser a continuadora do Movimiento Nacional, polo que os seus estatutos foron presentados ao propio Franco. Outras entidades presentadas foron a Unión Nacional Española, encabezada polo tradicionalista Antonio María de Oriol; Frente Institucional, presidido por Ramón Forcadell; Frente Nacional Español, presidido polo falanxista camisa vella Raimundo Fernández Cuesta; Reforma Social Española, encabezada polo falanxista Manuel Cantarero; Unión Democrática Española, presidida polo católico conservador Federico Silva Muñoz; a Asociación Nacional para el Estudio de los Problemas Actuales (ANEPA), encabezada polo tamén católico Leopoldo Stampa; e a Asociación Proverista, presidida por Manuel Maysounave.

Pola súa banda, o sector «reformista» non aceptou o estreito marco que ofrecían as asociacións dentro da «comunidade do Movimiento» e optou por fundar sociedades de estudos, embrión de futuros partidos políticos. A máis importante foi FEDISA (Federación de Estudios Independientes), fundada por Manuel Fraga Iribarne (quen máis tarde creou GODSA) e na que se integraron Pío Cabanillas, José María de Areilza, Leopoldo Calvo-Sotelo, Francisco Fernández Ordóñez ou Marcelino Oreja, este último membro á súa vez do colectivo demócrata-cristián Tácito. Pola súa banda, o liberal Joaquín Garrigues Walker fundou a Sociedad de Estudios Libra. As asociacións políticas naceran tocadas de morte. Para entón, Fraga, que desempeñaba a embaixada en Londres, e o grupo Tácito xa facían vagas afirmacións da conveniencia dunha «gradual evolución democrática» que culminase nunha elección dunha cámara por sufraxio universal, aínda que tamén rexeitaban a ruptura política que preconizaba a oposición democrática. O 20 de maio o xornalista Luis María Ansón alarmábase dende ABC da existencia dun «rumor de ratas que abandonan a nave do réxime», xa que se estaba entrando nunha situación de «sálvese quen poida, de rendición sen condicións». O goberno, mentres tanto, seguía insistindo na defensa do seu programa da «continuidade evolutiva», cuxos «catro fundamentos básicos» eran «vontade popular, Constitución, Monarquía e Exército», segundo explicou ante as Cortes franquistas o 28 de xullo o ministro da Presidencia, Antonio Carro.

Poucos días antes Franco dixéralle a unha delegación da Hermandad Nacional de Alféreces Provisionales en referencia á denuncia que fixera contra a oposición antifranquista (o día anterior o FRAP asasinara un policía): «Creo que dades demasiada importancia aos cans que ladran. En realidade, son minorías exiguas que demostran precisamente a nosa vitalidade e poñen a proba a fortaleza e a capacidade de resistencia da nosa patria». A continuación, instounos a defenderen até a morte a vitoria da Guerra Civil. Por esas mesmas datas o Goberno prohibiu a entrada en España a Xoán de Borbón, pai do príncipe Xoán Carlos, por un discurso no que dixera: «Considero un deber inescusábel que perseveremos na nosa actitude até que quen realmente teñen poder para endereitar o rumbo do Estado se convenzan de que deben facelo para que o pobo español, como é de xustiza, teña acceso por fin á soberanía nacional».

Percorrido polas rúas de Madrid do presidente dos Estados Unidos Gerald Ford, acompañado por Franco, durante a súa breve visita a España (31 de maio de 1975)

En abril o conflito coa Igrexa católica agravouse cando a Conferencia Episcopal aprobou (por 70 votos a favor e 11 en contra) o documento La Reconciliación en la Iglesia y en la Sociedad. Carta pastoral Colectiva del Episcopado Español. Afirmaba de xeito taxativo que «na nosa patria, o esforzo progresivo pola creación de estruturas e institucións políticas axeitadas debe estar sostido pola vontade de superar os efectos nocivos da contenda civil que dividiu entón os cidadáns en vencedores e vencidos, e que aínda constitúen obstáculo serio para unha plena reconciliación entre irmáns». Era unha rectificación clara da Carta colectiva de los obispos españoles con motivo de la guerra en España de 1937 na que a Igrexa católica xustificaba o golpe de Estado e lexitimaba a loita do bando sublevado ao cualificar a guerra como unha «Cruzada». O documento tamén defendía a necesidade de estabelecer a liberdade de partidos políticos, a liberdade sindical e o recoñecemento do dereito de folga. Pola súa banda, a Comisión Nacional Justicia y Paz comezou a elaborar o mes seguinte un documento que se fixo público pouco despois. Nel rexeitaba o réxime franquista por autoritario e antidemocrático e defendía a «ruptura» co mesmo (pedía o estabelecemento do sufraxio universal, a amnistía, as garantías dos dereitos, a supresión das Cortes franquistas por non seren representativas e a liberdade de partidos e de sindicatos). Tamén se demandaba a celebración dunha nova Asemblea Conxunta como a de 1971, pero aberta a todos os fieis, que dese modo poderían participar na vida da Igrexa e no seu goberno.

Bandeira do FRAP, grupo de extrema esquerda que recorreu á "loita armada" para acabar coa ditadura. Tres dos seus militantes foron fusilados o 27 de setembro de 1975 ao seren condenados nun consello de guerra

Eses meses a conflitividade laboral continuou crecendo como resultado do impacto da crise económica que se agravou co conseguinte aumento da inflación (17 % en 1975) e do desemprego (700 000 parados, o 5 % da poboación activa), e que coincidiu con dous escándalos financeiros (Reace e SOFICO). Produciuse entón a ondada de folgas e de mobilizacións obreiras máis importante da historia do franquismo, con novos sectores como o dos Médicos Internos e Residentes (MIR) que se puxeron en folga en maio. O mes seguinte as candidaturas «democráticas unitarias» impulsadas polas «comisións obreiras» e outras organizacións clandestinas gañaron as eleccións sindicais nas grandes empresas e nas zonas industriais con máis tradición combativa, e tamén noutros lugares. O gobernador civil de Barcelona, Rodolfo Martín Vila, recoñeceu que para o goberno foron «un éxito de participación e un fracaso político na medida que se xeneralizou a impresión de que as gañou unha oposición sindical cuxo núcleo era o PCE». Nalgunha localidade, como Cornellà de Llobregat, os novos representantes sindicais ocuparon os locais da Organización Sindical desaloxando os xerarcas falanxistas. Os dirixentes das «comisións obreiras» de Cataluña falaron de emprender o asalto político ao Sindicato Vertical coa intención de destruílo como instrumento dos intereses da patronal e do réxime fascista.

Ademais, a actividade terrorista aumentou, tanto por parte de ETA (18 vítimas mortais en 1974 e 16 en 1975) como do FRAP (3 atentados en 1975 con resultado de morte). Isto, á súa vez, recruou a represión, xa que o 25 de abril volveuse decretar o estado de excepción en Biscaia e en Guipúscoa. Chegouse a aprobar o 22 de agosto de 1975 un decreto-lei «de prevención e axuizamento dos delitos de terrorismo e subversión contra a paz social e a seguridade persoal». Este revalidaba a xurisdición militar como no primeiro franquismo e ao mesmo tempo suspendía os artigos 15 e 18 do Foro dos Españois que se referían á inviolabilidade do domicilio e ao límite de 72 horas para as detencións. O Goberno considerou «que a clemencia empregada no Consello de Burgos constituíra un erro» e que había que «inducir os violentos a cesar nas súas actividades polo temor a represalias moi duras». Ao rexeitamento da oposición antifranquista ao decreto sumouse o cardeal Tarancón, quen o considerou un erro. Esta espiral represiva cebouse especialmente no País Vasco. Entre 1973 e 1975 uns 6500 cidadáns vascos foron detidos e moitos deles denunciaron seren obxecto de malos tratos e torturas nas comisarías de policía ou nos cuarteis da Garda Civil.

Acampada ante o consulado español en Ámsterdam en protesta polo consello de guerra contra José Antonio Garmendia Artola e Ángel Otaegui. A pancarta principal di en neerlandés: «O sangue do pobo español é o sangue da democracia». 2 de setembro de 1975

En aplicación da lexislación antiterrorista, entre o 29 de agosto e o 17 de setembro de 1975 foron sometidos a distintos consellos de guerra e sentenciados a morte 3 militantes de ETA e 8 do FRAP, entre estes últimos, dúas mulleres embarazadas. Isto provocou unha importante resposta popular de rexeitamento tanto dentro como fóra de España, así como peticións de clemencia por parte dos principais dirixentes políticos europeos (incluídos o papa Paulo VI[ad] ou a raíña Isabel II do Reino Unido). Malia iso, Franco non conmutou as penas de morte a 2 dos 3 militantes de ETA (Angel Otaegui e Jon Paredes Manot) e a 3 dos 8 do FRAP (José Luis Sánchez Bravo, Ramón García Sanz e Xosé Humberto Baena). Os cinco foron fusilados o 27 de setembro de 1975. Este feito, cualificado como «brutal» pola maior parte da prensa europea, non fixo senón acentuar o rexeitamento internacional ao franquismo e deu lugar a que se producisen numerosas manifestacións antifranquistas nas principais cidades europeas. A embaixada española en Lisboa foi asaltada pola multitude sen que a policía portuguesa o impedise. Así mesmo, os embaixadores dos países europeos occidentais abandonaron Madrid (un total de 15), co que o réxime franquista volveu experimentar un illamento e reprobación moi similares aos que sufrira na inmediata posguerra mundial.

O papa Paulo VI manifestou «a súa vibrante condena dunha represión tan dura que ignorou os chamamentos que de todas partes se elevaron contra aquelas execucións», e lamentou non ser escoitado. O presidente de México, Luis Echeverría, pediu a expulsión de España da ONU e a Comunidade Económica Europea suspendeu as negociacións con España. Pola súa banda, a Comisión Permanente da Conferencia Episcopal presidida polo cardeal Tarancón fixo público un escrito no que, tras condenar o terrorismo, afirmaba que «non abonda coas medidas represivas» e que «a leal postura de oposición política ou de crítica ao goberno non pode ser lexitimamente considerada como acto delituoso». En Euskadi declarouse unha folga xeral que foi seguida por máis de 200 000 traballadores. Paul Preston afirmou: «Se, como o Caudillo dixera, o perdón posterior aos xuízos de Burgos fora un signo de fortaleza do réxime, as execucións do 27 de setembro de 1975 foron o signo da súa decadencia final».

Balcón da fachada este do Palacio de Oriente. Desde alí Franco pronunciou o 1 de outubro de 1975 o seu último discurso ante a multitude congregada como acto de homenaxe á súa persoa e de desagravio pola reacción internacional de condena aos fusilamentos do 27 de setembro

Como resposta, o 1 de outubro de 1975 (39º aniversario da chegada de Franco ao poder)[289] o Movimiento organizou unha concentración de apoio a Franco na praza de Oriente de Madrid. No seu discurso, un Franco moi débil e case sen voz volveu falar de que existía unha «conspiración masónica e esquerdista» en «contra de España».[290] O discurso «non podía ser máis patético e significativo. Estaba, como o seu réxime, completamente ancorado no pasado», comenta Borja de Riquer.[291] «As palabras de Franco nesta ocasión, aínda que foron bien recibidas, chegaron a adquirir un ton moi patético e sobre todo, a demostrar que estaba ancorado nun pasado para o que a maior parte dos españois resultaba moi remoto», subliña Javier Tusell.[292] Foi a última vez que Franco apareceu en público:[293][294][295]

As agresións de que foron obxecto varias das nosas representacións demóstrannos, unha vez máis, o que podemos esperar de determinados países corrompidos. [...] Todas as protestas habidas obedecen a unha conspiración masónica e esquerdista na clase política, en contubernio coa subversión comunista-terrorista no social, que se a nós nos honra, a eles enviléceos. [...] Evidentemente, o ser español volveu ser hoxe algo no mundo.

Ese mesmo día facía a súa aparición un grupo comunista de escura procedencia que asasinou catro policías en Madrid. Por ese motivo acabarou por autodenominarse GRAPO (Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro). Pola súa parte, a Junta Democrática e a Plataforma emitiron o seu primeiro comunicado conxunto. Comprometíanse a realizaren «un esforzo unitario que faga posíbel a formación urxente dunha ampla coalición organizada democraticamente, sen exclusións, capaz de garantir o exercicio, sen restricións, das liberdades políticas».

A morte de Franco

[editar | editar a fonte]


Catorce días despois da gran concentración da praza de Oriente, Franco caeu enfermo. O 30 de outubro, consciente da súa gravidade (xa sufrira catro infartos) traspasou os seus poderes ao príncipe Xoán Carlos en aplicación do artigo 11 da Lei Orgánica do Estado. Temendo pola súa vida, o 25 de outubro foille administrada a Franco a extrema unción. O 3 de novembro foi operado a vida ou morte por unha peritonite nun improvisado quirófano no mesmo palacio de El Pardo. A continuación foi trasladado ao hospital La Paz de Madrid, onde dous días despois foi sometido a unha nova intervención cirúrxica. Extirpáronlle dous terzos do estómago para frear a hemorraxia.

Testamento político de Franco
Españois: Ao chegar para min a hora de render a vida ante o Altísimo e comparecer ante o seu inapelábel xuízo, pido a Deus que me acolla benigno na súa presenza, pois quixen vivir e morrer como católico. No nome de Cristo me honro, e foi a miña vontade constante ser fillo fiel da Igrexa, en cuxo seo vou morrer.
Pido perdón a todos, como de todo corazón perdoo cantos se declararon os meus inimigos sen que eu os tivese como tales. Creo e desexo non ter outros que aqueles que o foron de España, a que amo até o último momento e a que prometín servir até o último alento da miña vida, que xa noto próximo.
Quero agradecer a cantos colaboraron con entusiasmo, entrega e abnegación na grande empresa de facer unha España unida, grande e libre.
Polo amor que sinto pola nosa Patria pídovos que perseveredes na unidade e na paz, e que rodeedes o futuro Rei de España, don Xoán Carlos de Borbón, do mesmo afecto e lealdade que a min me brindastes, e lle prestedes en todo momento o mesmo apoio de colaboración que de vós tiven.
Non esquezades que os inimigos de España e da civilización cristiá están alertas. Velade tamén vós, e para iso depode, fronte aos supremos intereses da Patria e do pobo español, toda vida persoal.
No desistades en alcanzar a xustiza social e a cultura para todos os homes de España, e facede diso o voso primordial obxectivo. Mantede a unidade das terras de España, exaltando a rica multiplicidade das súas rexións como fonte da fortaleza da unidade da Patria.
Quixera, no meu último momento, unir os nomes de Deus e de España e abrazarvos a todos para berrar xuntos, por última vez, nos limiares da miña morte: Arriba España! Viva España!
Testamento político de Franco, redactado o 18 de outubro e lido ante as cámaras de TVE polo presidente do goberno Carlos Arias Navarro o 20 de novembro de 1975 poucas horas despois do seu pasamento.[296]
Portada de Arriba, o diario oficial do Movemento Nacional, do 20 de novembro de 1975 coa noticia da morte de Franco

Mentres isto sucedía, o príncipe Xoán Carlos, xefe do Estado interino, tivo que facer fronte á gravísima crise que se estaba a xestar na colonia do Sáhara español. Era consecuencia da Marcha Verde de civís marroquís que organizara o rei de Marrocos, Hasan II, para forzar a España a que lle entregase o control do territorio que reclamaba como integrante da súa soberanía. O Tribunal da Haia fallara a principios de outubro en contra das pretensións de Marrocos e a favor do dereito de autodeterminación do pobo saharauí. Mentres o goberno español negociaba con Marrocos (antes de ser operado a vida ou morte en El Pardo, Franco dixéralle a Arias Navarro que enviase a Solís a Rabat),[ae] o príncipe Xoán Carlos desprazouse ao Sáhara. Alí aseguroulles ás tropas que o defendían que a retirada se faría «en boa orde e con dignidade».

O 14 de novembro asinábase o acordo Tripartito de Madrid polo que España se retiraba da colonia e cedía a súa administración a Marrocos (a metade norte) e a Mauritania (a metade sur). Os dous países comprometéronse a respectar a vontade do pobo saharauí no marco da ONU. Tratárase dun acordo de emerxencia que mostraba a suma debilidade dun réxime erosionado. Para Borja de Riquer, a retirada foi todo un símbolo do final da ditadura de Franco, que concluía coa vergoñosa entrega do último territorio colonial español, mentres desaparecía precisamente o militar que máis anhelara a construción dun grande imperio español en África.

Desde o seu ingreso no Hospital La Paz o 4 de novembro Franco foi mantido con vida recorrendo a todo tipo de procedementos mentres entraba nunha longa agonía. Cando recobraba o coñecemento murmuraba «que duro é morrer». O 15 de novembro foi operado de novo. Finou a madrugada do 20 de novembro, rodeado da súa familia máis próxima e acompañado da man incorrupta de Santa Teresa de Jesús e o manto da Virxe do Pilar. Morreu ás 3:20 horas da madrugada, pero na nota oficial figura como hora da morte as 5:20. A diferenza de dúas horas foi o tempo necesario para pór en marcha a «Operación Lucero», a mobilización dos corpos de seguridade e das forzas armadas para impedir que se producisen incidentes ao coñecerse a morte de Franco. Algúns líderes da oposición foron postos baixo vixilancia, mentres que outros foron detidos durante algunhas horas.

Acto de proclamación como rei do príncipe Xoán Carlos o 22 de novembro de 1975 ante as Cortes franquistas

Á primeira hora da mañá o presidente do goberno, Carlos Arias Navarro, anunciou por televisión o pasamento do ditador. As súas palabras exactas foron:

«Españois. Franco morreu. O home de excepción que ante Deus e ante a Historia asumiu a inmensa responsabilidade do máis exixente e sacrificado servizo a España, entregou a súa vida, queimada día a día, hora a hora, no cumprimento dunha misión transcendental».

A continuación leu o chamado Testamento Político de Franco. O seu último parágrafo di: «Querería, no meu último momento, unir os nomes de Deus e España, e abrazarvos a todos para gritarmos xuntos, por última vez, nos limiares da miña morte: Arriba España! Viva España!». Arias fúndese e apenas pode terminar a frase.


Pouco despois, Arias Navarro tivo un enfrontamento co cardeal Tarancón, presidente da Conferencia Episcopal Española, porque este se negou a que os 84 bispos españois oficiasen o funeral de Franco na explanada do Palacio de Oriente. «Se fose o papa, aínda se podería pensar. Pero tratándose dun xefe de Estado parecíame que non era conveniente», declarou Tarancón anos despois. Arias Navarro indignouse tanto que non lle dirixiu a palabra a Tarancón cando este foi ao Palacio de El Pardo para oficiar a primeira misa polo Xefe do Estado falecido.

A capela fúnebre foi instalada o 21 de novembro no Salón de Columnas do Palacio Real de Madrid, co féretro descuberto. Formáronse longas colas para acceder a el. Ao funeral posterior non asistiu ningún xefe de Estado nin de Goberno, agás o ditador chileno Augusto Pinochet, gran admirador de Franco, e o rei Hussein I de Xordania. Celebrouse o 23 de novembro e foi oficiado por 15 bispos. A homilía non quixo pronunciala o cardeal Tarancón, presidente da Conferencia Episcopal Española, e no seu lugar fíxoo o cardeal primado de Toledo, Marcelo González Martín, que fixo un aceso eloxio do legado histórico de Franco. Tras renderlle honras unidades da División Acoirazada Brunete, mandada polo xeneral Jaime Milans del Bosch, o féretro foi trasladado ao Valle de los Caídos, onde foi enterrado ás 14:11 horas.

Xoán Carlos I tras o acto da súa proclamación como rei, sucesor de Franco, acompañado da súa esposa Sofía de Grecia e dos seus fillos Filipe e Cristina. Á esquerda, o presidente das Cortes franquistas, Alejandro Rodríguez de Valcárcel, de chaqué, xunto ao Xefe da Casa da súa Maxestade o Rei, o marqués de Mondéjar, vestido de militar

O 22 de novembro fora proclamado ante as Cortes franquistas o príncipe Juan Carlos como rei, tras xurar os Principios do Movimiento Nacional. O 27 tivo lugar un acto de exaltación do novo monarca ao que si asistiron numerosos dignatarios estranxeiros, o contrario do que sucedera no funeral de Franco. Entre outros estiveron presentes Giscard d'Estaing, presidente da República Francesa; Walter Scheel, presidente da República Federal Alemá; Nelson A. Rockefeller, vicepresidente dos Estados Unidos; e o duque de Edimburgo, esposo da raíña Isabel II do Reino Unido. Para Javier Tusell, a monarquía de Xoán Carlos era unha incógnita en 1975. Poucos meses despois da morte de Franco, Jorge de Esteban e Luis López Guerra preguntábanse até que punto a influencia psicolóxica da guerra civil en vencedores e vencidos ía condicionar a vida política do futuro. Tamén se preguntaban se o Exército ía desempeñar ou non un papel prominente na vida política española; e, en caso afirmativo, que clase de postura ía adoptar.

Valoración de Franco e do seu réxime polo historiador Javier Tusell[298]
Persoa con conciencia do seu deber, prudente e hábil, Franco foi tamén un ditador insensíbel aos padecementos dos vencidos, incapaz de liquidar unha guerra civil e endeusado pola crenza sincera de que era un home providencial para o seu país. Algúns dos seus partidarios atribuíronlle ao franquismo a modernización da sociedade española ou mesmo o estabelecemento dunha monarquía como a de 1975, pero en realidade o que fixo foi atrasar o desenvolvemento económico, e o xénero de monarquía que foi implantada despois de 1975 foi moi distinto do que Franco desexara para os españois. O que resulta obvio, porén, é que se o réxime ao que el deu nome fose totalitario, non sería posíbel o primeiro e a transición á democracia sen graves traumas sociais sería moito máis difícil. No fin de contas, se o franquismo careceu de lexitimidade na súa fase final existía unha legalidade que se cumpría, malia tratarse dunha ditadura, mercé a unha burocracia relativamente independente. Desta maneira a mellor louvanza que do réxime pode facerse reside no que non foi, é dicir, totalitario.

O certo era que o que se chamaría franquismo sociolóxico mantiña forte arraigamento nunha parte importante da sociedade española. A oposición antifranquista non tiña a suficiente forza como para derrubar á ditadura, aínda que, segundo Borja de Riquer, si conseguira debilitala até o punto de facer imposíbel a súa continuidade tras a morte de Franco. Dese modo, cando finou o ditador boa parte da sociedade española mostrábase partidaria dun réxime de liberdades políticas. Unha enquisa realizada tras a súa morte indicaba que o 70 % dos españois quería que se introducise o sistema de sufraxio universal libre e segredo. Javier Tusell sinalou que, como consecuencia dos cambios sociais e culturais, e tamén do propio labor da oposición, foise producindo unha introdución crecente dos principios democráticos na propia sociedade. Isto fixo que as súas esixencias e os seus desexos con respecto ao futuro fosen moi distintos do que dicían as leis do réxime.

Carme Molinero e Pere Ysàs sinalaron que o final da vida de Franco tivo lugar cando a ditadura estaba inmersa nunha fonda crise. O continuismo estrito non ofrecía ningunha solución para estabilizar a situación política e para non danar, talvez de xeito irreversíbel, a institución monárquica. As tentativas aperturistas e reformistas fracasaran continuamente por unha combinación da limitación das súas propostas, a súa incapacidade para sumar apoios amplos e a hostilidade de quen rexeitaban todo cambio, por limitado que fose, véndoo como unha ameaza de destrución do réxime. Con todo, foi a opción intentada de forma máis ambiciosa e decidida tras a morte do ditador. Pola súa parte, o rupturismo sostido nunha notábel mobilización non dispoñía de forza suficiente para provocar o derrubamento da ditadura, pero si para facer inviábel o continuismo e o reformismo. Esta era a complexa situación política española ao final do outono de 1975.[299] O escritor e articulista Manuel Vázquez Montalbán cualificou a situación «cando Franco desaparece» como «unha correlación de debilidades».[300]

  1. "Isto significou unha clara ruptura coa lexitimidade dinástica, xa que a futura monarquía española non sería restaurada senón «establecida» con base na legalidade franquista."[1]
  2. "As tensións, os conflitos e as inseguridades sobre o futuro que definen esta crise foron atribuídos a diferentes causas, dependendo da postura política de cadaquén. Unha interpretación puramente persoal é certamente posible —e non nos deteremos nela— centrando as causas da crise no declive físico e a eventual morte do ditador. Unha explicación máis complexa sería a marxista, que enfatiza a intensificación das loitas sociais. Por outra banda, varios sociólogos atribuíron a crise á falta de democratización política que debería ter acompañado o desenvolvemento económico. Estas explicacións unilaterais, a pesar dos seus evidentes méritos, non están exentas de debilidades. [...] Pero, cando se consideran todos estes factores conxuntamente, o que xorde é que o que está en xogo, máis que os aspectos individuais, é toda a organización da vida política española. E toda esta organización, tanto en termos comúns como técnicos, ten un nome: o Estado. A definición máis ampla e completa que podemos dar da crise é que é unha crise do Estado Español. [...] Un Estado insuficiente, herdado de épocas pasadas, que non conseguiu modernizarse a pesar dos sucesivos intentos (1812, 1868, 1931) e que, a finais de 1975, era claramente incapaz de abarcar unha realidade social en rápida evolución, ou de resolver os seus problemas económicos, educativos, políticos ou internacionais. Isto é, máis que unha crise do Réxime, unha crise do Estado."[3]
  3. «Dotado de boa saúde e lucidez manifesta até mediados dos anos sesenta, as Memorias dalgúns dos seus colaboradores, dende Fraga a López Rodó, parecen probar que a partir dese momento se produciu nel unha deterioración moi acentuada. Os límites da mesma non son fáciles de precisar... Ás veces mesmo en cuestión dun espazo de tempo equivalente a uns poucos minutos podía parecer que era un ancián atento que musitaba comentarios intelixentes ao que se lle dicía ou unha persoa extraviada no seu propio mundo incapaz de comunicarse co exterior. [...] Unha das características da enfermidade de Párkinson foi o aparente debilitamento da súa vontade, de manera que deu a sensación a partir deses momentos de non ser capaz de practicar a arbitraxe entre tendencias que o caracterizara en tempos precedentes. Ademais, deu a impresión de resultar influenciábel... Outra característica da enfermidade de Parkinson foi que esta contribuíu a multiplicar a súa inexpresividade, o que o convertía nunha especie de esfinxe para moitos dos seus visitantes. [...] Como moitos anciáns, en fin, sentía derrubarse un mundo ao que estivera firmemente asido dende había moitos anos. [...] Seguía inmerso nun clima mental de nacionalcatolicismo… Nunca aceptou a idea do pluralismo político, e menos aínda organizado de forma legal... Tampouco existe ningunha prueba de que pensase que coa súa morte se debesen producir cambios substanciais no seu réxime» (Tusell, 2007, p. 240-241). «A decadencia de Franco reflectíase no feito de que cada vez se mantiña máis apartado das tarefas políticas. [...] Até case os setenta anos xogara unhas cantas partidas de tenis con [o doutor] Vicente Gil, ou ben ía cabalgar polos bosques próximos ao palacio [de El Pardo]. Estas actividades xa non eran factíbeis. Os venres continuaban celebrándose as reunións, do consello de ministros ou da comisión delegada. A finais da década de 1960 foron reducidas drasticamente só a sesións matinais e logo só quincenais. Xa non comezaba as reunións con longos repasos dos acontecementos nacionais e internacionais, senón que permanecía sentado e en silencio ao longo da totalidade das sesións. [...] A medicación que tomaba para a enfermidade de Parkinson facía que cada vez se volvese máis indeciso»[4]
  4. «Aínda que o réxime franquista non foi derrocado pola oposición, a crecente mobilización social tivo unha influencia moi decisiva na crise final do franquismo ao danar a imaxe do goberno e do réxime, tanto a nivel nacional como internacional, e aumentar a disidencia interna, ao tempo que contribuíu á politización dun segmento da sociedade española. Así, en 1973-1974, moitos políticos franquistas eran conscientes do esgotamento do réxime e algúns incluso comezaron a promover movementos reformistas que lles permitirían seguir sendo actores clave na era posfranquista».[7]
  5. «Os que defendían a reforma non podían deixar de percibir unha diverxencia entre a sociedade e o réxime... Había un país completamente novo, que experimentara o trauma de 1936, que esixía unha liberalización da vida pública e unha democratización das formas e sistemas de convivencia. Do mesmo xeito, parecía evidente que canto máis tempo permanecese a situación estancada, cunha sociedade en transformación como a española pechándose sobre si mesma, máis graves serían os conflitos e máis difícil sería a súa resolución, dando lugar a brotes de inconformismo total e extremismo revolucionario».[10]
  6. «A elección por parte de Franco de Xoán Carlos para sucedelo como xefe de Estado, e non do seu pai e xefe da Casa Real, Xoán de Borbón, e o feito de que o herdeiro xurase defender os Principios Fundamentais do Movemento, facilitou a aceptación da Monarquía por parte dun número significativo de rexenciais».[13]
  7. "Os homes do Movemento usárono como arma: a súa revista SP, que atravesaba dificultades financeiras, lanzou unha campaña sensacionalista esixindo a dimisión dos ministros de economía. [...] Franco... non estaba disposto a tolerar que ningunha camarilla política utilizase un asunto que afectaba os intereses de toda a nación como arma de vinganza ou ataque. Os que operaban deste xeito tiñan que ser castigados. Pero tamén aqueles que, por falta de vixilancia ou perspicacia, permitiran que alguén se aproveitase da lexislación vixente para establecer un negocio que cheiraba a fraude e malversación.[25]
  8. «A realidade é que, en efecto, o dúo Carrero-López Rodó acadara un claro predominio».[32]
  9. «Fraga e o resto dos reformadores eran moi conscientes de que a propia evolución da sociedade española estaba a levar á consagración do pluralismo»[41]
  10. «Fraga sentiuse persoalmente ofendido [por ter sido destituído como ministro] e nunha sesión do Consello Nacional do Movemento (15 de decembro) lanzou un duro ataque contra a inercia».[42]
  11. "A decisión que Franco podería ter tomado se tivese decidido a súa sucesión antes, se a voda tivese lugar antes, sempre será obxecto de especulación. Xa era demasiado tarde e Franco non estaba disposto a cambiar de opinión, especialmente cando consideraba que as súas decisións eran de suma importancia. A pesar diso, houbo unha serie de escaramuzas arredor da voda, que serven como proba máis desta parálise indecisa e do declive da vontade de Franco."[52]
  12. "[Carrero] afirmaba que, ante unha España restaurada aos seus valores esenciais, entre eles a unidade, xurdían tres perigos, que podían combinar as súas accións sen deixar de ser diverxentes: o comunismo, que non pretende nada menos que converter os homes nunha masa de escravos sometidos a un estado ateo; a masonería, que, mediante a creación de partidos políticos, buscaba a destrución da unidade nacional e tamén do catolicismo, que era a esencia de España; e a democracia cristiá, que subliña a contradición de defender un sistema no que a verdade deixa de ser un valor absoluto e se converte en mera dependencia da vontade da maioría, o que equivalía a ceder aos desexos do demo, que invita ao home a afastarse de Deus e facerse dono de si mesmo. Voltando aos argumentos que xa empregara para forzar un cambio de goberno, viu na permisividade aplicada ao entretemento, na abundancia de libros alleos ao sentimento católico e na relaxación da moral signos claros do progreso do mal".[61]
  13. "Os gravísimos acontecementos de Granada foron empregados por organizacións subversivas como motivo para convocar unha folga xeral. O Goberno tivo que recorrer a medidas de emerxencia, incluída a militarización do persoal do metro de Madrid, para evitar un colapso."[72]
  14. "O conflito non só estivo ligado a problemas estritamente laborais -negociación de convenios-, senón que tivo un carácter solidario xa que estivo motivado polo aumento da represión policial e a intransixencia gobernamental, manifestada, por exemplo, en 1970 pola militarización do metro de Madrid durante a folga destes traballadores do transporte público".[74]
  15. «O incidente de Elósegui prexudicou gravemente os esforzos do novo ministro de Asuntos Exteriores, López Bravo, que estaba viaxando polo mundo para modernizar a imaxe do réxime».[92]
  16. "O feito de que prevalecesen as súas opinións estreitas e vingativas foi un síntoma da decadencia do réxime, do minguante discernimento de Franco e da falta de sensibilidade política de Carrero Blanco."[96]
  17. «Grazas ao xuízo de Burgos, a minoría terrorista renovouse cun maior recrutamento de xente nova, como volvería ocorrer noutras ocasións na historia da organización terrorista».[141]
  18. "Bajo las presiones, tanto Franco como Carrero Blanco se inclinaron hacia la causa de los inmovilistas, lo cual era malo para los tecnócratas. La conmutación de las sentencias podría haber sido una manifestación de fuerza, pero haber celebrado los juicios era un síntoma de la pérdida de control de Franco".[144]
  19. «As conversas co padre Gamo foron, para o prelado [o cardeal Tarancón], extraordinariamente difíciles porque este último esixía á diocese unha especie de reparación pública pola inxustiza que se cometera contra el e porque a súa interpretación da doutrina conciliar era "algo extrema"»[162]
  20. "Garicano Goñi, decepcionado por la falta de voluntad de reforma y alarmado por la creciente influencia de los partidarios de la extrema derecha, dimitió el 2 de mayo".[181]
  21. A intención inicial de ETA fora secuestrar unha alta personalidade franquista para esixir a liberación dos 150 militantes da organización que se atopaban en prisión. Porén, ante a complexa estrutura que se necesitaría para levalo a cabo, optouse polo atentado. A decisión tomouse sobre todo despois de descubrir que o automóbil de Carrero, que non estaba blindado, facía o mesmo percorrido todas as mañás e só levaba un coche de escolta.[197][198]
  22. O telegrama de Iniesta Cano dicía o seguinte: «De forma concreta, rotunda, persoal e asumindo toda a responsabilidade que me corresponde, ordeno a todas as forzas ao meu mando que dende este momento, e mentres non reciban a orde contraria, extremen ao máximo a vixilancia nos puntos que ao seu criterio sexan susceptíbeis de conflito, aínda que estes se atopen en núcleos urbanos, nos que colaborarán estreitamente coas restantes forzas da orde pública. De existir choque ou ter que realizar acción contra calquera elemento subversivo ou alterador da orde, deberá actuarse enerxicamente, sen restrinxir no máis mínimo o emprego das armas».[207])
  23. «O almirante convertérase no seu álter ego, e mesmo para un personaxe tan frío e reservado como o de Franco, a perda sentíase profundamente. Os seus plans de retirarse das responsabilidades políticas estaban arruinados. Enfermo como estaba, era máis vulnerable á camarilla de El Pardo nese momento do que o fora seis meses antes».[213]
  24. O parágrafo no que aparecía a frase dicía o seguinte: "É virtude do home político a de converter os males en bens. Non en van reza o adaxio popular que non hai mal que ben non veña. De aquí a necesidade de reforzar as nosas estruturas políticas e recoller as arelas de tantos españois beneméritos que constitúen a soleira do noso Movimiento"[222]
  25. «Franco non quería que López Rodó fose substituído, pero os novos homes fortes radicalizaron a cuestión e, ao carecer de candidato propio, entregaron a carteira a un membro do corpo diplomático de gran prestixio, Don Pedro Cortina Mauri» [...] A preocupación fundamental era que todo o esquema político dos «tecnócratas» fora prexudicial para o Réxime e tiña que ser substituído por completo. Suárez Fernández, 2007, p. 731.
  26. "Franco obrigouno a nomear a Utrera Molina... Na súa cerimonia de investidura, estivo rodeado dunha galaxia de famosos do 'búnker': Arrese, Fernández Cuesta, Solís e Girón, da Falange, e xenerais azuis como Iniesta Cano e García Rebull" Preston, 1998, pp. 946-947.
  27. Tusell afirma é posible que nos momentos anteriores á crise, Girón, apoiase o nomeamento de Arias Navarro non só esperando ser compensado, senón tamén esperando chegar a ocupar unha parcela do poder. Escribiu discursos para Arias e penso que podía chegar a ser vicepresidente pero, finalmente, só puido influír nalgúns nomeamentos como no traslado de Utera Molina de Vivenda á Secrataría Xeral do Movemento".[240]
  28. "Carlos Arias Navarro axiña revelaría as súas limitacións. O seu pasado no réxime non foi particularmente brillante... A súa experiencia policial e a súa falta de contactos ou prestixio... contribuíron a crear nel unha mentalidade sospeitosa, seducida só por clichés elementais propios dun fundamentalista convertido en anticlerical como consecuencia da evolución da Igrexa. [...] A personalidade do Presidente do Goberno non era, polo tanto, a máis axeitada para exercer o liderado político nun momento especialmente difícil, e no que respecta a Franco, só se pode dicir que os signos do seu declive físico se fixeron cada vez máis evidentes co mero paso do tempo." Tusell, 2007, p. 258.
  29. O pseudónimo de «Jerjes» apenas velaba -porque era ben coñecido en círculos militares- o nome do xeneral de brigada "azul" Luis Cano Portal, daquela xa na situación "B" (sen mando), pero que anteriormente, até 1967, fora coronel-xefe do Rexemento da Garda da S.E. o xefe do Estado e xeneralísimo dos Exércitos, «un destino de gran confianza política». Ver Roberto Muñoz Bolaños, s.v. "Luis Cano Portal" no Diccionario Biográfico Español da Real Academia da Historia.
  30. O domingo 21 de setembro o papa Paulo VI pronunciou as seguintes palabras dende o balcón de San Pedro: «Os condenados a morte de entre os terroristas de España, cuxos actos criminais deploramos tamén nós, pero a quen quereríamos ver redimidos por unha xustiza que saiba afirmarse magnánima na clemencia». Entre os políticos franquistas criticouse vivamente que o papa utilizase o verbo deplorar e non o verbo condenarModelo:Suárez Fernández
  31. Antes de caer enfermo Franco enviara secretamente a Rabat o xeneral José Ramón Gavilán, segundo xefe da súa Casa Militar, cunha carta persoal súa para Hasan II cuxo contido se descoñece. O rei de Marrocos recibiuno pola noite o 8 de outubro e díxolle tres cousas: que non estaba disposto a iniciar unha guerra; que non consentiría a independencia do Sáhara, aínda que estaba disposto a negociar con España e que non reclamaría Ceuta e Melilla até que Xibraltar non retornase á soberanía española. [297]
Referencias
  1. De Riquer (2015), pp. 115-116.
  2. De Esteban e López Guerra (1977), pp. 11-12
  3. De Esteban & López Guerra (1977), pp. 12-15.
  4. Preston (1998), pp. 929,938.
  5. Tusell (2007), pp. 239-240.
  6. Suárez Fernández (2007), p. 486.
  7. De Riquer (2015), p. 115.
  8. Rodríguez Jiménez (1997), p. 349.
  9. Rodríguez Jiménez (1997), pp. 350-351.
  10. Rodríguez Jiménez (1997), pp. 351-353.
  11. Thomàs, 2019, pp. 262-263
  12. Rodríguez Jiménez, 1997, pp. 321-324; 351-353
  13. Rodríguez Jiménez (1997), p. 352.
  14. Gil Pecharromán (2008), pp. 273-275.
  15. De Riquer (2010), pp. 688-689.
  16. Thomàs (2019), p. 262-263.
  17. Rodríguez Jiménez (1997), p. 321-324; 351-352.
  18. Thomàs (2019), p. 264-265.
  19. 1 2 Rodríguez Jiménez (1997), p. 336.
  20. Molinero & Ysàs (2018), p. 11.
  21. Moradiellos, 2000, pp. 159-160
  22. Mateos y Soto, 1997, pp. 66-67
  23. Rodríguez Jiménez (1997), p. 373.
  24. Preston, 1998, pp. 923-924
  25. Suárez Fernández (2007), pp. 494; 500-501.
  26. Preston (1998), pp. 924-925.
  27. 1 2 Rodríguez Jiménez, 1997, p. 374
  28. 1 2 Tusell, 1997, p. 267
  29. Tusell (2007), p. 243.
  30. 1 2 Tusell, 2007, p. 243
  31. Tusell, 1997, p. 267
  32. Tusell (2007), p. 242.
  33. Suárez Fernández, 2007, p. 505
  34. Preston (1998), p. 927.
  35. De Riquer, 2010, p. 686
  36. Preston, 1998, pp. 927-928.
  37. Tusell (2007), p. 244.
  38. Moradiellos, 2000, p. 160.
  39. Tusell (2007), pp. 242-243.
  40. Gil Pecharromán (2008), p. 278.
  41. 1 2 Tusell (2007), p. 248.
  42. Suárez Fernández (2007), p. 504.
  43. De Riquer, 2010, p. 688
  44. Suárez Fernández, 2007, pp. 556-557
  45. Moradiellos, 2000, pp. 173-174
  46. Mateos & Soto, 1997, pp. 68-72
  47. Gil Pecharromán (2008), p. 272.
  48. Moradiellos, 2000, pp. 174-175.
  49. De Riquer, 2010, p. 687.
  50. 1 2 Gil Pecharromán, 2008, p. 275
  51. De Riquer, 2010, p. 687-688.
  52. Tusell (2007), pp. 246-247.
  53. Suárez Fernández, 2007, p. 698
  54. De Riquer, 2010, pp. 690-691
  55. Thomàs, 2019, p. 265
  56. Suárez Fernández, 2007, p. 520
  57. Gil Pecharromán, 2008, p. 279
  58. Suárez Fernández, 2007, p. 518
  59. Gil Pecharromán, 2008, p. 289.
  60. De Riquer, 2010, p. 690
  61. Suárez Fernández (2007), p. 527.
  62. 1 2 De Riquer, 2010, p. 700.
  63. 1 2 Tusell, 2007, p. 247
  64. Suárez Fernández, 2007, p. 549.
  65. Suárez Fernández, 2007, pp. 542-548
  66. Suárez Fernández, 2007, páx. 535
  67. Preston, 1998, p. 932
  68. De Riquer, 2010, p. 732-733
  69. Suárez Fernández, 2007, p. 633
  70. 1 2 Preston, 1998, p. 935.
  71. Suárez Fernández (2007), pp. 523-524.
  72. Suárez Fernández (2007), pp. 554-555.
  73. 1 2 Suárez Fernández, 2007, p. 629
  74. De Riquer (2010), pp. 691-692.
  75. Moradiellos, 2000, p. 176
  76. De Riquer, 2010, p. 692
  77. De Riquer, 2010, p. 693.
  78. 1 2 Suárez Fernández, 2007, p. 554
  79. Rodríguez, Ana (24 de abril de 2022). "La huelga que puso en jaque al franquismo". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2026.
  80. Suárez Fernández (2007), p. 590.
  81. Suárez Fernández (2007), p. 519.
  82. Suárez Fernández (2007), pp. 542-543.
  83. 1 2 De Riquer, 2010, p. 694
  84. Moradiellos, 2000, p. 177
  85. De Esteban y López Guerra, 1977, p. 161
  86. Preston, 1998, p. 928
  87. Suárez Fernández (2007), p. 522.
  88. 1 2 Suárez Fernández (2007), p. 566.
  89. Preston, 1998, p. 931
  90. 1 2 Moradiellos, 2000, p. 179
  91. 1 2 3 De Riquer, 2010, p. 698.
  92. Preston (1998), pp. 931-932.
  93. 1 2 De Riquer, 2010, p. 698-699
  94. Rodríguez Jiménez, 1997, p. 375
  95. 1 2 3 Suárez Fernández (2007), p. 559.
  96. Preston (1998), p. 931.
  97. Mateos y Soto, 1997, pp. 85.
  98. Rodríguez Jiménez, 1997, p. 376-377.
  99. 1 2 3 De Riquer, 2010, p. 699
  100. 1 2 3 4 Suárez Fernández, 2007, p. 563
  101. Suárez Fernández, 2007, p. 556; 562
  102. Suárez Fernández (2007), pp. 522-524.
  103. Suárez Fernández, 2007, p. 561.
  104. Gil Pecharromán, 2008, p. 283
  105. 1 2 Rodríguez Jiménez, 1997, p. 376
  106. Suárez Fernández, 2007, p. 561-562; 564
  107. 1 2 3 Suárez Fernández, 2007, p. 562.
  108. 1 2 3 4 Moradiellos, 2000, p. 179-180
  109. Suárez Fernández (2007), pp. 559-560.
  110. Suárez Fernández, 2007, p. 559-561
  111. Suárez Fernández (2007), p. 560.
  112. Tusell, 2007, p. 247-248
  113. Suárez Fernández (2007), p. 520.
  114. De Riquer, 2010, p. 701
  115. Rodríguez Jiménez, 1997, p. 377
  116. Rodríguez Jiménez, 1997, p. 377-378
  117. Suárez Fernández (2007), p. 872.
  118. 1 2 3 De Riquer, 2010, p. 700
  119. Rodríguez Jiménez, 1997, p. 378-380
  120. Rodríguez Jiménez, 1997, p. 379-380
  121. 1 2 3 4 Preston, 1998, p. 933
  122. Suárez Fernández (2007), pp. 563,567.
  123. Suárez Fernández, 2007, p. 563-564
  124. Rodríguez Jiménez (1997), pp. 381-382.
  125. 1 2 Suárez Fernández, 2007, p. 564
  126. Rodríguez Jiménez, 1997, p. 383-384
  127. Gil Pecharromán, 2008, p. 283-284
  128. Preston, 1998, p. 934.
  129. Suárez Fernández (2007), pp. 564-565.
  130. Suárez Fernández (2007), pp. 561-562.
  131. Preston (1998), p. 934.
  132. Suárez Fernández (2007), p. 565-566"Os progresos da súa idade e a súa doenza eran visíbeis na imaxe algo lenta do lector do discurso..."
  133. Suárez Fernández, 2007, p. 566-567
  134. Suárez Fernández (2007), p. 567.
  135. Rodríguez Jiménez, 1997, p. 384
  136. Suárez Fernández (2007), p. 612.
  137. Rodríguez Jiménez, 1997, p. 385-388
  138. Rodríguez Jiménez, 1997, p. 388
  139. Tusell, 2007, p. 245.
  140. Suárez Fernández (2007), pp. 612-613.
  141. Tusell (2007), p. 269.
  142. De Riquer, 2010, p. 699-701.
  143. De Esteban y López Guerra, 1977, p. 11-12.
  144. Preston (1998), pp. 934-935.
  145. Tusell, 2007, p. 245
  146. Suárez Fernández (2007), p. 524.
  147. Suárez Fernández, 2007, p. 570
  148. Suárez Fernández, 2007, p. 577-578; 593
  149. 1 2 Suárez Fernández, 2007, p. 571
  150. De Riquer, 2010, p. 694-695. 
  151. De Riquer, 2010, p. 695
  152. Suárez Fernández, 2007, p. 578
  153. 1 2 De Riquer, 2010, p. 696-697
  154. 1 2 De Esteban y López Guerra, 1977, p. 191.
  155. 1 2 Preston, 1998, pp. 935-936.
  156. Suárez Fernández, 2007, p. 580
  157. Suárez Fernández, 2007, p. 587
  158. Suárez Fernández, 2007, p. 587-588
  159. Suárez Fernández, 2007, p. 649.
  160. "As mulleres reivindican o seu papel na histórica folga de 1972 en Vigo: “Non se puido soster sen elas”". Xornal de Vigo. 11 de setembro de 2022. Consultado o 30 de maio de 2026.
  161. Suárez Fernández, 2007, p. 579; 589.
  162. Suárez Fernández (2007), pp. 578-579.
  163. Moradiellos, 2000, p. 178
  164. Mateos y Soto, 1997, pp. 76-80.
  165. De Riquer, 2010, p. 696.
  166. 1 2 3 Tusell, 2007, p. 250
  167. De Esteban y López Guerra, 1977, p. 87.
  168. Suárez Fernández, 2007, p. 592
  169. De Riquer, 2010, p. 696
  170. Suárez Fernández, 2007, p. 678
  171. De Riquer, 2010, p. 696-698.
  172. Suárez Fernández, 2007, p. 717-719
  173. Suárez Fernández, 2007, p. 719-721
  174. Suárez Fernández, 2007, p. 723
  175. Suárez Fernández, 2007, p. 589.
  176. Moradiellos, 2000, p. 175
  177. 1 2 Moradiellos, 2000, p. 180-181
  178. 1 2 Suárez Fernández, 2007, p. 689.
  179. De Riquer (2010), p. 702.
  180. 1 2 Suárez Fernández, 2007, p. 684-685
  181. Preston (1998), p. 940.
  182. Rodríguez Jiménez, 1997, p. 389-390
  183. Gil Pecharromán, 2008, p. 287
  184. Tusell, 2007, pp. 250-251
  185. Preston, 1998, p. 940-941.
  186. 1 2 Suárez Fernández, 2007, p. 692-693
  187. De Riquer, 2010, p. 702-703
  188. Tusell, 2007, p. 251-252.
  189. Rodríguez Jiménez, 1997, p. 418-419
  190. Suárez Fernández, 2007, p. 695
  191. De Riquer, 2010, p. 703.
  192. Preston, 1998, p. 941
  193. Suárez Fernández, 2007, p. 694.
  194. Suárez Fernández, 2007, p. 698-699
  195. De Riquer, 2010, p. 703-704
  196. Suárez Fernández, 2007, p. 694
  197. Tusell (2007), pp. 254, 269.
  198. Suárez Fernández (2007), p. 725.
  199. Pinilla García (2023), pp. 17–20.
  200. 1 2 Rodríguez Jiménez, 1997, p. 391
  201. Moradiellos, 2000, p. 182-183
  202. Preston, 1998, p. 941-942
  203. Suárez Fernández, 2007, p. 725-726
  204. De Riquer, 2010, p. 704-705.
  205. 1 2 Preston, 1998, p. 943
  206. 1 2 Suárez Fernández, 2007, p. 726
  207. 1 2 Suárez Fernández (2007), p. 727.
  208. Tusell, 2007, p. 254-255
  209. Suárez Fernández, 2007, p. 725.
  210. Tusell, 2007, pp. 254, 269
  211. Tusell, 2007, pp. 254, 269
  212. Suárez Fernández, 2007, p. 726-727
  213. Preston (1998), p. 942.
  214. De Riquer (2010), p. 705.
  215. Tusell (2007), p. 255.
  216. Preston (1998), p. 943.
  217. Moradiellos (2000), p. 182-183.
  218. De Riquer (2010), p. 704.
  219. Preston (1998), p. 946.
  220. Suárez Fernández (2007), p. 726.
  221. Gil Pecharromán (2008), p. 291.
  222. Suárez Fernández (2007), p. 731.
  223. Tusell, 2007, p. 256.
  224. Tusell, 2007, p. 266
  225. Suárez Fernández, 2007, p. 726; 729
  226. Suárez Fernández, 2007, p. 733.
  227. De Esteban y López Guerra, 1977, p. 185
  228. Rodríguez Jiménez, 1997, p. 421
  229. Preston, 1998, pp. 944-945
  230. Tusell, 2007, p. 257
  231. Suárez Fernández, 2007, pp. 729-730
  232. De Riquer, 2010, p. 706
  233. Tusell, 2007, p. 257-258
  234. De Esteban y López Guerra, 1977, pp. 53-54
  235. 1 2 Moradiellos, 2000, p. 183
  236. 1 2 3 Gil Pecharromán, 2008, p. 302.
  237. De Riquer, 2010, p. 706-707
  238. Rodríguez Jiménez (1997), p. 421.
  239. Suárez Fernández, 2007, p. 739
  240. Tusell (2007), p. 257.
  241. 1 2 3 Preston, 1998, p. 947
  242. 1 2 Rodríguez Jiménez, 1997, p. 422
  243. De Riquer, 2010, p. 707
  244. 1 2 Suárez Fernández, 2007, p. 736.
  245. Preston, 1998, p. 946
  246. Moradiellos, 2000, pp. 183-184
  247. Mateos y Soto, 1997, pp. 87
  248. De Riquer, 2010, p. 707-708.
  249. Suárez Fernández, 2007, p. 761
  250. Suárez Fernández, 2007, p. 737-738
  251. 1 2 Moradiellos, 2000, p. 185
  252. 1 2 Mateos y Soto, 1997, pp. 82
  253. De Esteban y López Guerra, 1977, p. 87
  254. Preston, 1998, p. 948
  255. De Riquer, 2010, p. 708-709
  256. Tusell, 2007, p. 260.
  257. De Riquer, 2010, p. 709
  258. De Riquer, 2010, p. 709-710
  259. Moradiellos (2014), p. 226
  260. 1 2 Preston, 1998, p. 948
  261. De Riquer, 2010, p. 710.
  262. Rodríguez Jiménez (1997), pp. 422-423.
  263. 1 2 Moradiellos (2014), p. 227
  264. Moradiellos, 2000, p. 185-186
  265. Rodríguez Jiménez (1997), pp. 428-429.
  266. Gil Pecharromán (2008), p. 308.
  267. Preston (1998), p. 955-956.
  268. Suárez Fernández, 2007, p. 762
  269. Rodríguez Jiménez (1997), pp. 425-426.
  270. Rodríguez Jiménez, 1997, p. 424
  271. Preston, 1998, pp. 948-949
  272. Rodríguez Jiménez, 1997, pp. 426-427.
  273. Rodríguez Jiménez, 1997, p. 427.
  274. De Riquer, 2010, p. 711
  275. Gil Pecharromán, 2008, p. 304
  276. De Riquer, 2010, p. 728
  277. Suárez Fernández, 2007, p. 762
  278. Rodríguez Jiménez, 1997, p. 429-430
  279. Suárez Fernández, 2007, pp. 761-762
  280. De Riquer, 2010, p. 711
  281. Moradiellos, 2000, p. 189
  282. Mateos y Soto, 1997, pp. 85-86
  283. De Riquer, 2010, p. 727-728.
  284. De Esteban y López Guerra, 1977, p. 209-210
  285. 1 2 De Esteban & López Guerra (1977), p. 77.
  286. Rodríguez Jiménez (1997), p. 428.
  287. Ojea, Antonio (30 de xullo de 1977). "Derecho de retracto sobre los bienes de Reace". El País (en castelán) (Vigo). Consultado o 1 de xuño de 2026.
  288. 1 2 De Riquer 2010, p. 724-726"En conxunto levouse a cabo un auténtico proceso de reconstrución da cultura democrática, á marxe e en contra do Estado franquista, que simbolizaba tamén a perda de apoio social da ditadura entre as clases máis cultivadas"
  289. Preston 1998, p. 958.
  290. Moradiellos 2000, p. 190.
  291. De Riquer 2010, p. 730.
  292. Tusell 2007, p. 264.
  293. Gil Pecharromán 2008, p. 315.
  294. Preston 1998, p. 958-959.
  295. Suárez Fernández 2007, p. 798-799"Mentres o mundo en torno cambiara, Franco permanecía dentro do seu universo de ideas"
  296. Suárez Fernández 2007, pp. 800-8011.
  297. Suárez Fernández & 2007,, p. 799.
  298. Tusell 2007, p. 281-282.
  299. Molinero & Ysàs 2018, p. 48-49.
  300. Estefanía, Joaquín (6 de decembro de 2022). "Correlación de debilidades". Cadena SER (en castelán). Consultado o 4 de xuño de 2026. Foi o insquecíbel Manuel Vázquez Montalbán o que describiu como correlación de debilidades a que existía entre as forzas do franquismo e as da oposición democrática. Alá a finais dos anos 70 do século pasado, ningunha das dúas partes se atopaba en condicións de impor ao adversario os seus plans.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]