Tara Basro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTara Basro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1990 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Iacarta, Indonesia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndonesia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , modelo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua indonesia Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDaniel Adnan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm4620730 Musicbrainz: 27fc061b-0e68-47f9-85ba-5849ab83f6ed Editar o valor em Wikidata

Andi Mutiara Pertiwi Basro, máis coñecida como Tara Basro e nada en Iacarta o 11 de xuño de 1990, é unha modelo, actriz e presentadora de televisión indonesia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tara comezou a súa carreira na industria do entretemento ao participar no concurso de modelos para adolescentes Gadis Sampul en 2005[1]. Posteriormente, mudouse para coa súa familia a Australia e alí continuou os seus estudos[2] graduándose en TAFE NSW[3].

Ao volver a Indonesia participou en varias probas de selección de actores para filmes sen lograr ningún papel relevante[2] ata 2011 ao acudir a unhas probas para un musical de teatro e coñecer o director de repartición do filme Catatan (Harian) Si Boy[4] e pola súa interpretación nesa película foi candidata ao premio á mellor actriz novel nos Indonesian Movie Awards[3]. En 2012 protagonizou o segmento "Pasar Setan" na película de terror antolóxica Hi5teria [5] e nese ano participou tamén na rodaxe de Rumah dan Musim Hujan, aínda que a súa estrea foi 2018 so o título Hoax[6]. En 2013 interpretou a moza materialista de Pandji Pragiwaksono no filme Make Money[7].

En 2014 actuou en catro filmes, a súa primeira aparición foi na películas de artes marciais (estilo silat) Pendekar Tongkat Emas[8], logo tivo un pequeno papel no filme de acción indonesio-nipón Killers. Protagonizou, como bióloga mariña, o drama romántico The Right One[9] e finalizou o ano co filme familiar antolóxico Princess, Bajak Laut & Alien[10]-

En 2015 deu vida á protagonista de Another Trip to the Moon, un filme surrealista do director Ismail Basbeth que participou no Festival Internacional de Cinema de Rotterdam [11].

Outro dos filmes que protagonizou en 2015, A Copy of My Mind dirixido por Joko Anwar, exhibiuse no Festival Internacional de Cinema de Toronto e no de Venecia[12][13] e pola súa actuación gañou o premio Citra á mellor actriz[14]. En 2015 participou en dúas series de televisión, Halfworlds de HBO e The East de NET.

Tras o éxito de A Copy of My Mind Tara deu vida en 2016 a Kusuma Wardhani en 3 Srikandi con Reza Rahadian nun filme que narra a historia do equipo indonesio de arco nos Xogos Olímpicos de 1988[15]. Tamén protagonizou a película musical Ini Kisah Tiga Dara, un remake do filme de Usmar Ismail Tiga Dara (1957)[16]. Nese ano presentou The Amazing Race Asia 5 con Allan Wu[17].

En 2017 protagonizou outro filme de Joko Anwar, Pengabdi Setan, unha precuela do filme homónimo dirixido en 1980 por Sisworo Gautama Putra[18], o filme foi todo un éxito de público en Indonesia, con 4 200 000 espectadores, foi o filme nacional con maior recadación de 2017[19][20]. Na obra de teatro, Perempuan-Perempuan Chairil, foi Sumirat, unha das compañeiras do poeta Chairil Anwar[21]

En 2018 intrepretou a Kanti, unha exitosa banqueira na serie Halustik da plataforma Viu[22] e en 2019 participou en dous filmes de Anwar, Perempuan Tanah Jahanam e Gundala[23][24].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tara Basro, Berawal dari Gadis Sampul". tabloidbintang.com. 23 de novembro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 "Tara Basro: A rising star". The Jakarta Post. 22 de novembro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 "Tara Basro Tak Pernah Mimpi Jadi Bintang". Kompas. 24 de novembro de 2015. 
  4. "'Catatan Harian Si Boy' Jadi Film Perdana Tara Basro". 20Detik. 22 de stembro de 2017. 
  5. "Mimpi Buruk yang Mencekam di Film 'Hi5teria'". Viva.co.id. 30 de marzo de 2012. 
  6. "Setelah 5 Tahun, Film Tora Sudiro - Tara Basro Rilis Dengan Judul Baru". Kapanlagi. 13 de xaneiro de 2018. 
  7. "Tara Basro si 'Cewek Matre' di Film 'Make Money'". Detikhot. 13 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2018. Consultado o 24 de xuño de 2020. 
  8. "Aksi Tara Basro si Gerhana Cantik di 'Pendekar Tongkat Emas'". Bintang. 1 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2020. 
  9. "Tara Basro Tak Masalah Ciuman di "The Right One"". Okezone. 25 de febreiro de2014. 
  10. "'Princess Bajak Laut & Alien', Film Omnibus Pertama untuk Anak-anak". Detik. 6 de xaneiro de 2014. 
  11. "'Another Trip to the Moon' ('Menuju rembulan'): Rotterdam Review". The Hollywood Reporter. 4 de febreiro de 2015. 
  12. Punter, Jennie (18 de agoto de 2015). "Sandra Bullock’s ‘Our Brand Is Crisis,’ Robert Redford’s ‘Truth’ to Premiere at Toronto". Variety. 
  13. "Venice Fest Reveals Robust Lineup Featuring Hollywood Stars and International Auteurs". Variety. 29 de xullo de 2015. 
  14. "Dapat Piala Citra Pertama, Ini Kata Tara Basro". Liputan 6. 24 de novembro de 2015. 
  15. Andi Muttya Keteng Pangerang (22 de xuño de 2016). "Bintangi "3 Srikandi", Tara Basro Belajar Logat Makassar dari Ibu". Kompas. 
  16. "Tara Basro: Tangis Darah untuk "Ini Kisah Tiga Dara"". Kompas. 19 de agosto de 2016. 
  17. "Tara Basro jadi pembawa acara The Amazing Race Asia". Antara. 28 de xullo de 2016. 
  18. Valentina, Jessicha (11 de outubro de 2017). "Joko Anwar spills the beans on ‘Pengabdi Setan’". The Jakarta Post. 
  19. Setiawan, Tri Susanto (29 de setembro de 2017). "Rilis Sehari, "Pengabdi Setan" Raih 91.070 Penonton". Kompas. 
  20. Setuningsih, Novianti (24 de decembro de 2017). "Wah, 7 Film Ini Paling Laris Sepanjang 2017". Jawa Pos. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2020. 
  21. Bastian, Abdul Qowi (11 de novembro de 201). "'Perempuan-Perempuan Chairil': Pergulatan batin sang penyair". Rappler. 
  22. Ramadhan, Lendy; Febrianto, Samuel (14 de setembro de 2018). "Tara Basro Jadi Karyawati yang Dipecat Saat Karirnya di Puncak". Tribunnews. 
  23. "Joko Anwar’s ‘Perempuan Tanah Jahanam’ set for September release". The Jakarta Post. 2 de marzo de 2019. 
  24. Setiawan, Tri Susanto (29 de abril de 2019). "Tara Basro Tidak Kikuk Bertemu Abimana Aryasatya lewat Gundala". Kompas.