Tapputi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTapputi
Biografía
Nacementoséculo XII a. C. Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Babilónico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímica , perfumista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século XIII a. C. Editar o valor em Wikidata)


Tapputi, tamén coñecida como Tapputi-BelatekallimBelatekallim» refírese á muller supervisora dun palacio), é considerada a primeira química da historia.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Considerada precursora dos actuais perfumes, é mencionada nunha táboa cuneiforme -datada ao redor do 1200 a.C. na Mesopotamia babilónica- na que aparecen algunhas das súas receitas.[2] Usaba flores, aceite e cálamo xunto con cyperus, mirra e bálsamo.[3] Agregaba auga ou outros solventes, logo destilábaos e filtraba varias veces.[4] Esta é tamén a máis antiga referencia conservada dun alambique. Nesta táboa tamén aparece outra persoa cuxo nome –(–)ninu– aparece parcialmente borrado, e que probablemente era axudante de Tapputi. Descríbese a ambas mulleres como perfumistas.[5]

O título de Belakkallilm –supervisora de palacio– para Tapputi indica que ocupaba un lugar destacado na sociedade, dende logo elaborando os seus perfumes para a realeza, pero tamén como supervisora no palacio real.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alic, M. Hypatia's heritage, a history of women in science from antiquity through the nineteenth century. Boston, MA: Beacon Press, 1987. 22. Print.
  2. Women of science : righting the record (First Midland Book ed.). Bloomington, Ind.: Indiana Univ. Press. 1999. p. 301. ISBN 9780253208132. 
  3. "Tapputi-Belatekallim, la primera química Ciencia y más". Mujeres con ciencia (en castelán). 2018-08-29. Consultado o 2020-04-27. 
  4. Early Arabic Pharmacology: An Introduction Based on Ancient and Medieval Sources. Brill Archive. 1973. p. 9. ISBN 90-04-03796-9. 
  5. Cervera, José. "Tapputi, la primera persona dedicada a algo similar a la actual química". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2020-04-27. 
  6. Rayner-Canham, Marelene, and Geoffrey Rayner-Canham. Women in Chemistry: Their Changing Roles from Alchemical Times to the Mid-Twentieth Century. 1st edition. Chemical Heritage Foundation, 2005. 1. Print.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Cronoloxía da química