Tapa, Estonia
Tapa (et) ![]() | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
País | Estonia | |||
Condados | Condado de Lääne-Viru | |||
Concello rural | concello rural de Tapa ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 5.492 (2024) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 17,35 km² ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 45106–45109 ![]() | |||
Tapa (oficialmente, antes de 1920 : Taps, en alemán) é unha cidade de Estonia do Condado de Lääne-Viru, capital do concello de Tapa. O río Valgejõgi pasa por Tapa polo seu lado nordés. Esta cidade do nordés do país está a 77 quilómetros de Talín, a 133 km de Narva e a 112 km de Tartu. A súa poboación, en 2021, era de 5.383 habitantes.
Tapa foi coñecida ao longo da súa historia por ser un nó ferroviario, co cruzamento das liñas ferroviarias Tallin - Narva (oeste-leste), que continúan ata San Petersburgo, e Talin- Tartu - Valga (norte-sur) e unha cidade militar; Tapa concentra as Forzas de Defensa de Estonia preto de Keskpolügoon.
A altura sobre o nivel do mar é de 103 metros[1] e goza dun clima temperado. O idioma oficial é o estoniano.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A etimoloxía de Tapa é incerta. O nome da cidade pode vir da forma máis antiga do nome persoal Tabbe. Alternativamente, pode derivar das palabras estonianas tapu (unha planta crucífera) ou tappo (terra cultivable rodeada por unha cerca), ou da palabra carelia tapos (lugar de residencia).[2]
Porén, en estoniano, tapa é unha forma imperativa do verbo tapma ("matar"), o que resulta nunha suposta etimoloxía da palabra estoniana "matar". Isto considérase etimoloxía popular,[2] que levou a unha lenda urbana de que durante a época soviética a cidade tiña un xornal chamado Tapa Communist, que podería significar "comunista de Tapa" ou "Matar a un comunista". Máis tarde, segundo a lenda, o nome cambiou a Tapa Edasi, en estoniano "Segue matando". Ámbalas dáus etimoloxías son, de feito, falsas; en realidade, o xornal local do partido chamábase Edasi Kommunismile (Adiante ao comunismo).[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Demografía
[editar | editar a fonte]Comunidade | 1922[4] | 1934[5] | 1941[6] | 1959[7] | 1970[8] | 1979[9] | 1989[9] | 2000[10] | 2011[11] | 2021[12] | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nº | % | Nº | % | Nº | % | Nº | % | Nº | % | Nº | % | Nº | % | Nº | % | Nº | % | Nº | % | |
Estonianos | 2.218 | 92,5 | 3.518 | 93,8 | 3.241 | 95,7 | 4.405 | 55,1 | 5.034 | 50,2 | 4.684 | 43,2 | 3.858 | 37,0 | 3.726 | 55,1 | 3.494 | 59,3 | 3.444 | 64,0 |
Rusos | 135 | 5,63 | 160 | 4,27 | 89 | 2,63 | — | — | 3.600 | 35,9 | 4.460 | 41,1 | 4.790 | 45,9 | 2.282 | 33,7 | 1.870 | 31,7 | 1.457 | 27,1 |
Ucraínos | — | — | 1 | 0,03 | — | — | — | — | 558 | 5,56 | 737 | 6,79 | 852 | 8,16 | 280 | 4,14 | 254 | 4,31 | 250 | 4,64 |
Belarusos | — | — | — | — | — | — | — | — | 251 | 2,50 | 377 | 3,47 | 358 | 3,43 | 160 | 2,37 | 102 | 1,73 | 72 | 1,34 |
Finlandés | — | — | 3 | 0,08 | 2 | 0,06 | — | — | 202 | 2,01 | 184 | 1,70 | 138 | 1,32 | 106 | 1,57 | 50 | 0,85 | 27 | 0,50 |
Xudeus | 1 | 0,04 | 9 | 0.24 | 0 | 0,00 | — | — | 35 | 0,35 | 26 | 0,24 | 10 | 0,10 | 1 | 0,01 | 3 | 0,05 | 3 | 0,06 |
Letóns | — | — | 18 | 0,48 | 11 | 0,32 | — | — | 31 | 0,31 | 17 | 0,16 | 23 | 0,22 | 14 | 0,21 | 8 | 0,14 | 20 | 0,37 |
Alemáns | 10 | 0,42 | 11 | 0,29 | — | — | — | — | — | — | 42 | 0,39 | 38 | 0,36 | 6 | 0,09 | 3 | 0,05 | 9 | 0,17 |
Tártaros | — | — | 0 | 0,00 | — | — | — | — | — | — | 44 | 0,41 | 51 | 0,49 | 14 | 0,21 | 6 | 0,10 | 3 | 0,06 |
Polacos | — | — | 9 | 0.24 | 8 | 0,24 | — | — | — | — | 67 | 0,62 | 51 | 0,49 | 37 | 0,55 | 17 | 0,29 | 9 | 0,17 |
Lituanos | — | — | 1 | 0,03 | 0 | 0,00 | — | — | 137 | 1,36 | 105 | 0,97 | 95 | 0,91 | 51 | 0,75 | 32 | 0,54 | 24 | 0,45 |
Descoñecidos | 3 | 0,13 | 1 | 0,03 | 2 | 0,06 | 0 | 0,00 | 0 | 0,00 | 0 | 0,00 | 0 | 0,00 | 27 | 0,40 | 9 | 0,15 | 11 | 0,20 |
Outros | 31 | 1,29 | 20 | 0,53 | 33 | 0.97 | 3.596 | 44,9 | 189 | 1,88 | 108 | 1,00 | 175 | 1,68 | 61 | 0.90 | 48 | 0,81 | 54 | 1,00 |
Total | 2.398 | 100 | 3.751 | 100 | 3.386 | 100 | 8.001 | 100 | 10.037 | 100 | 10,851 | 100 | 10.439 | 100 | 6.765 | 100 | 5.896 | 100 | 5.383 | 100 |
Historia
[editar | editar a fonte]
Tapa desenvolveuse como aldea nos séculos XIII-XIV. Mencionouse por primeira vez en 1482 e foi a sede dos cabaleiros de Tapa (Taps) en 1629. Tapa foi recoñecido oficialmente como cidade en 1926. En outubro de 2005, a cidade fusionouse cos municipios da parroquia de Lehtse, a parroquia de Saksi e a parroquia de Jäneda para formar a parroquia de Tapa.
Cidade militar
[editar | editar a fonte]O 1 de agosto de 1923, formouse en Tapa un rexemento de trens blindados (estoniano: soomusrongirüment) con dous vagóns blindados: o Kapten Irv,[13] que serviu na Guerra da Independencia de Estonia, e o Onu Tom. O 30 de novembro de 1934, un rexemento en Valga (no sur de Estonia) foi trasladado a Tapa. En xaneiro de 1941, o rexemento foi disolto polas forzas soviéticas. O 14 de agosto de 1941, as tropas alemás nazis tomaron Tapa. Os alemáns albergaban aquí os seus elementos militares, onde estivera o cuartel xeral do rexemento de trens blindados de Estonia.
Etapa soviética
[editar | editar a fonte]
Dado que existía un aeródromo no extremo sur de Tapa dende 1932, a Unión Aérea de Tapa (estoniano: Tapa Õhuasjanduse Ühing) realizou a súa primeira aterraxe o 30 de setembro de 1934. Os rusos comezaron a construír un aeródromo militar no lugar en outono de 1939 e estaconaron os MiG-17 na base a finais do mesmo ano. Máis tarde, o aeródromo de Tapa foi o fogar do 656º Rexemento de Aviación Interceptor soviético. A frase "a auga ardente de Tapa" (en estoniano: Tapa põlev vesi) refírese ao feito de que se filtraba tanto combustible dos cazas MiG-23 soviéticos nas augas subterráneas de Tapa que se podía prender lume a un vaso de auga da billa, algo que se pode basear no feito de que o combustible de aviación soviético, como a maioría dos combustibles de aviación, tiña unha densidade menor que a auga que podía voar na parte superior. En 1972, a unidade militar de enxeñaría-ensino técnico núm. 67665 do exército soviético estaba estacionada no lugar.
Etapa independente
[editar | editar a fonte]En 1993, o Ministerio de Defensa de Estonia asumiu o control do aeródromo e, o 18 de xuño de 1993, o primeiro avión civil aterrou na pista de cemento.[14] Cando as tropas soviéticas e as súas familias abandonaron Tapa, a poboación da cidade baixou de 10.395 en 1989 a 6.800 en 2000. En xaneiro de 2002, tralos cambios na estrutura das unidades de defensa de Estonia, Tapa converteuse no fogar dunha base militar. O Distrito de Defensa do Nordeste (Kirde Kaitseringkond) en Tapa inclúe un centro de adestramento do exército, un batallón de artillaría, un batallón antiaéreo e un batallón de enxeñeiros.[15] A base tamén alberga un grupo de combate eFP liderado polos británicos como parte da 1a Brigada de Infantería.

Ferrocarril
[editar | editar a fonte]A Compañía Ferroviaria Báltica abriu as vías o 24 de outubro de 1870. A construción do ramal Tapa-Tartu do ferrocarril comezou en 1875, e o primeiro tren a Tartu pasou por Tapa o 21 de agosto de 1876. O taller de reparación construíuse en 1876.[16] Os tres rectángulos longos e brancos da bandeira de Tapa representan os tres ramais do ferrocarril que alí se xuntan.
Cultura
[editar | editar a fonte]Relixión
[editar | editar a fonte]
A congregación da Igrexa Luterana de San Xacobe celebrou o seu 75 aniversario o 2 de decembro de 2007. O primeiro bispo da Igrexa luterana de Estonia, Jaak Kukk, creou o 19 de xuño de 1921, unha primeira casa de oración en Tapa, de xeito temporal, e o 27 de novembro de 1932, se dedicou a san Xacobe. O arquitecto que a ergueu, en pedra e cun estilo neohistoricista, foi August Tauk ou Anatoli Podchekayev e ten un retablo chamado "Cristo Alegre" ou "Ven a min", que foi pintado pola artista rusa Olga Obolyaninova. A igrexa foi renovada entre 1953 e 1955 e entre 1972 e 1974.
O 10 de xuño de 2007, a igrexa Baptista de Tapa celebrou o seu 75 aniversario. Creouse o 12 de xuño de 1932 e Philip Gildemann foi o seu primeiro pastor. En 1940, os servizos trasladáronse ao edificio da igrexa metodista de Tapa. En 1980, adquiriu o edificio da rúa Kooli 1 para a escola dominical e outros programas xuvenís. En novembro de 2003, cambiou o seu nome a Igrexa de Fe Viva de Tapa (Tapa Elava Usu Kogudus). Celebra servizos dominicais, con tradución simultánea ao ruso, na igrexa metodista de Tapa na rúa Kesk 11.
Lingua
[editar | editar a fonte]O 30 de maio de 1908, a Sociedade Literaria de Estonia en Tartu e o Departamento de Literatura da Sociedade de Educación Popular de Estonia en Talín, convocaron unha conferencia en Tapa a primeira das catro conferencias que se celebraron entre 1908 e 1911 para chegar a un acordo sobre como debería escribirse a lingua estoniana. O encontro tivo lugar na sala Harmonie da que hoxe é a escola de música de Tapa.
O 30 de maio de 2008, o 100 aniversario desta conferencia, Tapa organizou outra conferencia sobre a lingua estoniana. O tema da conferencia foi "A lingua medra en min". Antes de comezar a conferencia, Kuno Rooba, alcalde de Tapa, presentou diante da escola de música unha placa para conmemorar a primeira conferencia. A placa reza "Tapal toimus esimene eesti kirjakeele konverents" ("A primeira conferencia sobre estonio escrito tivo lugar en Tapa").
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tapa". geonames.org (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2025.
- ↑ 2,0 2,1 "[KNR] Dictionary of Estonian Place names: "Tapa"". arhiiv.eki.ee (en inglés). Consultado o 5 de abrll de 2025.
- ↑ "Vallajutud: Tapa". kuulutaja.ee (en estoniano). 14 de novembro de 2014. Consultado o 5 de abril de 2025.
- ↑ Riigi Statistika Keskbüroo (1923). "1922. a. üldrahvalugemise andmed. [Vihk 5], Järva maakond = Résultats du recensement de 1922. [Tome V], Arrondissement Järva / Riigi Statistika Keskbüroo". dspace.ut.ee (en estoniano). Riigi Statistika Keskbüroo. p. 29. Consultado o 6 de abril de 2025.
- ↑ Riigi Statistika Keskbüroo, ed. (1934). "Rahvastiku koostis ja korteriolud. 1.III 1934 rahvaloenduse andmed. Vihk II". dspace.ut.ee (en estoniano). Talín. pp. 47–53. Consultado o 7 de abril de 2025.
- ↑ Riigi Statistika Keskbüroo (1942). "Eesti Statistika : kuukiri ; 3-4 1942-03/04". digar.ee (en estoniano). pp. 66–67. Consultado o 7 de abril de 2025.
- ↑ Katus, Kalev; Puur, Allan; Põldma, Asta; Sakkeus, Luule (1996). Rahvastiku ühtlusarvutatud sündmus- ja loendusstatistika : Järvamaa 1965-1990 (en estoniano). Talín: Eesti Kõrgkoolidevaheline Demouuringute Keskus. pp. 31–32. ISBN 9985-820-22-3.
- ↑ Eesti NSV Statistika Keskvalitsus (1972). "Население районов, городов и поселков городского типа Эстонской ССР : по данным Всесоюзной переписи населения на 15 января 1970 года / Центральное статистическое управление при Совете Министров Эстонской ССР". ester.ee (en ruso). pp. 30, 35. Consultado o 5 de abril de 2025.
- ↑ 9,0 9,1 Statistikaamet (1990). Eesti Vabariigi maakondade, linnade ja alevite rahvastik. 1. osa, Rahvaarv rahvuse, perekonnaseisu, hariduse ja elatusallikate järgi : 1989. a. rahvaloenduse andmed : statistikakogumik (en estoniano). Talín: Statistikaamet. pp. 30, 35. ISBN 978-9949-719-32-7.
- ↑ "RL222: RAHVASTIK, 31. märts 2000. Sugu, Elukoht ning Rahvus". andmed.stat.ee (en estoniano). Consultado o 5 de abril de 2025.
- ↑ "RL0429: RAHVASTIK, 31. DETSEMBER 2011. Vanuserühm, Elukoht, Sugu ning Rahvus". andmed.stat.ee (en estoniano). Consultado o 5 de abril de 2025.
- ↑ "RL21429: RAHVASTIK RAHVUSE, SOO, VANUSERÜHMA JA ELUKOHA (HALDUSÜKSUS) JÄRGI, 31. DETSEMBER 2021". andmed.stat.ee (en estoniano). Consultado o 5 de abril de 2025.
- ↑ Kojalo, Vova (17 de maio de 2020). "Armored Trains in Estonia". vabaeestisona.com (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2025.
- ↑ Allandi, Harri (2005). Tapa Linn Läbi Aegade (en estoniano). Tapa: Tapa Linnavalitsus.
- ↑ "Kirde Kaitseringkond". mil.ee (en estoniano). 24 de decembro de 2008. Archived from the original on 24 de decembro de 2008. Consultado o 7 de abril de 2025.
- ↑ "AS EVR Cargo # Tapa depots". evr.ee (en inglés). 20 de xullo de 2011. Archived from the original on 28 de abril de 2012. Consultado o 5 de abril de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tapa, Estonia ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Estonia |