Saltar ao contido

Tanzila Khan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTanzila Khan

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1986 Editar o valor en Wikidata (39/40 anos)
Sialkot, Paquistán Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfundadora, investidor Editar o valor en Wikidata

Facebook: optimismexpert Twitter: Tanzila__Khan Instagram: iamtanzilakhan Editar o valor en Wikidata

Tanzila Khan é unha activista paquistaní polos dereitos das persoas con discapacidade, autora e fundadora de Girlythings, unha aplicación móbil que distribúe toallas sanitarias a mulleres con discapacidades. Khan céntrase en aumentar a conciencia e o acceso á saúde e educación reprodutiva, especialmente para as persoas con discapacidades. Escribiu varios libros sobre o tema e deu conferencias públicas e seminarios.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tanzila naceu e medrou en Paquistán. Está discapacitada desde o seu nacemento polo que emprega unha cadeira de rodas.[2] Khan obtivo a súa licenciatura en Dereito Internacional na Universidade de Londres. No 2022, rematou un mestrado en Emprendemento pola Universidade de Uppsala (Suecia).[3]

Traballos

[editar | editar a fonte]

Khan publicou o seu primeiro libro con 16 anos, e utilizou as ganancias para financiar proxectos comunitarios na súa área. Escribiu as seguintes obras:[4]

Khan gañou os seguintes premios polo seu activismo:[1][4][5]

  • Conector mozo do futuro (Swedish Institute)
  • Líder xove (Women Deliver)
  • Premio Khadija tul Kubra (premio nacional)
  • Campioa xuvenil en Rise Up (Packard Fundation)
  • Six-two Changemaker de 2018
  1. 1,0 1,1 1,2 "Tanzila Khan". Women Deliver (en inglés). Consultado o 2021-03-09. 
  2. "About Me – Tanzila Khan" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2021. Consultado o 2021-03-11. 
  3. "Tanzila Khan: Disability Rights Activist". Shift Balance (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro do 2026. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Tanzila Khan | WSA" (en inglés). Consultado o 2021-03-09. 
  5. 5,0 5,1 "Tanzila Khan Is On A Mission To Inspire Young People With Disabilities". six-two by Contiki (en inglés). 2018-04-24. Consultado o 2021-03-09.