Tanzanita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tanzanita

Tanzanita é a variedade azul/púrpura do mineral zoisita (un hidróxido-silicato de calcio e aluminio) descuberto nos outeiros de Mererani na Rexión de Manyara ao norte de Tanzania en 1967, preto da cidade de Arusha e o Kilimanjaro. Úsase como gema. A tanzanita distínguese polo seu marcado tricroísmo, presentando cores azul zafiro, violeta e borgoña segundo a orientación do cristal. A tanzanita tamén cambia de aparencia segundo as condicións de iluminación. Os azuis fanse máis evidentes cando se expón a luz fluorescente e os tons violetas aprécianse mellor baixo luz incandescente. En bruto, a tanzanita é habitualmente dunha cor marrón avermellado. É necesario sometela a tratamento térmico a 600 °C nun forno gemológico para que aflore o ton azul violáceo.[1] A tanzanita é unha xema escasa.[2][3] Só se atopa nas ladeiras do monte Kilimanjaro Foi a empresa Tiffany & Co. a que lle deu o nome inspirándose en Tanzania, o país onde foi descuberta. Debido á súa relativa baixa dureza, a tanzanita adóitase montar en colares e pendentes.[4]

Coñécese un único xacemento de tanzanita no mundo. Alí o mineral áchase acompañado de lousa metamórfica, gneis e cuarcita. A súa exclusividade é a principal razón do elevado prezo que alcanza esta pedra, que tamén é denominada "o diamante índigo" pola súa rareza.

Emmanuel Merishiek Mollel, un xastre e buscador de ouro Masái de Arusha (Tanzania), atopou fragmentos de cristais gema dunha vívida cor azul e azul purpúreo preto de Mererani, a uns 40 km ao sueste de Arusha. Ao principio pensou que o mineral era olivino, pero pronto se deu conta de que non o era, tomándoo entón por dumortierita, un mineral azul. Pouco despois, D'Souza mostroulle as pedras a John Saul, un consultor xeolóxico e almacenista de gemas con base en Nairobi que extraía entón aguamarinas na zona cerzana ao Monte Kenia. Saul, xunto cun doutor do MIT, quen logo descubriría os famosos depósitos de rubí da rexión de Tsavo, en Kenia, descartou as posibilidades de dumortierita e cordierita, e enviou os exemplares ao seu pai, Hyman Saul, vicepresidente de Saks Fifth Avenue en Nova York. Hyman Saul só tivo que cruzar a rúa e entregar as mostras ao Instituto Gemológico de América (Gemological Institute of America,GIA), que as identificou como unha variedade do mineral zoisita. Tamén houbo mineralogistas na Universidade de Harvard, o Museo británico e a Universidade de Heidelberg que fixeron unha identifiación válida, pero a primeira persoa en facer identificar certeramente o material foi Ian McCloud, un geólogo do goberno de Tanzania, fincado en Dodoma.[5][6]

Foi chamado "zoisita azul" e comercializado como tanzanita por Tiffany & Co., que quixo sacar proveito da rareza da gema, que entón só se atopaba en Tanzania, e que pensou que "zoisita azul" (en inglés soa parecido a "suicidio azúl") non se vendería ben.[7] Entre 1967 e 1972, extraéronse de Tanzania aproximadamente dous millóns de quilates de tanzanita antes de que as minas fosen nacionalizadas polo goberno.

A tanzanita tallada máis grande do mundo pesa 737,81 quilates.[8] Uno dos exemplares máis famosos (242 quilates) chámase "Raíña do Kilimanjaro". Está engastada nunha tiara, realzada por 803 granates tsavorita en talla brillante e 913 brillantes. A peza forma parte da colección privada de Michael Scott, o primeiro director executivo de Apple.[9]

En xuño de 2003, o goberno tanzano introduciu a prohibición de exportar tanzanita en bruto a India (como moitas outras pedras preciosas, a maior parte das tanzanitas tallábanse en Jaipur). A prohibición xustificouse como un intento de impulsar a industria local de procesado de pedras, para estimular a economía e recuperar beneficios. A prohibición graduouse por un período de 2 anos. Até entón, só as pedras de máis de 0,5 gramos víronse afectadas.

En abril de 2005, unha empresa chamada TanzaniteOne Ltd. anunciou publicamente que tomara o control dunha parte do depósito chamado "bloque C" (o depósito principal, dividido en 5 bloques). Os prezos do material en bruto fóronse incrementando gradualmente conforme a compañía foise asentando no mercado. En agosto de 2005, a tanzanita máis grande até agora atopada, foi achada na mina do bloque C. O cristal pesou 16.839 quilates (3,4 kg) e mediu 22,1 × 7,87 × 7,11 cm.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "YourGemologist / International School of Gemology Study of Heat Treatment". Yourgemologist.com. 
  2. https://web.arquive.org/web/20090131195920/http://nationaljewelernetwork.com/njn/content_display/colored-stones/cor-market-reports/e3i35bdd2d07c219452caefa3f76a183a6d?imw=E
  3. http://bworldonline.com/Weekender020609/main.php?id=focus1[Ligazón morta permanente]
  4. "2005 Gem News Archive". Palagems.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 18 de marzo de 2019. 
  5. Wilson, Wendell E.; Saul, John M.; Pardieu, Vincent; Hughes, Richard W. (September-October 2009). "Famous mineral localities: The Merelani Tanzanite Mines, Lelatema Mountains, Arusha Region, Tanzania". The Mineralogical Record 40 (5): 346–408. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2010. Consultado o 1 de de 2019. 
  6. Saul, John. ICA, ed. "Tanzanite: Its discovery and early days". InColor Magazine. Summer 2007. 
  7. "Tanzanita". Gemstone.org. 
  8. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2011. Consultado o 18 de marzo de 2019. 
  9. "Museo Real de Ontario | Exhibitions & Galleries | Past Exhibitions | Light & Stone: Gemas de la Colección de Michael Scott". Rom.on.ca. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2011. Consultado o 18 de marzo de 2019.