Tanja Maljartschuk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tanja Maljartschuk
Nacemento1983 e 17 de abril de 1983
Lugar de nacementoIvano-Frankivsk
NacionalidadeUcraína
Alma máterVasyl Stefanyk Prycarpathian National University
Ocupaciónxornalista, escritora, prosista e xornalista de opinión
PremiosPremio Ingeborg Bachmann, Usedom Literature Prize e Theodor Kramer prize
editar datos en Wikidata ]

Tetiana "Tania" Volodymyrivna Maliarchuk (en ucraíno: Тетяна "Таня" Володимирівна Малярчук, en alemán: Tetjana "Tanja" Wolodymyriwna Maljartschuk) nada en Ivano-Frankivsk en 1983 é unha escritora ucraína que escribe en ucraíno e, máis recentemente, en alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tania Maliarchuk empezou con varios volumes de historias curtas e novelas: Ендшпіль Адольфо, або троянда для Лізи (en galego, Desenlace Adolfo ou Unha Rosa para Liza) (2004), Згори вниз. Книга страхів (en galego, De Arriba Abaixo: Libro dos Medos) (2006), Як я стала святою (en galego, Como Devín en Santo) (2006), Говорити (en galego, Para Falar) (2007), e Звірослов (en galego, O home besta) (2009). A súa primeira novela, Біографія випадкового чуда (en galego, Biografía dun Milagre Accidental), foi publicada en 2012.

Maliarchuk comezou a escribir en alemán en 2014. En 2018 gañou o Premio Ingeborg Bachmann por Frösche im Meer (Ras no Mar), un texto inédito que leu no Festival de Literatura de Lingua alemá.[1]

O seu traballo en ucraíno foi traducido a alemán desde 2009 (Neunprozentiger Haushaltsessing, Biografie eines zufälligen Wunders, ambos por Residenz Verlag). Algúns tamén foron traducidos ó inglés.[2][3] A historia curta "Eu e A miña Vaca Sagrada" foi publicada en Mellor Ficción Europea de 2013, editado por Aleksandar Hemon.[4]

Tania Maliarchuk vive en Viena.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Ендшпіль Адольфо, або троянда для Лізи, en galego, Desenlace Adolfo ou Unha Rosa para Liza, 2004.
  • Згори вниз. Книга страхів, en galego, De Arriba Abaixo: Libro dos Medos, 2006.
  • Як я стала святою, en galego, Como Devín en Santo, 2006.
  • Говорити, en galego, Para Falar, 2007.
  • Звірослов, en galego, O home besta, 2009.
  • Біографія випадкового чуда, en galego, Biografía dun Milagre Accidental, 2012.
  • Забуття, en galego, Esquecemento, 2016.
  • MOX NOX, 2018.
  • За такі гріхи Бог ще подякує, en galego, Deus aínda agradece por tales pecados, 2020.

Recoñecementos e premios[editar | editar a fonte]

  • 2013 — «Kristal Vilenica-2013» (Eslovenia)
  • 2013 — Premio literario Joseph Conrad-Korzeniowski
  • 2016 — Premio ó Libro Ucraíno do Ano 2016 da BBC[5]
  • 2018 — Premio Ingeborg Bachmann[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tanja Maljartschuk gewinnt Bachmann-Preis". 2018-07-08. Consultado o 2018-07-08. 
  2. "Tanya Malyarchuk" (en inglés). Consultado o 2017-09-07. 
  3. "The Demon of Hunger". 2011-11-13. Consultado o 2017-09-07. 
  4. "Best European Fiction 2013" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2021. Consultado o 2017-09-07. 
  5. "BBC Ukrainian Book of the Year 2016 awards winners announced" (en inglés). Consultado o 2017-09-07. 
  6. "Tanja Maljartschuk bekommt den Bachmann-Preis" (en alemán). 2018-07-08. ISSN 0174-4917. Consultado o 2018-07-08.