Taniguchi Jirō
(2011) | |
Nome orixinal | (ja) 谷口ジロー |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ja) 谷口治郎 14 de agosto de 1947 Tottori, Xapón |
Morte | 11 de febreiro de 2017 (69 anos) Toquio, Xapón |
Actividade | |
Ocupación | Mangaka, artista de banda deseñada |
Xénero artístico | Gekiga (pt) |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Taniguchi Jirō ou Jiro Taniguchi (en xaponés 谷口ジロー), nado en Tottori (prefectura de Tottori) o 14 de agosto de 1947 e finado en Toquio o 11 de febreiro de 2017, foi un autor xaponés de manga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciouse na banda deseñada en 1966 cando entrou a traballar como asistente no estudio do debuxante de manga Ishikawa Kyota. Pouco despois, en 1970, publica na revista Young Comic a súa primeira historia Kareta Heya ("Un verán seco"). Só un ano despois, en 1971, gaña un premio da revista Big Comic polo manga Toi Koe ("Voces distantes") e en 1975 comeza a publicar a súa primeira serie de historias, Namae no dai Dobutsutachi ("Animais sen nome").
Entre 1976 e 1979 estivo asociado co guionista Sekigawa Natsuo nunha fértil relación que deu como resultado unha chea de bandas deseñadas, como Muboi Toshi ("Cidade sen defensa", 1976), Nashikaze wa Shiroi ("O vento do Oeste é branco", 1976) e Rind! 3(1976).
En 1980 comeza a nova década cunha nova colaboración co guionista Caribu Marley, da cal nacen as obras Ao no Senshi (1980), Nakkuru – Ken no Ran (1980) e Live Odyssey (1980). Entre 1984 e 1991, volve colaborar con Sekigawa elaborando a triloxía Bocchan No Jidai ("A época de Botchan"), longa obra baseada no clásico da literatura xaponesa de Natsume Soseki, Botchan. Na obra reflíctese a vida no Xapón da Era Meiji (1852-1912) e serviralles para recibir o Premio da Cultura Tezuka Osamu (手塚治虫文化賞, Tezuka Osamu Bunkashō) en 1998. En 1988 publica Chikyu Hyokai Kiji ("Sobrevivir na nova era glacial").
Xa na década de 1990 publica varios álbums como Aruku Hito (歩くひと, "O home que camiña", 1990), Inu o Kau ("O rastreador", 1992, coa que gaña o premio Shogakukan) Chichi no koyomi ("O Almanaque do meu pai" 1995, obra polo que foi galardoado co Premio Attilio Micheluzzi no Festival Comicon de Napolés en 2004) e Keyaki no ki. En 1996 crea a serie Ícaro dividida en 12 escenas creadas a partir dos suxerentes textos de Moebius (Jean Giraud) quen creou unha fantasiosa historia cyberpunk dun mozo que permanece recluído nun enorme complexo tecnolóxico do goberno por causa da súa capacidade para voar.
Xa no troco de milenio publica Sōsaku Sha (2000), Ten no Taka (Sky Hawk, do 2001, que constitúe unha homenaxe ao xénero do western), Seton (2004) e Hareyuki sora (2005).
En 2003 recibe dous premios por unha obra publicada en 1999, pero que vía agora a luz en Europa, Harukana Machi-E ("Barrio afastado"): o premio L'Alph Art ao mellor guión do Festival International de la Bande Dessinée d'Angoulême e o premio á mellor obra estranxeira publicada en España no Saló Internacional del Cómic de Barcelona.
O estilo de Taniguchi
[editar | editar a fonte]Polo seu estilo persoal e adulto, a súa banda deseñada afástase do manga Shōnen (dirixido a mozos e adolescentes) para encadrarse dentro do manga Seinen (dirixido a un público de maior idade). Xunto con outros autores como Hōjō Tsukasa centra a súa obra en aspectos relacionados coa cultura e sociedades xaponesas, abranguindo temáticas universais (como a familia ou o retorno á infancia) capaces de atraer a un público máis afeito á banda deseñada europea ou americana. Deste Taniguchi combina moitas das características da banda deseñada xaponesa, como o ritmo narrativo repousado, con outras características máis achegadas á tradición europea como poden ser unha liña clara e lixeira.
Obras principais
[editar | editar a fonte]- Kareta Heya (1970)
- Toi Koe, 1971
- Namae no dai Dobutsutachi (1975)
- Rind! 3 (1976)
- Muboi Toshi (1976)
- Ao no Senshi (1980)
- Nakkuru – Ken no Ran (1980)
- Shin Jiken Ya Kagyō, 1983
- Live Odyssey (1980)
- Botchan no Jidai (Ai tempi di Bocchan), (1984-1991)
- Chikyu Hyokai Kiji (1985)
- Genju Jiten (1990)
- Aruku Hito (1990)
- Inu o Kau' (1992)
- K (1993)
- Chichi no Koyomi (1995)
- Ikaru (Icare) (1996)
- Harukana Machi-e (1998)
- Sōsaku Sha (2000)
- Ten no Taka (2001)
- Seton (Seton) (2004)
- Hareyuku sora (2005)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- AA.VV. L'arte di Jiro Taniguchi. Ed. La Repubblica. 2003, pp. 3–14
- Castellazzi, Davide. A-Z Manga. Coniglio Editore. 2004, ISBN 88-88833-08-0
- Grilli, Andrea Attilio. Jiro Taniguchi - Il gentiluomo dei manga. Tunué. 2007, pp. 71, ISBN 978-8889-613283
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina fan recoñecida como oficial polo autor (en xaponés)
- Páxina fan de Taniguchi Jirō con bibliografía e imaxes escaneadas (en francés)
- Blog sobre o autor (en castelán).