Tanak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tanach.jpg

Tanak, tanaj, tanakh ou tanach (en hebreo: תַּנַ"ךְ)[a] é un acrónimo constituído polas iniciais das súas tres partes, é dicir, Torá, Neviim e Ketuvim, que se refire ó conxunto de libros que constitúen as Sagradas Escrituras e forman un punto fundamental do Xudaísmo, pois reúne as principais escrituras de normas e costumes do pobo hebreo, con libros que son máis vellos que outros, xa que o seu contido non foi producido nun período de tempo único, e ben así o contido canonizado comezou a ser feito na época do Segundo Templo período e foi rematada en torno ó ano 200 d.e.c. Tamén se pode referir como micrá (en hebreo: מִּקְרָא).[1][2]

A lingua na que foron escritos os libros é hebreo antigo, pero contén algunhas pasaxes en arameo bíblico.[3]

As escrituras sagradas forman o centro da cultura xudaica durante toda a súa existencia, e tamén produciron un efecto profundo noutras relixións e culturas, principalmente no Occidente. Tanak está incluso nas escrituras do Cristianismo, e constitúe a maior parte do Antigo Testamento. No Islam, o Tanak non é considerado un libro sagrado do canon, pero é posible atopar as súas influencias nalgúns contos do Corán e da tradición musulmá: algunhas das historias da Biblia aparecen no Corán, aínda que narradas de forma distinta.[4]

O Tanak, inserido na biblia cristiá, foi traducido a varias linguas.[5]

A primeira páxina no libro da Biblia na linguaTamil, que foi publicado o 1723.

Notas[editar | editar a fonte]

a. A pronuncia de תנ"ך ou תַּנַ"ךְ (coa notación nikud) é tanágh (/tɑːˈnaːx/), co son de gheada.
  1. "Tabakh" (en portugués). Consultado o 26 de decembro de 2016. 
  2. "What is the Tanakh?" (en inglés). 8 de decembro de 2016. Consultado o 26 de decembro de 2016. 
  3. Agustin Fabra. "La Biblia: su historia" (en castelán). Consultado o 26 de decembro de 2016. 
  4. "O Conceito Da Torah No Islam" (en portugués). Consultado o 26 de decembro de 2016. 
  5. BEST SELLING BOOK OF NON-FICTION