Saltar ao contido

Tan Yunxian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTan Yunxian
Biografía
Nacemento1461 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte1554 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (92/93 anos)
Actividade
Campo de traballoMedicina Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédica Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiTan Gang Editar o valor en Wikidata

Tan Yunxian, nada en 1461 e finada en 1554, foi unha médica durante a Dinastía Ming en China.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A avoa de Tan era a filla dun médico. Unha  razón de que o avó de Tan casara coa súa avoa foi para aprender medicina. Dous dos fillos dos seus avós foron capaces de pasar os exames jinshi, e convertéronse en oficiais. Un destes fillos foi o pai de Tan. Debido ó cariño que os seus avós tiñan por ela, pasáronlle os seus coñecementos médicos. Tan Yunxian casou máis tarde, criou catro nenos, e practicou a medicina en mulleres. Tan tivo unha vida máis longa que a maioría, morrendo á idade de 93.[1]

A práctica médica de Tan concentrouse no tratamento das mulleres. Inicialmente empezou tratando ós seus propios nenos, coa orientación da súa avoa para confirmar os seus diagnósticos. Os rexistros do libro de Tan mostran os casos de trinta e un dos pacientes que tratou. As mulleres coas que traballaba normalmente tiñan enfermidades crónicas, máis que enfermidades temporais. Na época da China Ming, moitas das mulleres tiñan “enfermidades de mulleres,” como irregularidades menstruais, abortos repetidos, infertilidade e fatiga posparto. Outros pacientes tiveron enfermidades que calquera sexo podía contraer, como tose, insomnio, erupcións, inflamacións, diarrea ou náuseas.

Tan, como outros doutores literatos, a miúdo prescribía medicinas feitas con herbas ós seus pacientes. Tan tamén practicou a moxibustión. Isto era a combustión de moxa, ou artemisa seca, en puntos específicos do corpo, que era similar á acupuntura.[2] Este proceso estimulaba a circulación do qi. Xa que o médico para aplicar a moxa tiña que tocar fisicamente ó paciente, os doutores masculinos eran incapaces de aplicar este tratamento en mulleres. Tan tratou a moitas mulleres traballadoras no seu traballo. Varias notas mostran as conclusións de Tan de como estas mulleres a miúdo tiñan demasiado traballo,  provocándolles varios síntomas.[3]

A pesar de que Tan Yunxian era capaz de practicar xinecoloxía, pediatría e obstetricia, a súa experiencia noutros campos era limitada. Tan só foi capaz de practicar a medicina no país entre os seus amigos ou coñecidos. Aínda despois de rematar o libro de Ditos dunha Médica, non foi capaz de publicalo.[4] De feito, tivo que pedirlle ó seu fillo que lle imprimira algunhas partes para ela.[5]

Estado das médicas na China Ming

[editar | editar a fonte]

De forma bastante diferente que as súas contrapartidas masculinas da antiga China, as mulleres non perfeccionaban as súas habilidades con mestres nin  tiñan o propósito ou obxectivo de montar as súas clínicas propias após a súa aprendizaxe. Para as mulleres, a ensinanza familiar era o modo estándar de educación. Aínda que as mulleres estaban bastante cualificadas nas técnicas médicas, raramente fixeron adicións teóricas ó campo. Ó contrario que ós doutores masculinos do seu tempo, as mulleres recibiron ensinanzas médicas para asistir ós homes na súa familia facendo algúns "traballos de apoio".[6]

  1. Ebrey, Patricia B., Walthall Anne and Palais, James B. Pre-Modern East Asia: To 1800 (Boston, MA: Houghton Mifflin Company, 2006) 279.
  2. Merriam-Webster’s Collegiate Dictionary-11th Edition (USA: Merriam-Webster, 2004) 813
  3. Zheng Jin-Sheng. “Female Medical Workers in Ancient China,” http://www.cintcm.com/e_cintcm/e_forum/female%20medical%20workers%20in%20ancient%20china.htm Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine.. Consultado o 12 de agosto de 2007.
  4. Traducido como: Wilcox, Lorraine, tr., Miscellaneous Records of a Female Doctor (Portland, OR: The Chinese Medicine Database, 2015) ISBN 978-0990-60-2903
  5. Ebrey, 280.
  6. Zheng Jin-Sheng. “Female Medical Workers in Ancient China.”