Saltar ao contido

Tampereen Pyrintö

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tampereen Pyrintö

Tipoclub deportivo Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicaregistered association (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
DeportePesäpallo (pt) Traducir, Cheerleading, Esquí de fondo, baloncesto, Salto de esquí, halterofilia, Patinaxe de velocidade sobre xeo, orientación e atletismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriaactividades deportivas Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1896 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísFinlandia Editar o valor en Wikidata
SedeKaakinmaa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEBtampereenpyrinto.fi Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O Tampereen Pyrintö é un club polideportivo da cidade de Tampere, Finlandia. Fundouse en 1896 e na actualidade conta con seccións de cheerleading, esquí de fondo, baloncesto, voleibol, salto de esquí, halterofilia, patinaxe de velocidade, orientación e atletismo, se ben no pasado contou tamén con equipos de pesäpallo e hóckey sobre xeo, entre outros.[1]

Ao longo da súa historia os deportistas do club conseguiron un total de 27 medallas olímpicas, salientando figuras como o corredor Ville Ritola, o triplo saltador Ville Tuulos e as esquiadoras Hilkka Riihivuori e Lydia Wideman-Lehtonen. Ademais os seus equipos de baloncesto feminino e masculino proclamáronse campións de Finlandia en oito e tres ocasións respectivamente.[1]

Durante os seus primeiros vinte anos de existencia o club representaba case toda a historia do atletismo finlandés.[2]

O club pasou os seus peores momentos en 1918 por motivo da guerra civil. Como resultado da contenda os seus presidente e secretario faleceron, confiscáronse as propiedades do club, destruíronse os seus arquivos, e mesmo se afundiron no fondo do Pyhäjärvi as casetas que o club empregaba para a patinaxe sobre xeo. A guerra afectou tamén ás actividades do club, como no caso da loita, disciplina na que a maior parte dos seus deportistas combatían na Garda Vermella e poucos puideron continuar. O club traballou para reconstruírse e xa en 1920 conseguiu que seis dos seus atletas puidesen participar nos VII Xogos Olímpicos celebrados en Anveres (Bélxica).[2]

Despois da guerra civil produciuse unha división no deporte finlandés logo de que a Federación Deportiva Finlandesa (coñecida polas súas siglas en finés SVUL) expulsase os deportistas e entidades vinculadas ao bando vermello, que se uniron á Federación Deportiva de Traballadores (polas súas siglas en finés, TUL). A TUL tivo unha forte presenza en Tampere e os seus clubs adoitaban recibir a maior cantidade de recursos, coa excepción do Pyrintö, que a pesar de estar afiliado á SVUL afirmaba que o fundaran obreiros, e que comprendía unha gran cantidade de disciplinas deportivas. O Pyrintö ademais conseguira notables éxitos deportivos que lle daban visibilidade á cidade.[3]

En 1925 o club conquistou a súa primeira Kalevan malja.[2]

En 1935 o Pyrintö era o club máis grande de Tampere, cun total de 1 035 membros, superando o Tampereen Kisa-Veikot (964), segundo equipo máis grande da cidade e pertencente á TUL.[3]

En xaneiro de 2021 foi nomeado club deportivo do ano 2020 na Gala do Deporte Finlandés (en finlandés Suomen urheilugaala).[4]

En 2021 o Pyrintö conseguiu de novo a Kalevan malja logo de 71 anos.[5]

  1. 1,0 1,1 "Johtava yleisseura vuodesta 1896" (en finés). Tampereen Pyrintö ry. Consultado o 11 de xuño de 2025. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Alvalahti, Markus. "Tampereen Pyrintö". Koskesta Voimaa (en finés). Universidade de Tampere. Consultado o 11 de xuño de 2025. 
  3. 3,0 3,1 Alvalahti, Markus. "Urheiluelämä Tampereella 1918-1940". Koskesta Voimaa (en finés). Universidade de Tampere. Consultado o 11 de xuño de 2025. 
  4. Gynther, Mikko (15 de xaneiro de 2021). "Kun lupa maaottelun järjestämiseen tuli, Elisa Hakasen ympärillä riitti apua: ”Se määrä oli jotain käsittämätöntä”". Aamulehti (en finés). Consultado o 12 de xuño de 2025. 
  5. "Tampereen Pyrintö voitti Kalevan Maljan ensi kerran 71 vuoteen!" (en finés). Suomen yleisurheilu. 12 de setembro de 2021. Consultado o 11 de xuño de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]