Saltar ao contido

Tallink

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Tallink
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Nome oficial
Aktsiaselts Tallink Grupp (et) Editar o valor en Wikidata
Características
 Forma xurídica
 Industria
Datas
 Fundación / creación
1989 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Cadro de persoal6853 Editar o valor en Wikidata
Ingresos totais950000000 € (2018) Editar o valor en Wikidata
Beneficio neto40000000 € (2018) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/06qr7y Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: TallinkEesti Instagram: tallink_ee Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Tallink é unha compañía navieira estoniana que opera transbordadores-cruceiros no mar Báltico e buques ropax de Estonia a Finlandia, Estonia a Suecia e Finlandia a Suecia. É a navieira de pasaxeiros e carga máis grande na área do Báltico.[1] É propietaria de Silja Line e dunha parte de SeaRail.[2] Tallink Hotels ten catro hoteis en Talín. Tamén é copropietaria dunha empresa de taxis, Tallink Takso.

É unha empresa que cotiza na bolsa de valores de Talín. Un dos principais accionistas é unha empresa de investimento, AS Infortar, que tamén ten participación en varias filiais de Tallink e nunha empresa de gas natural, Eesti Gaas.[3]

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

A historia da compañía que no presente se coñece como Tallink remóntase a 1965, cando a Estonian Shipping Company (ESCO) baseada na Unión Soviética comezou a realizar servizos de pasaxeiros entre Helsinqui e Talín co MS Vanemuine.[4] Os servizos regulares de pasaxeiros durante todo o ano comezaron en 1986 co MS Tallinn, que operou a ruta ata que foi substituído polo novo MS Georg Ots en 1980.[5][6]

1989-1992

[editar | editar a fonte]
O MS Tallink orixinal en 1984

En maio de 1989, ESCO formou unha nova filial, a empresa conxunta Tallink, xunto coa finesa Palkkiyhtymä Oy. En decembro do mesmo ano ESCO e Palkkiyhtymä mercáronlle o MS Scandinavian Sky a SeaEscape, e o barco comezou a operar a ruta Talín-Helsinqui o 8 de xaneiro de 1990 como MS Tallink.[7][8] Durante o seu primeiro ano de servizo o Tallink transportou 166 000 pasaxeiros. Posteriormente nese mesmo ano uníuselle o cargueiro MS Transestonia na ruta Talín-Helsinqui[9] e Tallink foi establecido como o nome da empresa. Ao mesmo tempo ESCO aínda operaba o Georg Ots na mesma ruta, competindo coa súa compañía filla. Este conflito resolveuse en setembro de 1991 cando o Georg Ots resolveuse en setembro de 1991 cando o barco foi fletado a Tallink.[8] A principios dos 90 o número de pasaxeiros na ruta Talín-Helsinqui aumentou constantemente, e durante os invernos entre 1992 e 1995 Tallink fletou o MS Saint Patrick II de Irish Ferries para incrementar a capacidade na ruta.[10]

1993-2000

[editar | editar a fonte]

Tallink converteuse nunha empresa totalmente estoniana en 1993, cando Palkkiyhtymä vendeu as súas accións tanto da empresa Tallink como do MS Tallink a ESCO.[8] Neste momento, outras compañías estaban a establecerse no lucrativo tráfico Helsinqui-Talín, incluída a Estonian New Line, propiedade da Inreko, con sede en Talín. ESCO e Inreko viron que non tiña sentido competir entre eles e en xaneiro de 1994 Tallink e Inreko Laeva AS usionáronse en AS Eminre. Tallink seguiu sendo o nome comercial da frota da compañía.[8][11] Máis tarde no mesmo ano, Inreko comprou o MS Nord Estonia a EstLine (unha empresa filla de ESCO e da sueca Nordström & Thulin), cambiou o seu nome a MS Vana Tallinn e colocouna na ruta Helsinqui-Talín de Tallink.[12] Inreko tamén mercou con eles dous hydrofoils rápidos, o HS Liisa e o HS Laura que comezaron a operar baixo a marca Tallink Express. En 1994 Tallink tamén intentou navegar de Estonia a Alemaña por primeira vez, utilizando os transbordadores MS Balanga Queen e MS Ambassador II na ruta Helsiqui-Tallín-Travemünde.[13][14]

MS Meloodia

En setembro de 1994 as operacións de AS Eminre dividíronse en dúas compañías, unha que se encargou do tráfico cara Alemaña (que ao pouco tempo pechou) e AS Hansatee, que se encargou da ruta entre Helsinqui e Talín e tomou o nome de Tallink. ESCO era o principal socio de Hansatee, controlando o 45% das accións, mentres que Inreko tiña só o 12,75% (o restante 42,25% pertencía a Eesti Ühispank, Estonia).[8] En 1995 Hansatee mercou o primeiro gran transbordador para a ruta Helsinqui-Talín cando fretou o MS Mare Balticum de EstLine e rebautizouno como MS Meloodia.[15] Tras varias disputas entre ESCO e Inreko (sobre todo polo prezo do fretamento do Vana Tallinn), Inreko vendeu as súas accións en AS Hansatee a ESCO en decembro de 1996. Ao mesmo tempo Inreko vendeu os hydrofoils de Tallink Express a Linda Line, Estonia, e comezou a operar o Vana Tallinn na ruta Helsinqui-Talín co nome de TH Ferries.[12]

En 1997 chegou un segundo gran transbordador cando a compañía fretou o MS Normandy fde Stena Line.[16] Para substituír os hydrofoils perdidos Hansatee mercou un novo catamarán rápido en maio de 1997, bautizado como MS Tallink Express I.[8][17] Nese momento estaba claro que se precisaban dous grandes transbordadores na ruta entre Helsinqui e Talín e cando o fretamento do Normandy rematou en decembro de 1997, Tallink mercou o MS Lion King a Stena Line, comezando a operar en febreiro de 1998 como MS Fantaasia.[18] En xullo dese ano Tallink mercou o cargueiro MS Kapella que abriu unha liña dende Paldiski ata Kapellskär,[19] a primeira ruta da compañía cara Suecia.[8] En outubro o MS Tallink orixinal, que xa non podia cumprir coas regulacións modernas de seguridade, foi vendido.[20] Dous meses despois Hansatee comprou o seu primeiro transbordador rápido capaz de transportar coches, o HSC Tallink AutoExpress.[21]

2000-2006

[editar | editar a fonte]
MS Victoria I

No ano 2000 ESCO converteuse no único dono de EstLine, e en decembro dese ano 2000 os dous transbordadores de EstLine, MS Regina Baltica e MS Baltic Kristina, foron fretados a Hansatee, comezando a comercializarse a liña entre Talín e Estocolmo como parte de Tallink.[8][22] Uns poucos meses antes, en agosto de 2000, Hansatee pedira o seu primeiro barco totalmente novo, o transbordador-cruceiro para 2 500 pasaxeiros o MS Romantika, ao estaleiro finés Aker Finnyards.[23] Este foi o primeiro barco dun programa para facerse con barcos de nova construción que entre 2001 e 2010 custou 1 200 millóns de euros.[7] En xuño de 2001 Tallink mercou o HSC Tallink AutoExpress 2[24] e no seguinte mes EstLine quebrou.

En 2002 AS Hansatee cambiou o seu nome a AS Tallink Grupp, e en maio dese ano a compañía recibiu o MS Romantika, que foi colocado na ruta entre Talín e Estocolmo.[8][23] En novembro do mesmo ano o clásico Georg Ots foi vendido ao goberno de Rusia.[6] En 2004 uníronse tres novos barcos á frota de Tallink: os HSC Tallink AutoExpress 3[25] e HSC Tallink AutoExpress 4[26] e o irmán do Romantika, o MS Victoria I, que se colocou na ruta Talín-Estocolmo[27] substituíndo ao MS Fantaasia, que á súa vez iniciou unha nova ruta desde Helsinqui ata San Petersburgo pasando por Talín. Esa ruta resultou pouco rendible e finalizou en xaneiro de 2005.[18] Despois en 2005, Tallink pediu un barco irmán do MS Galaxy,[28] que se recibiría pouco despois, e un transbordador ropax rápido a Aker Finnyards,[29] así como outro transbordador ropax ao estaleiro de Fincantieri en Italia.[30] O 9 de decembro de 2005, Tallink comezou a cotizar na Bolsa de Valores de Talín.[8]

2006-2015

[editar | editar a fonte]
MS Baltic Princess

En 2006 Tallink mercou as operacións no mar Báltico de Superfast Ferries do Attica Group, abriu unha ruta entre Riga e Estocolmo[8] (co MS Fantaasia,[18] que no prazo dun mes foi substituído polo MS Regina Baltica),[31] recibiu o novo MS Galaxy[32] que substituíu ao Romantika na ruta Talín-Helsinqui, transferiu o Romantika á ruta Talín-Estocolmo, e retirou o AutoExpress do servizo.[21] Poucos meses despois a compañía mercou a rival finesa Silja Line de Sea Containers.[8] A adquisición de Superfast e Silja custou 780 millóns de euros.[7] En outubro de 2006 a compañía expresou o seu interese en facer unha oferta para operar transbordadores nas rutas subvencionadas polo Estado entre a illa sueca de Gotland e o continente sueco entre 2009 e 2015.[33]

Dende principios de 2007 os antigos barcos de Superfast pasaron a usar a marca Tallink e comezaron a operar a ruta Tallín-Helsinqui-Rostock.[34][35][36] En abril dese mesmo ano Aker Yards entregou o transbordador-cruceiro rápido MS Star que fora pedido en 2005.[29] Coa entrega do Star, o Meloodia foi fretado ás Illas Baleares durante dez meses e despois foi vendido,[15][37] e os AutoExpress 3 e AutoExpress 4 tamén foron retirados.[25][26] En abril de 2007 Tallink pediu un terceiro barco da clase Galaxy a Aker Yards.

En 2008 chegaron dous novos barcos ao entregar Fincantieri o MS Superstar e Aker Yards o segundo da clase Galaxy, o MS Baltic Princess. Ámbolos dous barcos foron postos no servizo entre Helsinqui e Talín,[28][30] e coa chegada do segundo retirouse desa ruta o derradeiro AutoExpress, o AutoExpress 2.[24] Mentres tanto, o Baltic Princess substituíu ao Galaxy, que foi transferido á frota de Silja Line. Coa chegada do Galaxy o MS Silja Festival quedou sen uso na frota de Silja e foi transferido á frota de Tallink, uníndose ao Regina Baltica na ruta Riga-Estocolmo.[38] No mes de novembro de 2008 o MS Superfast IX, un dos tres barcos mercados a Superfast Ferries en 2006, foi fretado ao operador canadense Marine Atlantic durante cinco anos.[36] En abril de 2009 Tallink recibiu un novo barco, ao ser entregado por parte de STX Europe (o antigo Aker Yards) o MS Baltic Queen. O novo barco comezou a operar na ruta Talín-Mariehamn-Estocolmo xunto co Victoria I.[39] O Romantika, que fora compañeiro do Victoria I dende 2006, foi á súa vez trasladado á ruta Riga-Estocolmo,[23] onde substituíu ao Regina Baltica que á súa vez foi fretada a Acciona Trasmediterránea.[31]

En decembro de 2009 informouse que a compañía estaba loitando para pagar as súas débedas de 1 100 millóns de euros. O exercicio fiscal rematado en agosto mostrou perdas operativas, e a compañía tivo que renegociar cos seus 15 bancos de financiamento os calendarios de amortización da débeda para os anos 2009-2011. Os bancos tomaron un papel máis controlador na empresa: xa non podía pagar dividendos, facer investimentos, ou asinar novos contratos sen a aprobación dos seus acredores. Tallink tamén tivo que acelerar o ritmo de amortización da débeda se as condicións melloraban e tivo que buscar opcións para vender ou alugar algúns dos seus barcos. A maioría das súas débedas orixináronse pola compra de Silja Line por 470 millóns de euros e Superfast Ferries por 310 millóns de euros.[40]

En novembro de 2009, debido á presión dos seus principais competidores e polos altos prezos do combustible, Tallink retirou temporalmente o MS Superfast VII e o MS Superfast VIII do servizo entre Finlandia e Alemaña.[7] Os barcos pasaron o inverno de 2009-2010 en Kopli, antes de reiniciar o servizo entre Helsinqui e Rostock en abril de 2010.[35][34]

En marzo de 2011 confirmouse que os MS Superfast VIII e MS Superfast VII fretáranse a Stena Line por un período de tres anos, coa opción de ampliar o fretamento outro ano. Stena Line usou eses barcos no servizo entre Escocia e Irlanda do Norte. Os barcos serían entregados despois do final da tempada alta en agosto de 2011. Ata entón foron operados na súa ruta actual por Tallink.[35][34]

2015-presente

[editar | editar a fonte]
MS Megastar en Talín

En febreiro de 2015 a compañía asinou un contrato para a construvión do seu primeiro barco alimentado con gas natural licuado, o MS Megastar, que dende xaneiro de 2017 comezou a proporcionar un servizo Talín-Helsinqui-Talín seis veces ao día.[41][7]

En 2019 Tallink chegou a un acordo coa franquía de comida rápida Burger King para abrir restaurantes en Estonia, Letonia e Lituania, e, segundo o acordo, Tallink tería os dereitos exclusivos para xestionar os restaurantes Burger King nos estados bálticos durante 20 anos.[42]

A finais de 2018 Tallink ordenou o seu segundo barco de gas natural licuado, o MS MyStar, que debía estar rematado a finais de 2019, pero atrasouse debido á pandemia de COVID-19.[43] O barco sería finalmente entregado en decembro de 2022.[44]

En marzo do ano 2020 Tallink realizou a súa derradeira viaxe dende Riga, a capital de Letonia, utilizando o MS Victoria I para navegar ata Estocolmo. A compañía anunciou o regreso da liña para abril de 2022, pero decidiu cancelala debido á situación xeopolítica causada pola pandemia de COVID-19 e a guerra de Ucraína.[45][46]

O 10 de decembro de 2022 o novo MS Mystar chegou a Talín e comezou a ruta Talín-Helsinqui tres días despois,[47] substituíndo finalmente ao MS Star, que foi fretado durante 20 meses á Irish Ferries e renomeado MS Oscar Wilde.[48] En xaneiro de 2025 cumpríronse os 20 meses e Irish Ferries non exerceu o seu dereito de ampliar o seu uso, polo que o barco regresou ás mans de Tallink e foi renomeado MS Star I.[49] O 24 de xaneiro de 2025 Tallink anunciou que o barco entraría en servizo o 9 de febreiro na ruta Paldiski-Kapellskär.[50] O 2 de abril dese ano Irish Continental Group lanzou unha declaración conxunta con Tallink indicando que chegaron a un acordo para comprar o Star I. O barco, desta vez co nome James Joyce, será usado na ruta Dublín-Holyhead, substituíndo inicialmente ao Isle of Inisheer na ruta durante maio de 2025.[51]

Frota actual

[editar | editar a fonte]
Buque Tipo Construído Entrada en servizo Arqueo bruto Pasaxeiros

(max)

Nós Ruta Bandeira e porto Imaxe
MS MyStar transbordador-cruceiro 2022 2022- 50 629 AB 2 800 27 Talín - Helsinqui Estonia Talín, Estonia
MS Megastar transbordador-cruceiro 2017 2017- 49 134 AB 2 800 27 Talín - Helsinqui Estonia Talín, Estonia
MS Baltic Queen transbordador-cruceiro 2009 2009- 48 915 AB 2 800 24,5 Talín - Mariehamn - Estocolmo Estonia Talín, Estonia
MS Victoria I transbordador-cruceiro 2004 2004- 40 975 AB 2 500 22 Talín - Helsinqui Estonia Talín, Estonia
MS Romantika transbordador-cruceiro 2002 2002- 40 803 AB 2 500 22 En ningunha ruta, atópase en Paljassaare Letonia Riga, Letonia
MV Superfast IX Fast Ro-Pax 2002 2006- 30 285 AB 962 28,9 Paldiski - Kapellskär Estonia Talín, Estonia
MS Regal Star Ro-Pax 2000 2004- 15 281 AB 100 18 En venda Estonia Talín, Estonia
MS Sailor Ro-Pax 1987 2020- 20 783 AB 119 20,5 En ningunha ruta, atópase en Paljassaare Estonia Talín, Estonia
Buque Tipo Construído Arqueo bruto Pasaxeiros

(max)

Nós Ruta Bandeira e porto Notas Imaxe
MS Silja Europa transbordador-cruceiro 1993 59 912 AB 3 013 21,5 Estonia Talín, Estonia Transferido dende Silja Line. Acolle a migrantes de África e Asia en Rotterdam dende setembro de 2022 ata xullo de 2027.
MS Galaxy 1 transbordador-cruceiro 2006 48 915 AB 2 800 22 Letonia Riga, Letonia Transferido dende Silja Line. Acolle a migrantes de África e Asia en Ámsterdam dende setembro de 2022 ata outubro de 2025.

Antigos barcos

[editar | editar a fonte]

Os buques que aínda están en uso están marcados en verde.

Barco Construído En servizo Arqueo Imaxe Notas
MS Tallink 1972 1989-1996 8 020 TAB

10 341 AB

Desguazado en Alang, India, 2005.
MS Transestonia 1972 1990-2000 2 386 TAB Desguazado en Alang, India, 2006.
MS Saint Patrick II 1973 1992-1995 7 984 TAB Desguazado en Alang, India, 2023.
MS Georg Ots 1980 1993-2000 12 549 TAB Desguazado na China en 2014.
HS Laura 1993 1993-1997 298 TAB Desguazado en Cabo Verde en 2014.
Linda 1 1970 1994

1998

4 238 TAB Dende 2000 MS Apollo, posuído por Labrador Marine. Desguazado en Aliağa, Turquía, 2021.
MS Ulstein Surfer 1984 1994 299 TAB En 2005 estrelouse en Banjul, Gambia.
MS Balanga Queen 1968 1994 10 448 TAB Dende 1994 MS Discovery Sun para Discovery Cruise Line. Desguazado en Chittagong, Bangladesh, 2012.
MS Ambassador II 1970 1994 7 993 TAB Navegou en 1999-2010 para Sterling Casino Lines. Desguazado en Nova Orleáns en 2011.
MS Meloodia 1979 1996-2006 17 955 AB Dende 2007 MS ARV 1 para Equinox Offshore Accommodation. Desguazado en Alang, India, 2021.
MS Tallink Express I 1989 1997-2001 430 AB Dende 2001 navegou en Grecia co nome Seed Cat 1. En 2016 deixou de navegar. Atópase en Paloukia.
MS Normandy 1981 1997 17 043 AB Desguazado en Alang, India, 2012.
MS Fantaasia 1979 1997-2006 10 604 AB Dende 2017 navega como MS Rigel III para Ventouris Ferries entre Italia e Albania.
MS Kapella 1974 1997-2012 7 564 AB Desguazado en Aliağa, Turquía, 2021.
HSC Tallink Autoexpress 1996 1999-2006 5 308 AB Dende 2023 navegou como HSC Alcantara Dos para SAOS Ferries en España. Deixou de navegar 2024. Atópase no Pireo, en Grecia.
MS Baltic Kristina 1973 2001-2002 12 281 TAB Desguazado en Alang, India, 2021.
HSC Tallink AutoExpress 2 1997 2001-2007 5 307 AB Dende 2007 fretado a Conferry e despois vendido á compañía. Deixou de navegar en 2018 tras afundirse parcialmente por falta de mantemento.
HSC Tallink Autoexpress 3 1997 2004-2007 3 971 AB Dende 2007 navega como HSC Queen Nefertiti para Arab Bridge Maritime Co na ruta de Xordania a Exipto.
HSC Tallink Autoexpress 4 1996 2004-2007 3 971 AB Dende 2016 navega en Venezuela co nomeParaguana 1.
MS Vana Tallinn 1974 1994-2011 10 002 AB En 2011 foi vendido a Allferries SA. Desguazado en Aliağa, Turkey en 2014.
MS Baltic Princess 2008 2008-2013 48 915 AB Dende 2013 navegando para Silja Line.
MS Silja Festival 1986 2008-2013 34 414 AB Tras ser substituído polo MS Isabelle na ruta Estocolmo-Riga en maio de 2013, fretouse como un barco de aloxamento a Kitimat, Columbia Británica.[52] A principios de 2015 foi vendido a Corsica Ferries e o nome cambiou a Mega Andrea.
MS Regina Baltica 1980 2001-2009 18 345 AB Dende 2017 navegou coa bandeira de Chipre na ruta entre España e Alxeria.
MS Superfast VII 2001 2011-2014 30 285 AB Vendido a Stena Line navegando con bandeira británica na ruta Belfast-Cairnryan co nome Ms Stena Superfast VII.
MS Superfast VIII 2001 2011-2014 30 285 AB Vendido a Stena Line navegando con bandeira británica na ruta Belfast-Cairnryan co nome Ms Stena Superfast VIII.
MS Superstar 2008 2008-2017 36 400 AB Vendido a Corsica Ferries Group. Navega co nome Pascal Lota baixo bandeira italiana.
MS Sea Wind 1972 2008-2022 15 879 AB Vendido a Inok IV, Monte Carlo, Monaco. Dende 2022 navegando con bandeira de Camerún co nome A Wind na ruta de Rusia a Turquía.
MS Isabelle 1989 2013-2024 35 134 AB Vendido a Notamare Shipping Company no Canadá. O seu novo nome é Isabelle X e navega baixo bandeira canadense. Plataforma de aloxamento en Vancouver.
MS Star I 2007 2007-2025 36 249 AB Vendido a Irish Ferries. O novo nome é James Joyce e navega con bandeira de Chipre.
  1. "Home". company.tallink.com (en inglés). Consultado o 2025-04-05.
  2. "SeaRail EEIG". web.archive.org. 2007-10-16. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2007. Consultado o 2025-04-05.
  3. "About us". Infortar (en inglés). Consultado o 2025-04-05.
  4. Hankewitz, Sten (2020-06-08). "Estonia and Finland celebrate the 100th anniversary of their diplomatic relations". Estonian World (en inglés). Consultado o 2025-04-05.
  5. "M/S Svanetiya (1960)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-05.
  6. 1 2 "M/S Georg Ots (1980)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-05.
  7. 1 2 3 4 5 Pagni, John (xaneiro de 2020), "Tallinn Ho!: Tallink at 30 Rules the Baltic", Ships Monthly: 20-21
  8. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 "Tallink Group » History". web.archive.org. 2008-01-07. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2008. Consultado o 2025-04-05.
  9. "M/S ARONA (1972)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-05.
  10. "M/S Aurella (1973)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-05.
  11. "Tallink Ferry Postcards". www.simplonpc.co.uk. Consultado o 2025-04-05.
  12. 1 2 "M/S Dana Regina (1974)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-05.
  13. "M/S Freeport (1968)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-05.
  14. "M/S Prins Oberon (1970)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-05.
  15. 1 2 "M/S Diana II av Slite (1979)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  16. "M/S Prinsessan Birgitta (1981)". archive.ph. 2012-08-01. Archived from the original on 01 de agosto de 2012. Consultado o 2025-04-06.
  17. "M/S Sleipner (1989)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  18. 1 2 3 "M/S Turella (1979)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  19. "M/S Duke of Yorkshire (1974)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  20. "M/S Svea Regina (1972)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  21. 1 2 "HSC Super Seacat France (1996)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  22. "Estline.". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  23. 1 2 3 "M/S Romantika (2002)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  24. 1 2 "HSC Boomerang (1997)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  25. 1 2 "HSC Pegasus Two (1997)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  26. 1 2 "HSC Pegasus One (1996)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  27. "M/S Victoria (2004)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  28. 1 2 "M/S Baltic Princess (2008)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  29. 1 2 "M/S Star (2007)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  30. 1 2 "M/S Superstar (2008)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  31. 1 2 "M/S Viking Song (1980)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  32. "M/S Galaxy (2006)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  33. "Tallink intresserat av Gotlandstrafiken - P4 Gotland". www.sverigesradio.se (en sueco). 2006-10-02. Consultado o 2025-04-06.
  34. 1 2 3 "M/S Superfast VII (2001)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  35. 1 2 3 "M/S Superfast VIII (2001)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  36. 1 2 "M/S Superfast IX (2002)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  37. "Tallink Group » Stock Exchange releases". web.archive.org. 2007-12-22. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2007. Consultado o 2025-04-06.
  38. "M/S Wellamo (1986)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  39. "M/S Baltic Queen (2009)". www.faktaomfartyg.se. Consultado o 2025-04-06.
  40. "Ylivelkainen Tallink joutuu lykkäämään velanmaksua - Talous - Turun Sanomat". web.archive.org. 2011-07-17. Archived from the original on 17 de xullo de 2011. Consultado o 2025-04-07.
  41. "MS Megastar – pride of the Baltic". Wartsila.com (en inglés). Consultado o 2025-04-07.
  42. Hankewitz, Sten (2019-09-29). "Burger King fast-food joints to open in Estonia". Estonian World (en inglés). Consultado o 2025-04-07.
  43. ERR (2018-10-18). "Tallink ostab 250 miljoniga uue süstiklaeva". ERR (en estoniano). Consultado o 2025-04-07.
  44. Koskinen, Hanna-Kaisa (2022-12-05). "MyStar, built at Rauma shipyard, will be delivered to Tallink on 7 December 2022". Rauma Marine Constructions (en inglés). Consultado o 2025-04-07.
  45. "Tallink not planning on resuming ferry services between Riga and Stockholm in the next few years". www.baltictimes.com. Consultado o 2025-04-07.
  46. "Ingen återstart Stockholm – Riga i år". Bussmagasinet (en sueco). Consultado o 2025-04-07.
  47. "Gallery: Tallink's new flagship MyStar arrives in Tallinn". ERR (en inglés). 2022-12-10. Consultado o 2025-04-07.
  48. "Tallink leases MS Star long-term to Irish shipping line". ERR (en inglés). 2023-04-06. Consultado o 2025-04-07.
  49. "Irish Ferries Fleet Dry Dockings & Movements in Post-Holyhead Reopening". afloat.ie (en inglés). Consultado o 2025-04-07.
  50. "Tallink Grupp's passenger vessel Star returns to Estonia and starts service on Paldiski-Kapellskär route from 9 February 2025". www.baltictimes.com. Consultado o 2025-04-07.
  51. "James Joyce". Irish Ferries. Consultado o 2025-04-07.
  52. "Kitimat smelter operator to house temporary workers on cruise ship". The Globe and Mail (en inglés). 2014-01-28. Consultado o 2025-04-14.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]