Tahurwailis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tahurwailis
Nacementoséculo XV a. C.
Falecementoséculo XV a. C.
RelixiónRelixión hitita
editar datos en Wikidata ]

Tahurwailis foi un rei hitita que sucedeu a Alluwamnas, probabelmente tras asasinalo. O seu reinado forma parte do chamado Reino Medio Hitita ou período escuro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No Rescrito de Telibinus, aparece un Tahurwailis que asasinou a Tittis, fillo do rei hitita Ammunas para axudar a Huzziyas I a facerse co trono á morte de Ammunas; posteriormente, cando Huzziyas perdeu o trono a mans de Telibinus, este Tahurwailis tivo que se exiliar. Algúns historiadores identifican ao Tahurwailis colaborador de Huzziyas co rei que asasinou a Alluwamnas, aínda que ata agora non se atopou proba algunha.

Tahurwailis renovou o tratado de Alianza con Kizzuwatna que asinou Telibinus, no único acto coñecido do seu reinado. Foi sucedido, en circunstancias non aclaradas, por Hantilis II, a quen algúns historiadores consideran fillo de Alluwamnas

Hititas

Segue a:
Alluwamnas
Tahurwailis
(?-?)

Precede a:
Hantilis II