Tabula Hospitalis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tabula Hospitalis

A Tabula Hospitalis do Courel, tamén coñecida como Táboa de Hospitalidade de Carbedo, é unha peza de bronce cun texto en latín da época da romanización de Galicia. Foi atopada no Carbedo (Folgoso do Courel), e desde novembro de 1959 consérvase no Museo de Lugo.

Características[editar | editar a fonte]

A peza consta dunha lámina de bronce rectangular de 18,5 cm x 13,7 cm, na que se inscribiu o texto, e un marco columnado de 28 x 16,5 cm, cun frontón triangular flanqueado por dous apliques de tripla voluta calada e cunha cabeza masculina en altorrelevo no centro.

O texto fala dun pacto entre o seurro Tilego, fillo de Ambato, e os Lougeis do castellum Toletensis, comprometendo a si mesmo e á súa familia e descendentes ao establecemento de lazos de hospitalidade, solicitándolle estes protección perpetua.

Este pacto entre un particular e unha colectividade indíxena con autorización das autoridades romanas carece de carácter ou calidade de lei, mais dispón de validez xurídica pública ao ser trasladado á táboa de bronce.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]