Tabagón, O Rosal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Xoán de Tabagón
Igrexa parroquial.
ConcelloO Rosal[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas41°55′36″N 8°48′11″O / 41.92666389, -8.803175Coordenadas: 41°55′36″N 8°48′11″O / 41.92666389, -8.803175
Poboación605 hab. (2022)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xoán de Tabagón[2] é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal na comarca do Baixo Miño. Ten 7 entidades de poboación: A Mina, A Paradela, A Portela, O Río, A Rúa da Cal, A Rúa de Abaixo e O Xisco. Segundo o IGE,[3] en 2022 tiña 605 habitantes (290 homes e 315 mulleres). Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.[4]

Está bañada polas augas do río Miño e dista 5 quilómetros da capital do concello.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial é de estilo manuelino tardío, construída entre 1812 e 1825, con retablo maior neogótico.

O cruceiro dos Maios,[5] feito por Manuel González Perdiz en 1879, onde se representa unha alegoría do pecado orixinal, a flaxelación e a Verónica coa Santa Face. Ten un capitel dórico con follas de acanto e cabezas de anxo, o Cristo Morto e a Dolorosa.

Peto de ánimas da Paradela.[6]

Celebracións[editar | editar a fonte]

Na parroquia celébranse, amais de San Xoán (24 de xuño), as festividades da Virxe da Saúde e San Brais, 2 e 3 de febreiro respectivamente.

Erguen un grande arco floral.[7]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. Nomenclator Arquivado 10 de xullo de 2007 en Wayback Machine., Xunta de Galicia.
  3. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  4. "A GUARDA-TEBRA archivos". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-13. 
  5. "Concello do Rosal". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2011. Consultado o 20 de xullo de 2011. 
  6. TurGalicia, Consellería de Cultura e Turismo.
  7. G., E. Faro de Vigo, ed. "El arco de San Juan de Tabagón se levantará inspirado en el mundo del fútbol" (en Castelán). Consultado o 6 de maio de 2018. 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Tabagón[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Tabagón no concello pontevedrés do Rosal

A Mina | A Paradela | A Portela | O Río | A Rúa da Cal | A Rúa de Abaixo | O Xisco

Parroquias do Rosal[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Rosal

As Eiras (San Bartolomeu) | O Rosal (Santa Mariña) | San Miguel de Tabagón (San Miguel) | Tabagón (San Xoán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]