TOPEX/Poseidon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
TOPEX/Poseidon
TOPEX;Poseidon.jpg
Representación de TOPEX/Poseidon en órbita.
TipoObservación terrestre
OrganizaciónNASA, CNES
Contratistas principaisFairchild
Data de lanzamento10 de agosto de 1992, 23:08 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorAriane 42P[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou[3][6]
Obxectivo da misiónEstudo dos océanos terrestres.[3][6]
NSSDC ID1992-052A
Masa2402 kg[3]
Potencia2100 W[3]
Datos orbitais
Semieixo maior7715 km[1]
Inclinación66,0 graos[1]
Apoapse1350,6 km[1]
Periapse1338,4 km[1]

TOPEX/Poseidon é un satélite artificial colaboración da NASA e do CNES francés lanzado nun foguete Ariane 42P desde o Centro Espacial de Kourou o 10 de agosto de 1992.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de TOPEX/Poseid foi estudar varios aspectos dos océanos terrestres, como o seu nivel, altura e correntes mariñas. Levaba a bordo dous altímetros por radar para facer medicións precisas e outros instrumentos. O satélite estabilizábase nos tres eixos e a enerxía era proporcionada por un panel solar capaz de producir ata 2100 vatios de potencia que alimentaban un conxunto de tres baterías cunha capacidade de 50 amperio-hora cada unha. As comunicacións tiñan lugar grazas a unha antena de alta ganancia de 1,2 m de longo. O satélite foi posto fora de servizo en xaneiro de 2006, pero a súa misión foi continuada por Jason 1.[3][5][6]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

TOPEX/Poseidon levaba os seguintes instrumentos a bordo:[3][5][6]

  • Altímetro de dúas frecuencias (nas bandas C e Ku) para medir a altura do satélite respecto da superficie do mar.
  • Radiómetro de microondas TOPEX (TMR) para medir a cantidade de vapor de auga na liña de visión do radar para corrixir os atrasos no pulso de radar e mellorar a precisión das medidas de altura.
  • Altímetro de estado sólido dunha soa frecuencia (SSALT), funcionando a 13,65 GHz (banda Ku) para medir a altura sobre o nivel do mar, a velocidade do vento e a altura das ondas.
  • Reflector láser para facer seguimento do satélite desde terra e calibrar os altímetros.
  • Un receptor GPS para determinar a órbita con precisión.
  • O posicionador por radio e dopler DORIS para seguimento do satélite, medicións do campo gravitatorio e correccións ionosférica para o instrumento SSALT.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "TOPEX/POSEIDON" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 1 February 1993 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (93-250293(E)). 18 de febreiro de 1993: 6. Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Topex/Poseidon" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2016. Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Topex-Poseidon" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "TOPEX-Poseidon" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Topex/Poseidon" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]