T-7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
T-7
Zhongguo Diyimei Zixing Sheji Zhizaode Shiyan Tankong Huojian T-7M Fashechang Yizhi.jpg
País de orixe República Popular da China[1]
Tamaño
Altura 8,00 m[1]
Diámetro 0,45 m máximo[1]
Masa 1138 kg[1]
Etapas 1[1]
Historia de lanzamentos
Estado Retirado[1]

T-7 foi un foguete sonda de propelente líquido da República Popular da China desenvolvido ao finais dos anos 1950 e formado por unha soa etapa.[1]

Características[editar | editar a fonte]

T-7 foi comezado a ser desenvolvido polo Instituto de Deseño Electromecánico de Shanghai en outubro de 1959. O resultado foi un primeiro foguete de probas a escala, o T-7M, que engalou con éxito desde Laoqong por primeira vez o 19 de febreiro de 1960, chegando a 8 km de altura. Un segundo lanzamento, usando foguetes auxiliares de propelente sólido, levaron a outro T-7M a 9,8 km de altura. En marzo de 1960 comezouse a construír unha rampla de lanzamento para os T-7 a escala completa na zona de Guangde, na provincia de Anhui. O T-7 definitivo era un foguete de propelente líquido, sen guiado e auxiliado por propulsores de propelente sólido capaz de enviar 25 kg de carga a case 60 km de altura. O primeiro lanzamento con éxito dun T-7 tivo lugar o 13 de setembro de 1960, aínda que non sería ata o lanzamento do 23 de novembro de 1961 en que o foguete sonda chegaría á súa altura de deseño. Os foguetes usáronse tanto para probas tecnolóxicas como para estudar a atmosfera e facer investigacións meteorolóxicas. Ao T-7 substituíuno o T-7A, máis potente.[1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2022). "T-7" (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2022.