Tunisia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Túnez")
República de Tunisia
الجمهورية التونسية‎‎
al-Jumhūrīyah at-Tūnisīyah
Bandeira de Tunisia
Escudo de Tunisia
Bandeira Escudo
Tunisia (orthographic projection).svg
Lema: نظام، حرية، عدالة
(Árabe: Liberdade, orde, xustiza)
Himno: Humat Al Hima
Capital Tunes
 • Poboación 728 453 (2008)
Cidade máis poboada Tunes
Linguas oficiais Árabe1
Forma de goberno República parlamentaria
Moncef Marzouki
Mehdi Jomaa
Independencia de Francia 20 de marzo de 1956
Superficie Posto 92º
 • Total 163 610 km²
 • % auga 5%
Fronteiras 1 424 km
Costas 1 148 km
Poboación Posto 79º
 • Total (2009 est.) 10 432 500 hab.
 • Densidade 63,76 hab./km²
PIB (nominal) Posto 76º
 • Total (2009) 40 168 millóns US$
 • per cápita 3 851 US$
PIB (PPA) Posto 70º
 • Total (2009) 86 086 millóns US$
 • per cápita 8 254 US$
Moeda Dinar (د.ت, TND)
IDH (2010) 0,683 (81º) – Alto
Xentilicio Tunisiano, tunisiana[1]
Fuso horario CET (UTC+1)
 • Horario de verán Non aplica
Dominio de Internet .tn
Prefixo telefónico +216
Prefixo radiofónico 3VA-3VZ, TSA-TSZ
Código ISO 788 / TUN / TN
Membro de: ONU, UA, Liga Árabe
1 Aínda que non de iure, o francés é lingua oficial de facto.

Tunisia[2] (en árabe : al-Jamhuriya at-Tunisia, الجمهورية التونسية), é un país árabe de África do norte, limitado polo Mediterráneo. É un país do Maghreb, coma Marrocos, Mauritania, Alxeria e Libia. Situada no norte do país, a súa capital é Tunes.

Coa independencia o 20 de marzo do 1956, unha asemblea constituínte foi elixida, que aboliu a monarquía bey da dinastía huseinita no poder desde 1705 e proclamou a república o 25 de xullo do 1957 con Habib Bourguiba coma presidente.

Tunisia é un destino popular dos turistas europeos que visitan Hamamato, Monastir, Souse e o Porto El-Kantaoui, o deserto do Sahara no sur, e os sitios arqueolóxicos coma Cartago ou Dougga.

Historia[editar | editar a fonte]

Tunisia está poboada desde a prehistoria. Os seus primeiros habitantes coñecidos son os bérberes.

  • 814 A.C.: Fundación de Cartago por colonos fenicios, conducidos pola raíña Dido. A nova cidade desenvolvese axiña, converténdose nunha potencia que inqueda a Roma.
  • 264 - 146 A.C.: Tres guerras contra Roma, pasadas á posteridade baixo o nome das guerras púnicas, dando lugar, entre outras, á fantástica expedición conducida por Aníbal que atravesa os Alpes cos seus elefantes (218 - 202 A. C). Estas guerras rematan coa derrota de Cartago.
  • 146 A.C. - 439: Establecemento da primeira colonia romana, Africa. O país coñece unha grande prosperidade. Desenvólvense a agricultura e a urbanización.

Vándalos e Bizantinos[editar | editar a fonte]

  • 439: Conquista de Cartago polos Vándalos.
  • 533: Toma de Cartago polos Bizantinos.

Era árabe-musulmá[editar | editar a fonte]

Mapa de Tunisia

Protectorado francés[editar | editar a fonte]

Tunisia vista desde satélite

1881-1956: Protectorado francés, establecido o 12 de maio de 1881. A resistencia anticolonial dura durante practicamente a totalidade dos 75 anos da dominación francesa.

Independencia[editar | editar a fonte]

O 20 de marzo de 1956 Tunisia obtén a independencia. O 25 de xullo de 1957 proclamouse a república, nomeándose a Habib Bourguiba presidente da Tunisia independente.

O 1 de xuño de 1959 adoptouse a primeira constitución republicana.

O 15 de outubro de 1963 as tropas francesas evacuaron Bizerte, a súa última base no país.

O 7 de novembro de 1987 o primeiro ministro Zina el-Abidina Ben Ali depuxo o presidente Bourguiba, xulgado por incapacidade de continuar as súas funcións.

O 14 de xaneiro de 2011 un levantamento popular depuxo o presidente Ben Ali e mandouno ao exilio a Arabia Saudita.

División admistrativa[editar | editar a fonte]

Provincias de Tunisia

Tunisia atópase dividida en 24 provincias:

  1. Ariana
  2. Béja
  3. Ben Arous
  4. Bizerte
  5. Gabès
  6. Gafsa
  7. Jendouba
  8. Kairouan
  9. Kasserine
  10. Kebili
  11. Kef
  12. Mahdia
  1. Manouba
  2. Medenine
  3. Monastir
  4. Nabeul
  5. Sfax
  6. Sidi Bou Zid
  7. Siliana
  8. Sousse
  9. Tataouine
  10. Tozeur
  11. Tunis
  12. Zaghouan

As provincias están divididas en 264 " delegacións" ou "distritos" (mutamadiyat), e subdivididos en municipios (shaykhats' ') e sectores (imadats).

Política[editar | editar a fonte]

Gobernantes dende 1957:

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Tunisia.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Tunisia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-041-4.
  2. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1446. ISBN 9788482893419. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.