O Túnel do amor (ucraíno:Туне́ль Коха́ння, Tunel Kokhannya) é unha vía verde situada en Klevan, en Ucraína. Segue un antigo camiño de ferro industrial en desuso pero ininterrompido, onde unha densa vexetación composta de árbores e arbustos entrelazados forma un túnel a través do bosque.[1]
Este camiño, duns poucos quilómetros de lonxitude, é coñecido por ser un lugar romántico reservado para paseos amorosos,[2] e que tamén se fixo popular entre os turistas.
O antigo ferrocarril permitía abastecer ás fábricas de materias primas. O lento paso dos vagóns permitiu así conformar a paisaxe creando un oco sen a intervención do home para realizar labores de roza na vía.
A liña comeza na estación de Klevan, na liña Kovel-Rivne, e chega á zona norte de Orzhiv, tamén servida por unha estación na liña principal. Toda a liña ten uns 6,4 km de lonxitude. Uns 4,9km do camiño están cubertos de bosque, dentro do cal este túnel esténdese entre 3 e 4,9km, dependendo do criterio, máis ou menos estrito, co que se mida.