Tõnu Õnnepalu
Tõnu Õnnepalu | |
---|---|
Alcume | Emil Tode e Anton Nigov |
Nacemento | 13 de setembro de 1962 |
Tallin | |
Nacionalidade | Unión Soviética e Estonia |
Alma máter | Universidade de Tartu |
Ocupación | poeta, xornalista, tradutor e escritor |
Xéneros | Poesía, novela |
Premios | Order of the White Star, 5th Class, Juhan Liiv Poetry Award, sen etiquetar e sen etiquetar |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tõnu Õnnepalu, nado o 13 de setembro de 1962 en Tallin, tamén coñecido polos seus pseudónimos Emil Tode e Anton Nigov, é un escritor estoniano.
Õnnepalu naceu en Tallinn e estudou bioloxía na Universidade de Tartu desde 1980 até 1985. Comezou a súa carreira literaria en 1985 como poeta. En 1993 obtivo fama internacional pola súa novela Piiririik, que publicou baixo o nome de 'Emil Tode'. O libro traduciuse a máis dunha decena de linguas e foi o libro estoniano máis traducido dos 1990. En 1994 recibiu o galardón anual literario que outorga a Asemblea Báltica. A obra de Õnnepalu explora temas como a homosexualidade, o illamento e a traizón.
En 1992, o seu poema "Inquiétude du Fini" converteuse nunha peza coral, grazas ao compositor estoniano Erkki-Sven Tüür.[1]
Ademais de escribir, Tõnu Õnnepalu traduciu obras ao estoniano desde o francés de autores tales como François Mauriac, Charles Baudelaire e Marcel Proust e escribiu en publicacións inglesas como a Poetry Society. Tõnu Õnnepalu é tamén membro da Xunta de Goberno da Eesti Maaülikool (Universidade Estoniana de Ciencias da Vida) en Tartu.
Novelas[editar | editar a fonte]
- Piiririik (como Emil Tode), 1993.
- Hind (como Emil Tode), 1995.
- Mõõt (como Emil Tode), 1996.
- Printsess (como Emil Tode), 1997.
- Harjutused (como Anton Nigov), 2002.
- Raadio (como Emil Tode), 2002.
- Paradiis (como Tõnu Õnnepalu), 2009.
Coleccións de poesía[editar | editar a fonte]
- Jõeäärne maja, 1985
- Ithaka, 1988
- Sel maal, 1990
- Mõõt, 1996
- Enne heinaaega ja hiljem, 2005
- Kevad ja suvi ja, 2009
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "The Living Composers Project". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2007. Consultado o 25 de agosto de 2012.